Hospital de Órbigo

Hospital de Órbigo é unha localidade da provincia de León. A súa poboación en 2007 era de 1.052 habitantes e a superficie do termo municipal é de 4,58 km², sendo a densidade poboacional de 229,69 hab./km². Atópase a unha altitude de 823 m.

Puente del Paso Honroso en Hospital de Orbigo
Vista de Hospital de Órbigo coa ponte do Paso Honroso en primeiro termo.

Historia

Orixinouse a expensas da aristocracia hispano-romana de Astorga, coas súas casas de recreo a beiras do río Órbigo. Na Idade Media existía un pequeno poboado na beira esquerda do río Órbigo que se foi formando ao redor da igrexa de Santa María. Chámase Ponte do Órbigo. A finais do século XVI organizouse outro poboado xunto ao antigo hospital de peregrinos, na beira dereita do río. O hospital fora fundado pola orde de Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén. Este poboado tomou o nome de Hospital de Órbigo.

Hospital de Órbigo foi testemuña e protagonista ao longo da historia dalgúns feitos importantes: no ano 456 tivo lugar a batalla do río Órbigo entre os partidarios de Teodorico e os de Requiario. Crese que Almanzor pasou por esta localidade e atravesou a vella ponte cando transportaba as campás requisadas en Santiago de Compostela, de camiño cara a Córdoba. No século XIX, os habitantes de Hospital destruíron os dous extremos da ponte para impedir o paso ás tropas de Napoleón.

Este pobo ten gran tradición en produtos agrarios. No ano 1890 Francisco e Pedro Branco de Sierra Pambley fundaron a Escola de Ampliación de Instrución Primaria e de Agricultura. Gran parte dos habitantes traballan en fábricas de pensos e leite. O sector de servizos está progresando así como o sector de turismo.

Camiño de Santiago

Hospital de Órbigo é un paso obrigado no Camiño leonés. Os peregrinos veñen desde o paso anterior que é San Martín del Camino, atravesan a ponte do Paso Honroso e continúan recto, atopando á súa dereita a igrexa de San Juan dos antigos hospitalarios. Na praza atópanse as ruínas do antigo hospital e no centro hai un cruceiro de pedra, símbolo que pode verse ao longo de todo o Camiño de Santiago. O peregrino continúa a súa marcha ata cruzar a estrada e chega a unha bifurcación. Desde alí atopará a estrada cara a Astorga que é o seguinte punto importante da peregrinación.

Monumentos e lugares de interese

A ponte do Paso honroso é unha ponte do século XIII, construída sobre o río Órbigo. Parece demasiado grande para o que é o río, pero antes da construción do encoro de Barrios de Lúa, este río levaba un gran caudal. Ten 19 arcos e está bastante ben conservada. Fixéronse restauracións en distintas épocas. É monumento nacional desde 1939. Está situado na antiga calzada romana que ía desde León (Legio Septima Gemina) ata Astorga que era en tempos dos romanos a capital da provincia Asturica Augusta.

Demografía

O municipio mostrou, na última década, unha lenta pero sostida tendencia á diminución da súa poboación, aínda cando no último trienio, dita caída parece haberse detido. No ano 2006, de acordo ás estimacións do INE, os habitantes de Hospital de Órbigo chegaban aos 1.078 (529 homes e 549 mulleres), acadando en 1996 a cifra de 1.195 (591 homes e 604 mulleres).

Folclore e costumes

Gastronomía

A troita do río Órbigo é a estrela da gastronomía na ribeira.

  • Troita con xamón
  • Sopas de troita
  • Troita escabechada
  • Asado de xamón á Tucker, bañado en sopa de troitas escabechadas

Accesos

Atópase xusto no estratéxico cruzamento da estrada LE-420 (que une La Bañeza coa autoestrada A-66 que se dirixe á cornixa cantábrica), e a N-120 que a unen coa capital provincial, León e con Astorga.

Muszla Jakuba.svg
Localidade anterior:
Puente de Órbigo
a 0,5 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Hospital de Órbigo
(820 msnm)
297 km á Catedral de Santiago de Compostela
Aloxamento Restaurantes Bares Farmacia Igrexa(s) Tendas Bancos e caixeiros automáticos
Muszla Jakuba.svg
Seguinte localidade:
Villares de Órbigo
→ a 3 km

Véxase tamén

Ligazóns externas

Batalla do río Órbigo

A batalla de Órbigo foi un conflito bélico que tivo lugar na Gallaecia no ano 456 entre os exércitos do rei suevo Requiario e unha coalición de tropas imperiais romanas e visigodas, que tiña como obxectivo acabar co reino que os suevos mantiñan na Gallaecia. Con todo, e a pesar da vitoria da coalición, estes non lograron destruír o reino, e a independencia dos reis suevos manteríase durante máis de 120 anos. Debe o seu nome ao río Órbigo, que foi onde tivo o enfrontamento, preto de Astorga.

No mesmo lugar houbo posteriormente outras batallas. No ano 900 combateron as tropas do rei Afonso III o Magno (866-910), e as do emir Abd Allah I de Córdoba (888-912). No século XIII construíuse a ponte do río Órbigo, e preto dela está o Hospital de Órbigo.

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Hospital (homónimos)

Un hospital é unha instalación destinada ao diagnóstico, tratamento e curación de doenzas. Como topónimo pode referirse a:

En GaliciaHospital, parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro;

Hospital, lugar de dita parroquia;

O Hospital, parroquia do concello do Incio;

O Hospital, lugar de dita parroquia;

O Hospital, parroquia do concello de Quiroga;

O Hospital, lugar de dita parroquia;

Carballo do Hospital, lugar de dita parroquia;

Hospital, lugar da parroquia de Dumbría no concello de Dumbría;

Hospital, lugar da parroquia de Bruma no concello de Mesía;

O Hospital, lugar da parroquia de Andavao no concello de Boimorto;

O Hospital, lugar da parroquia de Santo André de Chamoso no concello do Corgo;

O Hospital, lugar da parroquia de San Pedro de Mera no concello de Lugo;

O Hospital, lugar da parroquia de San Claudio no concello de Ortigueira;

O Hospital, lugar da parroquia de San Mamede do Río no concello de Portomarín;

O Hospital, lugar da parroquia de Xallas de Castriz no concello de Santa Comba;

O Hospital, lugar da parroquia de Tomiño no concello de Tomiño;

O Hospital, lugar da parroquia de Osoño no concello de Vilardevós;

O Hospital das Seixas, lugar da parroquia de Merlán no concello de Palas de Rei;

O Alto do Hospital, lugar da parroquia de Nespereira no concello de Portomarín;

O Campo do Hospital, lugar da parroquia de Montoxo no concello de Cedeira;

A Serra do Hospital, formación montañosa nos denominados montes da Fonsagrada.Fóra de GaliciaHospital de Órbigo, concello da provincia de León.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Victorino Pérez Prieto

Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.

Villarejo de Órbigo

Villarejo de Órbigo é un concello español da provincia de León, en Castela e León. Tiña unha poboación de 3.112 habitantes en 2015.

Limita ao norte con Villares de Órbigo, Hospital de Órbigo e Bustillo del Páramo, ao leste con Villazala, ao sur con San Cristóbal de la Polantera e ao oeste con Valderrey e San Justo de la Vega.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.