Herbón, Padrón

Santa María de Herbón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (330 homes e 336 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 788 habitantes.

Nesta parroquia está o convento de San Francisco de Herbón, onde se comezaron a plantar os pementos de Padrón.

Coordenadas: 42°44′05″N 08°37′42″O / 42.73472, -8.62833

Herbón
Herbón
Igrexa parroquial
ConcelloPadrón
Poboación666 hab. (2013)
Entidades de poboación12

Galería de imaxes

CHerbón

Convento franciscano.

Convento de San Francisco de Herbón

Convento de San Francisco de Herbón.

Pementos de Padron

Pementos de Padrón.

Lugares e parroquias

Parroquias de Padrón

Véxase tamén

Outros artigos

A Barca, Herbón, Padrón

A Barca é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres).

A Igrexa, Herbón, Padrón

A Igrexa é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).

A Rocha, Herbón, Padrón

A Rocha é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres).

As Casas Baratas, Herbón, Padrón

As Casas Baratas é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

Confurco, Herbón, Padrón

Confurco é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 13 habitantes (7 homes e 6 mulleres).

Cortiñas, Herbón, Padrón

Cortiñas é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 81 habitantes (39 homes e 42 mulleres).

Fermín Gómez Vigide

Fermín Gómez Vigide, nado en Asorei (Vila de Cruces) en 1921, é un frade, químico, xeólogo e botánico galego.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Grifón

Un grifón (do grego γρυφος, gryphos, persa شیردال‌ shirdal, "león-aguia") é unha criatura mitolóxica, coa parte superior dun aguia xigante, con plumas douradas, pico afiado e poderosas garras, e a parte inferior dun león, con pelaxe amarela, patas musculosas e cola. Algúns grifóns aparecen representados con orellas bicudas ou plumas na cola.

Segundo a mitoloxía é oito veces maior e máis forte ca un león común, capaz de coller coas súas garras un xinete co seu cabalo ou un par de bois. Coas súas garras adóitanse facer copas para beber, e coas súas costelas arcos para tirar frechas.

Herbón, Herbón, Padrón

Herbón é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 318 habitantes (152 homes e 166 mulleres).

Morono, Herbón, Padrón

Morono é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 105 habitantes (52 homes e 53 mulleres).

O Rego da Manga, Herbón, Padrón

O Rego da Manga é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 69 habitantes (35 homes e 34 mulleres).

Os Condes, Herbón, Padrón

Os Condes é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Pinto d'Herbón

Daniel Alexandre Vecino Martínez, nado en Herbón (Padrón) o 25 de outubro de 1969, máis coñecido como Pinto d'Herbón, é un músico rapeiro e regueifeiro galego.

Riba da Fonte, Herbón, Padrón

Riba da Fonte é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Santa Cruz, Herbón, Padrón

Santa Cruz é un lugar da parroquia de Herbón no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 17 habitantes (11 homes e 6 mulleres).

Viaduto do Ulla (AP-9)

O viaduto do Ulla é unha estrutura da autoestrada do Atlántico (AP-9) construída para salvar o paso sobre o río Ulla, entre as parroquias de Herbón (Padrón, na provincia da Coruña) e Pontecesures (no concello homónimo, da provincia de Pontevedra). Entrou en servizo o 11 de novembro de 1991, cando se inaugurou o tramo Padrón - Caldas de Reis.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.