Himno a la Montaña

Himno a la Montaña ou Himno de Cantabria é o himno oficial da Comunidade Autónoma de Cantabria. Foi composto en 1926 por Juan Guerrero Urresti a instancias da Deputación Provincial de Santander e cos arranxos posteriores de José del Río Sainz, no himno oficial da rexión.[1]

Himno a la Montaña
En galego: Himno á Montaña
Himno deCantabria Cantabria
LetraJuan Guerrero Urresti
1926
MúsicaJuan Guerrero Urresti
1926
Adoptado1987

Letra

Himno de Cantabria
Cantabria querida
te voy a cantar
la canción que mi pecho
te va a dedicar
que es muy grande mi amor
a la tierra en que nací.
Quiero que sus sones
puedan traspasar
las montañas más altas
y el inmenso mar,
como ofrenda leal
al terruño en que viví.
Y es mi cántico amoroso
cual arrullo maternal
en que todos veneramos
la Cantabria fraternal.
Y un recuerdo cariñoso
de pureza regional,
a La Montaña dedico
con vigor tradicional
vigor tradicional
vigor tradicional.
Mi tierruca siempre ha de ser
bella aurora del corazón
y a ella un beso puro de amor
y lleno de emoción
siempre he de ofrecer.
Hijos de mi Cantabria
nobles de mi querer,
hermanos montañeses
por siempre hemos de ser.
Juntos nos agrupemos
muy fuerte y muy leal
que la madre Cantabria
un abrazo nos da.

Notas

  1. Parlamento de Cantabria Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
Cantabria

Cantabria (en cántabro e castelán: Cantabria) é unha comunidade autónoma uniprovincial situada no norte de España, considerada como «comunidade histórica» segundo o seu Estatuto de autonomía. Limita con Asturias ao oeste, con Euskadi (provincia de Biscaia) ao leste, con Castela e León (provincias de León, Palencia e Burgos) ao sur, e co mar Cantábrico ao norte. A súa capital e cidade máis poboada é Santander.

Cantabria está situada na cornixa Cantábrica, nome dado á franxa de terra existente entre o mar Cantábrico e a cordilleira Cantábrica, no norte da Península Ibérica. Posúe un clima oceánico húmido e de temperaturas moderadas, fortemente influenciado polos ventos do océano Atlántico que chocan contra as montañas. A precipitación media é de 1.200 mm, o que permite o crecemento de frondosa vexetación. A súa maior elevación localízase no pico de Torre Blanca (2.619 m). A comunidade está formada por 102 concellos, sendo un deles, Valle de Villaverde, un exclave en Biscaia.

Cantabria é a rexión máis rica do mundo en sitios arqueolóxicos do Paleolítico Superior. Os primeiros signos de ocupación humana datan do Paleolítico Inferior, aínda que este período non estea tan ben representado na rexión. Destacan neste aspecto as pinturas da cova de Altamira, datada entre o 16.000 e 9.000 a.C e declarada, xunto a outras nove covas cántabras máis, Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As súas primeiras referencias datan do ano 195 a. C., momento en que o escritor romano Catón O Vello fala na súa obra Orixes do nacemento do río Ebro do "país dos cántabros". A moderna provincia de Cantabria constituíuse o 28 de xullo de 1778. A Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Cantabria aprobouse o 30 de decembro de 1981, dotando deste xeito á comunidade autónoma de organismos e institucións de autogoberno, co Parlamento de Cantabria como asemblea lexislativa.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.