Hijos de Rivera

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.[3]

Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica en Brasil para o mercado local.

Coordenadas: 43°21′8.82″N 8°25′8.84″O / 43.3524500, -8.4191222

Hijos de Rivera, S.A.
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Estrella Galiza tapa de botella A Coruña
Estrella Galicia en obras A Grela
Estrella Galicia en 2017.
TipoSociedade Anónima
Fundación1906
MatrizHijos de Rivera S.A.U
LocalizaciónPolígono da Grela 15008 A Coruña Galicia Galicia
FundadorJosé María Rivera Corral
Persoas claveJosé María Rivera (presidente)
Industriaalimentación, distribución
ProdutosEstrella Galicia; 1906; HR; River; River Zero; auga de Cabreiroá; sidra Manzanova
Beneficio465,5 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados877 (2014, en todo o grupo)[2]
Páxina webwww.estrellagalicia.es

Historia

Botellas Estrella Galicia
Evolución das botellas de Estrella Galicia.

Inicios

Naceu da man de José María Rivera Corral, emigrante retornado de México a finais do século XIX, coa produción de cervexa rubia. O nome alude ó antigo negocio de Veracruz "La Estrella de Oro". En 1906 fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa.[4]

Consolidación (anos 20)

Na década de 1920 iniciou o seu proceso de mecanización mercede a Ramón Rivera, fillo do fundador, que logo de estudar ciencias comerciais na Universidade de Hamburgo, foi un dos primeiros españois en conseguir a diplomatura de mestre cervexeiro[5]. As melloras técnicas na fábrica supuñan a adquisición dunha sala de cocción, tanques de fermentación e tanques metálicos. Estes cambios axudaron á empresa a asumir a crecente demanda do mercado.

Modernización (anos 50)

Logo da crise xeral trala guerra civil e a guerra mundial, iniciou unha profunda remodelación baseada na automatización da maior parte do proceso de produción. Porén, o impacto dos cambios desde a creación ata o embotellamento supuña o adeus definitivo ós métodos artesanais de elaboración da cervexa.

Nos anos 60 acada os 10 millóns de litros por ano, o que supuxo a necesidade de construír unha fábrica maior. Tómase a decisión de mercar uns terreos no Polígono da Grela en 1967 e comézase a construír a fábrica a finais do ano seguinte[5].

Crecemento (anos 70)

A principios dos 70 a dirección da empresa foi asumida por José María e Ramón, netos do fundador, que trasladan a fábrica á localización actual na Grela que foi estreada o 30 de novembro de 1972. A antiga fábrica de Catro Camiños é na actualidade un lugar emblemático da Coruña, que segue a funcionar vendendo máis de dous millóns de litros de cervexa ó ano. En 1979, aparece un novo formato en lata que se engade aos tradicionais. En 1988, lánzase baixo a marca Estrella Galicia Sin, a primeira cervexa sen alcohol[5].

Expansión (anos 90)

Na década dos 90 continuou o proceso de expansión e diversificación de actividades a través da apertura de novos mercados. Na actualidade é unha corporación empresarial fortemente ligada a Galiza. O grupo elabora unha ampla gama de bebidas, centrada basicamente na cervexa, e na implicación no sector servizos que abarca desde a distribución e a loxística ata o desenvolvemento integral de inmobles para a hostalería, pasando pola propia xestión de establecementos.

Actualidade

Estrella Galicia Agrela dianfan56623wGL
Ampliación de Estrella Galicia na Grela.

Ata 2013 a fábrica tiña unha media anual de produción de 70 millóns de litros de cervexa, destacando a súa Especial Estrella Galicia, a 1906 Extra, a HR (máis suave e cun corpo máis lixeiro), e a River (agora chamada 0,0), dispoñible tamén sen alcol.

É propietaria de Aguas de Cabreiroá e da sidra Manzanova.

En 2005, a Adega Ponte da Boga, que nacera en 1898 na Ribeira Sacra ourensá, en concreto en Castro Caldelas, é incluída dentro da Corporación Hijos de Rivera. En 2016 chega a producir máis de 265.000 litros[6].

En marzo de 2009 a empresa chegou a un acordo por dous anos co Deportivo da Coruña para patrocinar as camisolas do equipo, sendo estreado o patrocinio no partido de liga do 15 de marzo contra o Sporting de Xixón. A empresa tamén se interesou por un posíbel patrocinio do Celta, mais as boas relacións do club vigués con Citröen fixeron que se negociara a inclusión dun patrocinio non na camisola senón no pantalón. A partir de 2012 pasa ser tamén ao principal patrocinador do Club Deportivo Lugo na súa andadura na Segunda División.

O 1 de marzo de 2013 Estrella Galicia inaugurou a ampliación das novas instalacións na Grela para a produción de 250 millóns de litros de cervexa ao ano[7].

Cultura

Publicidade Estrella Galicia A Graña
Antigo cartel publicitario metálico de Estrella Galicia na Graña, Ferrol.

Os surtidores de cervexa de barril da marca teñen un modelo especial desenvolto por Sargadelos.

No número 116 da serie de banda deseñada Daredevil que está ambientado na Costa da Morte e do cal se ocupa de facer os debuxos David Aja, aparecen, alén dos típicos cantís e vilas da zona, pintadas de Nunca Máis e os carteis publicitarios dos bares de Estrella Galicia.

En 2016, anunciose a creación dun Museo, de máis de 3.000 m2 na actual fábrica de Catro Camiños[8].

Produtos

Camión cisterna de cerveza Estrella Galicia
Camión de Estrella Galicia.

Ademais das súas marcas de cervexa Estrella Galicia produce e vende outras bebidas como auga mineral e sidra.

  • Estrella Galicia
  • 1906
    • 1906 Red Vintage[9]
  • Estrella Galicia Pilsen
  • Estrella Galicia 0,0
  • Estrella Galicia Light
  • Shandy Estrella Galicia
  • Sidra Ecolóxica Manzanova
  • Aguas de Cabreiroá
  • Agua de Cuevas

En outubro de 2013 acadou un acordo para a distribución en España das marcas Erdinger de Alemaña e Duvel Moortgat de Bélxica[10].

Servizos

Estrella Galicia Pocomaco centro loxístico e3818p11wGL
Centro loxístico de Estrella Galicia en Pocomaco, A Coruña.

A expansión fóra de Galiza fixo que a empresa planificase ofrecer servizos a clientes de hostalería e outras empresas do sector.

  • Custom Drinks[11] Con sede en Chantada (Lugo), dende os seus inicios como laboratorio de I+D+i e plataforma de innovación foi quen de adaptar as últimas tendencias en formatos e produtos. Baixo marca La Tita Rivera elabora produtos como Tinto de verano[12], Sangria[13], Blanco de verano[14], Shandy de sidra[15], Tinto de verano limón[16], Tinto de verano sen alcohol[17] e Rebujito[18]. Ademais dos produtos de marca propia traballa baixo o concepto “Made to Order” sendo quen de ofrecer aos clientes a posibilidade pre oder fabricar calquera bebida en calquera formato baixo pedido.
  • Desymo[19] Empresa dedicada ao deseño e construción de locais de hostalería, pertence ao grupo Hijos de Rivera.

Galardóns

Galería de imaxes

Publicidade de 1906 en Canido, Ferrol.
Publicidade de 1906 en Canido, Ferrol. 
2018-01-03 Estrella Galicia brewery service van, Albufeira
 
Granville Circuit, Granville Road, Tsim Sha Tsui, Hong Kong
Granville Circuit, Granville Road, Tsim Sha Tsui, Hong Kong 
Estrella Galicia escudo color vectorial HDJR
 

Notas

  1. "Estrella Galicia acelera su apuesta por el patrocinio deportivo".
  2. Hijos de Rivera bate un nuevo récord con 280 millones en ventas, un 22% más, en 2014 laopinioncoruna.es
  3. "Estrella Galicia, la cerveza que vino de ultramar". elconfidencial.com. Consultado o 30-08-2017.
  4. Facendo historia[Ligazón morta] na páxina oficial de Hijos de Rivera, S.A.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Historia da empresa". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017.
  6. "Ponte da Boga". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017.
  7. Feijoo aplaude el espíritu emprendedor de Estrella Galicia en la inauguración de su nueva planta en A Coruña. La Voz de Galicia
  8. "Un museo y una cerveza especial para celebrar los 110 años de historia de Estrella Galicia". elidealgallego.com. Consultado o 30-08-2017.
  9. 1906 Red Vintage
  10. La Opinon A Coruña (ed.). "Hijos de Rivera distribuirá los productos de las cerveceras Erdinger y Duvel". Consultado o 15 de outubro de 2013.
  11. Custom Drinks
  12. Tinto de verano
  13. Sangría
  14. Blanco de verano
  15. Shandy de sidra
  16. Tinto de verano limón
  17. Tinto de verano sen alcohol
  18. Rebujito
  19. Desymo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aguas de Cabreiroá

Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá (Verín). Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Augas da Coruña

Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora "Aguas de La Coruña S.A." fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros.

A auga que fornece EMALCSA provén do encoro de Cecebre e potabilízase no lugar da Telva (Cambre). O ciclo da auga remata na EDAR de Bens. En 2013 a compañía vendeu o 31% da EDAR de Bens, da que posuía o 100% do capital, aos concellos de Oleiros (8%), Culleredo (8%), Arteixo (8%) e Cambre (7%).

A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.

A empresa ten depósitos de auga nos barrios de:

Eirís

Monte Alto

Penamoa

Ventorrillo

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo foi un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-xogador e ex-adestrador coruñés Arsenio Iglesias. Tratábase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol afeccionado coruñés.

O seu terreo de xogo era de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. As súas dimensións eran de 95 × 58 metros e contaba cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foran habilitados até seis vestiarios.

En 2018, o Concello e Hijos de Rivera, que ten a súa sede e factoría nunha propiedade anexa ao campo de fútbol, chegaron a un acordo mediante o cal a empresa pagaría 4.2 millons de euros ao concello pola adquisición da parcela. En novembro dese mesmo ano iniciouse o derrubamento da bancada. O proxecto suscitou as críticas dos usuarios do campo.

Estrella Galicia

Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono da Grela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 grados e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.

Estrella Galicia Xacobeo

A Estrella Galicia edición especial Xacobeo foi unha edición especial lanzada por Estrella Galicia en maio do 2010 co gallo do Ano Santo.

Estrella Galicia, empresa socia do Xacobeo 2010, decidiu acompañar a celebración do ano Santo co lanzamento dunha cervexa específicamente deseñada para o ano 2010, a Estrella Galicia edición especial Xacobeo. Dende a compañía, o lanzamento deste produto supón unha homenaxe a un ano moi especial para Galiza, creando unha edición limitada con botellas serigrafiadas de 33cl en caixas de seis unidades.

Esta cervexa foi presentada o 22 de marzo do 2010 en Alimentaria 2010, o maior encontro do sector da alimentación e de bebidas do Estado español, onde foi presentada pola empresa Hijos de Rivera xunto con outras novidades do ano nun stand de máis de 200 metros cadrados.

Esta cervexa estaba elaborada con 100% malte e con lúpulo cultivado en Galiza. A produción desta edición especial limitouse a 300.000 litros.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.

Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Sidrería Galega

Sidrería Galega é unha empresa pertencente ao grupo Hijos de Rivera con sede en Chantada adicada á produción de sidra e vinagre de mazá comercializados baixo a marca Manzanova. Desenvolve produtos derivados 100% de mazá galega e está adscrita ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica.

A marca comercializa sidra ecolóxica en botellas de vidro de 25cl e 1l.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.