Herbert C. Brown

Herbert Charles Brown, nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA), foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química o ano 1979.

Herbert C. Brown
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Herbert Charles Brown
Nacemento22 de maio de 1912
LugarLondres Inglaterra Inglaterra
Falecemento19 de decembro de 2004
LugarLafayette (Indiana) Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaInfarto agudo de miocardio
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeinglés
Cónxuxe
  • Sarah Baylen
  • Relixiónxudeu
    Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Chicago
  • Universidade de Purdue
  • Director de tese
  • Hermann Irving Schlesinger
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Organoboranos
  • Premios
  • National Medal of Science (1969)
  • Medalla Elliott Cresson (1978)
  • Premio Nobel de Química (1979)
  • Medalla Priestley (1981)
  • Medalla Perkin (1982)
  • Traxectoría

    Naceu na cidade de Londres, fillo de inmigrantes xudeus ucraínos. En 1914 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.

    Estudou química na Universidade de Chicago, onde se licenciou en 1936 e doctorouse en 1938. En 1947 foi nomeado profesor de química da Universidade de Purdue, onde ostentou o cargo de profesor emérito ata a súa morte.

    Brown morreu nun hospital da poboación de Lafayette, situada no estado de Indiana, como consecuencia dun ataque ao corazón.

    Investigacións científicas

    Durante a Segunda Guerra Mundial, mentres traballaba xunto a Hermann Irving Schlesinger, descubriu un método para a produción do borohidruro de sodio (NaBH4), que pode ser usado para producir borano, compostos de boro e hidróxeno. Os seus traballos con estes no campo da síntese orgánica conduciron ao descubrimento do primeiro método xeral de síntese asimétrica de enantiómeros puros.

    En 1979 foille concedido o Premio Nobel de Química xunto co alemán Georg Wittig polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Peter D. Mitchell
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1979
    con
    Georg Wittig
    Sucesor:
    Paul Berg,
    Walter Gilbert
    e
    Frederick Sanger
    19 de decembro

    O 19 de decembro é o 353º día do ano do calendario gregoriano e o 354º nos anos bisestos. Quedan 12 días para finalizar o ano.

    Akira Suzuki

    Akira Suzuki (铃木章), nado o 12 de setembro de 1930 en Mukawa, Hokkaido (Xapón), é un químico xaponés gañador do Premio Nobel de Química de 2010 xunto con Richard Heck e Ei-ichi Negishi.

    Ei-ichi Negishi

    Eiichi Negishi (根岸 英一, Negishi Eiichi), nado o 14 de xullo de 1935 en Changchun, é un químico xaponés que realizou a maior parte da súa carreira na Universidade Purdue, Estados Unidos. Coñécello polo descubrimento do axuste de Negishi. Foi galardoado en 2010 co Premio Nobel de Química «por desenvolver reaccións químicas con catalizadores de paladio para crear compostos químicos sofisticados» xunto con Richard Heck e Akira Suzuki.

    Frederick Sanger

    Frederick Sanger, OM, FRS, nado o 13 de agosto de 1918 en Rendcomb (Gloucestershire, Inglaterra) e falecido en Cambridge o 19 de novembro de 2013, foi un bioquímico inglés dúas veces laureado co Premio Nobel de Química. Foi a cuarta persoa do mundo en recibir dous premios Nobel (os tres anteriores foron Marie Curie, Linus Pauling e John Bardeen).

    Georg Wittig

    Georg Wittig, nado o 16 de xuño de 1897 en Berlín (Alemaña) e finado o 26 de agosto de 1987 en Heidelberg (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1979.

    Lista de gañadores dos Premios Nobel

    Os Premios Nobel (sueco: Nobelpriset, noruegués: Nobelprisen) son premios outorgados anualmente pola Academia Sueca Real de Ciencias, a Academia Sueca, o Instituto Real Sueco de Medicina e Cirurxía de Karolinska e o Comité Noruegués do Nobel, a aqueles individuos e organizacións que fan contribucións destacadas nos campos da química, física, literatura, paz e fisioloxía ou medicina. Establecéronse no ano 1895 seguindo o testamento de Alfred Nobel, quen indicou que os premios debían estar administrados pola Fundación Nobel. O Premio Nobel de Economía estableceuno no ano 1968 o Sveriges Riksbank, o banco central de Suecia, para premiar as contribucións no campo da economía. Cada un dos premiados recibe unha medalla de ouro, un diploma e unha determinada cantidade de cartos seguindo os criterios que a Fundación Nobel establece cada ano.Cada un dos comités encárgase de outorgar un ou máis premios. A Academia Real Sueca das Ciencias outorga os premios de Física, Química e Economía. O Instituto Karolinska encárgase de outorgar o premio en Fisioloxía ou Medicna, e o Comité Noruegués do Nobel outorga o da Paz. A cantidade en metálico recibida por cada un dos premiados foi variando cós anos. No ano 1901, os primeiros premiados recibiron 150 782 SEK, o que equivale a 7 731 004 SEK de decembro do 2007. No ano 2008, os premiados recibiron unha cantidade de 10 000 000 SEK. Os premios preséntanse en Estocolmo nunha cerimonia anual que ten lugar o 10 de decembro, coincidindo co aniversario do falecemento de Alfred Nobel.Nos anos nos que o Premio Nobel non se outorgou debido a eventos externos ou falta de nomeamentos, o premio en metálico retornouse ós fondos delegados a cada un dos premios relevantes. O premio non se outorgou entre os anos 1940 e 1942 debido os acontecementos da Segunda Guerra Mundial.Entre os anos 1901 e 2015 os Premio Nobel foron outorgados 573 veces a 900 persoas e organizacións. Algúns deles recibiron o premio en máis dunha ocasión, sendo en contreto un total de 870 individuos (822 homes e 48 mulleres) e 23 organizacións. Catro premiados non puideron aceptar o premio por mor da negativa dos seus gobernos correspondentes. Adolf Hitler prohibiulles aceptar o premio a tres alemáns, Richard Kuhn (Química, 1938), Adolf Butenandt (Química, 1939) e Gerhard Domagk (Fisioloxía ou Medicina, 1939), e o goberno da Unión Soviética presionou a Boris Pasternak (Literatura, 1958) para que declinase o premio. Dous premiados, Jean-Paul Sartre (Literatura, 1964) e Lê Ðức Thọ (Paz, 1973), tamén declinaron o premio. Sartre non aceptou xa que renunciaba a todos as honras oficiais que recibía, e Lê non o aceptou por mor da situación de Vietnam naquel entón.

    Seis dos premiados recibiron máis dun galadrón. Destes seis, o Comité Internacional da Cruz Vermella recibiu o premio tres veces, máis que ningún outro premiado. ACNUR recibiu o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións. John Bardeen recibiu o Premio Nobel de Física en dúas ocasións, mentres que Frederick Sanger recibiu o de Química tamén en dúas ocasión. Marie Curie recibiu o premio de Física e o de Química, e Linus Pauling o de Química e o da Paz. Entre os 870 individuos premiados, 48 foron mulleres. A primeira muller en recibir o premio foi Marie Curie no ano 1903. Curie foi tamén a primeira persoa en gañar dous premios, o segundo deles en 1911.

    Paul Berg

    Paul Naim Berg, nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA), é un bioquímico e profesor emérito da Universidade Stanford, galardonado co premio Nobel de Química de 1980.

    Peter D. Mitchell

    Peter Dennis Mitchell, nado o 29 de setembro de 1920 en Mitcham, (Inglaterra) e finado o 10 de abril de 1992 en Bodmin, foi un bioquímico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1978.

    Walter Gilbert

    Walter Gilbert, nado o 21 de marzo de 1932 en Boston, (EEUU) é un físico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1980.

    1901–1925
    1926–1950
    1951–1975
    1976–2000
    2001–

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.