Henry Cole

Henry Cole, nado en Bath en 1808, finado en Londres en 1882, foi un deseñador inglés do século XIX. Foi un home polifacético que traballou en diversos oficios e que se considera o autor da primeira tarxeta de nadal do mundo.

Foi un funcionario civil, que xunto a un grupo de seguidores, inicia no seu país no ano 1845 un movemento que pretende eliminar a brecha existente entre o industrial e o artista ou deseñador, e estimular así o gusto dos usuarios. En palabras do propio Cole, o obxectivo central era “demostrar a unión do mellor arte coa manufactura”, había que reformar a produción, e pensando que “unha alianza entre arte e fabricante promovería o gusto do público”.

Henry Cole
HenryCole2
AlcumeFelix Summerly
Nacemento15 de xullo de 1808
 Bath
Falecemento18 de abril de 1882
 Londres
SoterradoCemitério de Brompton
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterChrist's Hospital
Ocupaciónemprendedor, escritor, artista e deseñador
PremiosCompanion of the Order of the Bath, Fellow of the Royal Society of Arts e Albert Medal

Biografía

Henry Cole educouse en Christ's Hospital, en Londres. Comezou a súa carreira aos 15 na Public Record Office, onde era un asistente de mantemento.

De 1837 a 1840, traballou como asistente de Rowland Hill e xogou un papel importante na introdución do Penny Post. Tamén estivo darredor do primeiro selo, o Penny Black.

Firstchristmascard
A primeira tarxeta de nadal comercializada no mundo, en 1843.

En 1843, Cole creou a primeira tarxeta de nadal comercial,[1] sendo John Callcott Horsley o autor do debuxo.

Logo pasou a editar o Journal of Design and Manufactures, primeira publicación sobre deseño na historia, que circulou de 1849 a 1852, onde se postulaba un deseño exento de ornamentación, funcional e útil. Probablemente a súa obra máis relevante no mundo do deseño de produto sexa un xogo de té de cor branca inspirado nas vaixelas gregas.

Foi un dos mentores da Exposición Universal de Londres en 1851, sendo un dos encargados de escoller o proxecto para a construción do recinto da exposición, escollendo O Crystal Palace, de Joseph Paxton.

Como Felix Summerly

Baixo o seudónimo de Felix Summerly deseñou as teteiras de Mintons. Como Felix Summerly tamén escribiu unha serie de libros infantís, como A book of stories from The home treasury; A hand-book for the architecture, sculpture, tombs, and decorations of Westminster Abbey (1859); An Alphabet of Quadrupeds (1844); e The most delectable history of Reynard the Fox (ilustrado por 24 debuxos en cor de Aldert van Everdingen) (1846).

Notas

  1. Earnshaw, Iris (November 2003). "The History of Christmas Cards". Inverloch Historical Society Inc. Consultado o 29 de xaneiro de 2010.(en inglés)
18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

Cole

Cole pódese referir a:

Cole Aldrich, xogador estadounidense de baloncesto

Henry Cole, deseñador británico do século XIX

Norris Cole, xogador estadounidense de baloncesto

Tarxeta de nadal

Unha tarxeta de nadal é unha tarxeta de felicitación que se envía a familiares, amigos ou clientes para desexarlles un bo nadal, tradicionalmente envíabase polo correo, dentro dun sobre ou franqueada como postal, xa unhas semanas antes do día de nadal, coa chegada de internet tamén se utiliza este medio para mandalas. Normalmente utilízase unha frase feita, en galego Bo Nadal e Feliz Aninovo.

Xan o das fabas máxicas

"Xan o das fabas máxicas" ou Os feixóns máxicos (na súa versión orixinal inglesa: "Jack and the Beanstalk") é un conto de fadas inglés probabelmente de tradición oral. A primeira edición impresa coñecida é a versión con ensinanza de Benjamin Tabart en 1807(The History of Jack and the Bean-Stalk - A historia de Xacobe e o pé de feixón) "Felix Summerly" (Henry Cole) popularizouno na súa obra The Home Treasury (1842), e Joseph Jacobs reescribiuno en English Fairy Tales (1890). A versión de Jacobs é a máis común hoxe en día, e seica é máis achegada ás versións orais do conto ca a de Tabart, que non ten ensinanza. Durante algún tempo foi erroneamente atribuído a Hans Christian Andersen.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.