Hertz

O hertz (símbolo Hz), tamén chamado hercio,[1] é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s−1, 1/s).

A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo. O nome foi establecido pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930. Este foi adoptado pola Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM, Conférence générale des poids et mesures) en 1960, substituíndo o nome anterior de ciclos por segundo (cps), así como os seus múltiplos relacionados, principalmente quilociclos por segundo (kc/s), megaciclos por segundo (Mc/s) e ocasionalmente quilomegaciclo por segundo (kMc/s) e xigaciclo por segundo (Gc/s).

Un hercio representa un ciclo por cada segundo, entendendo ciclo como a repetición dun suceso. Por exemplo, o hercio aplícase na física para a medición da cantidade de veces por un segundo que se repite unha onda (xa sexa sonora ou electromagnética), magnitude denominada frecuencia e que é, neste sentido, a inversa do período. Un hercio é a frecuencia dunha partícula puntual nun período dun segundo.

Por exemplo, a luz vermella ten unha frecuencia de preto de 4.6×1014 Hz. A enerxía eléctrica, en corrente alterna, chega ao consumidor (fogar, industria) coa frecuencia de 50 Hz ou 60 Hz, dependendo do país ou rexión.

Múltiplos no Sistema Internacional

Símbolo/Unidade Frecuencia
1 kilohertz kHz 103 Hz 1 000 Hz
1 megahertz MHz 106 Hz 1 000 000 Hz
1 xigahertz GHz 109 Hz 1 000 000 000 Hz
1 terahertz THz 1012 Hz 1 000 000 000 000 Hz
1 petahertz PHz 1015 Hz 1 000 000 000 000 000 Hz
1 exahertz EHz 1018 Hz 1 000 000 000 000 000 000 Hz
  1. "Hercio". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 08/02/2018.
22 de febreiro

O 22 de febreiro é o 53º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 312 días para finalizar o ano, 313 nos anos bisestos.

22 de xullo

O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

30 de outubro

O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.

Efecto fotoeléctrico

O efecto fotoeléctrico consiste na aparición dunha corrente eléctrica nalgúns materiais ó seren iluminados por radiación electromagnética. A fotoelectricidade foi descuberta e descrita de xeito experimental por Heinrich Hertz en 1887. O efecto fotoeléctrico constituía un misterio na física ata que Albert Einstein, en 1905, baseou a súa explicación a partir dos cuantos (quanta) teorizados por Max Planck.

Os paneis solares e as célas fotoeléctricas constitúen algunhas das aplicacións máis coñecidas do efecto fotoeléctrico.

Frecuencia

Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo.

A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo. Esta unidade era orixinariamente «ciclo por segundo» (cps), hai outras unidades para indicar a frecuencia de revolucións por minuto (rpm), ou para indicar as pulsacións do corazón e o tempo musical, os «pulsos por minuto» (bpm, do inglés beats per minute).

Gerd Binnig

Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main en 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.

Guglielmo Marconi

Guglielmo Marconi, nado en Boloña o 25 de abril de 1874 e finado en Roma o 20 de xullo de 1937, foi un enxeñeiro eléctrico italiano e gañador do Premio Nobel de Física en 1909, coñecido polo desenvolvemento dun sistema telegráfico sen fíos. Tamén foi presidente da Accademia d'Italia.

Gustav Ludwig Hertz

Gustav Ludwig Hertz, nado en Hamburgo o 22 de xullo de 1887 e finado en Berlín o 30 de outubro de 1975, foi un físico alemán. Era sobriño de Heinrich Rudolf Hertz. Foi o gañador do Premio Nobel de Física de 1925 polos seus estudos, en cooperación con James Franck, sobre o paso de electróns a través dun gas.

Heinrich Rudolf Hertz

Heinrich Rudolf Hertz, nado en Hamburgo o 22 de febreiro de 1857 e finado en Bonn o 1 de xaneiro de 1894, foi un físico alemán. Na súa honra noméase hertz á unidade de frecuencia do SE.

En 1888, foi o primeiro en demostrar a existencia da radiación electromagnética construíndo un aparello para producir ondas de radio.

James Franck

James Franck, nado en Hamburgo o 26 de agosto de 1882 e finado en Gotinga o 21 de maio de 1964, foi un físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925.

John Cromwell Mather

John Cromwell Mather, nado o 7 de agosto de 1946 en Roanoke (Virxinia), é un astrofísico e cosmólogo estadounidense.

Nota musical

Nota musical é o elemento mínimo dun son musical, formado por un único modo de vibración do ar. A cada nota está asociada unha frecuencia, cuxa unidade máis utilizada é o Hz (hertz), a cal describirá en termos físicos se a nota é máis grave ou máis aguda.

O son fisicamente é unha onda (ou conxunto de ondas) que se propaga no ar cunha certa frecuencia. Se esas ondas tiveren unha frecuencia na faixa de 20 Hz a 20.000 Hz, o ouvido humano será capaz de vibrar á mesma proporción, captando esa información e producindo sensacións neurais, ás cales o ser humano dá o nome de son. As ondas con frecuencia máis baixa (entre 20 Hz a 100 Hz por exemplo, soan nos nosos ouvidos de forma grave, e sons con frecuencia elevada - por exemplo acima de 400 Hz, soan de forma aguda).

As notas poden combinarse sendo tocadas ao mesmo tempo (definindo a harmonía), ou en secuencia (definindo a melodía). Se eses factores, xunto a algúns outros, resultaren nunha sensación agradábel, dáselle a esa secuencia o nome de música.

Philipp Lenard

Philipp Eduard Anton von Lenard, en húngaro Fülöp Lénárd, nado en Presburgo, actual Bratislava, o 7 de xuño de 1862 e finado en Messelhausen, Baden-Württemberg, o 20 de maio de 1947, foi un físico alemán de orixe austro-húngara, gañador do premio Nobel de Física en 1905 polas súas investigacións sobre os raios catódicos e o descubrimento de moitas das súas propiedades.

Telecomunicacións

Chámase telecomunicación á técnica de transmitir unha mensaxe desde un punto a outro, normalmente co atributo típico adicional de ser bidireccional. Provén do grego tele, que significa distancia. Por tanto, o termo telecomunicación cobre todas as formas de comunicación a distancia, incluíndo radio, telegrafía, televisión, telefonía, transmisión de datos e interconexión de ordenadores.

Wilhelm Röntgen

Wilhelm Conrad Röntgen, nado en Remscheid o 27 de marzo de 1845 e falecido en Múnic o 10 de febreiro de 1923, foi un físico alemán, coñecido por ser o inventor dos raios X

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.