Himne de l'Exposició

O Himne de l'Exposició (Himno da Exposición) é o himno oficial de País Valenciano. É obra do mestre Josep Serrano Simeon, coa letra de Maximilià Thous, encargada expresamente para a Exposición Regional de 1909. En 1925 foi declarado "himno rexional", e en 1984 a Lei de Símbolos vaino facer oficial como himno autonòmico.

A música é unha composición do século XVI, de motivación relixiosa que, pese a non ter letra, interpretábase no día de San Xurxo, patrón do antigo Reino de Valencia, ao cal asistía o rei da Coroa de Aragón. O compositor Josep Serrano integrou esta peza musical en parte do Himno da Exposición Rexional de 1909 de Valencia.

Himne de l'Exposició
Himno deComunidade Valenciana Comunidade Valenciana
LetraMaximilià Thous i Orts
1909
MúsicaJosep Serrano Simeón
1909
Adoptado1905

Himno da Exposición Rexional Valenciana de 1909

No 1909 celebrouse a Exposiciò Regional Valenciana. Esta Exposición foi promovida polo seu presidente Tomás Trenor Palavicino, e polo Ateneo Mercantil de Valencia. Trenor encomendou a composición dun himno para a exposición a Josep Serrano Simeón, quen se encargaría da música, mentres que a letra debería realizala Teodor Llorente. A pesar disto, e debido á demora de Teodor Llorente ao crear a letra, Josep Serrano, empezou el só a compoñela seguindo os modelos do poeta Maximilià Thous. O himno resultante recibiu unha boa acollida na "Exposición Rexional Valenciana". Pouco tempo despois, os alcaldes dos concellos de Castelló de la Plana, Valencia e Alacant decidiron que aquel himno se convertese no himno da Rexión de Valencia, e que foi aprobado en maio do 1925. Nun primeiro tempo, o himno de Valencia foi coñecido coma "O Himno da Exposición", debido a que a súa creación foi grazas a este acontecemento.

Declaración como himno oficial

O himno foi cantado coa letra orixinal de Maximilià Thous e Orts. Pero a aparición da palabra "España" no primeiro verso suscitou diversas reticencias e discrepancias. O compositor Josep Serrano recoñeceu que dera instrucións expresas a Maximilià Thous para redactar este primeiro verso. Nun artigo do compositor ao diario "La Voz Valenciana" de maio de 1925 manifestaba:

Posteriormente circularon tamén versións nacionalistas, que se asemellaban á de Thous Orts, pero que mudaban algunhas palabras e frases.

Para declaralo himno oficial da comunidade autónoma logo da creación desta na década dos oitenta, o presidente Joan Lerma encargoulle un informe ao compositor valenciano Eduard López-Chávarri Andújar, fillo de Eduard López-Chávarri e Marco[2]. Foi declarado oficial con esta letra que se acompaña en 1984, se ben a lei considera oficiais as dúas versións, en castelán e en valenciano.

Así e todo, distintos sectores da sociedade valenciana seguen a ter reticencias con respecto ao himno, e houbo propostas de himnos alternativos por parte de sectores máis nacionalistas, por exemplo a Muixeranga, unha canción sen letra que naceu nas festas de Algemesí. Posteriormente, o uso e as distintas actualizacións normativas, cambiaron lixeiramente o texto escrito en valenciano (pengen por penjen, tapís por tapiç, estenen por extenen, visca por vixca, signo de distintos acentos, maiúsculas etc.), se ben non se produciu ningunha actualización legal que referendara o seu uso.

O 5 de decembro do 2008 Plácido Domingo gravou o himno xunto coa Orquestra de la Comunitat Valenciana en dúas versións, valenciano e castelán.

Letra

Texto oficial[3]

Per a ofrenar noves glòries a Espanya,
tots a una veu, germans, vingau.
Ja en el taller i en el camp remoregen
càntics d'amor, himnes de pau!
Pas a la Regió que
avança en marxa triomfal!
Per a Tú la Vega envia
la riquessa que atresora,
i es la veu de l'aigua càntic d'alegría
acordat al ritme de guitarra mora...
Paladins de l'Art t'ofrenen
ses victories gegantines;
i als teus peus, Sultana, tons jardins extenen
un tapiç de murta i de roses fines.
Brinden fruites daurades
els paradisos de les riberes;
penjen les arracades
baix les arracades de les palmeres...
Sona la veu amada
i en potentíssim vibrant ressó,
notes de nostra albada
canten les glòries de la Regió.
Valencians, en peu alcem-se.
Que nostra veu
la llum salude d'un sol novell.
Per a ofrenar noves glòries a Espanya,
tots a una veu, germans, vingau.
Ja en el taller i en el camp remoregen
càntics d'amor, himnes de pau!
¡Flameje en l'aire nóstra Senyera!
¡Glòria a la Patria!
¡Visca Valencia!
¡Visca! ¡¡Visca!! ¡¡¡Visca!!!
Para ofrecer novas glorias a España
todos a unha voz, irmáns, vide.
Xa no taller e no campo óuvense
cánticos de amor, himnos de paz!
Paso á Rexión
que avanza con marcha triunfal!
Para ti a veiga envía
a riqueza que atesoura
e é a voz da auga cántico de alegría
ao compás e ao ritmo de guitarra moura.
Paladíns da arte ofrécenche
as súas grandes vitorias;
e aos teus pés, sultana, os teus xardíns estenden
un tapiz de mirto e de rosas finas.
Ofrecen froitas douradas
os paraísos das ribeiras;
colgan os pendentes
baixo as arcadas das palmeiras.
Soa a voz amada
e en potentísimo, vibrante eco,
notas da noso amencer
cantan as glorias da Rexión.
Valencianos en pé levantémonos.
Que a nosa voz
a luz saúde dun novo sol.
Para ofrecer novas glorias a España
todos a unha voz, irmáns, vide.
Xa no taller e no campo óuvense
cánticos de amor, himnos de paz!
Ondea no aire a nosa "Senyera"!
Gloria á Patria!
Viva Valencia!
Viva! Viva!! Viva!!!

Notas

  1. Fonte: Bernardo Adam Ferrero. Músicos Valencianos. Ed. Proip, S.A. 1988. València. ISBN 84-87179-00-2
  2. Fonte: Eduard López-Chávarri Andújar. Compositores Valencianos del Siglo XX (capítulo adicado a Josep Serrano). Generalitat Valenciana, Col·lecció Música 92. 1992. ISBN 84-7890-985-0
  3. "Lei 8/1984". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 07 de abril de 2019.
Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia de outros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.