Hospital Gil Casares

O Hospital Gil Casares, tamén coñecido como Sanatorio Antituberculoso Profesor Gil Casares, Hospital Profesor Gil Casares ou Sanatorio Miguel Gil Casares, bautizado así en lembranza do catedrático de Medicina Miguel Gil Casares[1], e anteriormente Sanatorio Antituberculoso de La Choupana, é un centro hospitalario situado no barrio compostelán da Choupana inaugurado en 1938.

Hospital Gil Casares
Hospital Gil Casares 20151029
Vista do hospital desde o sueste.
Edificio
Nome inicialSanatorio Antituberculoso de La Choupana
LocalizaciónTravesía de Choupana, s/n Santiago de Compostela (Galicia)
Coordenadas42°52′07″N 8°33′51″O / 42.86848694, -8.56411639Coordenadas: 42°52′07″N 8°33′51″O / 42.86848694, -8.56411639
PropietarioCHUS (SERGAS)
Construción
Inicio1928
Remate1938
Remodelaciónvarias obras de remodelación ao longo dos anos.
Dimensións
Plantas2
Equipo
OutrosTeléfono: 981 950 000; Páxina web do CHUS

Historia

Antes da súa construción

No mesmo lugar, no século XIX existiu o Hospicio Vello, que contaba cunha cerca[2] que abranguía o actual hospital. A casa e granxa con muíño que o compoñía era coñecida no último terzo do mesmo século como Granxa dos Chouchiños, e figuraba en alugamento en 1876[3], cando o seu propietario era Bartolomé Hermida. En 1890 o Concello de Santiago visitou o edificio coa intención de transferirlle o asilo para pobres de Santo Agostiño, pero ameazaba ruína e foi rexeitado, especialmente por as Irmás da Caridade que prestaban o servizo[4]. En decembro de 1891 ao carón da derruída cerca, as leiteiras compostelás organizaron unha folga contra a suba dos impostos ao leite[5], e algúns anos despois, en 1896 (cando eran os seus propietarios os fillos do Coronel José Güimil Cadavid, quen puxo a Sebastián Places ao seu coidado), celebrouse unha pequena romaría rexionalista catalá á que asistiron Baldomero Bonet, Eduardo Vassallo, Ramón Oliveras Marangues, Antonio Vila Nadal, Antonia González Sánchez (viúva de Bartolomé), Valentina Bartolomé González, Ricardo L. Corcelet, José Galí Camps e un quinteto de invidentes cataláns en peregrinación[6]. En agosto de 1899 o Concello de Santiago decidiu que se instalase no terreo un lazareto sucio, é dicir, para poñer en corentena aos animais de procedencia certificada de fora do propio concello (especialmente, aos porcos)[7][8]. En maio de 1900 púxose á poxa o edificio e parte da propiedade, pertencente nese momento ao industrial e hostaleiro Christian Pfister Gaudenzi, para cubrir unhas débedas que este tiña, sendo taxada a propiedade en 20.676 pesetas[9]. O comprador foi, probablemente, Emilio Pombo[10], aínda que en 1902 xa consta como novo propietario o industrial noiés do curtume José María López París[11]. López París fixo pedimento en agosto deste ano ao Gobernador civil da provincia, Felipe Romero Donallo, para que lle recoñecese que o hospicio se encontraba dentro do termo municipal de Santiago, e non do de Conxo.

Con López París a propiedade transformouse nunha fábrica de curtidos (un dos derradeiros curtidoiros composteláns en ser inaugurados), aínda que o edificio seguiu sendo coñecido como Hospicio Vello[12]. Ao longo dos anos a fábrica operou coas vellas técnicas do curtume de peles, sen actualizarse, e viu como ao seu carón, nos seus antigos terreos, medraba o novo hospital. A Fábrica do Hospicio Vello pechou contra o ano 1956, manténdose o vello edificio ata que deron comezo as obras do novo Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela nos anos 90[13]. Tamén dispuxo dun campo de fútbol entre 1925 e 1932, que usaba o Compostela Foot-ball Club.

Este hospicio deixou a súa pegada no rueiro compostelán nas rúas do Hospicio e dos Chouchiños, nos arredores do actual hospital.

Construción e desenvolvemento

O edificio orixinal do Hospital Gil Casares foi proxectado en 1928 como reformatorio de menores[14], promovido pola Junta de Protección de Menores[15], dentro de parte dos terreos da antiga propiedade do Hospicio Vello, pero en 1938, cando xa estaba construído, se cambiou a súa función e foi inaugurado o 7 de xuño[16] co nome de Sanatorio Antituberculoso de La Choupana, sendo o seu primeiro director o cirurxián falanxista Manuel López Sendón, que levaba xa máis dun mes co hospital en funcionamento[17][18]. Contou nestes primeiros tempos con 110 camas (metade para homes e metade para mulleres), das que 100 ían ser dedicadas a pacientes pobres, estando distribuídas en sas con entre catro e doce camas[19]. O equipo conformábano dous médicos (o propio López Sendón e o doutor Galarza), catro enfermeiras, dous practicantes, cinco relixiosas e persoal auxiliar. Contaba con quirófano, cuarto para curas, laboratorio, cuarto de recoñecemento, farmacia e raios X. Tamén contaba con vivendas para as enfermeiras e as relixiosas, capela e despachos para o director, o axudante e o administrador.

Nos seus primeiros anos tratou exclusivamente pacientes con tuberculose. Nos anos 40 o sanatorio pasou a depender do Ministerio de Xustiza de España. Pero, a propósito dun plan de construción dun centro provincial antituberculoso con máis de 400 camas promovido en 1941[20] e que non chegou a executarse, pediuse que o sanatorio volvera a depender do Patronato Nacional Antituberculoso[21], cousa que conseguiuse, aínda que o novo sanatorio non chegou nunca a ser construído.

Posteriormente, ampliáronse no hospital as patoloxías tratadas e dedicouse monograficamente a enfermidades do tórax[22]. Aproveitouse para ampliar as instalacións do hospital, presentándose en 1953 un proxecto que pretendía pasar de 125 a 300 camas, cun orzamento de máis de 14 millóns de pesetas[23]. Pero, ao pouco, en 1956, o orzamento reduciuse a pouco máis de 4 millóns de pesetas, o que só permitía engadirlle un á máis[24][25]. Deron comezo as obras a mediados deste ano, prolongándose durante cinco anos posto que, finalmente, construíronse dous pavillóns máis e reparáronse outros dous, o que disparou o orzamento aos 12 millóns de pesetas[26], sendo o arquitecto o Sr. Fraile e o contratista Raymundo Vázquez. Foi neste momento, a principios de 1960, cando se solicitou que o hospital levase o nome do pioneiro da loita contra a tuberculose en Galicia e catedrático de Medicina Interna da Facultade de Medicina da USC, Miguel Gil Casares, falecido en 1931. Reunida a xunta directiva (López Sendón, como Director; Antonio Golpe, como Xefe de Servizo; e Ángel Carretero, como Xefe de Administración) formalizouse a petición, sendo concedida[26]. Finalmente o novo edificio inaugurouse en xuño de 1961[27]. A denominación oficial daquela quedou como Hospital de Enfermedades del Tórax Profesor Gil Casares.

En 1979 xubilouse como director López Sendón e foi substituído no cargo por Antonio Golpe Cobas. Durante os anos seguintes ampliouse considerablemente o edificio. A partir de 1985 produciuse unha reestruturación da Sanidade en España. A Administración Institucional de Sanidad Nacional (AISNA), á que estaba adscrito o hospital, integrouse na Seguridade Social, sendo dependente da mesma.

Coa chegada do autonomismo e a creación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), produciuse a integración definitiva do Hospital, pasando a depender administrativa e economicamente do mesmo. Actualmente forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), xunto ao Hospital Clínico Universitario e o Hospital de Conxo.

O 30 de outubro de 1999 faleceu neste hospital o poeta Uxío Novoneyra.

En setembro de 2015 a USC propuxo situar a Facultade de Medicina no Hospital Gil Casares, aproveitando a proximidade do CHUS[28].

Notas

  1. «Lamenta que le quitasen el título de profesor al nombre de Gil Casares con que bautizó el sanatorio». La Voz de Galicia, 6-3-2010 (en castelán).
  2. El Diario de Santiago, 2-12-1874, p. 2.
  3. El Diario de Santiago, 22-9-1876, p. 3.
  4. Gaceta de Galicia, 31-5-1890, p. 2.
  5. Gaceta de Galicia, 15-12-1891, p. 3.
  6. Gaceta de Galicia, 12-8-1896, p. 1.
  7. Gaceta de Galicia, 24-8-1899, p. 2.
  8. Gaceta de Galicia, 3-3-1900, p. 3.
  9. Gaceta de Galicia, 27-4-1900, p. 3.
  10. Gaceta de Galicia, 13-6-1901, p. 2.
  11. El Eco de Santiago, 21-8-1902, p. 2.
  12. El Compostelano, 24-1-1921, p. 3.
  13. A Compostela industrial. Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago, de Xoán Carmona Badía e María Teresa Fernández Vázquez (Consorcio de Santiago, 2003); p. 179.
  14. El Compostelano, 20-12-1928, p. 2.
  15. Arquitectura sanitaria: sanatorios antituberculosos (outubro 2014, Madrid), de Cecilia Ruiloba Quecedo; p. 55.
  16. Hoja Oficial del Lunes, 6-6-1938, p. 7.
  17. El Progreso, 29-4-1938, p. 2.
  18. Hoja Oficial del Lunes, 16-5-1938, p. 5.
  19. Hoja Oficial del Lunes, 13-6-1938, p. 2.
  20. El Compostelano, 25-4-1941, p. 1.
  21. El Pueblo Gallego, 4-1-1947, p. 4.
  22. La Noche, 18-4-1952, p. 1.
  23. La Noche, 6-10-1953, p. 2.
  24. La Noche, 23-11-1955, p. 1.
  25. La Noche, 8-6-1956, p. 2.
  26. 26,0 26,1 El Pueblo Gallego, 17-2-1960, p. 9.
  27. El Pueblo Gallego, 7-4-1961, p. 6.
  28. «La USC propone ubicar la Facultade de Medicina en el Hospital Gil Casares», La Voz de Galicia, 30-9-2015 (en castelán).
As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela na rúa de San Francisco é a Facultade onde se imparte a docencia da Medicina na Universidade de Santiago de Compostela desde que se inaugurou o ano 1928 este edificio, construído a carón do Hospital Real (co que de comunicaba a través dunha galería cuberta), de xeito que ambos os edificios ocupaban todo un lado de dita rúa, desde a praza do Obradoiro até o covento de San Francisco, até que se acabe de construír o novo edificio da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Manuel López Sendón

Manuel López Sendón, nado en Carnota en 1909 e falecido en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1985, foi un médico e político falanxista galego.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Servizo Galego de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia, a cargo da asistencia sanitaria pública. Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.