Himno de Escocia

Oficialmente, non hai un himno nacional de Escocia que substitúa ao God Save the Queen, tradicionalmente empregado para representar ao Reino Unido.[1] Existen, iso sí, varias candidatas, entre as cales xurdiu un intenso debate social e político, e algunhas das cales se empregan xa frecuentemente como himnos en eventos políticos ou deportivos.

Nomes propostos
Auld Lang Syne
Flower of Scotland
Scotland the Brave
The Thistle o' Scotland
Himno deEscocia Escocia

Historia da polémica

Escocia non posuíu nunca un himno nacional de seu. Trala devolución de poderes ao Parlamento de Escocia en 1998, o goberno de coalición laborista e liberal decidiu que o God Save the Queen ("Deus salve á Raíña"), tradicional himno do Reino Unido, debería seguir sendo empregado para representar a Escocia. Con todo, este himno non é popular en determinadas zonas de Escocia, sobre todo por unha estrofa, incluída a mediados do século XVIII, que incluía o verso Rebellious Scots to crush ("esmagar aos rebeldes escoceses"). Aínda que esta estrofa só se empregou durante un curto período de tempo, e de feito refírese máis aos xacobitas que aos escoceses en xeral,[2] contribuiu a que o God Save the Queen sexa considerado un himno anti-escocés.

Ademais, a necesidade dun himno independente faise especialmente visible naqueles actos -por exemplo, deportivos-, nos que Escocia está representada como entidade independente do Reino Unido, e nos que é necesario contar cun himno propio. Por iso, nos últimos anos xurdiron varias cancións candidatas, que contan con distintos niveis de aceptación, aínda que ningunha alcance a oficialidade.

Cancións candidatas

As dúas candidatas máis populares para ser empregadas como himno de Escocia son Flower of Scotland e Scotland the Brave, aínda que tamén hai outras como Scots Wha Hae, A Man's a Man for a' that, Freedom Come-All-Ye, Both sides the Tweed, Caledonia , I'm Gonna Be (500 Miles) ou Highland Cathedral.

Cada unha destas cancións ten por agora usos distintos. Por exemplo, Scotland the Brave emprégase actualmente para representar a Escocia nos Xogos da Commonwealth, mentres que Flower of Scotland soa antes dos partidos das seleccións de rugby e fútbol.[3] A Man's a Man for a' that, pola súa banda, foi interpretada por Sheena Wellington no acto de apertura do novo Parlamento de Escocia, aínda que non con intención de servir como himno nacional.

En xuño de 2006 a Royal Scottish National Orchestra realizou unha enquisa online para elixir a canción favorita. Con máis de 10.000 votos emitidos, Flower of Scotland resultou a gañadora co 41% dos votos, seguida por Scotland the Brave cun 29%.[4]

Canción Votos (%)
Flower of Scotland 41%
Scotland the Brave 29%
Highland Cathedral 16%
A Man's A Man for A' That 7%
Scots Wha Hae 6%

Notas

  1. BBC News – Unha chamada á acción sobre o himno nacional
  2. "A orixe do verso sobre os 'rebellious Scots' no God Save the Queen". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 03 de xullo de 2008.
  3. BBC News - McConnell pide un debate sobre o himno
  4. "Enquisa da RSNO sitúa a Flower of Scotland como o himno favorito da nación". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Escocia

Escocia (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta. A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707. En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area. Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.

Flower of Scotland

"Flower of Scotland" (Flor de Escocia en galego e Flùir na h-Alba en gaélico escocés) é, con Scotland the Brave, o himno non-oficial ou oficioso de Escocia. Roy Williamson, do grupo The Corries foi o compositor desta peza que se realizou a mediados dos anos 60.

Símbolos nacionais de Escocia

Escocia está representada por un conxunto de símbolos nacionais recoñecibles, algúns deles oficiais (a bandeira de Escocia, o Estandarte Real de Escocia etc.) e outros oficiosos (o Himno de Escocia, o tartán, a Declaración de Arbroath...)

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.