Herexía

No cristianismo, a herexía, é unha opinión ou doutrina mantida en oposición ao dogma de calquera igrexa ou credo considerado ortodoxo.

Orixes

Baseándose na etimoloxía grega da palabra, que provén de "hairesis", que significa unha elección ou un grupo de crentes, é unha escola do pensamento. A herexía é a expresión dunha visión desde algo preestablecido, un credo. Por exemplo, os católicos cren herexes aos protestantes, mentres que para algúns non católicos o catolicismo é considerado como a "Grande Apostasía". Na antigüidade non tiña un significado peiorativo. Os herexes non definen a súa crenza como herética. A tradución latina é seita.

A herexía cualifica unha situación complexa de conflito e ruptura, que comprende a herexía propiamente dita, de carácter doutrinal por ser unha desviación sobre o contido da fe, e o cisma, de carácter disciplinario pola insubmisión á autoridade eclesiástica considerada lexítima.

A herexía nace dunha diverxencia entre escolas sobre o significado da verdade (formulada polo dogma). Desenvólvese á vez no plano intelectual, pola oposición irreducible das teses e no plano comunitario, pola imposibilidade práctica de vivir en irmandade cos pertencentes á outra escola.

A partir do edicto de Constantino no ano 313 e máis particularmente a partir do concilio de Nicomedia no ano 317, erixido en tribunal destinado a impor a Ario unha primeira confesión de fe baixo pena de excomuñón, o dogma defínese como norma da «fe verdadeira» como reacción ás «desviacións heréticas».

Santo Agostiño combateu as herexías cristiás.

Máis tarde, no Primeiro Concilio de Nicea, defínese como herética unha doutrina diverxente do ensino oficial da Igrexa e dos dogmas consagrados pola súa autoridade (bispo, concilio) en base ás Escrituras e a Tradición.

A herexía (case sinónimo de heterodoxia) é a ocasión de crear unha nova forma de ortodoxia. No contexto do desenvolvemento das heterodoxias dos séculos II e III, unha heterodoxia convértese en herexía a partir do momento da súa condena por medio dun concilio.

A bula Gratia Divina (1656) define a herexía como «a crenza, o ensino ou a defensa de opinións, dogmas, propostas ou ideas contrarias á ensinanza da Santa Biblia, os Santos Evanxeos, a Tradición e o maxisterio».

A Inquisición, o tribunal de excepción encargado de combater a herexía é a obra do papa Gregorio IX (1231).

As primeiras herexías na Igrexa católica son:

Herexía vs. heterodoxia

A palabra heterodoxia é grega e significa diversos ensinos no sentido dos Gálatas 1.6. É un presunto erro no ensino que diverge da ortodoxia, e é a miúdo unha posición honesta e corrixible que proviría dunha educación incompleta.

Notas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

31 de xullo

O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

América precolombiana

América precolombiana, era precolombiana e culturas precolombianas son termos que inclúen os períodos da historia e da prehistoria de América antes da aparición da influencia europea no continente, unha época que abrangue dende o poboamento orixinal no Paleolítico superior até a colonización europea durante a Idade Moderna.

Malia que o termo se refire literalmente ó tempo precedente á chegada de Cristóbal Colón en 1492, na práctica emprégase a expresión para facer referencia á historia das culturas indíxenas de América até que estas culturas foron exterminadas, menosprezadas ou alteradas polos europeos, mesmo se isto ocorreu décadas ou séculos despois da primeira chegada de Colón. Por este motivo os termos América precontacto, América precolonial ou América prehistórica tamén teñen certo uso. En áreas de América Latina, o termo máis común é prehispánico.

Moitas civilizacións precolombianas conseguiron crear asentamentos permanentes e cidades, desenvolver a agricultura, xerar arquitectura cívica e monumental e desevolver unha complexa sociedade xerárquica. Algunhas destas civilizacións desapareceron durante a época das primeiras colonias europeas permanentes e da chegada dos africanos escravos (c. finais do século XVI e comezos do XVII), e só se coñecen a través das investigacións arqueolóxicas e a historia oral. Outras civilización foron contemporáneas co período colonial e puideron ser descritas polos historiadores europeos da época. Unhas poucas, como a civilización maia, tiñan os seus propios rexistros escritos. Por mor de que moitos europeos critiáns da época viron eses textos como herexía, persoas como Diego de Landa destruríron moitos textos en fogueiras. Só algúns documentos ocultos sobreviviron nas súas linguas orixinais, mentres que outros foron transcritos ou ditados ó castelán, dando aos historiadores modernos visións da cultura e do coñecemento antigos.

As culturas indíxenas americanas continúan a evolucionar despois da era precolombiana. Moitos destes pobos e os seus descendentes continúan as prácticas tradicionais ó evolucionalas e adaptalas as novas prácticas e tecnoloxías culturais.

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Catarismo

O catarismo é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc (Occitania) durante a Baixa Idade Media. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, á sexualidade e afastándose da sociedade xerárquica eclesial co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos da Igrexa Católica e do rei de Francia, que se disputaban o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade de Albi nese país, hoxe parte da Francia actual.

Clemente V, papa

Clemente V (nado en Villandraut en 1264 e falecido en Avignon o 20 de abril de 1314) foi o Papa nº 195 da Igrexa católica, sendo o primeiro que instaurou a sé papal en Avignon.

De nome Bertrand de Got, realizou estudos de dereito canónico en Orleáns e Boloña. Tras rematalos foi nomeado cóengo en Bordeos, vicario xeral en Lión, capelán do papa Bonifacio VIII, bispo de Commninges e, en 1299, arcebispo de Bordeos.

Donatismo

O Donatismo foi unha doutrina cristiá que defendía que só os presbíteros non pecadores podían impartir os sacramentos, así mesmo entendía que, tras a conversión, os fieis tiñan que manter unha vida intachable para permaneceren na Igrexa. Xurdiu tras as persecucións de Diocleciano, e debe os seu nome ao bispo Donato que, radicalizando as moi respectadas opinións do seu antecesor Cibrán de Cartago, entendía que non se podía acoller con misericordia aos que se afastaran da fe rendendo culto ao Emperador.

Agostiño de Hipona combateu con teimosía estas concepcións contrarias a súa doutrina da graza, pero se mantiveron ata á conquista árabe do norte de África a través dunha Igrexa paralela que, fronte ao Papa de Roma e concilios como o Concilio de Arlés, vivían comunitariamente un cristianismo radical.

Evaristo, papa

Evaristo foi o quinto Papa, entre os anos 99 e 107 (ata o 108 conforme o Anuario pontificio).

Pouco ou nada se sabe de santo Evaristo, agás que foi bispo de Roma despois de Clemente I. Esta escaseza de datos chega ás fontes máis antigas. O Liber pontificalis di que proviña dunha familia grega, se ben outras fontes din que era fillo dun xudeu cristián de Belén emigrado en Antioquía. Elixido nos tempos de Domiciano, estivo no cargo ata ben entrado o imperio de Traxano. Atribúeselle a el a creación do colexio de cardeais que escollen o vindeiro papa, así como a loita contra a herexía dos docetas.

Como todos os bispos de Roma anteriores ao edicto de Milán foi considerado santo (a súa festa celébrase o 26 de outubro), e sinálase que a súa morte foi debida ao martirio, aínda que iso non está debidamente probado.

Garrote

Un garrote máis coñecido por garrote vil é un instrumento para executar a pena de morte. Consiste nun pau cun colar de ferro que retrocede ata comprimir a gorxa atravesado por un parafuso, que ao viralo causa a rotura do pescozo do reo.

O seu nome provén do medievo, época en que o medio de execución dos viles (“vil”), era a garrotazos (“garrote”), á diferenza dos nobres que eran axustizados por decapitación con espada ou machado. De aí deriva o termo “garrote vil”.

Empregado dende a Idade Media foi un método de execución legal en Portugal e en España; tamén se aplicou en países de colonización española. En Inglaterra usábase para axustizar a reos condenados de herexía antes de queimalos.

O seu uso en España remóntase a 1820, pero convértese no medio de axustízante oficial a partir de 1832, ano en que o rei Fernando VII impón este método para as execucións por consideralo máis humano que a forca, que era o utilizado ata entón.

A pena de morte estivo vixente ata a súa abolición coa Constitución Española de 1978 aínda que a última execución por garrote vil foi en 1974, sendo os últimos condenados por este sistema en España, o anarquista catalá Salvador Puig Antich, e mailo delincuente común de orixe polaca Heinz Ches, foron axustizados por garrote o 2 de marzo de 1974.

Godos

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

Inquisición

A chamada Inquisición foi un tribunal relixioso que velou pola ortodoxia da relixión católica en España e noutros países europeos. Xurdiu en 1184 na zona de Languedoc (no sur de Francia) para combater as chamadas herexías (ou sexa, as opinións teolóxicas diverxentes da doutrina oficial do catolicismo). O fin da inquisición en todo o mundo deuse no ano 1834, cando España a declarou formalmente abolida o 15 de xullo dese ano.

Houbo 4 inquisicións na historia, que sempre tiveron algunha relación entre si: a Inquisición Medieval, a Inquisición española, a Inquisición Portuguesa, e a Inquisición Romana.

Martiño Lutero

Martiño Lutero ou Martin Luther, e inicialmente Martin Luder, nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, foi un teólogo alemán. É o pai espiritual da Reforma protestante e a súa influencia foi enorme nas doutrinas e cultura da tradición luterana e protestante en xeral. Como monxe agostiño tornouse teólogo e quería alcanzar reformas, vistas como necesarias, sen inicialmente pretender dividir a igrexa.

Martiño de Dumio

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.

Prisciliano

Prisciliano, nado no ano 340 e axustizado en Tréveris en 385, foi un relixioso heresiarca galaico, concretamente galaico-romano, aínda que non se coñece exactamente se foi nado na Gallaecia ou noutro lugar. É alcumado de galaico ben por nacemento ou pola exitosa propagación e persistencia da súa herexía e adeptos neste territorio.

Pío V, papa

Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

Siricio, papa

Siricio (Roma, ca 334 - 26 de novembro de 399) foi o 38° papa da Igrexa católica, que o venera como santo. Desde o 17 de decembro de 384 até a súa morte, foi o sucesor do Dámaso I e foi sucedido por Anastasio I. Foi autor de dous decretos sobre o celibato clerical.

Xansenismo

O xansenismo foi un movemento relixioso da Igrexa católica, principalmente na Europa dos século XVII e posteriores.

O seu nome provén do teólogo e bispo Cornelio Jansen ou Jansenio (1585-1638).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.