Het Wilhelmus

Het Wilhelmus ( en galego: O Guillerme) é o himno dos Países Baixos e o himno nacional máis antigo do mundo[1] aínda que a letra do himno xaponés Kimi Ga Yo (non a música) data do século IX.[2] Aínda que non foi recoñecido como oficial até 1932, sempre foi unha canción moi popular entre os neerlandeses.

Ao igual que moitos himnos, a orixe do Het Wilhelmus foi na loita da nación para acadar a súa independencia. A letra fala de Guillerme de Orange, a súa vida e porque loitou polo pobo neerlandés. Como resultado disto o himno está escrito como se fose cantado por el mesmo.

Het Wilhelmus
En galego: O Guillerme
Wilhelmus bladmuziek
Himno dePaíses Baixos Países Baixos
LetraDescoñecido
MúsicaAdrianus Valerius
Adoptado1932
1954 (Antillas Neerlandesas)
Mostra da música
Het Wilhelmus (Instrumental)

Letra

Orixinal en neerlandés

Wilhelmus van Nassouwe
ben ik, van Duitsen bloed,
den vaderland getrouwe
blijf ik tot in den dood.
Een Prinse van Oranje
ben ik, vrij, onverveerd,
den Koning van Hispanje
heb ik altijd geëerd.
Mijn schild ende betrouwen
zijt Gij, o God mijn Heer,
op U zo wil ik bouwen,
Verlaat mij nimmermeer.
Dat ik doch vroom mag blijven,
uw dienaar t'aller stond,
de tirannie verdrijven
die mij mijn hart doorwondt.

Tradución ao galego

Guillerme de Nassau
son de sangue neerlandesa,
leal á miña patria
serei até morrer.
Un príncipe de Orange
eu son, ceibe e sen medo,
ao Rei de España
sempre honrei.
Meu escudo e lealdade
es Ti, Deus noso señor,
es Ti a quen quero contar,
nunca me volvas deixar.
Que poida seguir sendo valente,
por sempre o teu servente,
derrotar á tiranía
que apuñala meu corazón.

Estrutura

Versión coral do himno

A letra está composta de 15 estrofas. A primeira letra de cada estrofa na súa versión orixinal en lingua neerlandesa antiga, representan un acrónimo que forma o nome 'Willem van Nassov' (Nassov era unha variante ortográfica para Nassau). En neerlandés moderno, as primeiras letras das estrofas 12 e 13 comexan con Z en lugar de S, resultando en 'Willem van Nazzov'.

Notas

  1. Facts About National Anthems (en inglés)
  2. national-anthems.org Japan National Anthem (en inglés)

Ligazóns externas

Gravacións

Antillas Neerlandesas

As Antillas Neerlandesas (AA.NN.) (en neerlandés Nederlandse Antillen, en Papiamento: Antia Hulandes), tamén coñecidas como as Antillas Holandesas, foi un estado autónomo no Caribe dentro do Reino dos Países Baixos. Aínda que foi disolto, todas as súas illas constituíntes permanecen como parte do reino baixo un estatuto xurídico diferente. O término aínda se utiliza para referirse a estas illas do Caribe neerlandés.

As Antillas Neerlandesas consisten en dous grupos de illas distintos. En primeiro lugar, as "Illas de Barlovento" ou "illas ABC", Aruba, Bonaire e Curaçao, atópanse no sur do Mar Caribe, xusto á beira da costa de Venezuela. En segundo lugar, as de "Sotavento" ou "Illas SSS", Sint Maarten, Saba e San Eustaquio, forman parte das Antillas Menores; están aproximadamente a 800 – 900 km ao nordeste das Illas de ABC. Os holandeses colonizaron as diversas illas no século XVII e uníronas como as Antillas Neerlandesas en 1954.

As Antillas Neerlandesas foron disoltas o 10 de outubro de 2010. Curaçao e Sint Maarten convertéronse en países constituíntes dos Países Baixos xunto a Aruba, que se convertera nun país constituínte distinto en 1986; mentres que Bonaire, San Eustaquio e Saba (as "Illas BES") se converteron en municipios especiais dentro da normativa dos Países Baixos.

Guillerme I de Orange-Nassau

Non confundir con Guillerme I dos Países Baixos.

Guillerme de Orange-Nassau (en neerlandés: 'Willem van Oranje-Nassau'), nado en Dillenburg, Sacro Imperio Romano Xermánico o 24 de abril de 1533 e finado en Delft nos Países Baixos o 10 de xullo de 1584, chamado o Taciturno, foi membro da Casa de Orange-Nassau e converteuse en Príncipe de Orange en 1544. Descontento coa falta de poder político da nobreza local e a persecución dos protestantes holandeses polas tropas españolas, sumouse á rebelión contra a Coroa Española. Pronto revelou ser o máis influente e politicamente capaz dos rebeldes, converténdose no principal caudillo da rebelión que desembocou na Guerra dos Oitenta Anos. Dita guerra culminou co recoñecemento da independencia das Provincias Unidas (precursoras dos actuais Países Baixos) en 1648. Declarado rebelde por Filipe II de España en 1580, foi finalmente asasinado por Balthasar Gérard (ou 'Gerardts') en 1584, cando a súa popularidade estaba en declive.

Guillermina I dos Países Baixos

Guillermina Helena Paulina María de Orange-Nassau, nada na Haia o 31 de agosto de 1880 e finada en Apeldoorn o 28 de novembro de 1962, foi a raíña gobernante dos Países Baixos dende 1890 (en realidade dende a súa maioría de idade en 1898) ata 1948 e Raíña Nai co título de Princesa de 1948 a 1962.

Foi a Xefa do Estado dos Países Baixos durante máis de cincuenta anos, o reinado máis longo dun monarca dos Países Baixos. Durante o seu reinado producíronse varios acontecementos chave na historia neerlandesa e mundial: a Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial, a grande crise económica neerlandesa de 1933 e o decaemento dos Países Baixos como imperio colonial. No exterior do seu país é lembrada polo seu importante papel durante a Segunda Guerra Mundial, inspirando a resistencia neerlandesa e converténdose nunha sobranceira líder do goberno neerlandés no exilio.

Iambo

Un iambo é un pé métrico usado en varias tradicións poéticas, pero fundamentalmente no verso grego e latino e na poesía anglosaxoa. Consiste na alternancia de sílabas breves e longas, ou tónicas e átonas, ao longo do verso.

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.