Horta

Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto[1].

Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.

A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.

Sanxenxo, A Granxa 02-02
Horto

Horto urbano

Artigo principal: Agricultura urbana.

A práctica de manter pequenos hortos urbanos estase estendendo entre as familias de escasos recursos, xeralmente habitantes de zonas urbano marxinais.

Moitas veces a finalidade destes hortos, propiciados por entidades gobernamentais e ONGs, non é a de suplir unha cantidade importante de alimento senón que máis ben a de promover unha diversificación dos hábitos alimentarios.

No horto orgánico frecuentemente aplícanse técnicas orgánicas, evitando o uso de herbicidas e insecticidas (biocidas), recreando un ecosistema que se sostén coa diversidade dos cultivos, a rotación dos mesmos e a achega de abonos orgánicos.

Huerto urbano en producción
Horto urbano en produción nun barrio marxinal de Guayaquil.

A agricultura urbana brinda un marco no cal a familia, veciños, ou grupos afíns poden aprender a observar e facilitar os procesos naturais (sementeira, crecemento, coidados, floración-reprodución, colleita, conservación, elaboración de alimentos...). Ademais de ter propósitos produtivos, ten un contido educativo e reconstrutivo, axuda a fortalecer a integración e o traballo en equipo e recuperar a estima, así tamén como promover hábitos nutricionais saudables. Téndese a lograr un sistema de produción continua no que se achega traballo e coñecemento todo o ano e se obteñen hortalizas frescas, froitas e herbas aromáticas para a inxestión diaria.

A horta na cultura popular galega

  • A caste da horta sai da corte pola porta.
  • A horta de outono mantén ó seu dono.
  • Este ir e vir á horta traime morta.
  • Horta de pasatempo, quer tempo.
  • Horta de San Martiño, mantén ó seu dono e mais o veciño.
  • Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
  • Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é pior.
  • Nace na horta o que non sementa o hortelán.
  • Parvo é quen entra na horta e non come froita.

Galería de imaxes

06-Corbera Benicull

Horta de Valencia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para horto.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Alboraia

Alboraia (en valenciano: Alboraia, en castelán: Alboraya) é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord, da que conserva todo o sabor típico da de la horta valenciana, é chamada por iso como "El portal de l'Horta" ("O Portal da Horta"). Con 22.174 habitantes (2008) a vila é coñecida por ser o berce da orchata.

Can Baró

Can Baró é un barrio do distrito de Horta-Guinardó da cidade de Barcelona, situado na parte alta.

Esténdese ao redor do Turó da Rovira, un outeiro pertencente ás estribaciones da serra de Collserola, cunha orografía accidentada con numerosos desniveis, o que provoca fortes pendentes en numerosas rúas do barrio. Can Baró delimita cos barrios de El Carmel, El Guinardó e El Baix Guinardó do distrito de Horta-Guinardó, así como co de La Salut do distrito de Gràcia.

El Baix Guinardó

El Baix Guinardó é un barrio do distrito de Horta-Guinardó da cidade de Barcelona. Os límites administrativos do Baix Guinardó son polo oeste a rúa Sardenya, que fai de frontera con Camp d'en Grassot i Gràcia Nova, ao sur limita co barrio de Sagrada Família pola rúa Sant Antoni Maria Claret, ao leste a rúa Cartagena separa El Guinardó do Baix Guinardó e polo norte limita co barrio de Can Baró facendo de fronteira a Avenida Mare de Déu de Montserrat e a Praza da Font Castellana.

El Carmel

El Carmel é un barrio popular do distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, situado na parte alta da cidade. Esténdese polo outeiro do mesmo nome, pertencente ás estribacións da serra de Collserola, cunha orografía accidentada con numerosos desniveis, o que provoca fortes pendentes en numerosas rúas do barrio.

Antigamente estaba dividido entre catro poboacións: Gràcia, Sant Joan d'Horta, Sant Martí de Provençals e Sant Andreu de Palomar. Entre finais do século XIX e principios do XX foi un lugar de segundas residencias para a burguesía da entón vila de Gràcia. Ata os anos 1920 tivo un carácter marcadamente rural, con numerosos hortos e zonas verdes, feito que empezou a cambiar coa chegada dunha crecente inmigración do resto de España. Entón, as vivendas unifamiliares deixaron paso ás barracas, mentres que a partir dos anos 1960 empezaron a construírse grandes bloques de vivendas dentro do boom inmobiliario da época, que acabaron por transformar a fisionomía do barrio.El Carmel delimita cos barrios de La Teixonera, La Clota, Horta, La Font d'en Fargues e Can Baró do distrito de Horta-Guinardó, así como cos de El Coll e La Salut do distrito de Gràcia.

El Guinardó

El Guinardó é un barrio da cidade de Barcelona, pertencente ao distrito de Horta-Guinardó.

O barrio do Guinardó atópase dentro do antigo municipio de Sant Martí de Provençals, no límite de Horta (co termo do cal compartiu algúns terreos) e con Gràcia, e esténdese polas ladeiras orientais da Muntanya Pelada. Ata os últimos decenios do século pasado o sector estivo ocupado por campos de cultivo, canteiras (o sector actual de Can Baró), pastos e casas de labor, entre as cales Mas Guinardó, que había de dar nome ao barrio, o Mas Viladomat, o Mas Casanoves, o Mas Vintró e a Torre dels Pardals.

Horta, Barcelona

Horta é un barrio pertencente ao distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Foi un municipio independente ata 1904, cando se anexiona á capital catalá. O nome provén da familia Horta, que foi propietaria do territorio desde o ano 1036 ata 1260. Habitada por nobres e mercadores desde o século XIV, crece ao redor do mosteiro da Vall d'Hebron, chegando o seu período de esplendor ata finais do século XVII. Atópase documentado por primeira vez no ano 965, onde se menciona o val de Horta. Antigamente o barrio foi o núcleo principal do municipio independente de Horta, que se correspondía máis ou menos co actual distrito de Horta-Guinardó.

O crecemento entre o século XVI e século XX foi debido á abundancia de auga que fixo posible a instalación de numerosas lavanderías. A prosperidade da zona tamén creceu cando chegou o tranvía no ano 1901. Na década de 1960 chegou o metro (L5) á praza Eivissa, a estación de Horta.

Aínda se mantén a estrutura do casco antigo ao redor da Praza de Eivissa e ten un ensanche residencial. No barrio tamén se atopa o Parque do Labirinto de Horta, que é o xardín máis antigo que se conserva de toda a cidade. É un xardín de tipo neoclásico que se empezou en 1794 nunha leira dos marqueses de Alfarràs. A beiras do parque atópase o velódromo de Horta, onde se disputaron algunhas probas polos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992.

Horta-Guinardó

Horta-Guinardó é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o terceiro distrito máis extenso, despois de Sants-Montjuïc e Sarrià-Sant Gervasi.

Horta de Sant Joan

Horta de Sant Joan é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Terra Alta.

La Clota

La Clota é un barrio da cidade de Barcelona situado dentro do distrito municipal de Horta-Guinardó. Situado nunha depresión entre El Carmel e o paseo Vall d'Hebron, no suroeste de Horta; limitado pola rúa Lisboa, a Avenida do Cardenal Vidal Barraquer e a Avenida Estatut de Catalunya. La Clota é un dos núcleos de poboación máis antigos do distrito. Desde o pequeno espazo inicial, foise estendendo pola plana da casa Tarrida, unha antiga masía do século XIII, hoxe desaparecida. Era unha barriada popular de torres e casas con hortos.

Confluían, camiño da rambla de Horta, o torrente de Sant Genís, o das catorce plumas e o da Ginesa. Iso posibilitou o desenvolvemento dun gran número e variedade de instalacións hidráulicas, como pozos e canles de rega, que foron a orixe da fama de Horta como reserva de auga de Barcelona e que favoreceu a implantación de moitas lavanderías.

O crecemento urbano de La Clota non foi moi intenso, e mantivo ata hoxe ese aire rural que constitúe unha notable singularidade na Barcelona actual. Coexisten as casas baixas e masías centenarias con hortos, cun pequeno núcleo formado por edificacións auto construídas. Aínda quedan algúns talleres como carpinterías, marmolerías e ferrerías.

La Font d'en Fargues

La Font d'en Fargues é un barrio residencial de Barcelona situado dentro do distrito municipal de Horta-Guinardó. Atópase ao sur do barrio de Horta e ao norte do cerro da Rovira entre a fonte que lle dá nome e o torrente da Carabassa. Ao redor da fonte, que se dicía que tiña moita calidade e propiedades, celebrábanse festas e aplecs.

O barrio urbanizouse a partir de 1905, empezando polas terras da masía de Can Pujol por iniciativa de Pere Fargas i Sagristà no estilo da cidade xardín. O nome do barrio provén de Fargas, e el tamén promoveu a construción de torretas en 1915.

O barrio ten masías e casas antigas que foron recicladas como casas de luxo. Ten un dos colexios privados máis antigos da cidade, a escola inglesa Princess Margaret School. Na actualidade o barrio converteuse nun exemplo de urbanización para toda a cidade. A maioría das vivendas están conformadas por pisos grandes, con piscina e cancha de tenis, e posúen de tres a catro pisos. É un dos barrios descoñecidos da cidade, ao atoparse á beira da montaña.

La Teixonera

La Teixonera é un barrio do distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, situado na parte alta da cidade. Delimita cos barrios de El Carmel, La Clota, La Vall d'Hebron e Sant Genís dels Agudells do distrito de Horta-Guinardó, así como cos de El Coll e Vallcarca i els Penitents do distrito de Gràcia.

La Vall d'Hebron

La Vall d'Hebron é un barrio do distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Atópase na esquina da Ronda de Dalt e o Paseo Vall d'Hebron e nel pódese atopar o Parque da Vall d'Hebron.

Desenvolveuse a partir do Plan Comarcal de 1953, coa construción de polígonos de bloques de vivendas. Cos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 reordenouse a zona e ampliouse o ámbito do polígono, destinándose algúns equipamentos deportivos.

No norte do barrio, cruzando a Ronda de Dalt, atópase o barrio de Montbau, onde está o Hospital Universitario Vall d'Hebron, un dos máis importantes de Cataluña.

Montbau

Montbau é un barrio do distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona.

Atópase ao pé da serra de Collserola, por encima da Ronda de Dalt e o Paseo Vall d'Hebron. Crese que o nome do barrio provén dunha deformación da torre de Gombau.

En 1956 foi cando se empezou a urbanizar a zona, que sempre había estado pouco habitada, para acoller a inmigración que chegaba a Barcelona. O Padroado Municipal da Vivenda encargou o proxecto dunhas 1.300 vivendas seguindo a liña urbanística racionalista do CIAM; a segunda fase dobrou a densidade que se previu inicialmente.

Na parte oriental do barrio localízase o campus de Mundet, onde estaban os antigos Fogares Mundet, que constituían unha entidade de carácter benéfico e que dan nome ao campus. No campus atópanse as facultades de Psicoloxía e Pedagoxía da Universidade de Barcelona, unha residencia xeriátrica e centros escolares.

Tamén se atopa o Palau de les Heures, edificación novecentista e con aires de castelo francés que data de 1895 e que está rodeado de xardíns.

Na parte occidental localízase a cidade sanitaria da Seguridade Social, o Hospital Universitario Vall d'Hebron, o Hospital San Rafael e o CAP (centro de atención primaria) San Rafael, un conxunto dos maior e mellor dotados equipamentos de Cataluña e España.

Murcia

Murcia é un municipio e a capital da Rexión de Murcia (España). Está situada no sueste da Península Ibérica e atravesada polo río Segura, en plena Huerta de Murcia, comarca da que é capital. Murcia é a sétima cidade de España pola súa poboación. Segundo o INE en 2017 tiña 441 003 habitantes.

Nou Barris

Nou Barris é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña, situado na zona norte da cidade, entre a Serra de Collserola e a Avinguda Meridiana.

O distrito está formado por barrios periféricos dos antigos concellos de Horta e Sant Andreu de Palomar, que creceron durante o século XX.

Limita cos concellos de Montcada i Reixac e Santa Coloma de Gramenet polo norte, e cos distritos de Sant Andreu e Horta-Guinardó polo sur.

Parque do Laberint d'Horta

O parque do Laberint d'Horta é un xardín histórico situado no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, o máis antigo que se conserva na cidade. Atópase na antiga propiedade da familia Desvalls, nunha ladeira da serra de Collserola. Iniciado en 1794 e acabado na súa primeira fase en 1808, foi obra do arquitecto italiano Domenico Bagutti. O parque inclúe un xardín neoclásico do século XVIII e un xardín romántico do século XIX.

Provincia de Valencia

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Sant Genís dels Agudells

Sant Genís dels Agudells é un barrio do distrito de Horta-Guinardó da cidade de Barcelona. O barrio queda actualmente limitado pola Ronda de Dalt, a estrada da Arrabassada e a cidade sanitaria da Seguridade Social do Vall d'Hebron.

Atópase nas ladeiras da Serra de Collserola, foi unha das parroquias iniciais do chairo de Barcelona e o acta de dotación da parroquia foi o 4 de xullo do 931. A partir do 1359 pasou a depender do mosteiro da Vall d'Hebron.

Socialmente atopámonos cun pequeno barrio-dormitorio de Barcelona con escasa implantación de actividades e servizos.

Sant Martí

Sant Martí é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña, situado ao leste da cidade. Limita co concello de Sant Adrià de Besòs, os distritos de Ciutat Vella, Eixample, Horta-Guinardó e Sant Andreu, e co mar Mediterráneo.

A orixe do distrito está no antigo concello de Sant Martí de Provençals, independente entre 1714 e 1897, cando foi agregado ao concello de Barcelona.

O distrito de Sant Martí concentra a maior parte das praias de Barcelona nos seus 2.675 metros de litoral. Con 1.052,4 hectáreas e 231.855 habitantes (2009), é o cuarto distrito da cidade en extensión e o segundo en poboación.

Xardín

Un xardín é unha zona de terreo onde se cultivan especies vexetais para o pracer dos sentidos. Facer estas hortas sen finalidade económica vén dunha larga tradición, e xa eran famosos os Xardíns colgantes de Babilonia, considerados como unha das marabillas do mundo antigo, o que denota que estes espazos de ocio teñen desde entón unha larga tradición.

Un xardín pode incorporar tanto materiais naturais como feitos polo ser humano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.