Hospital Xeral de Vigo

O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde.[2] O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa característica cor verde cobre froito das últimas rehabilitacións da fachada.

A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, atópase dende 2017 en obras de rehabilitación para poder acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo.[3]

Hospital Xeral
Hospital Xeral, Vigo
Vista da torre do Hospital Xeral (coñecida como Pirulí) dende o monte do Castro.
Edificio
Nome inicialResidencia Sanitaria Almirante Vierna[1]
EnderezoRúa Pizarro, 22
LocalizaciónVigo, Galicia Galicia
Coordenadas42°13′46″N 8°42′59″O / 42.22944444, -8.71638889Coordenadas: 42°13′46″N 8°42′59″O / 42.22944444, -8.71638889
PropietarioXunta de Galicia
Construción
Inicio1947
Remate1955
RemodelaciónNo ano 2000 reformase a fachada. En 2017 comezou a reforma de todo o edificio.
Dimensións
Altura75 metros
Plantas20
Equipo
Arquitecto(s)Martín José Marcide
Alfonso Penela (reforma de 2017)

Historia

Proxectado polo arquitecto Martín José Marcide, comezouse a construír en 1947 e foi inaugurado por Francisco Franco no ano 1955 co nome de Residencia Sanitaria Almirante Vierna, un mariño ferrolán.[4]

A torre de 75 metros, constituíu un dos edificios máis altos de Galicia, ao que os vigueses chamaron de pirulí. Ten sufrido numerosas modificación e adición durante décadas que modificaron en gran parte a súa imaxe, por mor das necesarias ampliacións do complexo hospitalario.

Descrición e estilo

O acceso ao edificio orixinal era a través dunha gran escalinata, que desapareceu en 1982. Responde a unha arquitectura con certas referencias volumétricas a arquitectura norteamericana de comezos do século XX, polo menos na súa orixe, e incluso resulta afín ao estilo do arquitecto porriñés Antonio Palacios. A súa planta orixinal compúñase de dous volumes, un corpo principal, a torre de 20 andares, cuxa volumetría se escalonaba aos poucos evolucionando da cruz grega á cruz latina coa altura. Existe outro volume baixo lixeiramente curvo que conformaba o antigo acceso dende a ampla escalinata exterior. Os corpos baixos das ás laterais da torre constituían sendas prazas dun certo interese urbano.

As ampliacións ao longo dos anos afectaron tanto á torre coma ao corpo baixo, regularizándose a vuilumetría escalonada da torre, creándose, deste xeito, un único volume que simplifica a silueta.

Toda a fachada estaba revestida cun dado vitrificado de cor cinsenta que presentaba algunhas patoloxías (fendas, desprendementos etc) que foi cuberto, no ano 2000 (traballos que duraron tres anos), cunha fachada ventilada lixeira composta por placas metálicas de cobre prepatinado averdado, complementado con algúns taboleiros de madeira baquelizada, que dá illamento térmico. Este illamento será retirado despois da remodelación, deixando o edificio novamente branco.

Cidade da Xustiza de Vigo

Despois do peche do hospital no ano 2015, a Xunta de Galicia anunciou un proxecto para rehabilitar o edificio e instalar alí as dependencias xudiciais da cidade. O proxecto foi deseñado polo arquitecto galego Alfonso Penela e recibirá o nome de Cidade da Xustiza de Vigo. As obras comezaron en marzo de 2017 e preveese que finalicen en 2019.[5]

Galería de imaxes

Hospital Xeral

Vista da torre do Xeral dende a rúa Vázquez Varela.

Vigo - Complejo Hospitalario Universitario de Vigo (Hospital Xeral) 07

Vista da torre dende o Parque do Castro.

Vigo - Complejo Hospitalario Universitario de Vigo (Hospital Xeral) 06

Dende a rúa Pizarro.

Parroquía San Xosé Obreiro e Santa Rita e Hospital Xeral

Igrexa da parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita, co edificio do hospital ao fondo.

Cidade da xustiza xuño 2018

Obras da Cidade da Xustiza, vistas dende a Praza España en xuño de 2018.

Notas

  1. "1955: El Generalísimo en Vigo. Visita a la factoría de industrias de la pesca. S.E. inaugura la Residencia Sanatorial Almirante Vierna"
  2. «El Xeral mantendrá un tac para los pacientes no ingresados en Beade» La Voz de Galicia, 27/9/2015.
  3. "Ciudad de la Justicia de Vigo: El "Pirulí" renace como Torre de la Justicia y la Xunta cree que operará en tiempo récord.". Faro de Vigo (en castelán). 6 de outubro de 2016.
  4. El día que se inauguró el "Pirulí" Faro de Vigo (en castelán).
  5. "El Xeral empezará a transformarse en Cidade da Xustiza en mayo". Faro de Vigo (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A praia dos afogados

A praia dos afogados é unha novela negra escrita por Domingo Villar, publicada por Editorial Galaxia en 2009. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e é o segundo libro da serie, despois do seu debut con Ollos de auga.

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Cidade da Xustiza de Vigo

A Cidade da Xustiza de Vigo é un complexo administrativo xudicial que se está a construír na cidade de Vigo, no edificio que antigamente ocupou o Hospital Xeral. Está prevista a súa apertura na primavera do ano 2020.

A remodelación do edificio, deseñada polo arquitecto galego Alfonso Penela, contará con unha superficie construída de 38 418 m² e unha gran praza pública, que levará o nome de Miguel Ángel Blanco e na que se localizará o acceso principal. No alto do edificio construirase un biolo acristalado con forma de pirámide, de acceso privado.

Galería de imaxes de hospitais de Galicia

Imaxes de Hospitais de Galicia

Hospital Xeral

O nome de Hospital Xeral pode referirse a diversos centros hospitalarios:

Hospital Real de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela;

Hospital Xeral de Vigo, en Vigo.

Manuel Vierna Belando

Manuel Vierna Belando, nado en Ferrol en 1884 e finado en Cabo de Palos (Cartaxena) o 6 de marzo de 1938, foi un militar e mariño galego.

Miguel Santalices

Miguel Ángel Santalices Vieira, nado en Bande o 17 de marzo de 1955, é médico, milita no Partido Popular e é o actual presidente do Parlamento de Galicia.

Siniestro Total

Siniestro Total é un grupo de música punk-rock galego, formado en Vigo en 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández, e pasando por varias formacións ata queda-la actual con Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.