Hispasat

HISPASAT é un operador de servizos por satélite español con sede en Madrid que ofrece servizos de telecomunicacións en América (norte, centro e sur), Europa e Norte de África nas posicións 30° Oeste e 61° Oeste.

HISPASAT permite distribuir máis de mil canles de televisión e radio (analóxica e dixital) a máis de trinta millóns de fogares, así como servizos de banda larga en contornas fixas e móbiles.

Hispasat
LOGO color sin lema fondo negro 2
Acercando culturas
Ccsarganda
Arganda de Rey, Madrid
TipoSociedade Anónima
Fundación1989
LocalizaciónRúa Gobelas 41, 28023 Arganda de Rey MADRID España España
IndustriaTelecomunicacións
Páxina webhispasat.com

Historia

O primeiro satélite posto en órbita foi o Hispasat 1A en setembro de 1992 a bordo dun vehículo lanzador Ariane 4, dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa e situouse en órbita xeoestacionaria na posición 30º Oeste a 36.000 km de altura, onde se sitúan dende entón tódolos satélites da serie Hispasat (1A, 1B, 1C, 1D e o novo 1E), centrados principalmente no mercado español e europeo.

A serie dos satélites Amazonas (61º Oeste) inaugurouse en 2004 co lanzamento do primeiro Amazonas, céntrase no mercado americano (principalmente latinoamericano). Amazonas 2, é o satélite de comunicacións de maior potencia con cobertura panamericana, lanzouse o 1 de outubro de 2009 e permitiu a HISPASAT duplicar a súa capacidade no continente. A seguinte ampliación será o Amazonas 3 en 2013.

Accionistas

HISPASAT está considerada pola administración unha empresa estratéxica para o Goberno Español e o Ministerio de Defensa, parte dos seus servizos son empregados con fins militares.

Accionista Capital Accionista Capital
Abertis 48% - -
Goberno de España 25,6% INTA 16,42%
SEPI 7,41%
CDTI 1,86%
Eutelsat 23% - -

Constelación de satélites

Posición
Orbital
Satélite Transpoñedor Ano de
lanzamento
30 Oeste Hispasat 1C 24 Ku 2000
30 Oeste Hispasat 1D 28 Ku 2002
30 Oeste Hispasat 1E 53 Ku, Ka 2010
61 Oeste Amazonas 1 32 Ku, 19 C 2004
61 Oeste Amazonas 2 54 Ku, 10 C 2009
61 Oeste Amazonas 3 33 Ku, 19 C, Ka Previsto 2013
- Hispasat AG1 20 Ku, Ka (1) Previsto 2013
30 Oeste Hispasat 1F TBD Previsto 2014
Coa empresa HISDESAT
Posición
Orbital
Satélite Transpoñedor Ano de
lanzamento
29 Este Xtur-Eur 12 X 2005
30 Oeste Spainsat 13X, Ka 2006

TDT Universal por satélite: HISPASAT é o coordenador do proxecto Profit de I+D+i TDT Universal vía satélite, co obxectivo principal de avaliar e investigar distintas alternativas tecnolóxicas para ofrecer cobertura de TDT ao 100% da poboación en España, cunha plataforma vía satélite.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amazonas

Amazonas pode referirse a:

Río Amazonas, o río máis grande de América do Sur e o máis caudaloso do mundo;

Amazonas é o nome de 4 departamentos ou estados situados ás beiras do río Amazonas, dos seus afluentes ou da rexión amazónica:

Amazonas, estado de Brasil;

Amazonas, estado de Venezuela;

Amazonas, rexión do Perú;

Amazonas, departamento de Colombia;

Na mitoloxía grega, as amazonas son un lendario pobo de mulleres guerreiras.

Amazonas, satélite artificial de Hispasat.

Amazonas, un xogo de mesa.

Andalucía Televisión

Andalucía Televisión é a cadea de televisión de Radio y Televisión de Andalucía que emite en Europa. Comezou as súas emisións internacionais en 1996 cando só TV3 o facía.

Aragón Sat

Aragón Sat foi entre 2007 e 2010 a canle internacional de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Aragón TV

Aragón TV (anteriormente Aragón Televisión) é a marca comercial de Televisión Autonómica de Aragón, S.A. e a primeira canle de televisión pública de Aragón. Pertence á Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Aragón TV Internacional

Aragón Televisión (anteriormente Aragón Sat) é a canle internacional de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.

Ariane 4

Ariane 4 foi o nome do cuarto modelo da familia de foguetes Ariane.

Ariane 5

Ariane 5 é o nome do quinto modelo da familia de foguetes Ariane.

Atlas II

Atlas II foi o nome du foguete derivado do mísil Atlas e que tivo como antecesor ó Atlas I.

Canal Nou Internacional

Canal Nou Internacional, previamente Televisió Valenciana Internacional (TVVi, valenciano para "Televisión Valenciana Internacional") era unha das canles de televisión do ente público Radiotelevisió Valenciana (RTVV).

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Hispan TV

HispanTV (en persa: هیسپان‌تی‌وی) é unha cadea televisiva pública iraniana adicada a proporcionar información e entretemento en castelán. Comezou a transmitir os seus programas en decembro de 2011.[Cómpre referencia]

Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.

TV3CAT

TV3CAT é a canle internacional 24 horas e en aberto de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. A canle transmite o sinal a todo o continente europeo mediante o satélite Hispasat e o satélite Astra e en continente americano mediante o satélite Hispasat no seu feixe suramericana e en Baleares a través da TDT.

Esta canle ten como obxectivo achegar a televisión e cultura catalás, aos cataláns de fóra da comunidade, tanto en España como en Europa e América, así como ao resto de cidadáns destas zonas, ademais de ser a canle escollida para a reciprocidade entre Cataluña e Baleares e proximamente a Comunidade Valenciana para a TDT destas zonas.

A súa programación baséase principalmente en contidos de produción propia das canles de Televisió de Catalunya.

O 1 de maio de 2012 cesou as súas emisións por satélite, e potenciou as emisións da canle por internet e a través das redes de televisión por cable e ADSL en España.

Teledeporte

Teledeporte é unha canle temática de Televisión Española dedicada ao mundo do deporte.

Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.