Henrique Rabuñal

Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un escritor e crítico literario galego.

Henrique Rabuñal
Henrique Rabuñal (AELG)-2
Nacemento6 de novembro de 1962
 Pastoriza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, narrativa, teatro e ensaio
EstudosFiloloxía Galego-Portuguesa

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta en 19898, durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL), ao cal acudiu co traballo: "Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho".

Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da cal é directivo a día de hoxe. Actualmente, exerce como profesor de lingua e literatura no IES Agra do Orzán, da Coruña, e na Universidade da Coruña. Henrique Rabuñal cultivou os xéneros da narrativa, poesía, ensaio e teatro; sendo talvez máis coñecido pola creación realizada nos tres últimos.

Obra

Narrativa

Poesía

  • Paixom e morte dum condenado (1984, Edicións do Castro).
  • Poemas da luz e da loucura (1992, Espiral Maior).
  • O tempo demorado nos marmelos (2000, Espiral Maior).
  • O cristal da sede (2006, Espiral Maior).

Teatro

Ensaio

Edicións

  • O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).

Homenaxes e obras conxuntas

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas

6 de novembro

O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

A sombra de Orfeo

A sombra de Orfeo. Comedia en tres lances é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero. Foi escrita en 1948 en Esteiro (Ferrol) e publicada pola Editorial Galaxia en 1971. Foi reeditada en 1982.

A árbore

A arbre. Auto en tres esceas e un epílogo-prólogo é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 9 da revista Grial en 1965 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol). Foi reeditada en 1971 e 1982.

Auto do prisioneiro

Auto do prisioneiro é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 28 da revista Grial en 1970 e escrita no ano 1969. Foi reeditada en 1971 e 1982.

Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor creouse no ano 1995 pola doazón filantrópica de materiais bibliográficos e documentais do propio Francisco Pillado á Universidade da Coruña, por este motivo leva o seu nome. Sendo o primeiro arquivo extenso do teatro de Galiza e, polo tanto que se favorecesen e desenvolvesen os estudos sobre o mesmo.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Casahamlet

Casahamlet foi un estudio de teatro nado na cidade da Coruña en 1998 fundado por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Á súa vez, créase unha compañía de teatro profesional (Compañía Casahamlet) e unha revista (Casahamlet, revista de teatro). Esta última, imprímese na Imprenta Provincial da Coruña.

Daniel Asorey

Daniel Asorey Vidal, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un escritor e profesor galego.

Edicións do Dragón

Edicións do Dragón foi un proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, entre outros, Paco Souto, Fran Alonso e Miro Villar.

Farsa das zocas

Farsa das zocas é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 1 da revista Grial en 1963 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol). Foi reeditada en 1971 e 1982 .

Felipe Senén

Felipe Senén López Gómez, nado no Carballiño o 10 de febreiro de 1948, é un arqueólogo galego.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Olláparo (revista)

Ollaparo, co subtítulo Revista da Sociedade Cultural Chirlateira é unha revista de información e creación fundada en Cedeira co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade.

Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.

Os xefes

Os xefes. Drama en tres actos é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero escrita en 1980 e publicada en Ediciós do Castro en 1982.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.