Heráldica

A heráldica é unha das ciencias auxiliares da historia e da arte. Ocúpase do estudo da composición e do significado dos escudos de armas ou brasóns.

Hyghalmen Roll Late 1400s
Exemplos de brasóns

Historia

A disciplina nace arredor do século XII e ten nos seus comezos unha aplicación práctica: permite identificar por debaixo da súa armadura o guerreiro que porta un determinado escudo e adscribilo a algún dos bandos enfrontados nun lance. Co tempo, a heráldica foi estendendo o seu ámbito para abranguer a identificación non só de persoas, senón tamén de corporacións, poboacións, entidades públicas etc.

Fronte a outras simboloxías, a heráldica caracterízase pola asunción dun conxunto de normas ríxidas para a composición dos escudos de armas e a transmisión das armarías a través de xeracións como elemento identificador da liñaxe. En efecto, a heráldica posúe as súas propias leis, como a da prohibición de que nun escudo figure metal sobre metal ou cor sobre cor. Ó longo da historia, estas leis fixéronse tan complexas que nin os señores que detentaban un escudo determinado podían interpretalo correctamente, polo que se crea a figura do rei de armas, un funcionario que se encarga de deseñar e interpretar os escudos heráldicos.

Características

Os escudos de armas constan das seguintes compoñentes:

  • Campo: é a superficie do escudo no seu interior, que dará ó brasón a súa forma redonda, ovalada, apuntada etc. O campo pódese dividir en partes iguais ou desiguais.
  • Figuras: son os obxectos ou seres representados no campo. Poden ser naturais (seres que existen no mundo real ou a representación dalgunha das súas partes) ou artificiais (seres fantásticos, obxectos comúns ou específicos da simboloxía da heráldica).
  • Fondo con esmaltes: son as cores ou os metais que cobren o campo, as figuras e calquera adorno do escudo. As cores só poden ser cinco: sabre (negro), goles (vermello), azur (azul), sinople (verde) e púrpura. Os metais poden ser ouro ou prata. Algúns autores inclúen tamén aquí os forros.
Metais Cores
Ouro
Heraldic Shield Or
Prata
Heraldic Shield Argent
Goles
Heraldic Shield Gules
Azur
Heraldic Shield Azure
Sinople
Heraldic Shield Vert
Sable
Heraldic Shield Sable
Púrpura
Heraldic Shield Purpure
Alaranxado
Heraldic Shield Orange

Os escudos de armas poden ter adornos arredor, denomínanse timbres e son de diferentes tipos:

  • Os helmos e as coroas representan diferentes graos de nobreza, desde o fidalgo ata o rei.
  • Os tenantes son figuras que se sitúan ós lados do escudo, como sosténdoo.
  • Mantos e insignias.
  • Lambrequíns (especie de encaixes que caen desde a parte superior do escudo por ambos lados).
  • Motes e lemas.

O lado esquerdo da composición heráldica denomínase "sinistra" e o dereito "destra". O escudo descríbese coma se mirásemos un espello; isto é, a esquerda é a dereita do observador.

Por exemplo, un escudo que levase pintado un carballo de cor verde, nun fondo branco cunha banda vermella desde unha punta a outra do campo, e que estivese sostido por un unicornio branco empinado á esquerda do observador e por un grifón verde á dereita, describiríase así:

"En campo de prata, unha banda de goles. En abismo, un carballo de sinople. Teñen o escudo á destra un grifón de sinople e á sinistra un unicornio rampante de prata".

Véxase tamén

Outros artigos

Azur

Azur é a cor azul heráldica. Trátase dun azul intenso.

Nalgúns textos heráldicos tamén se refiren a esta cor como:

Zafiro.

Celeste.

Turquí.O seu nome vén do francés "azur", referido ao azul do mar. Tamén se sostén que provén dos termos "lāzūr" ou "Lazurt" que en árabe e persa queren dicir "cor azul". Esta última teoría é a máis probable, pois os cruzados, cando volveron aos seus países de orixe, tinguiron toda a súa heráldica con verbas daquelas terras.

É unha das cores empregadas nos vervos.

Campo (heráldica)

O campo no sentido estrito designa en heráldica o fondo do escudo.

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés ou (véxase no Galizionario) aviao .

Castro Caldelas

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Coroa (ornamento)

A coroa para ornamento da cabeza considerouse en todas as épocas como distintivo da autoridade real e nalgunhas das súas formas, como premio ou condecoración debida a méritos moi singulares.

A coroa radiante ou con puntas no bordo superior foi entre os romanos un atributo dos deuses e dos emperadores a quen se tributaron honores divinos.

A coroa triunfal ou de laurel, xa natural, xa metálica, dábase polos romanos aos xenerais victoriosos

A coroa cívica ou de rama de encina concedíase en Roma aos cidadáns beneméritos.

A coroa obsidional ou gramínea (de grama) serviu para os valentes que obrigaran ao inimigo a levantar o cerco dalgunha praza.Os emperadores romanos aparecen frecuentemente figurados nas moedas levando coroa triunfal e, ás veces, coroa radiante. Logo de Constantino I, e no Imperio bizantino, adoitan levar diadema pero algúns destes últimos adoptan a tiara persa modificada.

Os Reis de Occidente, na Idade Media, utilizban coroas en forma de aro cilíndrico de ouro, adornado con pedrería e, ás veces, con pendurantes; desde o século IX ao XIII adoitan montarse sobre o aro uns floróns ou puntas con bólas e desde o século XIII estréitase o aro e convértense os floróns en trifolios, o cal é moi común nos dous séculos seguintes. Desde o século XVI fíxase a distinción entre coroas de reié, príncipes e nobres.

A coroa europea máis antiga aínda existente é a Coroa de Ferro do século VII.

Durante toda a Idade Media, as coroas heráldicas, moi variadas consideráronse un simple elemento decorativo. Durante o século XIV aínda adornaban a miúdo o casco e non tiñan carácter nobiliario. As primeiras coroas dos reis de Francia deriváronse destas. No século XV apareceu o costume de pechar as coroas con arcos, pero non foi apenas nos séculos XVII e XVIII cando os autores heráldicos comezaron a codificar as coroas nobiliarias, cuxa xerarquía e aspecto variaban dun país a outro. Algunhas coroas honoríficas podíanse colocar sobre o casco ou remate do escudo.Por exemplo, a circunferencia da coroa de valas é un valado de estacas, mentres que a coroa mural, que data de Napoleón Bonaparte, representa cidades, reminiscencia da Antigüidade. Segundo a importancia da cidade, ten tres, catro ou cinco torres. A heráldica urbana contemporánea utiliza a coroa naval e a de aviación para timbrar os escudos de armas das cidades dotadas de aeroporto ou porto naval.

Escudo

Un escudo de armas é a representación simbólica dunha persoa, familia, territorio ou, en xeral, agrupación humana. Realizada a través dunha serie de motivos, figuras ou símbolos.

O brasón é o conxunto de compoñentes de calquera escudo de armas: figuras, cores, asignación de espazos, símbolos que están regulados por unha serie de normas que son froito da convención social e da evolución histórica e que son comunmente aceptadas.

Escudo de Santiago de Compostela

O escudo da cidade de Santiago de Compostela atópase regulado na actualidade polo artigo 3º do Título 1º, da Lei do 24 de xuño de 2002, do Estatuto de Capitalidade da cidade de Santiago de Compostela, publicada no Boletín do Parlamento de Galicia número 150 da VI Lexislatura.

A súa descrición heráldica ou brasonamento é á seguir:

O escudo de Santiago de Compostela conta con dos divisións verticais. Na heráldica, cando un brasón posúe este tipo de división recibe o nome de partido .

Na primeira partición, figuran as armas de Galicia, que foron as do antigo Reino de Galiza, e que se compoñen do emblema heráldico asociado á Eucaristía ou o santo graal: un cáliz de cor amarela ou dourada (brasonado de ouro) e unha hostia de cor branca (de prata). A Eucaristía atópase arrodeada (acompañada) de sete cruces da mesma cor, tres a cada banda e outra sobre eles, situada na parte superior do campo do escudo (no centro do xefe).

Na segunda división figuran os emblemas propios da cidade, a cor do campo (esmalte heráldico) é o utilizado nas armas galegas, azul (brasonado de azur). O elemento central é a urna do sepulcro do Apóstolo Santiago, representada sobre unha nube e situada so dunha estrela de oito puntas de cor amarela ou dourada. O sepulcro e maila estrela aluden á tradición medieval que narra o descubrimento dos restos do Apóstolo por un ermitán chamado Paio grazas a unhas luces nocturnas que ollou na fraga de Libredón.

No artigo que regula o escudo de Santiago de Compostela establécese que no timbre apareza representada unha coroa real aberta, como a que utilizaron os Reis Católicos. As coroas reais antigas ou abertas (sen diademas, orbe nin cruz) foron utilizadas até o século XVI mais o seu uso mantívose na heráldica de moitas poboacións e provincias españolas.

Tralo escudo (acoeirada) figura a Cruz de Santiago, o emblema máis coñecido asociado á figura do Apóstolo e un dos máis utilizados en Galicia.

Goles

Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello, procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.

O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.

Lema

Un lema ou divisa é unha frase, xeralmente curta, que trata de impulsar unha idea como base dunha actividade, empresa, sociedade etc.

Ouro (heráldica)

Ouro nos textos heráldicos é unha cor tamén chamada:

Sol

Topacio

Paradela

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Pazo de Borraxeiros

O pazo de Borraxeiros é unha casa señorial galega localizada na parroquia de Borraxeiros (Agolada).

Está situado nun outeiro a carón da serra do Farelo, no límite entre as provincias de Pontevedra e Lugo.

Prata (heráldica)

A prata é unha cor heráldica. Represéntase en heráldica coa cor gris, con maior ou menor matiz metálico; en imprenta, mediante a cor branca ou a ausencia de tinta; en gravado, mediante a ausencia de puntos ou raias na superficie do campo ou figura.

En heráldica, a prata é considerado o máis nobre dos esmaltes, e proporcionalmente, o máis usado. É utilizado no armiño e no vero.

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Púrpura (heráldica)

En heráldica, a púrpura é un esmalte de cor violáceo. É un dos esmaltes menos utilizados.

No mundo antigo utilizouse como elemento alusivo á soberanía e grandeza dos monarcas. Especialmente coñecido é o seu uso, por influencia oriental, polos emperadores Romanos. Tamén o adoptaron como símbolo da súa autoridade moitos monarcas europeos durante a Idade Media, de aí que sexa símbolo heráldico da grandeza, a xustiza e a sabedoría. A púrpura en heráldica representa a dedicación á defensa da verdade e o enxeño, entre outras cualidades.

Sinople

O sinople é unha cor heráldica que corresponde á cor verde intensa.

Terminoloxía da heráldica

Preséntanse a seguir os termos relacionados coa disciplina heráldica fornecendo a súa forma en galego e en moitas outras linguas románicas (portugués, castelán, catalán, francés e italiano), así coma tamén en inglés. A intención é servir coma inicio para unha futura normativización terminolóxica e permitirlle ós galegofalantes coñecer tanto as palabras da súa lingua para poder falar deste tema con propiedade coma os seus equivalentes noutras linguas. Para todas as formas nas que foi posible dáse a súa ligazón coas súas wikipedias, ademais de proporcionar tamén outras referencias documentais de carácter terminolóxico ou lexicográfico baseándose en fontes de recoñecido prestixio en cadansúa lingua.

Debe terse en conta que algúns conceptos poden ser diferentes nas distintas tradicións heráldicas, por iso se axunta o significado asumido para o caso galego (e panibérico).

Torre da Penela

O Castelo da Penela, ou Torre da Penela sitúase no lugar da Penela na parroquia de Silvarredonda, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, en Galicia.

Torre de Nogueira

A torre de Nogueira, xunto coa casa anexa, forma parte dun antigo pazo construído pola familia Bermúdez de Castro no século XV en San Mamede de Seavia, no concello de Coristanco. Actualmente está declarada Ben de Interese Cultural, e é unha das mostras máis representativas da arquitectura civil medieval da comarca de Bergantiños.

Heráldica
Heráldica
Divisións do escudo
Figuras, cargas ou carganzas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.