Honduras

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Coordenadas: 15°00′N 86°30′O / 15.000, -86.500

República de Honduras
Bandeira de Honduras
Escudo de Honduras
BandeiraEscudo
Honduras (orthographic projection)
Lema: «Libre, soberana e independiente»
Capital
 • Poboación
Tegucigalpa e Comayagüela[1]
1 250 000
Cidade máis poboadaTegucigalpa
Linguas oficiaisEspañol
Forma de gobernoRepública presidencialista
Presidente
Vicepresidente
Juan Orlando Hernández
Ricardo Álvarez Arias
• Data
15 de setembro de 1821
SuperficiePosto 100º
 • Total112,492 km²
Costas820 km km
PoboaciónPosto 96º
 • Total7 326 496 hab.
 • Densidade70 hab. hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 125º
 • Total (2005)22.549 millóns de $
 • per cápita2.793 dólares
Moedalempira
IDH (2007)0,700 (115º) – medio
Xentiliciohondureño/-a
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.hn
Prefixo telefónico+504
Prefixo radiofónico 
Código ISO340 / HND / HN
Membro de: OEA, ONU, Unesco, FAO, BCIE, OMC, CIN, OEI, Grupo de Río, AEC

Historia

Artigo principal: Historia das Honduras.

Política

Artigo principal: Política das Honduras.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións das Honduras.

A República de Honduras está dividida en 18 departamentos. A súa capital é a cidade de Tegucigalpa, municipio de Distrito Central; xurisdición do departamento de Francisco Morazán.

Honduras, administrative divisions - Nmbrs - colored
N.º1 Departamento Pob (2010/2011) Sup (km²) Cabeceira
1 Atlántida 572 551 4.372 La Ceiba
2 Colón 293 540 8.249 Trujillo
3 Comayagua 442 251 5.124 Comayagua
4 Copán 362 226 3.242 Santa Rosa de Copán
5 Cortés 2 120 291 3.923 San Pedro Sula
6 Choluteca 605 504 4.360 Choluteca
7 El Paraíso 427 232 7.489 Yuscarán
8 Francisco Morazán 1 691 056 8.619 Tegucigalpa
9 Gracias a Dios 88 314 16.997 Puerto Lempira
10 Departamento de Intibucá 232 509 3.123 La Esperanza
11 Departamento de Islas de la Bahía 47 158 236 Roatán
12 La Paz 196 322 2.525 La Paz
13 Lempira 315 565 4.228 Gracias
14 Departamento de Ocotepeque 132 453 1.630 Ocotepeque
15 Departamento de Olancho 509 564 23.905 Juticalpa
16 Santa Bárbara 402 367 5.024 Santa Bárbara
17 Valle 171 613 1.665 Nacaome
18 Departamento de Yoro 552 100 7.781 Yoro
Información do Censo 2010 Fonte: INE[2]

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Honduras.

La Ceiba

Economía

Artigo principal: Economía de Honduras.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Honduras.

Cultura

Artigo principal: Cultura de Honduras.
Saw dust carpet Comayagua Honduras (1)
Alfombras de Comayagua durante a Semana Santa.

Honduras é un país multiétnico, por conseguinte é un país multicultural. A composición étnica xenotípica de Honduras é o seguinte: 10% caucásicos, 2% afroamericanos garífunas, 6% indíxenas e o resto da poboación é mestiza. Este conglomerado de grupos étnicos é o que finalmente contribúe á riqueza da cultura do país xunto á incorporación e achegas de recentes grupos de inmigrantes que enriqueceron o conglomerado cultural desde os grupos afroamericanos caribes, que chegan en 1797, até os grupos xinoides ou arabezcos que se incorporan coa chegada das compañías bananeiras e a súa economía de enclave a finais do século XIX e principios do século XX.

Pintura

O pintor máis destacado que tivo Honduras é José Antonio Velásquez. Este pintor foi recoñecido como o primeiro pintor primitivista de América. Expuxo as súas obras en EE. UU. e América Latina, así como nun bo número de países de Europa e Asia. En escultura e pintura destacaron Mario Zamora, Virginia Castillo, Santos Arzu Quioto, Santos Guardiola, Rolando Trochez, Julio Vizquerra entre outros.

Literatura

A literatura no territorio da actual Honduras remóntase a fai máis de mil cincocentos anos. Foi desenvolvida pola civilización maia na cidade de Copán, coñecida como literatura maia, escritos empregando a escrita maia dos antepasados que empregaba logogramas e glifos silábicos, a literatura maia encóntrase conservada en estelas, pirámides e templos en Copán. A cidade alberga unha pirámide, a dos xeroglíficos, que conta con máis de 2500 glifos.

Na actual Honduras existiron varios períodos de literatura contando con moitos autores no romanticismo, modernismo, posmodernismo etc. Entre os escritores máis notables de Honduras están Froylán Turcios Juan Ramón Molina, Rafael Heliodoro Valle, Víctor Cáceres Lara, Glenda Umaña e Ramón Amaya Amador, Marco Antonio Rosa, Roberto Sosa, Lucila Gamero de Medina, Eduardo Bähr, Amanda Castro, Javier Abril Espinoza e Roberto Quezada. En teatro sobresaen as obras do pai José Trinidad Reyes Sevilla.

Notas

  1. [1]Xuntas forman o Distrito Central segundo a Constitución da República de Honduras, Arts.8 e 295.
  2. "Honduras: metropolitan areas". ine.gob.hn. 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos

11 de setembro

O 11 de setembro é o 254º día do ano do Calendario gregoriano e o 255º nos anos bisestos. Quedan 111 días para finalizar o ano.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Bandeira de Belize

A bandeira de Belize foi adoptada o 21 de setembro de 1981, tras conseguir a independencia do Reino Unido. Está composta por un pano azul marcado por dúas franxas vermellas nas beiras superiores, e no centro un disco branco no que está inscrito o escudo de Belize.

A cor azul representa ó Partido Unido. As franxas vermellas, ó partido opositor e as cincuenta follas, a subida ó poder do PUP.

Esta bandeira remóntase a 1950 cando o territorio de Honduras Británica, no seu proceso de independencia, adoptou unha bandeira moi semellante á actual, pero carente das franxas vermellas.

Bandeira de Honduras

A bandeira de Honduras foi creada o 16 de febreiro de 1866, sendo Presidente da República José María Medina. Está baseada na que pertenceu ás Provincias Unidas do Centro de América. Consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrelas azuis que simbolizan os cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica.

Belize

Belize é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que linda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belize era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belize (Belize City) e do río Belize. Cidade de Belize é a cidade máis grande do país, o porto principal e a súa antiga capital.

Golfo de Fonseca

O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo, cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

Guatemala

Guatemala é un país da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico. A súa capital é Cidade de Guatemala.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lingua ch’orti’

O ch’orti’ é unha lingua maia falado polos maias ch’orti’. A lingua ch'orti' é un descendente directo da lingua maia clásica, na cal foron escritas moitas das inscricións precolombianas en escrita maia. Esta lingua maia clásica tamén está rexistrada noutras inscricións feitas en rexións cuxos habitantes falaban unha variante diferente do maia, incluíndo o devanceiro do maia iucateca. O ch'orti' é a versión moderna da antiga lingua ch'ol (que foi empregada activamente entre os anos 250 e 850).

Linguas maias

As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias por nome, e México recoñeceu oito máis.A familia maia é unha das mellores documentadas e máis estudadas das linguas americanas. As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5.000 e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis pólas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 10.000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, poemas e códices, combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Nicaragua

A República de Nicaragua é un pequeno estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un Estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.

O Salvador

O Salvador (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numeros pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía Xeral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial, seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país. Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro. O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización. Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

Selección de fútbol de Honduras

A selección de fútbol de Honduras é o equipo representativo de Honduras nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Nacional Autónoma de Fútbol de Honduras, pertencente a Confederación de Norte, Centro América e Caribe de Fútbol (CONCACAF). O seu maior é o título da Copa de Ouro da CONCACAF que obtivo na edición de 1981.

Tegucigalpa

Tegucigalpa é a capital de Honduras, localízase ó pé do cerro El Picacho nun estreito val formado polo río Grande ou Choluteca, a uns 990 metros sobre o nivel do mar. A súa poboación na área metropolitana en 2006 era de 1.682.725 persoas.

Tegucigalpa foi fundada por un grupo de españois co nome de Real Villa de San Miguel de Tegucigalpa de Heredia o 29 de setembro de 1578 sobre un antigo poboado indíxena existente. Nesa época a área de Tegucigalpa era un centro de actividade mineira onde se extraía especialmente prata e ouro. O nome de Tegucigalpa provén de Teguz-galpa que significa "Cerros de prata".

Xaguar

O xaguar (Panthera onca) é un felino carnívoro do xénero Panthera e a única das catro especies actuais deste xénero que se atopa en América. Tamén é o maior felino de América e o terceiro do mundo, despois do tigre e do león. A súa distribución actual esténdese desde o norte de México e gran parte de Centroamérica até o Perú, Paraguai e o norte da Arxentina. Exceptuando algunhas poboacións en Arizona (suroeste de Tucson), esta especie xa foi practicamente extirpada nos Estados Unidos desde principios da década de 1900.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.