Historia do mundo

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.[1][2][3]

Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido.[4][5][6] Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.[7][8]

Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

OrteliusWorldMap.jpeg
Mapamundi debuxado por Ortelius (1570).

Nacemento dos estados

Desembarco de Colón de Dióscoro Puebla
Primeiro desembarco de Cristovo Colón en América en 1492. A pintura corresponde á "Exposición Nacional, Medalla de Primeira clase" en 1862, por Dióscoro Puebla
Aldrin Apollo 11 original
Buzz Aldrin sobre a superficie lunar, 20 de xullo de 1969.
Nagasakibomb
Bomba atómica sobre Nagasaki, 9 de agosto de 1945

Max Weber define estado como «unha organización humana que controla de maneira exclusiva e legal o uso da forza sobre unha zona xeográfica específica».[9]

Os primeiros estados apareceron no cuarto milenio antes de Cristo en Mesopotamia e en Exipto nas marxes do río Nilo,[10][11][12]. No tercer milenio antes de Cristo xorde a Cultura do val do Indo,[13][14][15] e a civilización Caral en Perú. Tamén dá comezo a época dos Tres augustos e cinco emperadores nas marxes do río Amarelo.[16][17][18] Na China a partir do 2500 a. C.[19] aparece a primeira dinastía testificada pola arqueoloxía que é a dinastía Xia.[20] No segundo milenio antes de Cristo emerxeron civilizacións en Creta, Grecia Oriental e Turquía.[21]

Desde o século I a. C., desenvolveuse unha rede de rutas comerciais organizadas a partir do negocio da seda china. As súas diversas rutas comezaban na cidade de Chang'an (actualmente Xi'an) en China, pasando entre outras cidades por Karakorum (Mongolia), o paso de Khunjerab (China/Paquistán), Susa (Persia), o val de Fergana (Taxiquistán), Taxila (Paquistán), Antioquía (Siria), Alexandría (Exipto), Kazán (Rusia) e Constantinopla ás portas de Europa, chegando até os reinos hispánicos no século XV, nos confíns de Europa e a Somalia e Etiopía en África oriental.

Os Casitas de Babilonia ou os Manchuria da China conseguiron conquistar estados moi desenvolvidos e, posteriormente, integráronse dentro das súas estruturas.[22] Os europeos conseguiron enclaves imperiais en Indonesia e as Molucas, mercé á ausencia de poderes políticos ou militares fortes na rexión.

En 1492, o navegante xenovés Cristovo Colón chegou ao continente americano, en 1498 o portugués Vasco da Gama conectou Europa coa India e en 1522 Juan Sebastián Elcano circunnavegou por primeira vez o globo (1519-1522). No século XV, navegantes chinos como Zheng He e portugueses como Henrique o Navegante, impulsados pola difusión do compás, a cartografía e a construción de grandes naves, estabeleceron rutas comerciais que conectaron Europa, África e Asia.

A finais do século XVI, conformouse unha gran rede de comercio marítimo a través do océano Pacífico con centros portuarios en Lima, Panamá, Manila, Guangzhou e Xiamen. Simultaneamente españois e portugueses abriron unha ruta para o comercio de escravos secuestrados en África e vendidos en América. No século XVI, os avances da ciencia como o de Andreas Vesalio en medicina e Nicolás Copérnico e Galileo Galilei en astronomía cambiaron a visión do mundo (para os europeos, polo menos). Sentaron así as bases para unha serie de descubrimentos: a teoría da gravidade de Isaac Newton, o principio de que toda vida procede doutra vida de Lazzaron Spallanzani, o descubrimento dos microorganismos por Anton van Leeuwenhoek, a vacinación de Edward Jenner etc. Por outra banda, o progreso da medicina con investigadores como Louis Pasteur permitiu alongar a esperanza de vida das persoas.

A inicios do século XVII, navegantes europeos chegaron a Australia. Só a Polinesia quedou fóra, e aínda así, as civilizacións do océano Pacífico sumáronse no século XVIII (illa de Pascua en 1722, e Hawai polo capitán Cook). Ao mesmo tempo, confirmáronse por primeira vez as hipóteses sobre o mítico continente austral, ao recibirse reportes da existencia da Antártida.

Por esta época, producíronse as revolucións liberais. Os esforzos de inventores como Thomas Newcomen e James Watt levaron á invención, a finais do século XVIII, da máquina de vapor. A industrialización puxo en mans das potencias colonias europeas novas armas para a guerra, como por exemplo o rifle de retrocarga, o acoirazado ou a metralladora, o que lles deu supremacía sobre os exércitos. En Europa durante o século XVIII, o desenvolvemento do coñecemento e a tecnoloxía alcanzou unha masa crítica que fixo posible a Revolución Industrial.[23]

Deu comezo a contaminación dos ecosistemas, a extinción das especies e a conseguinte diminución da biodiversidade. As emisións de dióxido de carbono desde mediados do século XIX, como produto da queima masiva de combustibles fósiles (carbón e petróleo), xerou o efecto invernadoiro.

Cara a 1835, os seres humanos alcanzaron por vez primeira os mil millóns de habitantes na súa historia. No paso dos séculos XIX a XX, o xurdimento de leis laborais protexeu aos traballadores e permitiu o xurdimento dunha clase media, e dunha sociedade de consumo a grande escala. Isto non foi sen duras loitas, nas cales as organizacións de traballadores (sindicatos) foron moitas veces prohibidas e perseguidas.

Aos poucos, todas as rexións e poboacións do globo caeron baixo o poder dun ou outro estado até que, mediante o Tratado de Berlín de 1878, o Reino Unido, o Imperio Austrohúngaro, Francia, o Imperio Alemán, o Reino de Italia, Rusia e o Imperio Otomán atribuíronse os últimos territorios desocupados, a excepción da Antártida.[24]

O esgotamento dos territorios mundiais para ser colonizados levou ás potencias europeas a chocar unhas con outras. En 1914, un incidente menor (o asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria) desatou a primeira guerra mundial até 1918. Con todo, a paz non foi satisfactoria.

Despois da primeira guerra mundial, produciuse a Gran Depresión, a guerra civil española (1936-1939) e a Revolución Rusa de 1917.

No ano 1939, estalou a segunda guerra mundial, na cal se enfrontaron as potencias Aliadas (Gran Bretaña, Unión Soviética, Estados Unidos, Francia Libre, Polonia, China e moitos máis) contra o Eixo (Alemaña nazi, Italia, Xapón).

A partir do final da segunda guerra mundial en 1946, emerxeu unha orde bipolar encabezada por Estados Unidos e a Unión Soviética. Ambos buscaban o dominio mundial, pero o temor ao arsenal nuclear inimigo levounos a evitar a confrontación aberta. Por isto, a este período chámaselle guerra fría. Moitos países de Europa do leste uníronse á Unión Soviética e formaron o pacto de Varsovia. A intensidade das hostilidades entre Estados Unidos e a Unión Soviética foi escalando até chegar á crise dos mísiles de 1962. A consecuencia disto, ambas potencias abocáronse a relacións máis cordiais, xurdindo así a Détente. Na década de 1980, Estados Unidos embarcouse nunha nova carreira armamentista. En resposta, a Unión Soviética buscou reformarse a abrirse nun proceso chamado Perestroika, o cal se saliu de control, e levou ao desmantelamento final da Unión Soviética e do bloque comunista (1989-1991).

Intentouse crear unha nova orde mundial tendente a evitar repetir os horrores das guerras mundiais, e para iso creouse a Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1945, que en 1948 formulou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Pero a ONU foi relativamente insolvente para conter a Estados Unidos e á Unión Soviética. Estes, pola súa parte, apoarion activamente a descolonización, desmantelando os imperios coloniais de Francia, Inglaterra e outros países europeos, como un xeito de intervir directamente nas novas repúblicas. Así, ao eixo "leste-oeste" (URSS-EUA) sumouse un eixo "norte-sur" (países ricos e países pobres). Aos países máis pobres e atrasados chamóuselles o Terceiro Mundo, por non ter maior cabida en ningún dos outros dous mundos, o do capitalismo estadounidense ou o do socialismo soviético.

O desenvolvemento dos foguetes na primeira metade do século XX permitiu por primeira vez ao ser humano enviar máis aló da atmosfera, naves e satélistes robóticos primeiro, e sondas tripuladas despois. A exploración do espazo desenvolveuse no marco da chamada carreira espacial entre a Unión Soviética e os Estados Unidos; despois do derrubamento da primeira, a exploración volveuse unha empresa de colaboración internacional. Así, a Estación Espacial MIR foi substituída pola Estación Espacial Internacional. En 1957, a Unión Soviética puxo en órbita o Sputnik, o primeiro satélite artificial. Logo, en 1961, séguelle Iuri Gagarin, o primeiro cosmonauta. A primeira muller foi Valentina Tereshkova, en 1963, e o primeiro camiñante espacial foi Aleksei Leonov en 1965. En 1969, chega o primeiro voo tripulado á lúa co Apolo XI. En 1977, comeza a misión Voyager, destinada a explorar o exterior do Sistema Solar. En 1983, a sonda Pioneer 10 chega até a heliopausa, o confín máis remoto do Sistema Solar, e abandona definitivamente este. En 1990, entra en órbita o Telescopio Espacial Hubble, o primeiro telescopio situado máis aló da atmosfera, e pioneiro de varios outros satélites que captan ondas electromagnéticas do espazo para o seu estudo.

Os progresos en materia electrónica levaron ao desenvolvemento da computadora. En 1943, entra en operacións o ENIAC, a primeira computadora. Con todo, non é senón até a invención do transistor, que estas se converten en ferramentas verdadeiramente potentes.

Na primeira metade do século XX, masifícase o uso da radio e na segunda metade do mesmo século masifícase o uso da televisión.

O mundo interconectouse, masificouse o uso de Internet que posibilita o intercambio de información a longas distancias e en breve tempo. Desenvolveuse o Proxecto Xenoma. É tamén unha sociedade de masas, que consome aceleradamente recursos e con iso pon en risco ao propio planeta. Este incremento tan espectacular do coñecemento, da ciencia, da tecnoloxía e do comercio, pero tamén, e en consonancia, do potencial destructor da guerra, xeraron unha situación que na actualidade afecta ao conxunto de comunidades que habitan a Terra.[25][26]

Nacemento dos supra estados (1990 d. C.- 2017 d. C.)

Neste período, os tratados cobran maior vigor. Así, en 1990, asinouse o Tratado de libre comercio de América do Norte; en 1991, fúndase a Mercosur; en 1993, nace a Unión Europea; en 1995, estabelécese a Organización Mundial do Comercio; en 1996, confórmase a Comunidade Andina; en 2001, nace a Unión Africana e en 2014 xorde a Unión Euroasiática.

The Clash of Civilizations and the Remaking of World Order

Por outra banda, Samuel P.Huntington no seu libro The Clash of Civilizations and the Remaking of World Order propuxo a tese de que o mundo non se está a globalizar por completo senón que se están a formar grandes civilizacións e moi distintas entre si. As civilizacións descritas pódense agrupar en:

División da historia

División da historia europea segundo Cristovo Cellarius
Prehistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

A historia do mundo adoita ser dividida en períodos históricos. Os historiadores marxistas distinguen catro grandes períodos: comunismo primitivo, escravismo, feudalismo e capitalismo. O máis coñecido, aínda que tamén cuestionado por eurocéntrico,[29][30][31][32] foi inventado polo alemán Cristovo Cellarius en 1685, estabelecendo tres idades: Antiga, Media e Moderna. Os historiadores non europeos sostiveron que devandita periodización é só válida para a historia europea.

Paleolítico

O Paleolítico iníciase en África coas primeiras manifestacións de industria lítica, hai uns 2,85 millóns de anos, atribuída aos máis antigos representantes do xénero Homo.[44] Por outra banda, a xenética e o estudo dos fósiles din que os modernos Homo sapiens apareceron, tamén en África, hai uns 200 000 anos.[45][46]

É tamén no Paleolítico cando se desenvolve a linguaxe e se xeraliza o enterro dos mortos.[47] Probablemente os enterros tiveron como un dos seus obxectivos ocultar a descomposición dos corpos, e indicar unha comprensión máis avanzada do concepto da morte.

Nun determinado momento, os humanos comezaron a facer uso do lume tanto para quentar como para cociñar os seus alimentos.[48] Nesta fase, os seres humanos dependeron da prea, a caza e a colleita; eran nómades, e non tiñan a capacidade de producir o seu propio alimento. Tamén se adornaban con diversos obxectos e é neste período cando aparecen as primeiras manifestacións artísticas.

Hai uns 50 000 anos, os seres humanos comezaron a estabelecerse por todo o planeta. Primeiro, en África, despois chegaron a Asia Central, desde onde se dirixiron, por unha banda, cara a Europa, e por outra banda, cara a América cruzando o Estreito de Bering.[49][50]

A rápida colonización humana de América do Norte e de Oceanía tivo lugar durante a glaciación, nunha época en que as actuais zonas temperadas eran extremadamente inhóspitas. Ao final da última glaciación, hai aproximadamente uns 12 000 anos, o home xa habitaba case a totalidade das zonas libres de xeo do mundo.[51] As últimas áreas colonizadas foron as illas da Polinesia, que foron ocupadas ao longo do primeiro milenio da nosa era.

As sociedades de cazadores-recolleitores eran, en xeral, de pequenas dimensións, e xa desenvolvían un tipo de estratificación social; tamén estabeleceron contactos con outras sociedades transcorrendo, nalgúns casos, grandes distancias, como é o caso dos aborixes australianos.

Co tempo, a maior parte destas sociedades ou se transformaron en estados agrícolas máis poderosos, ou foron exterminadas ou absorbidas por outros grandes estados; algúns grupos continuaron sobrevivindo illados do resto e, na actualidade, aínda seguen existindo nalgunhas rexións moi remotas.

Mesolítico

O Oriente Medio foi unha das primeiras rexións en desenvolver a súa agricultura, polo tanto, adiantáronse ao Mesolítico e comezaron a falar de Epipaleolítico. O mesolítico (grego: μεσο- [meso-], «medio», e λίθος [líthos], «pedra»; que quere dicir Idade Media de Pedra) inicia ao final do Paleolítico, hai aproximadamente uns 10 000 anos,[52] e finaliza co desenvolvemento da agricultura, aínda que esta data inicial varía segundo as determinadas peculiaridades de cada rexión. Nalgunhas zonas chegou a durar uns cantos milenios, pero en certos lugares onde a agricultura xa existía, como por exemplo no Oriente Medio, o mesolítico tivo unha duración curta e quedou mal definido,[52] nas rexións pouco afectadas pola glaciación ás veces se prefire falar de Epipaleolítico.[52]

Onde persistiu máis tempo foi en sociedades de Europa do norte,[53] xa que tiñan abundancia de alimentos debido a que vivían en zonas pantanosas aparecidas como consecuencia do cambio climático. Estas condicións favoreceron a existencia de diferentes ritmos no desenvolvemento, como se pode observar analizando os vestixios das culturas Azilense e Maglemosense.[54] A persistencia do Mesolítico atrasou a chegada do Neolítico, que se produciu arredor do 7000 a. C.[55]

Con todo, acháronse poucos vestixios deste período e estes limítanse xeralmente a residuos alimenticios, pero cabe destacar que nas rexións boscosas aparecen os primeiros signos de deforestación. Esta práctica non se xeneralizou senón ata o neolítico, que é cando a agricultura comezou a requirir da utilización de grandes espazos de cultivo.

En moitas zonas, o Mesolítico caracterizouse pola existencia de ferramentes de sílex, para obxectos destinados á pesca, aixes de pedra e artefactos de madeira, como por exemplo canoas e arcos que se acharon nalgúns lugares. Estes obxectos produto do progreso tecnolóxico desenvolvéronse primeiro en África, asociados coa cultura azilense, antes de estenderse cara a Europa a través de dúas zonas: a Península Ibérica e o Levante mediterráneo.[56]

Neolítico

O Neolítico —que quere dicir, a «nova idade de pedra»— é onde se produce o primeiro período de desenvolvemento tecnolóxico e social.[57] Esta etapa iniciouse hai uns 12 000 anos (no 10 000 a. C.) e caracterizouse pola creación dos primeiros poboados e pola aparición da agricultura, a gandería e a metalurxia.[58][59] Neste período é cando comeza o cultivo de certos cereais como o arroz, o trigo, o millo, e de tubérculos como a pataca. Deste xeito, o ser humano deixou de depender da caza, a pesca e da recolleita de produtos das plantas silvestres, e converteuse en autosuficiente; isto permitiu que se puidese adoptar un tipo de vida sedentaria, aínda que algunhas actividades como o pastoreo aínda seguiron requirindo da práctica do nomadismo ou do semi-nomadismo. A incorporación deste cambio de vida supuxo cambios na alimentación e, desta forma, aprendeuse a fabricar pan e a elaborar bebidas alcohólicas.

A agricultura

Artigo principal: Historia da agricultura.

O desenvolvemento da agricultura tivo numerosas consecuencias, algunhas delas de gran transcendencia para a historia da humanidade.[60] Unha das máis importantes foi o incremento das concentracións humanas que se organizaron e chegaron a formar estados. Aínda así, seguiron existindo pobos nómades, como os aborixes de Australia ou os boiximanes do sur de África, que non utilizaron a agricultura, e se o fixeron, foi nunha época máis recente.[61][62][63]

A mediados do quinto milenio a. C., produciuse un cambio crucial que foi o desenvolvemento da agricultura, cambio cualificado como "revolución" polo historiador australiano Gordon Childe;[64]; tivo lugar na zona do Crecente Fértil, e cara a 7000 a. C. estendeuse a outros lugares, como ao val do Indo, a Exipto (6000 a. C.) e a China (5000 a. C.).[65] Por outra banda, en Mesoamérica tamén se atoparon restos arqueolóxicos que confirman que a agricultura xa se practicaba neste lugar no 2700 a. C.[66] A partir do 5500 a. C., xeneralizouse o desenvolvemento do regadío organizado e da utilización, por parte dos sumerios, de man de obra especialziada.

A investigación tradicional tendeu a concentrarse na rexión do chamado Crecente Fértil pero os estudos arqueolóxicos realizados no continente americano, así como no leste e sueste de Asia, mostran que certos sistemas agrícolas utilizaban diferentes tipos de cultivos e que funcionaban con apio de determinados animais, poderían terse desenvolvido de maneira paralela practicamente na mesma época.[67]

É, pois, o desenvolvemento da agricultura o que crea as condicións necesarias para facer posible a emerxencia de sociedades complexas, chamadas "civilizacións", a formación de estados e a aparación de mercados. E, de xeito paralelo, o desenvolvemento da tecnoloxía permitiu ao home exercer un control da natureza e desenvolver sistemas de trasnporte e redes de comunicación.[68]

O uso dos metais

Artigo principal: Idade dos Metais.
Egyptian metal workers
Fundición de cobre en murais funerarios exipcios.

O uso dos metais, o bronce e o ferro, suplantaron o sílex e outros materiais pétros que ata ese momento eran a materia básica para a elaboración de ferramentes agrícolas, armas e materiais de construción; isto fixo posible o poder dispoñer de obxectos máis duradeiros e eficientes.

Despois do cobre, descubríronse novas aliaxes do cobre co estaño ou o chumbo, que xuntos deron lugar a un novo produto, o bronce; este novo material é menos maleable, pero máis duro. Un gran salto tecnolóxico deuse co uso da forxa, estes fornos de alta temperatura fixeron posible a manipulación do ferro para producir ferramentes aínda máis resistentes. Esta secuencia tecnolóxica configurou a denominación das diferentes etapas da idade dos metais: a Idade do Cobre, a Idade de Bronce e a Idade de Ferro.

Todos estes materiais xa eran coñecidos polo home preneolítico, pero este non dominaba as técnicas para a súa elaboración e manipulación, técnicas que requirían de temperaturas moi altas. Os utensilios, armas e adornos de cobre ou bronce eran o material básico no 3000 a. C. Posteriormente, no Mediterráneo oriental, no Oriente Próximo e na China implantouse, de maneira xeneralizada, o uso do ferro.[69]

É posible que os habitantes de América non coñecesen o uso do ferro con anterioridade á cultura chavín (900 a. C.),[70] pero se sabe que os mochicas dispoñían de armaduras, de coitelos e de vaixelas de metal.[71] Os incas, que tiñan poucos recursos para conseguir metais, recorrían ao relevo dos seus arados, polo menos durante a conquista dos Chimú.[72] A investigación arqueolóxico no Perú foi pouco desenvolvida pero é posible que o aceiro xa existise nesa zona antes que en Europa.[73]

Historia de Euroasia

A partir do terceiro milenio a. C. xurdiron grandes civilizacións, creadoras de imperios territoriais e organicamente máis vastos cada vez. Os principais núcleos de civilización foron os seguintes:

China

Territories of Dynasties in China
Mapa político animado das dinastías na historia da China
  • Os tres Augustos e os cinco Emperadores foron os gobernantes de China anteriores á primeira dinastía Xia. A pesar do carácter lendario das historias é posible que na orixe destas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do terceiro milenio a. C. que terían logrado vitorias militares previas á unificación da posiblemente lendaria dinastía Xia. As fontes históricas chinesas coinciden no número de tres Augustos e cinco Emperadores, pero as identidades de estes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os Augustos como para os Emperadores.
  • Dinastía Xia (2100 a. C. - 1600 a. C.). A dinastía Xia que segundo as crónicas chinesas tería durado do século XXI a. C. ao século XVI a. C., está considerada a primeira dinastía na historia chinesa. As memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Arredor dos ríos Yangtzé e Huang He xurdiu a cultura Xia e a cultura Shang. Esta sucumbiu ante os invasores Zhou, que gobernaron China durante a primeira metade do primeiro milenio a. C.
  • Dinastía Shang (1600 a. C. - 1046 a. C.). A dinastía Shang seguiu á lendaria dinastía Xia e precedeu á dinastía Zhou (1122 a. C. - 256 a. C.). Especúlase que foi fundada por un líder rebelde que destronou ao (aínda lendario) derradeiro gobernante Xia. En 1951 foi atopado en Erligang, nas proximidades da actual cidade de Zhengzhou, provincia de Henan, o primeiro sitio arqueolóxico da denominada cultura de Erligang (1600 a . C. - 1400 a. C.), da Idade de Bronce en China. Moitos arqueólogos chineses cren que Zhengzhou atópase onde estivera unha antiga capital da dinastía Shang, o que identificaría a cultura de Erligang como un dos inicios da dinastía Shang. Sima Qian di nas súas Memorias históricas que a dinastía Shang trasladou a súa capital seis veces. O derradeiro e máis importante traslado, á cidade de Yin en 1350 a. C., conduciu á época dourada da dinastía. Shang Zhou, o derradeiro rei Yin, suicidouse despois de que o seu exército fose derrotado polo pobo Zhou. As lendas din que o seu exército lle traicionou uníndose aos rebeldes. Tanto as lendas coreanas como as chinesas manifestan que un desencantado príncipe Yin chamado Jizi, que refusou ceder o poder aos Zhou, deixou China coa súa guarnición e fundou o estado de Choseon preto da actual Pyongyang, o primeiro estado coreano. Aínda que Jizi é mencionado só unhas poucas veces nas Memorias históricas, pénsase que a historia da súa marcha a Choseon non é senón un mito.
  • Dinastía Zhou (1046 a. C. - 256 a. C.). A finais do período Zhou creceron dous grandes escolas filosóficas, o confucianismo e o taoísmo.
  • O período das Primaveras e Outonos. Á súa vez, no século VI a. C., a antiga hexemonía Zhou dividiuse en varios reinos, os cales entraron nun estado crónico de guerra, durante o período de Primaveras e Outonos.
  • Os Reinos Combatentes (221 a. C.). Normalmente é considerado como a segunda parte da dinastía Zhou oriental. O rei de Zhou actuaba soamente como un emperador títere. O nome de período dos Reinos Combatentes provén do Rexistro dos Reinos Combatentes compilado nos primeiros anos da dinastía Han. A data do comezo do período dos Reinos Combatentes está en disputa. Mentres frecuentemente se cita o 475 a. C. como o seu inicio, seguindo ao período das Primaveras e Outonos; en outras ocasións se menciona o 403 a. C., a data da tripartición do estado de Jin, como o comezo deste período. O período dos Reinos Combatentes, en contraste ao período das Primaveras e Outonos, foi un período no que os señores da guerra rexionais anexaron estados máis pequenos ao seu redor e consolidaron o seu mandato. O proceso comezou no período das Primaveras e Outonos, e polo século III a. C., sete grandes estados alcanzaran certa prominencia. Estes Sete Reinos Combatentes eran Qi, Chu, Yan, Han, Zhao, Wei e Qin. Outro sinal deste desprazamento no poder foi un cambio de títulos: os señores da guerra aínda se consideraban duques do rei da dinastía Zhou, pero empezaron a chamarse a si mesmos reis, para implicar o significado de que se tiñan como iguais do rei de Zhou.
  • Dinastía Qin (221 a. C. - 206 a. C.). O nome Qín, que ten unha pronunciación similar en galego a "chin", é unha das posibles orixes da palabra China. A unificación de China no 221 a. C. baixo o primeiro emperador Qin Shi Huang, nome que podería traducirse como "O Augusto Emperador fundador dos Qin", marcou os comezos da China imperial, período que durou (con certas interrupcións) ata a caída da dinastía Qing en 1912. A dinastía Qin deixou o legado dun estado centralizado e burócrático que sería continuado nas dinastías sucesivas. O rei de Qin, Zheng, autoproclamouse "Primeiro Emperador", unha fórmula de títulos reservada anteriormente para deidades e os mitolóxicos gobernantes de China. É coñecido polos historiadores como Qin Shi Huang, Primeiro emperador de Qin. Á morte do emperador Qin Shi Huang sobreveu unha nova guerra civil.
  • Imperio han (206 a. C. - 220 d. C.). No ano 206 a. C., o xeneral Llu Bang unificou novamente a China, seguindo a continuación uns catro séculos de relativa paz e estabilidade política. O poder foi exercido pola Han Anterior ou Han Occidental e a Han Posterior ou Han Oriental, entre os séculos II a. C. e II d. C..
  • Tres Reinos (220 a. C. - 280 d. C.). Nun estrito sentido académico refírese ao período comprendido entre a fundación de Wei no 220 e a conquista dos Wu pola dinastía Jin no 280. Con todo, moitos historiadores chineses amplían o punto do comezo deste período á rebelión dos turbantes amarelos no 184.
  • Dinastía Jin (265 d. C. - 420 d. C.). Gobernou desde o ano 265 ao 420. Esta dinastía foi fundada pola familia Sima, devanceiros do xeneral e político do estado de Cao Wei, Sima Yi.
  • Dezaseis Reinos (304 d. C. - 439 d. C.). Entre os anos 304 e 439, o norte de China atravesou unha etapa de fragmentación política e de caos. Estes dezaseis reinos foran formados polos pobos de etnia non chinesa.
  • Dinastías Meridionais e Setentrionais. Precisamente sería outro pobo de etnia non chinesa, os tuoba, os que conseguiron unificar o norte de China ao derrotar a todos estes pequenos estados e proclamar a dinastía Wei do Norte no ano 440. Coa unificación do norte, China quedou dividida en dous estados: un no norte, no que se sucederon as chamadas dinastías setentrionais: Wei do Norte, Wei do Leste, Wei do Oeste, Qi do Norte e Zhou do Norte; e outro no sur, no que, ao ser derrocado o derradeiro emperador Jin en 420, sucedéronse catro dinastías na corte de Jiankang: os Song, Qi, Liang e Chen.
  • Dinastía Sui (581 d. C. - 618 d. C.). No ano 581, Yang Jian, xeneral do exército da dinastía Zhou do Norte, fíxose co poder e proclamou unha nova dinastía: os Sui. Oito anos despois, en 589, a dinastía Sui derrotou á débil dinastía Chen do Sur, co que conseguiu a reunificación do sur e do norte. Tras isto, iniciouse unha etapa de reformas institucionais e de consolidación do poder central. Nesta época, construíuse o Gran Canal e ampliouse a Gran Muralla Chinesa. Tamén foi unha época de promoción do budismo. No ano 604, Yang Guang sucedeu ao seu pai no trono quen morreu asasinado no ano 617. Iniciouse entón unha sucesión de guerras campesiñas, que finalizaron coa toma do poder por Li Yuan, no ano 618, que fundou a dinastía Tang, con capital en Xi'an.
  • Dinastía Tang (618 d. C. - 439 d. C.). No ano 618, un ano despois da morte do derradeiro emperador Sui, o militar Li Yuan asumiu o poder como emperador Gaozu da nova dinastía Tang. No ano 624, Taizong sucedeulle no trono. Tras a morte violenta do primeiro herdeiro ao trono, un segundo fillo do emperador subiu ao trono como emperador Gaozong en 649. A partir de novembro de 660. agravouse o estado de saúde do emperador Gaozong, e a Emperatriz Wu comezou a gobernar desde a sombra. Tras a morte do emperador, no ano 683, foi o seu terceiro fillo, o emperador Tang Zhongzong quen subiu ao trono, pero tras seis semanas, Wu usou o seu poder para destituilo e darlle o trono ao seu outro fillo, o emperador Tang Ruizong, que, como o seu irmán, gobernou de maneira nominal por un período breve, ata que a súa nai decidiu ratificar de xeito público e oficial o seu poder, converténdose na primeira e única muller na historia da China en ocupar o trono imperial. No ano 705, a emperatriz Wu, que, segundo as crónicas existentes, tiña xa 80 anos de idade, foi derrocada e o seu fillo o emperador Zhongzong retomou o poder, restaurando a dinastía Tang. Tras varios anos de loitas internas, o emperador Xuanzong consolidou o poder da dinastía. China neste período viviu unha época de esplendor cultural, con invencións como a pólvora ou o compás. No ano 904, o dirixente militar Zhu Wen lanzou un ataque contra Chang'an, destruíndo a cidade. A pesar da aparente fortaleza do imperio, o xeneral de orixe centroasiática An Lushan dirixiu unha das maiores rebelións chinesas, a rebelión de An Lushan, que sacudiu os cimentos do estado chino no ano 755. O novo emperador Suzong logrou finalmente sufocar a rebelión no ano 763. Finalmente, en 907, Zhu Wen fixo matar ao derradeiro emperador Tang e proclamou unha nova dinastía: a dinastía Liang, con capitais nas cidades de Luoyang e Kaifeng.
  • Período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos (907 d. C. - 960 d. C.). As cinco dinastías son as seguintes:
  • Dinastía Song (960 d. C. - 1279 d. C.). O emperador Taizu de Song (960 - 976) unificou China a través da conquista de outras terras durante o seu reinado, poñendo fin á axitación das Cinco Dinastías e os Dez Reinos. Durante esta dinastía usouse o papel moeda, a pólvora e o compás. A dinastía Song divídese en dous períodos distintos: o Song do Norte e o Song do Sur. Durante o Song do Norte (960 - 1127), a capital Song estivo na cidade do norte Bianjing (actualmente Kaifeng) e a dinastía controlaba a maior parte do interior de China. O Song do Sur fai referencia ao período tras o cal os Song perderon o control do norte da China fronte á dinastía Jin. Durante este período, a corte Song retirouse ao sur do río Yangtzé e estabeleceu a súa capital en Lin'an. En 1234, a Dinastía Jin foi conquistada polos mongois, quen tomaron o control do norte de China, mantendo precarias relacións cos Song do Sur. En 1271, Kublai Kan foi proclamado emperador de China.[74] Tras dúas décadas de enfrontamentos esporádicos, os exércitos de Kublai Kan conquistaron a dinastía Song en 1279.[75]
  • Dinastía Yuan (1279 - 1368)
  • Dinastía Ming (1368 - 1644). No ano 1351 d. C., un grupo denominado Os Turbantes Vermellos alzouse en rebelión. Zhu Yuanzhang era un agricultor pobre e un monxe budista que se uniu aos Turbantes Vermellos en 1352 e se forxou unha reputación ao casar coa filla adoptiva dun comandante rebelde.[76] En 1356, as forzas de Zhu tomaron a cidade de Nanjing,[77] a cal se converteu posteriormente na capital dos Ming. Co fin da dinastía Yuan, moitos grupos rebeldes comezaron a enfrontarse polo control do país. En 1363, Zhu Yuanzhang gañou a batalla do lago Poyang, na que fora posiblemente unha das maiores batallas navais da historia. Grazas ao uso de brulotes, os 200 000 mariños de Zhu conseguiron vencer aos seus rivais pese a que eran superiores en número. A vitoria eliminou a última facción rebelde, o que deixou a Zhu Yuanzhang como dono incontestable do rico val do Yangtzé e permitiulle afianzar o seu poder no Sur. Tras a sospeitosa morte do xefe dos Turbantes Vermellos cando era un invitado de Zhu en 1367, xa non había ninguén que puidese impedir o seu acceso ao trono e fixo públicas as súas ambicións imperiais ao enviar o seu exército cara a capital Yuan Dadu (actual Pequín). en 1368.[78]
  • Dinastía Qing (1644 - 1912). A dinastía Qing non foi fundada polos chineses han, senón polos manchúes, que tanto hoxe como na antigüidade son minoría étnica en China. O estado manchú foi formado por Nurhaci, quen orixinalmente era un vasalo da dinastía Ming, cando se declarou emperador do Jin en 1609. Cando Ligden Khan, o derradeiro Gran Kan dos mongois, morreu no Tíbet en 1634, o seu fillo Ejei entregouse aos manchúes e deulle un gran selo do emperador de Yuan a Hung Taiji, fillo e sucesor de Nurhaci. A dinastía Ming finalizou oficialmente cando o emperador Chongzhen da China, derradeiro emperador Ming, suicidouse colgándose nunha árbore no parque Jingshan. Pequín en abril de 1644 foi tomada por un líder chamado Li Zicheng. Wu Sangui, comandante xeneral dos Ming, fixo unha alianza co príncipe manchú, Dorgon, rexente do emperador Shunzhi de seis anos de idade, fillo do emperador Hung Taiji que falecera o ano anterior. Ambos exércitos derrotaron ás forzas rebeldes de Li Zicheng en batalla o 27 de maio de 1644. E así, os manchú estabelecéronse como unha nova dinastía na China. En 1848 aconteceu a Guerra do Opio.
  • A República da China (1912 - 1949). En 1912, o derradeiro emperador Qing, Puyi, foi derrocado. Sun Yat-sen chegou a ser nomeado Presidente da República da China. Con todo, Yuan Shikai, un líder militar, autoproclamouse emperador en 1915. Sun Yat-sen instalouse en Cantón, desde onde dirixe o Kuomintang, o partido político que el fundara. Chiang Kai-shek, sucesor de Sun Yat-sen ao fronte do Kuomintang, conseguiu conquistar gran parte de China e estabelecer en Nanjing a capital da República da China. Chiang Kai-shek converteuse en Presidente da República. Pero no ano 1931 d. C., Xapón conquistou Manchuria, abandonou a capital Nanjing, ocupada por Xapón, e repregouse ao interior, estabelecéndose na cidade de Chongqing. Tras o final da segunda guerra mundial, en 1945, Xapón abandonou as súas conquistas en Asia, e China recuperou Manchuria e Taiwán. Cando semellaba que o goberno de Chiang Kai-shek podería xa lograr consolidar a estabilidade da república, o partido comunista organizou unha rebelión armada contra o Kuomintang. Esta converteuse nunha guerra civil total a partir de 1947. En contra das previsións, os comunistas lograron vencer ao exército da República. O goberno do Kuomintang vaise a Taiwán.
  • A República Popular da China (1949 - actualidade). O 1 de outubro de 1949, o líder do Partido Comunista Chinés Mao Tse Tung proclama a República Popular da China desde a porta de Tian'anmen da Cidade Prohibida de Pequín. Mao foi o líder máximo da China ata a súa morte en 1976. Tras a morte de Mao, o sucesor elixido por este, Hua Guofeng, non conseguiu consolidar o poder, que acabou en mans de Deng Xiaoping. Deng Xiaoping iniciou un proceso de reformas económicas e apertura comercial ao resto do mundo. Desde entón, a economía chinesa conseguiu medrar a un ritmo espectacular. Tras a morte de Deng, o seu sucesor Jiang Zemin mantivo o poder ata o ano 2003, cando foi substituído por Hu Jintao, que gobernou a China ata o ano 2013, ano no cal foi substituído polo actual presidente Xi Jinping.

India

Europa Occidental

  • Stonehenge (2500 a. C.) Stonehenge está formado por grandes bloques de rochas metamórficas distribuídas en catro circunferencias concéntricas. Preto áchase a «Pedra do Sacrificio». En fronte atópase a «Pedra Talón». Está composto dun gran círculo de grandes megálitos cuxa construción dátase cara o 2500 a. C.[80]
  • Cultura de Hallstatt (1200 a. C. - 475 a. C.)
  • Cultura de La Tène (475 a. C. - 18 a. C.)
  • Celtas. Os celtas aposentáronse en Europa Occidental durante o I milenio a. C., e a súa cultura propagouse desde España a Polonia, e desde Inglaterra ata Turquía. Finalmente, foron derrotados polos romanos, e só sobreviviu un único reduto, na distante Irlanda, ata que este foi aniquilado polos viquingos.
  • Invasión bárbara do século III. A partir do período microglaciar iniciado no 400 a. C. foron máis numerosas as incursións militares e os desprazamentos de poboación nas fronteiras do imperio romano. A excepción dos pobos turcos, os outros tres eran indoeuropeos, como os gregos e latinos. Atendendo a súa condición etnolingüística, estes pobos eran moi diferentes entre si, podendo distinguirse catro grupos culturais:
  • Francia Occidental (843 d. C. - 987 d. C.)
  • Reino de Francia (987 d. C. - 1791 d. C.)
    • Os estados xerais (1789 d. C.)
    • A Asemblea Nacional Constituínte (1789 d. C. - 1791 d. C.)
  • Monarquía constitucional francesa (1791 d. C. - 1792 d. C.) A monarquía constitucional francesa constitúe a primeira etapa da Revolución francesa. O 3 de setembro de 1791, ao xurar a Constitución, Luís XVI fai pasar a Francia de monarquía absolutista a monarquía constitucional. A monarquía constitucional terminou o 21 de setembro de 1792 cando a Asemblea lexislativa proclamou a abolición da monarquía, dando paso á Primeira República francesa.
  • Primeira República Francesa (1792 d. C. - 1804 d. C.)
    • A Convención (1792 d.C.-1795 d.C.)
    • O Directorio (1795 d.C.-1799 d.C.)
    • O Consulado (1799 d.C.-1804 d.C.)
  • O Primeiro Imperio Napoleónico (1804 d. C. - 1815 d. C.)
  • A Restauración borbónica en Francia(1814 d. C. - 1830 d. C.) Tras a expulsión de Napoleón Bonaparte en 1814, os aliados restauraron á Casa de Borbón no trono francés. O período que sobreveu chamouse a Restauración, caracterizada por unha aguda reacción conservadora e o restabelecemento da Igrexa católica como poder político en Francia. Pero os gobernos de Lois XVIII (entre 1814 e 1824) e Carlos X (entre 1824 e 1830) deberon aceptar algunhas realidades xurdidas coa Revolución francesa, como a monarquía constitucional, o parlamentarismo, a redistribución da terra realizada durante as convulsións de fin do século XVIII e a desaparición dos antigos gremios artesanais.
  • A Monarquía de Xullo (1830 d. C. - 1848 d. C.)
  • A Segunda República Francesa (1848 d. C. - 1852 d. C.) Comeza co goberno provisorio de 1848 (24 febreiro - 9 maio 1848) foi un goberno colectivo de tendencia republicana posto en marcha despois da revoluciòn de febreiro de 1848 destinado a administrar o estado ata a constitución dunha Asemblea Nacional. Logo se estabeleceu a Comisión executiva da República francesa, a cal estaba composta por membros que igualitariamente asumían a función de xefes de estado, aínda que François Arago era o presidente titular. A Comisión sesionou do 9 maio ao 28 xuño de 1848, cando foi designado Louis Eugène Cavaignac como xefe de goberno ata que se produciron as eleccións. O 10 de decembro de 1848, o primeiro Presidente da República francesa é elixido por sufraxio universal masculino: trátase de Luis Napoléon Bonaparte, o «príncipe-presidente», sobriño de Napoleón Bonaparte. A Constitución prevía un mandato presidencial de catro anos, sen posibilidade de reelección. O 7 de novembro de 1852, por medio dun plebiscito ponse fin á Segunda República e instáurase o Segundo Imperio. Luis Napoleón Bonaparte é proclamado como «Napoleón III, Emperador dos franceses», o 2 de decembro de 1852, data recordatoria da coroación de Napoleón I e da batalla de Austerlitz. Neste período produciuse a abolición da escravitude nas colonias.
  • O Segundo Imperio Napoleónico (1852 d. C. -1870 d. C.) O Imperio foi proclamado o 2 de decembro de 1852 (aniversario da coroación de Napoléon I) cando o primeiro e único presidente da Segunda República, Luis Napoleón Bonaparte, converteuse en Napoléon III, "Emperador dos franceses". Aínda que un ano antes, Luis Napoleón Bonaparte xa dera un golpe de estado, disolto polo parlamento e convertérase en ditador, adquirindo o cargo de “prince-président” (“príncipe-presidente”). A proclamación do Imperio foi aprobada, un mes antes, polo Senado, depurado de calquera oposición republicana ou monárquica, e ratificada mediante un plebiscito popular dúas semanas máis tarde.
  • Tercera República Francesa (1870 d. C. - 1940 d. C.) En 1935 legalizouse o descanso dominical.
  • Francia de Vichy (1940 d. C. - 1944 d. C.)
  • Goberno provisional da República francesa (1944 d. C. - 1946 d. C.)
  • Cuarta República francesa (1946 d. C. - 1958 d. C.)
  • Quinta República Francesa (1946 d. C. - 2017 d. C.)

Notas

  1. Williams, H. S. (1904). The historians' history of the world.
  2. Blainey, Geoffery (2000). Penguin Books, ed. A short history of the world'. Victoria. Especial:FontesDoLibros/0670880361. ISBN 0-670-88036-1.
  3. Gombricth, Ernst H. (2005). Universidade de Yale, ed. A little history of the world. GB y EE. UU.
  4. Encyclopedia Americana, 1986 ed., Vol. 29, p. 558.
  5. "Historia del Mundo, Webster, H. (1921).". Consultado o 29 de abril de 2009.
  6. "Boston: D.C. Heath.". Consultado o 29 de abril de 2009.
  7. Bellwood, Peter. (2004). First Farmers: The Origins of Agricultural Societies. Blackwell Publishers. ISBN 0-631-20566-7
  8. Cohen, Mark Nathan (1977). The Food Crisis in Prehistory: Overpopulation and the Origins of Agriculture. New Haven y Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-02016-3.
  9. Max Weber. "Politik als Beruf", en Gesammelte Politische Schriften (Múnic, 1921), pp. 396-450. Orixinalmente foi unha conferencia na Universidade de Múnic, 1918, publicada en 1919 por Duncker & Humblodt, en Múnic.
  10. Baines, John y Jaromir Malek. The Cultural Atlas of Ancient Egypt, revised edition. Facts on File, 2000. ISBN 0-8160-4036-2.
  11. Bard, K. A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. NY, NY: Routledge, 1999. ISBN 0-415-18589-0.
  12. Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. Blackwell Books, 1992. ISBN 0-631-19396-0.
  13. Allchin F., Raymond (ed.). The Archaeology of Early Historic South Asia: The Emergence of Cities and States. Nova York: Cambridge University Press, 1995.
  14. Chakrabarti, D. K. Indus Civilization Sites in India: New Discoveries. Mumbai: Marg Publications, 2004. ISBN 81-85026-63-7.
  15. Dani, Ahmad Hassan; Mohen, J-P. (eds.). History of Humanity, Volume III, From the Third Millennium to the Seventh Century BC. Nova York/París: Routledge/UNESCO, 1996. ISBN 0-415-09306-6.
  16. History of China. Edward H. Schafer, Time-Life, Time-Life Books - 1968 - 191 páxinas
  17. History and culture of China. Maurizio Scarpari, Carmen Artal - 2001 - 292 páxinas ISBN 978-968-5308-23-6
  18. Empire Mythologic. Roger Goepper, Helmut Brinker - 1988 - 460 páxinas ISBN 84-01-60748-5
  19. Wordpress. "El origen del estado chino" (en español). Consultado o 17 de maio de 2009.
  20. Discovery Channel. "China Antigua" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de maio de 2009.
  21. Florentino Idoate. "El siglo II a. C." (en español). Consultado o 17 de maio de 2009.
  22. MSM Encarta. "Los Casitas" (en español). Consultado o 12 de maio de 2009.[Ligazón morta]
  23. "Charles. Understanding the Industrial Revolution (2000). Online edition". Consultado o 29 de abril de 2009.
  24. "Conferencia en Berlín, de 1884-1885 para distribuir África.". Consultado o 29 de abril de 2009.
  25. "Reuters - The State of the World. The story of the 21st century". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009.
  26. "Scientific American Magazine, "The Climax of Humanity"". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2006. Consultado o 29 de abril de 2009.
  27. "Tratados y legislación". El portal de la Unión Europea. 2007. Consultado o 26 de outubro de 2011.
  28. "Tratado de Lisboa: la Unión Europea en el Mundo". Portal de la Unión Europea. 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2011.
  29. GUNDER FRANK, Andre (2008). "Introducción la historia mundial real frente a la teoría social eurocéntrica". Re-orientar: la economía global en la era del predominio asiático. Valencia: PUV. pp. 31–82. ISBN 9788437071510.
  30. DUSSELL, Enrique (2007). Política de la liberación. Historia mundial y crítica. Madrid: Trotta. ISBN 9788481649246.
  31. MIGNOLO, Walter (2000). "La colonialidad a lo largo y a lo ancho: el hemisferio occidental en el horizonte colonial de la modernidad". La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Buenos Aires: CLACSO. pp. 55–86. ISBN 9509231517.
  32. QUIJANO, Aníbal (2000). "Colonialidad del poder, eurocentrismo y América Latina". La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Buenos Aires: CLACSO. p. 201. ISBN 9509231517.
  33. Edad antigua (cronología)
  34. Hallo, William W. & William Kelly Simpson. The Ancient Near East: A History, Holt Rinehart and Winston Publishers, 1997.
  35. Sasson, Jack. The Civilizations of the Ancient Near East, Nova York, 1995.
  36. Van de Mieroop, Marc. History of the Ancient Near East: Ca. 3000-323 B.C., Blackwell Publishers, 2003.
  37. 37,0 37,1 "Internet Medieval Sourcebook Project". Consultado o 29 de abril de 2009.
  38. "The Online Reference Book of Medieval Studies". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009.
  39. Fran Rees: Johannes Gutenberg: inventor of the printing press (112 páxinas), 2005. ISBN 0-7565-1862-8
  40. "Jacob Burckhardt (1878), The Civilization of the Renaissance in Italy, S. G. C. Middlemores. ISBN 0-14-044534-X". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009.
  41. "The Cambridge Modern History. Vol 1: The Renaissance (1902)". Consultado o 29 de abril de 2009.
  42. Grant, Edward. The Foundations of Modern Science in the Middle Ages: Their Religious, Institutional, and Intellectual Contexts. Cambridge: Cambridge Univ. Pr., 1996.
  43. Rice Jr., Eugene, F. The Foundations of Early Modern Europe: 1460-1559. W. W. Norton & Co., 1970.
  44. Sala, R. (2005a). "Las principales secuencias pliocuaternarias". En Carbonell, E. Homínidos: las primeras ocupaciones de los continentes. Barcelona: Editorial Ariel. pp. 135–160. ISBN 84-344-6789-5.
  45. "Origins of Modern Humans: Multiregional or Out of Africa? por Donald Johanson". Consultado o 29 de abril de 2009.
  46. José Antonio Chamizo Guerrero. Ciencias naturales, Historia del mundo y Desarrollo Humano. ISBN 970-18-9991-1
  47. "Evolving in their graves: early burials hold clues to human origins - research of burial rituals of Neanderthals.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 29 de abril de 2009.
  48. "El descubrimiento del fuego por parte del hombre.". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009.
  49. "Genetic Variation and Population Structure in Native Americans". Consultado o 29 de abril de 2009.
  50. "Teoría del poblamiento de América por medio del Estrecho de Bering". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2009.
  51. Danilo J. Anton: Diversidad, globalización y la sabiduría de la naturaleza (302 páxinas), 2000. ISBN 0-88936-885-6,
  52. 52,0 52,1 52,2 "El Mesolítico". Consultado o 1 de maio de 2009.
  53. "El Mesolítico, la Prehistoria y la Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 1 de maio de 2009.
  54. "Las antiguas culturas en el Mesolítico". Consultado o 1 de maio de 2009.
  55. "El Neolítico". Consultado o 1 de maio de 2009.
  56. "La cultura Aziliense". Consultado o 1 de maio de 2009.
  57. "¿Qué pasó durante la revolución Neolítica?". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009.
  58. Bellwood, Peter: First farmers: the origins of agricultural societies. Blackwell Publishers, 2004. ISBN 0-631-20566-7
  59. "Museo Mundial del Hombre, la etapa Neolítica". 2005. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 3 de maio de 2009.
  60. "La evolución de la Agricultura". Consultado o 3 de maio de 2009.
  61. Oliphant, Margaret (1992). The Atlas of the Ancient World: Charting the Great Civilizations of the Past. Ebury. ISBN 0-09-177040-8.
  62. Brinton, Crane (1984). A History of Civilization: Prehistory to 1715 (6ta. Edición ed.). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 0-13-389866-0.
  63. Chisholm, kane (1991). Early Civilization. Englewood Cliffs, N.J.: Usborne. ISBN 1-58086-022-2.
  64. Gordon Childe acuñou os termos de «revolución neolítica» e «revolución urbana», que enfatizan a relevancia dos procesos de transformación, por encima das características que definen un período dunha maneira estándar.
  65. Ángeles González, María (1994). "1". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). pp. 21, 22. ISBN 970-18-8903-7.
  66. Mazoyer, Marcel y Laurence Roudart: A history of world agriculture: from the neolithic age to the current crisis. Nueva York: Monthly Review Press, 2006. ISBN 1-58367-121-8
  67. "La agricultura desde hace diez mil años...". 2005. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009.
  68. Wordpress. "Los cambios que la tecnología le ha provocado a la sociedad" (en español). Consultado o 17 de maio de 2009.
  69. Ángeles González, María (1994). "3". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 35. ISBN 970-18-8903-7.
  70. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 126. ISBN 970-18-8903-7.
  71. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 124. ISBN 970-18-8903-7.
  72. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 123. ISBN 970-18-8903-7.
  73. Ángeles González, María (2003). "10". Cronología y supersticiones históricas (1ra. edición ed.). p. 124. ISBN 970-18-8903-7.
  74. Rossabi 1988, p. 115
  75. Rossabi 1988, p. 76
  76. Ebrey (1999), 190-1.
  77. Gascoigne (2003), 151.
  78. Ebrey (1999), 191.
  79. Kamat.com
  80. National Geographic [1] Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Una mirada a las tumbas de Stonehenge".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albania

Albania (en albanés: Shqipëria) é un país mediterráneo do sueste de Europa. Limita con Grecia ao sur, con Montenegro ao norte, coa provincia serbia de Kosovo no nordeste e con Macedonia do Norte ao leste. Ten 362 km de costa, con litoral no Mar Adriático, ao oeste, e no mar Xónico no suroeste. Está a menos de 72 km de Italia, a través do estreito de Otranto.

Albania é unha democracia parlamentar que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. A súa capital é Tirana. É membro das Nacións Unidas, da OTAN, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, do Consello de Europa, da Organización Mundial do Comercio e da Organización da Conferencia Islámica. Ademais é un candidato potencial á adhesión á Unión Europea dende xaneiro de 2003, solicitando formalmente o seu ingreso o 28 de abril de 2009.

Ana Romero Masiá

Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.

Bacharelato

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.

No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Pode ser:

Ciencias

Humanidades e ciencias sociais

ArteOs estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:

Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.

Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.

Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.As materias que se imparten son máis especializadas que no Ensino Secundario Obrigatorio.

Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.

Compañía Holandesa das Indias Orientais

A Compañía holandesa das Indias Orientais (Verenigde Oostindische Compagnie ou VOC en holandés, literalmente Compañía das Indias Orientais Unidas). Estableceuse o 20 de marzo do 1602, cando o Estado Xeral dos Países Baixos lle concedeu un monopolio de 21 anos para realizar actividades coloniais dentro de Asia. Era a primeira corporación multinacional no mundo e era a primeira compañía que publicaba as súas ganancias. Foi unha compañía de grande importancia e volume de negocios por case dous séculos, ata que chegou á bancarrota e foi disolta en 1798. As posesións e a débeda pasaron a ser asumidas polo goberno da República Bátava.

Crónica anglosaxoa

A Crónica Anglosaxoa é unha colección de anais en inglés antigo que narran a historia dos anglosaxóns. Os anais creáronse no século IX, probabelmente en Wessex, durante o reinado de Alfredo o Grande. Fixéronse e distribuíron moitas copias manuscritas polos mosteiros de Inglaterra, e fóronse actualizando de maneira independente. Nun dos casos, a crónica aínda se seguía actualizando en 1154.

Sobreviven, en parte ou ao completo, nove dos manuscritos, aínda que non todos eles son de igual valor histórico, e ningún deles é a versión orixinal. O máis vello parece que se empezou sobre o final do reinado de Alfredo, mentres que o máis recente se escribiu na Abadía de Peterborough tras un lume no mosteiro, en 1116. Case todo o material da crónica está en forma de anal, por anos; os máis antigos están datados no ano 60 a.C., e o material histórico segue ata o ano no que se escribiu a crónica, punto no que comezan os rexistros contemporáneos. Colectivamente, estes manuscritos coñécense como a Crónica Anglosaxoa. A Crónica non carece de parcialidade: hai ocasións nas que a comparación con outras fontes medievais revela que os escribas que a escribiron omitiron sucesos ou contaron versións das historias só desde un lado; tamén hai partes que se contradín con outras. Porén, tomada no seu conxunto, a crónica é a fonte histórica máis importante do período que vai entre a saída dos romanos e a conquista normanda. Gran parte da información ofrecida na Crónica non está rexistrada en ningún outro lugar. Ademais, os manuscritos son fontes importantes da historia da lingua inglesa; en particular, o texto de Peterborough é un dos primeiros exemplos existentes do inglés medio.

Sete dos nove manuscritos e fragmentos superviventes residen hoxe na Biblioteca Británica. Os dous restantes están na Biblioteca Bodleiana e na biblioteca do Corpus Christi College, en Cambridge.

Decadencia do Imperio Romano

A decadencia e caída do Imperio Romano é un concepto historiográfico que fai referencia ás transformacións operadas durante a Anarquía Militar e o Baixo Imperio Romano, que a partir de 395 conduciron a unha rápida deterioración do poder romano, e ao afundimento do Imperio de Occidente, cuxo derradeiro emperador efectivo, Rómulo Augústulo, foi deposto polo caudillo hérulo Odoacro, empregado ao servizo de Roma.

A decadencia e caída do Imperio Romano é unha das cuestións máis debatidas e estudadas da Historia. É considerada por algúns como "o maior enigma de todos", e foi un dos eixos do discurso histórico clásico dende Santo Agostiño de Hipona. A ruína da -Roma eterna- perdurou como o paradigma por excelencia do esgotamento e morte das civilizacións, unha caducidade mundana interpretada como o precedente e anuncio da fin do mundo ou, polo menos, da civilización occidental. Os ss. XX e XXI viron multiplicarse o interese por este problema histórico, debido probablemente ao feito de que a civilización contemporánea ten moitos trazos comúns coa da Antigüidade Tardía, e a que a cultura occidental está nun período de transición, como a Roma dos ss. III e IV.A historiografía oscilou entre unha interpretación minimalista (a interrupción da serie de emperadores na parte occidental do Imperio) e unha maximalista (o afundimento dunha civilización e a creba dunha historia do mundo dividida en dúas etapas: unha antiga-pagá e outra moderna-cristiá). De igual xeito, dun extremo ao outro do espectro de teorías propostas, considerouse o proceso como unha longa transformación debida a fenómenos endóxenos (a "decadencia") ou un derrumbamento de súpeto por causas fundamentalmente esóxenas (a "caída").

Na actualidade predominan as teorías esóxenas menos dramáticas, aínda que sen restaren importancia aos problemas internos e ás consecuencias que produciu a irrupción dos xermanos no Imperio. Esta concepción continuísta defende a pervivencia ata época carolinxia -malia as invasións e violencias- das estruturas político-económicas fundamentais e da concepción do poder do mundo tardorromano. Xa suxerida polo sobranceiro historiador belga Henri Pirenne, esta corrente continuísta tería o seu maior expoñente en Walter Goffart, da Universidade de Toronto, ata certo punto en autores como o británico Peter Heather, e no seu caso máis extremo na moi criticada corrente fiscalista do francés Jean Durliat. Un exemplo serían as palabras do profesor Gonzalo Fernández Hernández, da Universidade de Zaragoza:

Por outra banda, segue habendo quen defenden unha visión máis "catastrofista" e acorde á concepción tradicional deste problema histórico, tal é o caso do arqueólogo británico Bryan Ward-Perkins. De igual modo, hai diferenzas entre os que poñen o acento no carácter romanista endóxeno das transformacións (como Goffart), e quen pola contra apuntan cara ao carácter xermanista esóxeno (como o austríaco Walter Pohl).

Diodoro Sículo

Diodoro Sículo ou de Sicilia (en grego Διόδωρος Σικελιώτης) foi un historiador grego do século I a.C. nado en Agyrium (hoxe Agira), na provincia romana de Sicilia.

Década de 820

A década de 820 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 820 e remata o 31 de decembro de 829.

Día

Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.

Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el. É unha unidade de tempo fundamental do sistema de unidades UAI.

O día, ademais de tratarse da primeira forma de medir o tempo que tivo o home, divídese en 24 horas de 60 minutos cada unha, que, á súa vez, subdivídense en curtos períodos de 60 segundos. Deste xeito, xa que logo, un día tamén dura 86.400 segundos.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Idade Contemporánea

Idade contemporánea é o nome co que se designa o período histórico que comeza no final da Revolución Francesa e dura ata hoxe en día. Comprende un total de 230 anos, entre 1789 e o presente.

A humanidade experimentou unha transición demográfica, concluída para as sociedades máis avanzadas (o chamado primeiro mundo) e aínda en curso para a maior parte (os países subdesenvolvidos e os países recentemente industrializados), que levou o seu crecemento máis aló dos límites que lle impuña historicamente a natureza, conseguindo a xeneralización do consumo de todo tipo de produtos, servizos e recursos naturais que elevaron para unha gran parte dos seres humanos o seu nivel de vida dunha forma antes insospeitada, pero que agudizaron as desigualdades sociais e espaciais e deixan planteadas para o futuro próximo graves incertezas ambientais.Os acontecementos desta época víronse marcados por transformacións aceleradas na economía, a sociedade e a tecnoloxía que mereceron o nome de Revolución industrial, á vez que se destruía a sociedade preindustrial e construíase unha sociedade de clases presidida por unha burguesía que contemplou o declive dos seus antagonistas tradicionais (os privilexiados) e o nacemento e desenvolvemento dun novo (o movemento obreiro), en nome do cal expuxéronse distintas alternativas ao capitalismo. Máis espectaculares foron ata as transformacións políticas e ideolóxicas (Revolución liberal, nacionalismo, totalitarismos); así como as mutacións do mapa político mundial e as maiores guerras coñecidas pola humanidade.

A ciencia e a cultura entran nun período de extraordinario desenvolvemento e fecundidade; mentres que a arte contemporánea e a literatura contemporánea (liberados polo romanticismo das suxeicións académicas e abertos a un público e un mercado cada vez máis amplos) víronse sometidos ao impacto dos novos medios de comunicación de masas (tanto os escritos como os audiovisuais), o que lles provocou unha verdadeira crise de identidade que comezou co impresionismo e as vangardas e aínda non se superou.En cada un dos planos principais do devir histórico (económico, social e político), pode cuestionarse se a Idade Contemporánea é unha superación de fórzalas reitoras da modernidade ou máis ben significa o período en que triunfan e alcanzan todo o seu potencial de desenvolvemento as forzas económicas e sociais que durante a Idade Moderna íanse xestando lentamente: o capitalismo e a burguesía; e as entidades políticas que o facían de forma paralela: a nación e o Estado.

No século XIX, estes elementos confluíron para conformar a formación social histórica do estado liberal europeo clásico, xurdido tras a crise do Antigo Réxime. O Antigo Réxime fora socavado ideoloxicamente polo ataque intelectual da Ilustración (Encyclopédie, 1751) a todo o que non se xustifique ás luces da razón por moito que se sustente na tradición, como os privilexios contrarios á igualdade (a de condicións xurídicas, non a económico-social) ou a economía moral contraria á liberdade (a de mercado, a propugnada por Adam Smith -A riqueza das nacións, 1776). Pero, a pesar do espectacular das revolucións e do inspirador dos seus ideais de liberdade, igualdade e fraternidade (coa moi significativa adición do termo propiedade), un observador perspicaz como Lampedusa puido entendelas como a necesidade de que algo cambie para que todo siga igual: o Novo Réxime foi rexido por unha clase dirixente (non homoxénea, senón de composición moi variada) que, xunto coa vella aristocracia incluíu por primeira vez á puxante burguesía responsable da acumulación de capital. Esta, tras o seu acceso ao poder, pasou de revolucionaria a conservadora, consciente da precariedade da súa situación na cúspide dunha pirámide cuxa base era a gran masa de proletarios, compartimentada polas fronteiras duns estados nacionais de dimensións compatibles con mercados nacionais que á súa vez controlaban un espazo exterior dispoñible para a súa expansión colonial.

No século XX este equilibrio inestable foise descompondo, en ocasións mediante violentos cataclismos (comezando polos terribles anos da Primeira Guerra Mundial, 1914-1918), e noutros planos mediante cambios paulatinos (por exemplo, a promoción económica, social e política da muller). Por unha banda, nos países máis desenvolvidos, o xurdimento dunha poderosa clase media, en boa parte grazas ao desenvolvemento do estado do benestar ou estado social (enténdase este como concesión pactista ao desafío das expresións máis radicais do movemento obreiro, ou como convicción propia do reformismo social) tendeu a encher o abismo predito por Marx e que debería levar ao inevitable enfrontamento entre a burguesía e o proletariado. Pola outra, o capitalismo foi duramente combatido, aínda que con éxito bastante limitado, polos seus inimigos de clase, enfrontados entre si: o anarquismo e o marxismo (dividido á súa vez entre o comunismo e a socialdemocracia). No campo da ciencia económica, os orzamentos do liberalismo clásico foron superados (economía neoclásica, keynesianismo -incentivos ao consumo e investimentos públicos para facer fronte á incapacidade do mercado libre para responder á crise de 1929- ou teoría de xogos -estratexias de cooperación fronte ao individualismo da man invisible-). A democracia liberal foi sometida durante o período de entreguerras ao dobre desafío dos totalitarismos soviético e fascista (sobre todo polo expansionismo da Alemaña nazi, que levou á Segunda Guerra Mundial).En canto aos estados nacionais, tras a primavera dos pobos (denominación que se deu á revolución de 1848) e o período presidido pola unificación alemá e italiana (1848-1871), pasaron a ser o actor predominante nas relacións internacionais, nun proceso que se xeneralizou coa caída dos grandes imperios multinacionais (español desde 1808 ata 1898; ruso, austrohúngaro e turco en 1918, tras o seu afundimento na Primeira Guerra Mundial) e a dos imperios coloniais (británico, francés, holandés, belga tras a Segunda). Aínda que numerosas nacións accederon á independencia durante os séculos XIX e XX, non sempre resultaron viables, e moitas sumíronse en terribles conflitos civís, relixiosos ou tribais, ás veces provocados pola arbitraria fixación das fronteiras, que reproduciron as dos anteriores imperios coloniais. En calquera caso, os estados nacionais, logo da Segunda Guerra Mundial, deviñeron en actores cada vez menos relevantes no mapa político, substituídos pola política de bloques encabezados polos Estados Unidos e a Unión Soviética. A integración supranacional de Europa (Unión Europea) non se reproduciu con éxito noutras zonas do mundo, mentres que as organizacións internacionais, especialmente a ONU, dependen para o seu funcionamento da pouco constante vontade dos seus compoñentes.

A desaparición do bloque comunista deu paso ao mundo actual do século XXI, en que as forzas reitoras tradicionais presencian o dobre desafío que supón tanto a tendencia á globalización como o xurdimento ou rexudimento de todo tipo de identidades, persoais ou individuais,colectivas ou grupales, moitas veces competitivas entre si (relixiosas, sexuais, de idade, nacionais, estéticas, culturais, deportivas, ou xeradas por unha actitude -pacifismo, ecoloxismo, altermundialismo- ou por calquera tipo de condición, ata as problemáticas -minusvalías, disfuncións, pautas de consumo-). Particularmente, o consumo define dunha forma tan importante a imaxe que de si mesmos fanse individuos e grupos que o termo sociedade de consumo pasou a ser sinónimo de sociedade contemporánea.

Lenin

Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924.

Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas antitsaristas, adicando os seguintes anos á obtención do título en dereito e á política radical, adoptando as teses do marxismo. En 1893 mudouse á daquela capital de Rusia San Petersburgo, onde continuou coa súa actividade política, converténdose nunha figura importante dentro da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. Arrestado e exiliado a Siberia durante tres anos, consegue fuxir posteriormente cara a Europa occidental, vivindo en Alemaña, Inglaterra e Suíza. Despois da Revolución de Febreiro de 1917 na que foi derrocado o Tsar, e na que un goberno provisional asume o poder, decide regresar ao seu lar.

Como líder da facción bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, tivo un papel principal na orquestración da Revolución de Outubro en 1917, que o levou ao derrocamento do goberno provisional ruso e o establecemento da República Socialista Soviética Federativa de Rusia, o primeiro Estado constitucionalmente socialista do mundo. Inmediatamente despois, Lenin procede a aplicar as reformas socialistas, incluíndo a transferencia de propiedades e terras da coroa aos soviets de traballadores. Fronte á ameaza da invasión alemá, argumentou que Rusia debía asinar de inmediato un tratado de paz, o cal conduciu á saída dos rusos da primeira guerra mundial. En 1921 Lenin propuxo a Nova Política Económica, un sistema de capitalismo de Estado co que comezou o proceso de industrialización e recuperación da guerra civil rusa. En 1922, a R. S. S. F. de Rusia uniuse aos antigos territorios do Imperio Ruso formando a Unión Soviética. A facción bolxevique converteuse máis tarde no Partido Comunista da Unión Soviética.

Como político, Lenin era un orador carismático e convincente. Como intelectual os seus amplos desenvolvementos teóricos e filosóficos do marxismo produciron o marxismo-leninismo, unha aplicación pragmática rusa do marxismo que fai fincapé no papel fundamental desempeñado por unha vangarda política comprometida e disciplinada no proceso revolucionario, defendendo a posibilidade dunha revolución socialista nos países capitalistas menos desenvolvidos a través dunha alianza do proletariado co campesiñado rural. Lenin segue a ser hoxe en día unha figura controvertible en todo o mundo. Os seus críticos táchano de ditador, tese contrarrestada polos seus partidarios aducindo as limitacións do seu poder e considerándoo un heroe da clase obreira. Tivo ademais unha grande influencia no movemento marxista-leninista, que dende a súa morte evolucionou nunha gran variedade de escolas de pensamento como o estalinismo, o maoísmo ou o trotskismo.

Mahoma

Mahoma (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim, nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632 en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham.

Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a Mensaxe do islam na forma do Corán. Tamén segundo a doutrina musulmá, Na relixión musulmá, considérase a Mahoma «o selo dos profetas» (jātim al-anbiyā' خاتم الأنبياء), o último dunha longa cadea de mensaxeiros enviados por Deus para actualizar a súa mensaxe, entre cuxos predecesores contaríanse Abraham, Moisés e Xesús de Nazaret. Á súa vez, o Bahaísmo venérao como un profeta ou "Manifestación de Deus", cuxas ensinos serían actualizadas polas de Bahá'u'lláh (1817-1892), fundador desta relixión.Mahoma como figura política, unificou varias tribos árabes, o que permitiu as conquistas árabes daquilo que daría en ser un imperio islámico que se estendeu ata a Europa.

Usualmente, cando un musulmán se refire a Mahoma, Xesús ou outro dos seus profetas, inmediatamente despois do nome di ou escribe "(que a Paz e Beizón de Deus estean sobre el)" ou expresión equivalente noutra lingua (frecuentemente árabe), ou incluso usa a sigla desa expresión (en árabe é "SWAS"). Os musulmáns non o consideran un ser divino senón un ser humano; con todo, el é visto como un dos máis perfectos entre os seres humanos.

Mahoma segundo a tradición islámica foi analfabeto e así se pode interpretar a Surah 7.157-8 do Corán coa que concordan a maioría dos teólogos islámicos, aínda que hai serias dúbidas que realmente o fose. Mahoma tivo 9 esposas, ou 12 se incluímos as escravas.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Reino suevo

O reino suevo ou reino suevo de Galiza configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Taliesin

Taliesin, nado contra o ano 534 e finado en 599, foi un poeta britón do período posromano de Britania cuxa obra sobreviviu probabelmente nun manuscrito do galés medio, o Libro de Taliesin. Taliesin foi un bardo de sona que se cre que cantou nas cortes de polo menos tres reis célticos britóns.

Como máximo once dos poemas que se conservan foron datados no século VI, polo que se adscriben ao Taliesin histórico. A maior parte desta obra loa o rei Urien de Rheged e o seu fillo Owain mab Urien, aínda que varios dos poemas indican que tamén serviu como bardo da corte do rei Brochfael Ysgithrog de Powys e o seu sucesor Cynan Garwyn, quer antes quer durante o súa permanencia na corte de Urien. Algúns dos acontecementos aos que se refiren os poemas, tales como a Batalla de Arfderydd (c. 583), aparecen mencionados noutras fontes.

O seu nome, escrito Taliessin nos Idylls of the King de Alfred, Lord Tennyson e nalgunhas obras subsecuentes, significa "cella brillante" en galés medio. na lenda e na poesía medieval galesa aparece mencionado como Taliesin Ben Beirdd ("Taliesin, Xefe de Bardos" ou xefe dos poetas). Aparece mencionado como un dos cinco poetas britóns de renome, xunto con Talhaearn tad Awen ("Talhaearn Pai da Musa"), Aneirin, Blwchfardd, e Cian Gwenith Gwawd ("Cian Trigo de Canción"), na Historia Brittonum, e tamén se menciona na colección de poemas coñecida como Y Gododdin. Taliesin foi moi ben considerado a mediados do século XII como o suposto autor dun gran número de lendas románticas.Segundo a lenda, Taliesin foi adoptado de neno por Elffin, o fillo de Gwyddno Garanhir, e profetizou a morte de Maelgwn Gwynedd pola febre amarela. En historias posteriores converteuse nun heroe mítico, compañeiro de Bran o Bendito e o rei Artur. A súa biografía lendaria atópase en varios documentos tardíos (ver máis abaixo; a narración máis antiga que chegou ata nós está nunha crónica manuscrita da historia do mundo escrita por Elis Gruffydd a mediados do século XVI).

Traxano

Marco Ulpio Traxano (en latín: Marcus Ulpius Traianus), coñecido abreviadamente como Traxano, nado en Itálica, preto de Hispalis (actual Sevilla), o 18 de setembro do ano 53 e finado en Selinus o 9 de agosto de 117, foi un emperador romano. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Iniciou a tradicionalmente chamada dinastía Antonina.

O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o cognomen. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de Dacia, derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara ao Leste e conquistou o reino nabateo (actual Xordania) e estableceu a provincia de Arabia Pétrea. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partria e, chegando a Susa no 116, co que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado post mortem e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo Hadriano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.