Himno de Europa

O Himno de Europa é a obra do compositor Ludwig van Beethoven Oda á alegría (en alemán: "Ode an die Freude"), e é o himno da Unión Europea e do Consello de Europa. Está baseado no movemento final da obra, composta en 1823, e é interpretada en momentos especiais de ambas organizacións.

Ode an die Freude
En galego: Oda á alegría
Ninth Symphony original
Himno deUnión Europea Unión Europea
Unión Europea Consello de Europa
LetraNingún
MúsicaLudwig van Beethoven
1824
Adoptado1972 e 1985
Mostra da música
Ode an die Freude (Instrumental)
Azat u ankakh Artsakh

Azat u ankakh Artsakh" ("Libre e independente Artsakh") é o himno nacional da non recoñecida República de Artsakh. Adoptado en 1992, foi escrito por Vardan Hakobyan e composto por Armen Nasibyan.

Canción de Shtalak

A canción de Shtalak (en checheno Шатлакхан Илли / Şatlaqan Illi) é o himno nacional de Chechenia.

Europa (himno)

Europa ( pronunciación ) (en albanés: Evropa, en serbia: Европа) é o nome do himno nacional da República de Kosovo, aprobado polo parlamento o 11 de xuño de 2008. Esta melodía carece de letra, para evitar ofender á minoría serbia que habita nesta ex provincia serbia que declarou a súa independencia unilateralmente o 17 de febreiro de 2008. O himno, cuxo autor é o compositor albanés Mehdi Mendiqi, foi aprobado nunha sesión cerimonial do Parlamento tras gañar Mendiqi un concurso en cuxas bases se establecía que o tema musical non podía facer referencia á cultura de ningunha das etnias de Kosovo.

Himno de Daguestán

O himno de Daguestán é un dos símbolos da república rusa de Daguestán.

Himno de Karachay-Cherkessia

O Himno de Karachay-Cherkessia (en ruso: Гимн Карачаево-Черкесии) é un dos símbolos da república federal rusa de Karachay-Cherkessia. Foi composto por A. Daurov o 9 de abril de 1998.

Himno de Madeira

Himno de Madeira (en portugués Hino da Madeira) é o himno da rexión autónoma dos Madeira, Portugal. Foi adoptado en 1980. A letra é obra de Ornelas Teixeira e a música é de João Víctor Costa.

Himno de Tatarstán

O himno de Tatarstán é un dos símbolos nacionais da República de Tatarstán. Foi composto por Rustem Yakhin e foi adoptado oficialmente no 1993.

Himno dos Azores

Himno dos Azores (en portugués: Hino dos Açores) é o himno da rexión autónoma dos Azores, Portugal.

Inno Nazionale della Repubblica

O Inno Nazionale della Repubblica (do italiano: Himno Nacional da República ou simplemente Inno Nazionale, é o himno de San Marino. Foi composto por Federico Consolo, e adoptado polo Consello Grande e Xeral como himno nacional o 11 de setembro de 1894, cando foi inaugurado o Palazzo Pubblico.

Intermeco

Intermeco é o himno nacional de Bosnia e Hercegovina, adoptado o 10 de febreiro de 1998. A música é obra de Dušan Šestić.

Khalmg Tanghchin chastr

Khalmg Tanghchin chastr é un dos símbolos da república federal rusa da República dos Calmucos.

Ma Normandie

Ma Normandie é un himno semioficial da Illa de Jersey, unha Dependencia da Coroa británica nas Illas da Canle. Foi escrito e composto por Frédéric Bérat. Jersey foi parte historicamente do ducado de Normandía, e o francés foi durante séculos a lingua oficial administrativa de Jersey, cuxos habitantes falan unha variedade da lingua normanda.

Makedonía ksakustí

Makedonía ksakustí (en grego: Μακεδονία ξακουστή) é unha marcha militar, a miúdo considerada o himno nacional da rexión grega de Macedonia, e é usada polo Exército de Grecia dende as Guerras balcánicas.

Mila Rodino

Mila Rodino (Querida Patria) é o himno nacional de Bulgaria. Foi escrito e composto por Tsvetan Tsvetkov Radoslavov antes de partir á Guerra Serbo-Búlgara en 1885. Foi adoptado oficialmente en 1964.

Nunarput utoqqarsuanngoravit

Nunarput utoqqarsuanngoravit (do groenlandés: Ti, a nosa vella terra) é o himno de Groenlandia (Dinamarca) dende o ano 1916. Henrik Lund escribiuno e Johann Petersen compuxo a melodía.

Tavisupleba

Tavisupleba (en xeorxiano: თავისუფლება) é o himno nacional de Xeorxia dende 2004. O seu título significa "Liberdade".

The Lincolnshire Poacher

The Lincolnshire Poacher é unha canción tradicional inglesa asociada co condado de Lincolnshire. Está considerada como o himno non oficial do condado.

Zdravljica

Zdravljica (en esloveno: un brinde) é o himno nacional de Eslovenia dende o 27 de setembro de 1989.

É a sétima estrofa da poesía "Zdravljica", escrita en 1844 por France Prešeren (1800-1849), para a que Stanko Premrl realizou unha composición coral co mesmo nome.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.