Himno

Un himno (do grego ὕμνος, hymnos, "unha canción de eloxio") é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética cantada en honor dunha divindade (himno litúrxico), unha persoa, unha colectividade (himno nacional).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Portuguesa

A Portuguesa é o himno nacional de Portugal. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. Regra xeral apenas a primeira parte do himno é transmitida polo ensino oficial. Na súa maioría, os portugueses descoñecen por tanto a existencia das segunda e terceira partes da letra do himno.

Azərbaycan marşı

Azərbaycan marşı (en galego: Marcha de Acerbaixán) é o himno nacional de Acerbaixán. A letra foi escrita polo poeta Ahmed Javad, e a música foi composta polo compositor azerí Uzeyir Hajibeyov.

O himno foi antes adoptada en 1919 pola República Democrática de Acerbaixán ata 1921, cando a República foi invadido pola Unión Soviética, e foi substituído por un novo himno nacional composto por Uzeyir Hajibeyov para o Estado sucesor, o República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Europa (himno)

Europa ( pronunciación ) (en albanés: Evropa, en serbia: Европа) é o nome do himno nacional da República de Kosovo, aprobado polo parlamento o 11 de xuño de 2008. Esta melodía carece de letra, para evitar ofender á minoría serbia que habita nesta ex provincia serbia que declarou a súa independencia unilateralmente o 17 de febreiro de 2008. O himno, cuxo autor é o compositor albanés Mehdi Mendiqi, foi aprobado nunha sesión cerimonial do Parlamento tras gañar Mendiqi un concurso en cuxas bases se establecía que o tema musical non podía facer referencia á cultura de ningunha das etnias de Kosovo.

God Save the Queen

"God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña) é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.

God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve a Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e Canadá.

Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.

Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, Nova Zelandia e Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.

Himno da Federación Rusa

O Himno da Federación Rusa (en ruso: Государственный гимн Российской Федерации, "Gosudarstvenny Gimn Rossiyskoy Federatsii") é o himno nacional de Rusia. É unha adaptación do Himno da Unión Soviética de 1944, cuxa música compuxo orixinalmente Aleksandr Aleksándrov. A letra foi revisada para o himno da Federación Rusa por Serguéi Mijalkov, quen refixo as letras das versións do himno soviético en 1943 e 1977. A revisión elimina tódalas mencións ás ideas de Lenin e á «irrompible unión» da Unión Soviética, centrándose no seu lugar en describir un país extenso e con grandes cantidades de recursos confiados ás xeracións futuras.

A finais do ano 2000, o presidente Vladimir Putin decidiu adoptar o himno, que substituíu a A canción patriótica, que fora o himno oficial dende 1990. Este feito non estivo exento de polémica, xa que, aínda que a letra xa non ten nada que ver coa Rusia de Stalin, a música é a mesma que empregaba a Unión Soviética.

Himno de Suíza

O Himno de Suíza, tamén coñecido como Cántico Suízo (en alemán: Schweizerpsalm, en francés: Cantique suisse, en italiano: Salmo Svizzero, en romanche: Psalm svizzer) é o himno nacional de Suíza.

A historia do actual himno nacional suízo data de 1841, cando o himno foi composto polo monxe cisterciense da abadía de Wettingen Alberik Zwyssig (1808-1854). Desde entón o himno foi cantado frecuentemente en eventos nacionais. En 1961 foi admitido provisionalmente, ata que foi declarado himno oficial da Confederación o 1 de abril de 1981.

Himno de Tatarstán

O himno de Tatarstán é un dos símbolos nacionais da República de Tatarstán. Foi composto por Rustem Yakhin e foi adoptado oficialmente no 1993.

Himno nacional

Un himno nacional (do lat. hymnu) é unha música ou canción patriótica recoñecida polo goberno dun país como a música ou canción oficial daquela nación. Durante os séculos XIX e XX, co medre dos nacionalismos, a maioría dos países independentes adoptaron un himno nacional oficial. No caso das nacións sen estado o himno adoita ser elaborado ou recollido polos movementos de reivindicación e liberación nacional, e normalmente acaban por ser total ou parcialmente recoñecidos polo estado que ostenta a soberanía, incluso sen que a separación ou independencia se produza.

Así cancións como o Himno de Galicia, o Himno de Cataluña, ou o Himno de Euskadi, representan respeitivamente as identidades do pobos galego, catalán e éuscaro, son os seus himnos nacionais, aínda cando estes só teñen recoñecida unha autonomía e non o dereito de autodeterminación.

Un exemplo moi ilustrativo de todo o dito áchase precisamente no himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; foi historicamente defendido polo nacionalismo galego, e posteriormente, coa caída do franquismo adoptado (só unha parte) como himno da nacionalidade histórica como figura no estatuto de autonomía. O nacionalismo, porén, mantén viva a versión completa do mesmo e a súa reivindicación.

Imnos is tin Eleftherian

Imnos is tin Eleucerian (Himno á Liberdade) é o himno nacional de Grecia e de Chipre. Este poema foi escrito por Dionisos Solomos en 1823. A música foi escrita por Nicolaos Mantzaros.

Inno e Marcia Pontificale

O Inno e Marcia Pontificale (do italiano: Himno e Marcha Pontificia) é o himno nacional da Cidade do Vaticano. As letras foron escritas por Antonio Allegra (1905-1969) e a música foi composta por Charles Gounod (1818-1893). Adoptouse como himno en 1950.

Kde domov můj?

Kde domov můj? (do checo: Onde esta o meu lar?) é o himno nacional da República Checa. Tamén o foi de Checoslovaquia, a cal formaba a primeira parte do himno checoslovaco, xunto co himno eslovaco que formaba a segunda parte.

A música foi feita polo compositor František Škroup e a letra escrita por Josef Kajetán Tyl como parte da comedia Fidlovačka aneb Žádný hněv a žádná rvačka. Foi escoitada por primeira vez no Stavovské divadlo de Praga o 21 de decembro de 1834.

Aínda que orixinalmente foi máis longa, só se tomaron as dúas primeiras estrofas, sendo o resto esquecido. A súa letra describe poeticamente as belezas da paisaxe checa coas súas fragas, regatos e xardíns en flor. Segundo a letra a paisaxe parece un paraíso terreal. Polo seu carácter emotivo, o himno nacional checo difire dos acordes marciais da maioría dos himnos nacionais.

Lied der Deutschen

Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escrita por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben en 1841 con música de Joseph Haydn, quen a compuxera orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett). A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.

Marcha Real

A Marcha Real ou Marcha Granadera é unha composición musical do século XVIII usada como himno por España, e malia que houbo diversas tentativas para dotala dunha versión con letra, nunca se oficializou ningunha. Durante a Segunda República Española o himno utilizado no Estado foi o Himno de Riego.

Meniń Qazaqstanym

Meniń Qazaqstanym (O meu Casaquistán, en casaco: Менің Қазақстаным) é o actual himno nacional de Casaquistán. Foi aprobado polo parlamento el 7 de xaneiro de 2006. Esta canción patriótica foi escrita en 1956 durante a era soviética.

My, bielarusy

My, bielarusy (en belaruso: Мы, беларусы; en ruso: Мы, белорусы; "Nós, belarusos") é o título non oficial do himno nacional de Belarús e a primeira liña da súa letra. Oficialmente, My Belarusy titúlase "O Himno Nacional da República de Belarús" (en belaruso: Дзяржаўны гімн Рэспублікі Беларусь, en ruso: Государственный гимн Республики Беларусь). O himno foi escrito e adoptado orixinalmente en 1955 para usarse na República Socialista Soviética de Belarús. A música do himno da RSS de Belarús foi composta por Nestar Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Despois da caída da Unión Soviética, a música composta por Sakalowski mantívose e a letra foi rexeitada. A nova letra, que estaba escrita por Klimkovich e Uladzimir Karyzny, foi adoptada por un decreto presidencial emitido o 2 de xullo de 2002.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Sevilla Fútbol Club

O Sevilla Fútbol Club, S.A.D. é o club de fútbol decano da cidade de Sevilla, en Andalucía, fundado o 14 de outubro de 1905. Actualmente, milita na Primeira división española. Está clasificado na 7ª posición na clasificación histórica da Primeira división.Foi premiado pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol como mellor club do mundo en 2006 e 2007, sendo o único equipo en conseguir devandita distinción dous anos consecutivos.

É o equipo andaluz con máis títulos nacionais (1 Liga, 5 Copas do Rei e 1 Supercopa) e o único que ten nas súas vitrinas varios títulos internacionais oficiais (5 Europa Leagues e 1 Supercopa de Europa). Tamén é o club de devandita comunidade que máis veces militou en Primeira División e o único que chegou a ser considerado o mellor club do mundo pola IFFHS, entrando no Top 25 no ano 2006. Ademais ten tres títulos europeos, sendo, xunto ao Málaga CF, os únicos clubs de Andalucía que teñen un título internacional.

Tavisupleba

Tavisupleba (en xeorxiano: თავისუფლება) é o himno nacional de Xeorxia dende 2004. O seu título significa "Liberdade".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.