Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Henrique VIII de Inglaterra
Hans Holbein, the Younger, Around 1497-1543 - Portrait of Henry VIII of England - Google Art Project
Henrique VIII
Rei de Inglaterra e Irlanda
por Hans Holbein o Novo
Nacemento28 de xuño de 1491
 Palácio de Placentia
Falecemento28 de xaneiro de 1547
 Palácio de Whitehall
CausaEscorbuto
SoterradoCapela de São Jorge
NacionalidadeReino de Inglaterra e Reino Unido
RelixiónIgrexa Anglicana e católico non practicante
Ocupaciónmonarca e compositor
PaiHenrique VII de Inglaterra
NaiIsabel de Iorque
CónxuxeCatarina de Aragón, Ana Bolena, Xoana Seymour, Ana de Cleves, Catarina Howard e Catarina Parr
FillosMaría I de Inglaterra, Henrique Fitzroy, Duque de Richmond e Somerset, Isabel I de Inglaterra, Eduardo VI de Inglaterra e Henrique, Duque da Cornualha
IrmánsIsabel Tudor, Margarida Tudor, Maria Tudor, rainha de França, Katherine Tudor, Edward Tudor, Artur Tudor e Edmundo Tudor, Duque de Somerset
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Rosa de Ouro
HenryVIIISig

Traxectoria

Henrique naceu no Palacio Real en Greenwich, Londres, segundo fillo do rei Henrique VII e Isabel de York, séndolle concedido o título de Duque de York. Foi designado Príncipe de Gales e herdeiro do trono despois da morte do seu irmán máis vello Artur en 1502.

Foi necesaria unha dispensa do Papa Xulio II para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, Catarina de Aragón, que foi obtida en base da non-consumación. O casamento foi celebrado a 11 de xuño de 1509 e só tiveron nunha filla, a futura María I de Inglaterra. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos Sete Sacramentos", co obxectivo de que León X lle outorgase o título de "Defensor da Fe"; no entanto, o desexo de lograr un herdeiro home, así como a súa relación amorosa con Ana Bolena, levárano a solicitar ó Vaticano a disolución do casamento con Catarina. As súas tentativas non tiveron éxito porque o Papa Clemente VII estaba baixo presión do sobriño de Catarina, o emperador Carlos V.

Frustrado coa ruptura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que lle impedía unirse a outra muller por estar xa casado, e casou con Ana Bolena a 25 de xaneiro de 1533. Esta actitude de afronta sen precedentes á Igrexa católica valeulle a excomuñón, declarada por Clemente VII o 11 de xullo de 1533. A consecuencia da excomuñón, Henrique decidiu a ruptura coa Igrexa católica, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitas das pertenzas da Igrexa, e creou a Igrexa de Inglaterra, da que se declarou líder. Esta decisión fíxose oficial co decreto da supremacía (Act of Supremacy) de 1534. A negativa de xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista Thomas More, o seu antigo Lord Chanceler, á morte.

Durante o ano de 1513, Thomas Howard, terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de James IV de Escocia en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co rei Francisco I de Francia tornouse aínda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.

Henrique VIII incrementou moito o poderío marítimo inglés, estabelecendo portos en Woolwich e Deptford no río Támese no sueste de Londres, e instituíndo unha mariña eficiente. O seu barco capitán (flagship), Mary Rose, afundiuse no Solent (no canal inglés) durante a batalla e a súa recuperación nos anos 80 do século XX foi un fito na investigación arqueolóxica desta época. O navío encóntrase hoxe en exposición no peirao de Portsmouth.

Descendencia e casamentos

16 de xullo

O 16 de xullo é o 197º día do ano do calendario gregoriano e o 198º nos anos bisestos. Quedan 168 días para finalizar o ano.

24 de outubro

O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.

24 de xuño

O 24 de xuño é o 175º día do ano do calendario gregoriano e o 176º nos anos bisestos. Quedan 190 días para finalizar o ano.

9 de xullo

O 9 de xullo é o 190º día do ano do calendario gregoriano e o 191º nos anos bisestos. Quedan 175 días para finalizar o ano.

Anna Bolena (Donizetti)

Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.

O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."

Catarina de Aragón

Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

John Hawkins

John Hawkins, nado en Plymouth en 1532 e finado en Porto Rico o 12 de novembro de 1595, foi un pirata, mercador, navegante e comerciante de escravos inglés. O seu pai, William Hawkins, era un confidente de Henrique VIII de Inglaterra.

Século XVI

século XV < século XVI > século XVII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1501 e o 31 de decembro de 1600.

Xoana Seymour

Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (1509 – 24 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.