Hospital Álvaro Cunqueiro

O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de 600.000 persoas, a maior de Galicia.

Hospital Álvaro Cunqueiro
Novo Hospital de Vigo, Luis Vidal
Fachada oeste, en 2014, en obras.
Edificio
Nome inicialNovo Hospital de Vigo
EnderezoEstrada Clara Campoamor 341
LocalizaciónC.p. 36.313, Vigo
Coordenadas42°11′20″N 8°42′54″O / 42.188922222222, -8.7150111111111Coordenadas: 42°11′20″N 8°42′54″O / 42.188922222222, -8.7150111111111
Uso(s)Hospitalario
Construción
InicioMarzo de 2011
RemateXuño de 2015
Dimensións
Superficie280.000 m² construídos [1]
Plantas

Plantas -3 e -2: Aparcadoiro
P. -1: Consultas externas
P. 0: Acceso, docencia e administración
P. 1: Hospitalización
P. 2: Hosp., investig., rehab. e lab.
P. 3: Área de urxencias
P. 4: Área técnica, cirurxía e hosp.[2]

Equipo
Arquitecto(s)Luis Vidal e asociados
Outros
  • 1.465 camas [3]
  • 22 quirófanos
  • Heliporto
  • 4.350 prazas de aparcamento
  • PremiosFuture Health Project. Mención. [4]

    Descrición

    A construción é deseño do estudo do arquitecto catalán Luis Vidal (Barcelona, 1969) e ten certificación medio ambiental BREEAM.[5]

    Inauguración

    Manifestación pola Sanidade Pública en Vigo no 2015 (17)
    Manifestación en Vigo en setembro do 2015

    O primeiro paciente, ambulatorio, foi atendido o 29 de xuño de 2015. Os primeiros ingresos fixéronse o 24 de agosto.

    O servizo de urxencias estaba previsto que abrira o 4 de setembro[6] pero debido ás présas, caos deficiencias do Álvaro Cunqueiro, atrasáronse o traslado de pacientes e as urxencias.[7][8] Finalmente o servizo de urxencias abriu o día 24 de setembro.[9]

    As sospeitas de contaminación ambiental[10] demoraron o proceso de posta en funcionamento, tanto polo que respecta ás operacións (a primeira estaba programada para o 31 de agosto, e non se realizou) ou para o servizo de Urxencias (programada a apertura para o 3 de setembro, que tampouco se produciu).

    Neses días da inauguración producíronse declaracións de protesta e unha manifestación o 3 de setembro contra o proceso de apertura (200.000 manifestantes segundo convocantes e policía local): os manifestantes protestaban porque a inauguración non fixera na práctica aumentar o número de camas hospitalarias, o hospital non contase con laboratorio propio e porque os servizos de restauración, limpeza ou aparcadoiros fosen contratos con empresas privadas.[11][12]. Neses días faleceu unha paciente hepática infectada por Aspergillus,[13] se ben as fontes do hospital sinalaron que a infección se producira antes da hospitalización.[14].

    Transporte urbano

    Liñas de Vitrasa en días laborables.[15]

    H1 [1]   García Barbón → Policarpo Sanz → Pi i Margall → Pza. América → CastrelosPictograms-nps-hospital-2.svg

    H2 [2]   Gregorio Espino, 79 (Estación de autobuses) → Trav. de Vigo → Pizarro → Pza. España → Gran Vía → Pza. América → Castrelos → Pictograms-nps-hospital-2.svg

    H [3]   Navia → Bouzas → C. Veiga → Tomás A. Alonso → r/ Coruña → Avda. Fragoso → Balaídos → Castrelos → Pictograms-nps-hospital-2.svg

    L6 [4]   Pza. España → Trav. de Vigo → Martínez Garrido → BembriveBeadePictograms-nps-hospital-2.svg

    L12B [5]   Meixoeiro → Avda. Madrid (Estación de autobuses) → Pza. España → Policarpo Sanz → Camelias → Pza. América → Castelos → Pictograms-nps-hospital-2.svg

    L18 [6]   Gran Vía → Pza. España → Provincial → Sárdoma → Carneiras → Pictograms-nps-hospital-2.svg

    Sábados, domingos e festivos: Unicamente H2 e L12B.

    Galería de imaxes

    Hospital Álvaro Cunqueiro visto dende Valadares
    Hospital Álvaro Cunqueiro visto dende Valadares.

    Notas

    1. Características do proxecto
    2. Proxecto executivo
    3. Plan integral da área de Vigo
    4. Future Health Project Award Winners 2012 Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
    5. «El nuevo Hospital de Vigo, certificado BREEAM® en Fase de Diseño» 26/1/2015.
    6. https://www.vigoe.es/vigo/local/item/5055-el-nuevo-hospital-atendera-todas-las-urgencias-del-area-a-partir-del-4-de-septiembre
    7. Trabajadores y pacientes dan la cara para denunciar "caos" y deficiencias en el Cunqueiro
    8. El nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre
    9. Mañana abren las urgencias en el Cunqueiro y el Xeral se cierra
    10. A. Blasco (4/9/2015). "Vigo y su área toman la calle para "recuperar" una sanidad pública de calidad". Faro de Vigo (en castelán).
    11. David Lombao (4/9/2015). "A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta". Praza Pública.
    12. Domingos Sampedro / Anxo Paniagua (4/9/2015). "O PP ofrece a comparecencia da conselleira de Sanidade, pero o PSOE reclama a de Feijoo". La Voz de Galicia (en castelán).
    13. A. Blasco (3/9/2015). "Hallan aspergillus en una mujer muerta en la UCI del Cunqueiro que sufría una dolencia hepática". Faro de Vigo (en castelán).
    14. Jorge Bravo (3/9/2015). "El Sergas niega que la fallecida se infectase en el nuevo hospital vigués". La Voz de Galicia (en castelán).
    15. Servizo ós hospitais Vitrasa.

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Ligazóns externas

    Arquivo Pacheco

    O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

    Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

    O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

    O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

    Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

    Campo do Vao

    O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

    Centro Arqueolóxico de Salinae

    O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

    Centro de especialidades Coia

    O Centro de especialidades Coia situado no bario do mesmo nome, no concello de Vigo era un centro sanitario de titularidade pública que ofrecía atención ambulatoria especializada ademais de servizos como análises clínicas, fisioterapia ou orientación familiar.

    Formaba parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

    En setembro do 2015 foi pechado debido ao mal estado das instalacións, a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro e o traslado dos seus servizos a outros centros do Complexo.

    Complexo Deportivo das Travesas

    O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

    Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

    Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

    O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, coñecido polo acrónimo CHUVI é unha institución sanitaria pública creada no ano 2004 que dá atención sanitaria especializada á poboación comarca de Vigo. Depende do Servizo Galego de Saúde, e está composta por cinco hospitais e dous centros de especialidades.

    O hospital de maior nivel asistencial, o Hospital Álvaro Cunqueiro, foi inaugurado en 2015, deixando sen funcionamento o Hospital Xeral.

    Ademais da asistencia sanitaria, do CHUVI depende a formación sanitaria da Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro, centro adscrito á Universidade de Vigo.

    Estadio Municipal de Barreiro

    O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

    É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

    Festival Aéreo de Vigo

    O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

    Hospital Nicolás Peña

    O Hospital Nicolás Peña, tamén coñecido popularmente como Hospital Municipal, é un centro hospitalario público situado no centro de Vigo, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

    Hospital Xeral de Vigo

    O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde. O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa característica cor verde cobre froito das últimas rehabilitacións da fachada.

    A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, atópase dende 2017 en obras de rehabilitación para poder acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo.

    Hospital do Meixoeiro

    O Hospital do Meixoeiro é un centro hospitalario público da cidade de Vigo. Está situado no lugar do Meixoeiro, en terreos das parroquias de Lavadores (zona de urxencias) e Bembrive (zona hospitalaria), e foi inaugurado o 30 de novembro de 1989. É un hospital xeral, é dicir, que ofrece todos ou case todas as especialidades médicas e cirúrxicas, aínda que tamén é centro de referencia en certas especializades de oncoloxía e cardioloxía e outras enfermidades tropicais coma o ébola ou o zika, nestes casos é centro de referencia para toda Galicia. Forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e no ano 2015 foi galardoado co premio Vigués distinguido.

    Igrexa de Santiago de Vigo

    A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.

    Monte da Guía

    O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

    Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

    Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

    Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

    Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

    O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

    Policlínico Cíes

    O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.

    Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.

    É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.

    Servizo Galego de Saúde

    O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia, a cargo da asistencia sanitaria pública. Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

    Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

    Viguesa de Transportes S. L.

    Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

    Ademais explota en réxime de concesión autonómica, dúas liñas, entre o Alto da Encarnación e Vigo, e entre Negros e Bouzas (liñas C3 e 28, respectivamente), unindo o concello de Vigo co de Redondela.

    En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

    No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

    Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

    Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

    Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

    En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

    Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

    En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

    En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

    World Fishing Exhibition

    A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

    De interese en Vigo
    Inmobles
    Arte e cultura
    Deporte e instalacións
    Natureza
    Outros artigos
    Eventos

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.