Horario de verán

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a Primeira Guerra Mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.

DaylightSaving-World-Subdivisions
Uso do horario de verán      Usado actualmente      Non usado actualmente      Non usado nunca

Orixe

Clepsydra-Diagram-Fancy.jpeg
Antiga clepsidra ou reloxo de auga. Unha serie de engrenaxes fan virar un cilindro que indica a lonxitude das horas segundo a data.

Algunhas civilizacións antigas, como a exipcia e a romana, axustaban os horarios ao sol con gran flexibilidade, polo común dividían o tempo de luz solar en doce horas de igual duración, e como consecuencia as horas de luz eran máis longas no verán,[1][2] o que se pode reflectía por exemplo nas clepsidras romanas que tiñan diferentes escalas para os diversos meses do ano: na latitude de Roma, a terceira hora tras raiar o sol, a hora tertia, comezaba ás 09:02 segundo o horario moderno e duraba 44 minutos no solsticio de inverno mentres no verán comezaba ás 06:58 e tiña unha duración de 75 minutos.[3]

William-Willett
William Willett

O primeiro que propuxo algo semellante ao horario de verán moderno foi o entomólogo George Vernon Hudson,[4] quen en 1895 presentou un artigo na Sociedade Filosófica de Wellington no que propuña un axuste de dúas horas no verán[5] e despois de considerable interese no seu país, Nova Zelandia publicou en 1898 un novo artigo.[6] En 1907 o empresario inglés William Willett publicou un artigo no que propuña adiantar unha hora os reloxos durante os meses de verán, proposta que se presentou na Cámara dos Comúns e que foi moi debatida en 1908 e 1909[7] pero que non se converteu en lei.

Foi no decurso da Primeira Guerra Mundial cando Alemaña e Austria-Hungría[8] adoptaron o horario de verán o 30 de abril de 1916, e pouco despois o Reino Unido tomou a mesma medida entrando en vigor o 21 de maio dese ano[9], outros países europeos seguiron a mesma política e os Estados Unidos adoptouno en 1918.

Nos anos que seguiron á guerra moitos países abandonaron o horario de verán, aínda que uns poucos seguiron a mantelo, como o Canadá, Reino Unido, Francia ou Irlada. Nalgúns países volver ao sistema durante algúns períodos nas décadas seguintes, e especial durante a Segunda Guerra Mundial. Na década de 1970 como consecuencia da crise enerxética gran parte dos países volvérono a adoptar.

Vantaxes e inconvenientes

Waste-of-Daylight-19-cover
Panfleto de William Willett promovendo o horario de verán

A proposta feita por Willett aseguraba que o horario de verán incrementaba as oportunidades de practicar actividades ao aire libre durante as horas de luz do serán. Segundo o premio Nobel Thomas Schelling[10] o acordo xeral da poboación sobre o horario a seguir resulta máis vantaxoso que a adopción do horario de verán de forma individual. Segundo esta consideración, un individuo obtería vantaxes máis grandes se aplicaba o horario de verán de xeito coordinado en toda a poboación que se un individuo decidise facelo pola súa conta, xa que a xeneralización achega un gran beneficio, aínda así moitos fan caso omiso do horario de verán e alteran os seus horarios para coordinarse coa luza do sol.[11]

Begin CEST
End CEST
Os reloxos adiántanse na primavera.
Os reloxos atrásanse no outono.

Notas

  1. "Why is a day divided into 24 hours?". abril 2006. Consultado o 27 de xaneiro de 2008.
  2. Berthold L. Ullman (1918). "Daylight saving in ancient Rome". The Classical Journal 13 (6). p. 450–451. Consultado o 16-05-2007.
  3. Jérôme Carcopino (1968). "The days and hours of the Roman calendar". Daily Life in Ancient Rome: The People and the City at the Height of the Empire. Yale University Press. ISBN 0300000316.
  4. George Gibbs (22 de xuño de 2007). "Hudson, George Vernon 1867–1946". Dictionary of New Zealand Biography.
  5. G. V. Hudson (1895). "On seasonal time-adjustment in countries south of lat. 30°". Transactions and Proceedings of the New Zealand Institute 28. p. 734.
  6. G. V. Hudson (1898). "On seasonal time". Transactions and Proceedings of the New Zealand Institute 31. pp. 577–588.
  7. Walker, Malcolm (2011) History of the Meteorological Office Cambridge University Press, p. 178
  8. RGBl. Nr. 111/1916: Verordnung des Gesamtministeriums vom 21. April 1916, betreffend die Einführung der Sommerzeit für das Jahr 1916. In: Reichsgesetzblatt für die im Reichsrate vertretenen Königreiche und Länder, LVI. Stück, ausgegeben am 22. April 1916, S. 247
  9. Bennett, Oliver (2012) "British Summer Time and the Daylight Saving Bill 2010–11", House of Commons Library, p. 4
  10. Thomas C. Schelling (2006). "Hockey helmets, daylight saving, and other binary choices". En W. W. Norton. Micromotives and Macrobehavior (PDF). ISBN 0-393-32946-1..
  11. Hamermesh, Daniel S., Myers, Caitlin Knowles e Pocock, Mark L. (2006). National Bureau of Economic Research, ed. Time zones as cues for coordination: latitude, longitude, and Letterman.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alabama

Alabama é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. No ano 2000 tiña 4 447 100 habitantes. A capital é Montgomery.

Baixa Normandía

Baixa Normandía (en francés: Basse-Normandie, en normando: Basse-Normaundie) é unha rexión de Francia creada en 1956 e dividida en tres departamentos: Calvados, Orne e Mancha. Forma parte da antiga provincia de Normandía que está dividida en Alta Normandía e Baixa Normandía. A súa capital é a cidade de Caen.

Cantón de Berna

O cantón de Berna (en alemán: Bern, en francés: Berne, en italiano: Berna, en romanche: Berna) é un dos 26 cantóns suízos, no cal se atopa a capital da Confederación Helvética, Berna.

O cantón de Berna é un cantón bilingüe, as linguas oficiais son o francés e o alemán.

Cantón de Neuchâtel

O cantón de Neuchâtel (en arpitano: Nôchâthél, en alemán: Neuenburg, en francés: Neuchâtel, en italiano: Neuchâtel, en romanche: Neuchâtel) é un cantón suízo cuxa capital é a cidade de Neuchâtel. Ten unha poboación de 169.640 habitantes (2007).

Cantón de Schaffhausen

O cantón de Schaffhausen (en alemán: Schaffhausen, francés: Schaffhouse, en italiano: Sciaffusa, en romanche: Schaffusa) é un cantón da confederación Suíza.

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Flandres

Flandres (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% da Bélxica).

Güiana Francesa

A Güiana Francesa (en francés: Guyane) é un departamento de ultramar de Francia xunto á costa do mar Caribe, en América do Sur. Limitada ao norte co océano Atlántico, ao leste e sur co Brasil e ao oeste co Suriname.

A súa área é de 90.000 km², e conta con 191.309 habitantes (xullo 2004). A súa capital é Caiena. O idioma oficial é o francés, aínda que tamén se fala o patois.

Neste territorio, a Axencia Espacial Europea ten o Centro de lanzamento de Kourou, sede dos cohetes Ariane.

Holanda Meridional

Holanda Meridional é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Igual que as demais provincias, está gobernada por un comisionado designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal.

As cidades máis importantes de Holanda meridional son Rotterdam, A Haia, Zoetermeer, Dordrecht e Leiden.

Lemosín

Lemosín (en occitano: Lemosin, en francés: Limousin) é unha rexión francesa, situada no centro da Francia metropolitana. Conformada por tres departamentos : Corrèze, Creuse e Alto Vienne (Haute-Vienne). A súa capital (en francés : chef-lieu ou préfecture) é Limoges.

Lista de estados dos EUA por fuso horario

Lista dos Estados dos Estados Unidos de América por fuso horario. A maioría dos estados posúe o horario de verán con excepción dos estados de Arizona e Hawai.

Estes son os fusos horarios que engloban os Estados Unidos e súas posesións:

UTC +10 - Chamorro Standard Time

UTC -11 - Samoa Standard Time

UTC -10 - Hawaii-Aleutian Standard Time (HST)

UTC -9 - Alaska Standard Time (AST)

UTC -8 - Pacific Standard Time (PST)

UTC -7 - Mountain Standard Time (MST)

UTC -6 - Central Standard Time (CST)

UTC -5 - Eastern Standard Time (EST)

UTC -4 - Atlantic Standard Time (AST)

Lorena

A Lorena (en francés e en lorenés: Lorraine, en alemán: Lothringen) é unha rexión de Francia que linda con Alemaña, Bélxica e Luxemburgo.

Maranhão

Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o Océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.

Mato Groso

Mato Groso é un estado brasileiro localizado ó oeste da rexión Centro-Oeste. Ten como límites o Amazonas e Pará ao norte; Tocantins e Goiás ao leste; ao sur Mato Groso do Sur; e o estado de Rondonia e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 906.806,9 km². A súa capital é Cuiabá. As principais cidades són: Cuiabá, Varzea Grande, Juína, Rondonópolis, Sinop, Barra do Garças e Alta Floresta.

Mediodía-Pireneos

Mediodía-Pireneos (en occitano: Miègjorn-Pirenèus, en francés: Midi-Pyrénées) é unha rexión francesa, situada ao suroeste da Francia metropolitana. Conformada de oito departamentos, a súa capital (chef-lieu ou préfecture) é Tolosa.

Ródano-Alpes

Ródano-Alpes (en francés: Rhône-Alpes, [ʁo.n‿alp] (AFI); en arpitano: Rôno-Arpes; en occitano: Ròse Aups) é unha rexión de Francia que comprende oito departamentos: Ain, Ardèche, Drôme, Isère, Loira, Ródano, Alta Savoia e Savoia. Ten 43.698 km² e nela habitan 5.645.407 habitantes.

Tempo central europeo de verán

É a zona horaria que se aplica en Galicia durante o verán. Equivale a 2 horas máis ca o UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán) A zona horaria é utilizada por moitos países europeos, tamén durante o verán.

Este horario de verán se aplica dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro atrásase unha hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará máis de 24 horas.

Durante o inverno, en Galicia se aplica o CET.

Tesino

O cantón do Tesino (en lombardo: Tisín, en italiano: Ticino. En alemán, francés e romanche: Tessin) é o cantón máis meridional de Suíza, sobre a vertente sur dos Alpes. O nome deriva do río homónimo que atravesa subindo polo Passo della Novena até o Lago Maior. O cantón do Tesino é case enteiramente de lingua italiana (a excepción do municipio de Bosco/Gurin). O cantón forma xunto con algunhas rexións do cantón dos Grisóns a chamada Suíza Italiana.

Turgovia

Turgovia (en alemán: Thurgau, francés: Thurgovie, en italiano: Turgovia, en romanche: Turgovia) é un cantón da confederación Suíza, situado ao noroeste do país.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.