Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018[1], membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Henrique Monteagudo
Henrique Monteagudo (AELG)-4 (cropped)
Nacemento26 de novembro de 1959
 Muros
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e catedrático de universidade
CónxuxeDolores Vilavedra
Fillosdúas
Xénerosensaio

Traxectoria

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela e desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 e forma parte do Consello de Redacción da revista Grial desde 1989, e co-director da mesma desde 1993. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[2], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino, e dende 2013 é o seu secretario.

Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.

Predecesor:
Xosé Luís Axeitos
  Secretario da Real Academia Galega  
2013-
Sucesor:
No cargo

Publicacións destacadas

Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Ensaio

Henrique Monteagudo (AELG)-3
Sostendo un exemplar de As razóns do galego.

Edicións

Obras colectivas

  • Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais).
  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia).
  • Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira.
  • A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
  • Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
  • A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama López.
  • Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
  • Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
  • Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
  • Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
  • Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
  • A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
  • Lingua COU (1999, Xerais).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
  • Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
  • A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
  • Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
  • A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[4]
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
  • De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Isabel Boullón Agrelo.
  • Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
  • Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
  • Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos

  • 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
  • Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.

Notas

  1. Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10.
  2. "Henrique Monteagudo ingresará na Real Academia Galega", Xornal de Galicia, 1 de maio de 2010.
  3. "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2016.
  4. A sociedade galega e o idioma. Evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), obra de varios autores dirixida por Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

26 de novembro

O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

Diglosia

Diglosia (que provén do grego δίγλωσσος, "de dúas linguas") é a distribución dunha ou máis variedades lingüísticas que, dentro dunha comunidade (linguas en contacto), por mor dunha desigual repartición de usos, cumpren unhas funcións distintas e empréganse en situacións e contextos diferentes.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fundación Castelao

A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.

O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. O actual presidente é Carlos Mella, tras o pasamento de Avelino Pousa Antelo en 2012.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Grial (revista)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Monteagudo

O topónimo galego Monteagudo pode referirse a:

En Galicia

Monteagudo, parroquia do concello de Arteixo;

Monteagudo, lugar da parroquia de Codeseda, no concello da Estrada;

Monteagudo, lugar da parroquia de Piñeira, no concello da Fonsagrada;

Monteagudo, lugar da parroquia de San Pedro do Incio, no concello do Incio;

Monteagudo, lugar da parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos;

Monteagudo, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;

Monteagudo, lugar da parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea;

Monteagudo, lugar da parroquia de Pezobrés, no concello de Santiso;

Monteagudo, lugar da parroquia de Roade, no concello de Sobrado;

A illa de Monteagudo, que forma parte do arquipélago das illas Cíes.En EspañaMonteagudo, concello de Navarra.

Monteagudo de las Vicarías, concello da provincia de Soria.

Monteagudo de las Salinas, concello da provincia de Cuenca.

Monteagudo del Castillo, concello da provincia de Teruel.

Monteagudo, pedanía de Murcia.Na ArxentinaMonteagudo, localidade e comuna rural do departamento Simoca da provincia de Tucumán.

Monteagudo, localidade do departamento Guaraní da provincia de Misiones.En BoliviaMonteagudo, localidade do departamento de Sucre.Amais, como apelido pode referirse a:

Pedro de Monteagudo, arquitecto galego (1640-1700);

Luís Monteagudo, arqueólogo galego (1919-2018);

Henrique Monteagudo, profesor e sociolingüista galego (n. 1959);

Xosé Monteagudo, escritor galego (n. 1965).

Pero da Ponte

Pero da Ponte foi un poeta medieval que estaría activo entre 1230-1260. Posibelmente galego e escudeiro, Afonso Eanes do Coton denomínao segrel:

En nossa terra, se Deus me perdon

a todo escudeiro que pede don

as mais das gentes lhe chama segrel.Estivo activo nas cortes de Fernando III e Afonso X. É autor de 53 textos: sete cantigas de amor, sete cantigas de amigo, vinte e tres cantigas de escarnio e maldicir, tres sátiras literarias contra Sueiro Eanes, un pranto burlesco, catro sirventeses morais, dous eloxios, catro prantos, unha tenzón e un partimén.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Vieiros (xornal)

Vieiros foi un portal galego de internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996 e pechou o 24 de xullo de 2010. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede.[Cómpre referencia]

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.