Himno de Andalucía

O himno de Andalucía é unha composición musical de José del Castillo Díaz[1] con letra de Blas Infante. A música está inspirada no Santo Deus, un canto relixioso popular que os campesiños e xornaleiros dalgunhas comarcas andaluzas cantaban durante a sega. Blas Infante coñeceu este canto sendo notario na vila de Cantillana onde se interpretaba como canto de rogativas.[2] Blas Infante puxo este canto en coñecemento do Maestro Castillo, quen adaptou e harmonizou a melodía. A letra do himno apela ós andaluces para que se mobilicen e pidan "terra e liberdade", mediante un proceso de reforma agraria e un estatuto de autonomía política para Andalucía, no marco de España.

O himno de Andalucía foi presentado pola Banda Municipal de Sevilla, baixo a dirección de José del Castillo, nun concerto celebrado na Alameda de Hércules o 10 de xullo de 1936, unha semana antes do comezo da Guerra Civil. Durante o Franquismo só se conservou un manuscrito para piano. Foi reestreado durante a transición democrática no Teatro Lope de Vega de Sevilla pola mesma banda o 18 de outubro de 1979. Dous anos antes, en abril de 1977 Carlos Cano realizou unha adaptación cantada pola coral Heliópolis de Sevilla e en cuxa gravación estiveron presentes antigos compañeiros de Blas Infante. A partir de 1980 realizáronse multitude de versións do himno, sendo especialmente reseñables as revisións e instrumentacións realizadas por Manuel Castillo nos anos 1980.

Himno de Andalucía
En galego: Himno de Andalucía
Himno de Andalucía
Himno deAndalucía Andalucía
LetraBlas Infante
MúsicaSevilla José del Castillo Díaz
Mostra da música
Himno de Andalucía (Instrumental)

Letra Oficial do Himno

La bandera blanca y verde
vuelve, tras siglos de guerra,
a decir paz y esperanza,
bajo el sol de nuestra tierra.
¡Andaluces, levantaos!
¡Pedid tierra y libertad!
¡Sea por Andalucía libre,
España y la Humanidad!
Los andaluces queremos
volver a ser lo que fuimos
hombres de luz, que a los hombres,
alma de hombres les dimos.
¡Andaluces, levantaos!
¡Pedid tierra y libertad!
¡Sea por Andalucía libre,
España y la Humanidad!

Versión nacionalista

Na versión nacionalista do himno andaluz, substitúese o verso: España y la Humanidad! por: los Pueblos y la Humanidad!.

Notas

  1. Director da Banda Municipal de Sevilla e coñecido comunmente como Maestro Castillo.
  2. Nas provincias de Málaga, Sevilla y Huelva

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Blas Infante

Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza", por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.

Día de Andalucía

O Día de Andalucía celébrase o 28 de febreiro e conmemora o día da celebración do referendo sobre a iniciativa do proceso autonómico de Andalucía do ano 1980, que deu autonomía plena á comunidade andaluza. Antes da celebración do referendo este día identificábase máis co 4 de decembro, cando se celebraron as grandes manifestacións autonomistas en 1977.En moitas vilas e cidades decóranse os balcóns, onde se colga a bandeira de Andalucía nas reixas e ganchos destes, e celébranse concursos de patios andaluces e nos colexios e institutos cantan e tocan a sones de frauta o himno de Andalucía. Nos colexios antes do 28 de febreiro, prográmanse diversas actividades para a conmemoración do día de Andalucía. Hoxe en día é festa en moitas localidades andaluzas. Cómese pan con aceite de oliva nas vilas e cidades e, sobre todo, nos colexios.Habitualmente coincide coa entrega de Medallas de Andalucía polo goberno autonómico e noméanse fillos predilectos de Andalucía. Tamén se realiza un izado de bandeira no exterior do Parlamento de Andalucía.

Reincidentes

Reincidentes é un grupo de rock español, formado en Sevilla en 1987, caracterizado por ter letras moi críticas coa sociedade actual. Segundo as palabras do seu líder Fernando Madina:

As súas cancións tratan de temas moi diversos, desde o dereito ao aborto ata o conflito entre Palestina e Israel. Tamén musicalizaron poemas de Miguel Hernández e fixeron versións temas de cantautores como León Gieco, Silvio Rodríguez ou Víctor Jara.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.