Heraldo de Vivero

Heraldo de Vivero é unha publicación periódica que se edita en Viveiro dende 1912.

Historia e características

O seu primeiro número apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández Temprano e despois Antonio Vale, continuou Francisco García ata 1923, cando Benigno López traspasoulle a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e imprentar o periódico. Por mor da Guerra Civil española tivo que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de 1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da Lei Fraga obrigou a pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido por Xosé Trapero Pardo volveu á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor e director durante décadas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

17 de febreiro

O 17 de febreiro é o 48º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 317 días para finalizar o ano, 318 nos anos bisestos.

Emilio Ínsua

Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor galego.

Esteban Fernández Temprano

Esteban Fernández Temprano, nado na Coruña o 13 de decembro de 1877 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1952 foi un tipógrafo, xornalista e político galego.

Fernando Pérez Barreiro

Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968, foi un xornalista, escritor e político galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Jesús Noya González

Jesús Noya González, nado en Santiago de Compostela en 1865 e finado en Viveiro en 1943, foi un escritor e xornalista galego.

La Voz de Ortigueira

La Voz de Ortigueira é un semanario galego en castelán que se publica en Ortigueira dende o 4 de xuño de 1916.

La Voz de Vivero (1909)

La Voz de Vivero foi un semanario editado en Viveiro entre 1909 e 1911.

Maruxa Olavide

Maruxa Olavide Verdía, nada na Coruña, é unha escritora e pintora galega.

Modesto Grandío Parapar

Modesto Grandío Parapar, nado en Cabanas (O Vicedo) o 11 de xullo de 1889 e finado en Viveiro o 6 de outubro de 1966, foi un mestre e escritor galego.

Pedro Pérez Barreiro

Pedro Pérez Barreiro, finado en Viveiro o 19 de xuño de 1912, foi un avogado, xornalista e político galego.

Vicente Otero Cao

Vicente Otero Cao, nado na Maciñeira Pequena (Burgo, Muras) o 9 de febreiro de 1890 e finado en Vilalba o 4 de decembro de 1972, foi un escritor e historiador galego.

Xan Pla Zubiri

Juan Pla Zubiri, nado en Viveiro o 13 de febreiro de 1874 e finado en Manresa en abril de 1936, foi un rexistrador e escritor galego.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Álvaro Paradela

Álvaro Daniel Paradela Criado, nado na Coruña o 24 de marzo de 1911 e finado en Narón o 13 de decembro de 1979, foi un médico e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.