Hispanoamérica

Hispanoamérica ou América Hispana é unha rexión cultural integrada polas nacións americanas de fala castelá.

Hispanoamérica
País Poboación Extensión (km²) Capital
Flag of Argentina.svg Arxentina 40 914 000 2 791 810 Buenos Aires
Flag of Bolivia.svg Bolivia 10 027 644 1 098 581 Sucre[1]
Flag of Chile.svg Chile 17 094 275 756.950 Santiago de Chile
Flag of Colombia.svg Colombia 45 273 936 1 141 748 Bogotá
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 4 579 000 51.100 San Xosé
Flag of Cuba.svg Cuba 11 451 652 110.860 A Habana
Flag of Dominica.svg Dominica 10 090 000 48.730 Santo Domingo
Flag of Ecuador.svg Ecuador 14 067 000 283.520 Quito
Flag of El Salvador.svg O Salvador 7 185 000 20.041 San Salvador
Flag of Honduras.svg Honduras 7,793,000 112.492 Tegucigalpa
Flag of Guatemala.svg Guatemala 14 655 189 108.890 Cidade de Guatemala
Flag of Mexico.svg México 109 955 400 1 972 550 Cidade de México
Flag of Nicaragua.svg Nicaragua 5 743 000 129.494 Managua
Flag of Panama.svg Panamá 3 450 349 78.200 Cidade de Panamá
Flag of Paraguay.svg Paraguai 6 996 245 406.750 Asunción
Flag of Peru.svg Perú 29 885 340 1 285 216 Lima
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 3 994 259 9.104 San Xoán
Flag of Uruguay.svg Uruguai 3 415 920 176.220 Montevideo
Flag of Venezuela.svg Venezuela 28 549 745 916.445 Caracas
Hispanoamérica 375 607 614 12 004 512
Spanish speakers in the Americas (orthographic projection)
     Dark Green Arrow Up.svg 50%      Dark Green Arrow Up.svg 20%      Dark Green Arrow Up.svg 5%
     Dark Green Arrow Up.svg 30%      Dark Green Arrow Up.svg 10%      Dark Green Arrow Up.svg 2%
Español en américa
Países de Hispanoamérica.

Notas

  1. Sucre é a capital e La Paz é a sede do goberno.

Véxese tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
28 de decembro

O 28 de decembro é o 362º día do ano do calendario gregoriano e o 363º nos anos bisestos. Quedan 3 días para finalizar o ano.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Carabanchel

Carabanchel é un distrito da cidade de Madrid.

Chamartín, Madrid

Chamartín é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 142.754 habitantes no ano 2014. Limita polo norte con Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo suroeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán.

Chanceler

Chanceler (do latín cancellarius) é un cargo con distinto significado segundo o estado.

Corrida de touros

Unha corrida de touros ou tourada é un espectáculo que consiste en lidar varios touros bravos, a pé ou dacabalo, nun recinto pechado para tal fin, a praza de touros.

Na lida participan varias persoas, entre elas os toureiros, que seguen un estrito protocolo tradicional, rexido pola intención estética; só pode participar como matador o toureiro que tomou a alternativa (recibiu a categoría de matador de touros). Como espectáculo moderno realizado a pé, fixa as súas normas e adopta a súa orde actual a finais do século XVIII en España, onde a corrida finaliza coa morte do touro.

As corridas de touros son consideradas unha das expresións da cultura hispánica. Practícanse tamén en Portugal (onde, fóra dalgúns municipios, non se lle dá morte ao touro na praza desde 1836, durante o reinado de María II), no sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica como México, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador, Costa Rica, Panamá e Bolivia.

As corridas poden clasificarse, segundo a idade e características do touro que se lida, en becerradas, novilladas e corridas de touros propiamente ditas, e poden desenvolverse a pé ou dacabalo. Se se executan as sortes dacabalo, o festexo recibe o nome de corrida de rejones ou rejoneo. Cando se combinan ambas as disciplinas nun mesmo festexo, denomínanse corridas mixtas.

Cumbre

Cumbre é o corpus lingüístico do español contemporáneo, da Editorial SGEL, e ten as seguintes características:

20 millóns de formas;

castelán de España e Hispanoamérica

textos de procedencia oral e escrita, incluíndo publicacións periódicasO corpus non se pode acceder en liña, senón que se dá unha mostra gratuíta dun 10% cando se merca o dicionario Gran Diccionario de Uso del Español Actual da mesma editorial.

Iberoamérica

Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.

Instituto Cervantes

O Instituto Cervantes é unha institución cultural pública española creada en 1991, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores. Toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes.

A súa tarefa é a promoción e ensino da lingua española, así como a difusión da cultura de España e Hispanoamérica. Como institución cumpre labores similares á Alliance Française, o British Council, o Institut Ramon Llull e o Goethe-Institut.

As súas sedes centrais están en Madrid, no edificio «As Cariátides» da rúa de Alcalá (antiga sede do Banco Central Hispano) e en Alcalá de Henares, na rúa Libreros da cidade. O seu director é Victor Garcia de la Concha.

Instituto de Cultura Hispánica

O Instituto de Cultura Hispánica foi unha institución destinada a fomentar as relacións entre os pobos hispanoamericanos e España, e a orixe da actual Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Literatura hispanoamericana

A literatura hispanoamericana é a literatura en lingua castelá cultivada polos pobos de fala hispana do continente americano, é dicir, de Norteamérica, Centroamérica, América do Sur e o Caribe.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Naturalismo

O naturalismo é un estilo artístico, sobre todo literario, baseado na observación e documentación da realidade en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes coma nos máis vulgares. O seu máximo representante, teorizador e impulsor foi o xornalista Émile Zola que expuxo esta teoría no prólogo da súa novela Thérèse Raquin e sobre todo en Le roman expérimental (1880). Dende Francia, o Naturalismo espallouse ao longo de toda Europa no curso dos vinte anos seguintes adaptándose ás distintas literaturas nacionais.

Octavio Paz

Octavio Paz Lozano ( pronunciación ), nado en Cidade de México o 31 de marzo de 1914 e finado no mesmo lugar o 19 de abril de 1998, foi un poeta, ensaísta e diplomático mexicano.

Foi un dos poetas máis importantes do século XX, comparable pola súa influencia en Hispanoamérica a Juan Ramón Jiménez, Vicente Huidobro, César Vallejo ou Pablo Neruda. En 1990, recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Repsol

Repsol S.A. é unha sociedade anónima, fundada en 1987 e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH), con actividades na exploración, produción, transporte e refino de petróleo e gas. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos petroquímicos e gas licuado e vende gas natural.

O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.

Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleira estatal arxentina YPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresa multinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.

Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37.000 persoas de múltiples nacionalidades.

O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de:

Exploración e produción.

Refino e comercialización.

Química.

Gas e Electricidade.

Roscón

O roscón ou pan de ovo é un bolo de pan doce en forma de rosca (aínda que tamén pode ser en forma de barra ou trenza) feito con ovos, leite, fariña, manteiga e azucre, típico dos xantares de domingo e das festas de Galicia, especialmente por Pascua e Reis (tradicionalmente tamén pola matanza e as vodas). Tamén é típico nalgunhas zonas de España (e por influencia Hispanoamérica), Portugal, Francia e Bélxica, especialmente o día de Reis.

O roscón orixinal tería sido un simple biscoito (tipo bica) en forma de rosca. O roscón típico actual adoita ser un doce mesto e pesado, vernizado con ovo, que se adorna con froita confeitada ou cristalizada de varias cores (cereixas, laranxas, ameixas, peras etc.), e montes de azucre.

Nalgúns casos (raramente en Galicia) pode encherse de nata, crema, chocolate, cabelo de anxo etc. No do día de Reis métenselle "sorpresas" no interior (figuriñas e un feixón).

Tamboril

O tamboril é un instrumento de percusión bimembranófono, pertencen a familia dos tambores, de amplo uso Europa e Hispanoamérica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.