Hilary Putnam

Hilary Whitehall Putnam nado en Chicago o 31 de xullo de 1926 e finado o 13 de marzo de 2016,[1][2] foi un filósofo analítico que propuxo un realismo alternativo fronte ao realismo tradicional. Fixo importantes achegas á filosofía da mente, a filosofía da linguaxe e á filosofía da ciencia.

Hilary Putnam
Hilary Putnam
Nacemento31 de xullo de 1926
 Chicago
Falecemento13 de marzo de 2016
 Arlington
Causamesothelioma malignant recurrent
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Central High School e Universidade de California, Os Ánxeles
Ocupaciónmatemático, filósofo, catedrático de universidade, escritor de non ficción e informático teórico
PaiSamuel Putnam
PremiosNicholas Rescher Prize for Systematic Philosophy, Rolf Schock Prize in Logic and Philosophy e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences

Traxectoria

Seu pai estivo vencellado ao Partido Comunista de Estados Unidos, e súa nai era xudía. Estudou na Universidade de Pensilvnia, na Universidade de Harvard e na Universidade de California onde recibiu o seu doutoramento en filosofía. Un dos seus profesores foi Rudolf Carnap, artífice do positivismo lóxico que Putman sempre rexeitou.

Putnam militou contra o antisemitismo, apoio o Movemento polos dereitos civís, declarouse en contra da guerra do Vietnam e foi membro do Partido Laboral Progresista. Converteuse ao xudaísmo.

Foi membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias, da Academia Británica e da Academia de Ciencias Morais e Políticas de Francia. Foi profesor emérito da universidade de Harvard.

Pensamento

Putnam tentou responder á pregunta de en que medida somos quen de coñecer o mundo real. Rexeita o que denomina o realismo metafísico ou realismo externo que mantén que se pode chegar a unha descrición auténtica e global de como o mundo é. Para Putnam a verdade é un xeito de coherencia entre as nosas crenzas entre si e coas nosas experiencias. Pero experiencias que son internas ao noso sistema de crenzas.

Marcaba tamén distancias co relativismo pois unha cousa é non poder chegar a unha descrición incontaminada do real e outra que calquera esquema conceptual poida ser válido. Nunca un enunciado e a súa negación poden ter o mesmo valor de verdade, e ha de estar subordinado á nosa práctica (amosando unha clara influencia de William James). Seguindo unha certa evolución no seu pensameno chega a afirmar que as nosas experiencias son, de entrada, encontros directos coa realidade.

Putnam sostiña que é posible unha fundamentación racional para a ética e amosábase a prol dunha ética universal, insistindo en non confundir pluralismo con relativismo. Unha verdade merecedora de tal nome ten que estar no mundo e someterse á discusión pública. Non todo vale pero a democracia é unha condición irrenunciable para o debate sobre a verdade. Defendía, xa que logo, un pragmatismo que marca distancias co escepticismo moral e co dogmatismo.

Putman foi célebre pola formulación de ideas como a realizabilidade múltiple, o isomorfismo funcional, o experimento da terra xemelga, o argumento da indispensabilidade, o cerebro na cubeta...

Obras

  • Reason Truth and History. Cambridge, 1981
  • Realism with a human face. Cambridge, 1990
  • Renewing filosophy. Cambridge, 1994
  • Pragmatism: an open questión. Oxford 1995
  • Ethics without ontology. Cambridge 2004

Notas

  1. Hilary Putnam (1926-2016) - Daily Nous
  2. "Boston Globe Obituaries". Consultado o 13 de marzo de 2016.
1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

2016

2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

31 de xullo

O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

Computación

Computación é calquera cálculo que siga un modelo conceptual ben definido, que será entendido e expresado como, por exemplo, un algoritmo, ou un protocolo.

O estudo da computación é primordial na disciplina das ciencias da computación.

Coñecemento

O coñecemento adoita entenderse como:

Feitos, ou datos de información adquiridos por unha persoa a través da experiencia ou a educación, a comprensión teórica ou práctica dun tema ou obxecto da realidade.

O que se adquire como información relativa a un campo determinado ou á totalidade do universo.

Conciencia ou familiaridade adquirida pola experiencia dun feito ou situación.

Inclúe o "saber que" (know what), o "saber como" (know how) e o "saber onde" (know where).Non existe, por tanto, unha única definición de coñecemento. Porén existen moitas perspectivas desde as que se pode considerar o coñecemento, sendo un problema histórico da reflexión filosófica e da ciencia a consideración da súa función e fundamento.

O coñecemento é, por unha banda, o estado de quen coñece ou sabe algo e, por outra banda, os contidos sabidos ou coñecidos como patrimonio global da humanidade. Por exemplo, un coñecemento amplamente compartido nas sociedades actuais é o feito de que a Terra é un xeoide.

Por extensión, adoita chamarse tamén coñecemento a todo o que un individuo ou unha sociedade dados considera sabido ou coñecido. Neste sentido, diríase por exemplo que a existencia de bruxas e trasgos era coñecida na Idade Media, mentres que, desde o punto de vista actual, estas crenzas son infundadas e non constitúen, xa que logo, coñecementos.

Sen dúbida, as ciencias constitúen un dos principais tipos de coñecemento.

O coñecemento, a súa natureza, a súa variedade, o xeito de como é adquirido, o proceso da súa adquisición, os seus valores e o seu papel nas sociedades humanas, estúdanse nunha variedade de disciplinas, incluíndo a filosofía, a epistemoloxía, a ciencia, a psicoloxía, as ciencias cognitivas, a antropoloxía e a socioloxía.

Filosofía

A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

A filosofía' busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Finados en 2016

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2016. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2016".

Ludwig Wittgenstein

Ludwig Wittgenstein, nado en Viena o 26 de abril de 1889 e finado en Cambridge o 29 de abril de 1951, foi un filósofo austríaco.

Publicou o Tractatus logico-philosophicus, que influíu en gran medida aos positivistas lóxicos do Círculo de Viena, movemento do que nunca se considerou membro. Tempo despois, o Tractatus foi severamente criticado polo propio Wittgenstein en Os cadernos azul e marrón e nas súas Philosophische Untersuchungen (en galego, Investigacións filosóficas), ambas as obras póstumas. Foi discípulo de Bertrand Russell no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde máis tarde tamén el chegou a ser profesor.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.