Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Henrique II de Castela
Rei de Castela[a]
Enrique II de Castilla
Henrique II na táboa Virgen de Tobed (c. 1360), de Jaume Serra
Rei de Castela
1366-1367
PredecesorPedro I
SucesorPedro I
1367-1379
PredecesorPedro I
SucesorXoán I

Nacemento13 de xaneiro de 1333 o 1334
Sevilla, Castela
Falecemento29 de maio de 1379 (44 - 46 anos)
Santo Domingo de la Calzada, Castela
SepulturaCatedral de Toledo
ConsorteXoana Manuel
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa de Trastámara
ProxenitoresAfonso XI de Castela
Leonor de Guzmán

Escudo de Henrique II de Castela

Biografía

Nado en Sevilla, foi o cuarto dos dez fillos e fillas extramatrimoniais de Afonso XI de Castela e de Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León (tataraneta do rei Afonso VIII de León). Por orde de seu pai, foi criado e educado polo preceptor real Rodrigo Álvarez Asturias, conde de Trastámara (parente do propio monarca), quen en 1345 cedeu a titularidade do condado de Trastámara (de Trans Támaris, "Alén do Tambre", en Galiza) a Henrique, como herdeiro legal seu. Con este título inaugurou a dinastía de Trastámara no trono de Castela e León en 1369.

Tiña os alcumes de o magnífico e tamén el de las Mercedes (o das mercés), xa que as dispensaba con largueza para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña María de Portugal (en 1350), arrepúxose contra o medio irmán Pedro I de Castela, apoiándose no aliado Pedro IV de Aragón. Para algúns autores, a morte da mai e o asasinato do seu xemelgo Fradrique a mans do seu medio irmán Pedro, fíxolle decidirse polo camiño do crime, receando pola súa vida.

Fuxiu en 1356 para Francia, cando Pedro subiu ao trono. Recibiu axuda en 1365 do rei Carlos V de Francia, quen mandou a Bertrand du Guesclin levar a Castela as Grandes Compagnies para combater a Pedro e o seu aliado inglés, Eduardo de Woodstock, príncipe de Gales, coñecido como o Príncipe Negro. Vencido o 3 de abril de 1367 en Nájera polo Príncipe Negro, e apresado Du Guesclin, Henrique fuxiu de novo para Francia.

Unha vez liberado Bertrand du Guesclin, as forzas pedristas e henriquistas enfróntanse de novo en Montiel o 14 de marzo de 1369. Desta volta a vitoria foi para o Trastámara e os mercenarios de Du Guesclin. Pedro quedou recluído no castelo da Estrela, asediado polo exército de Henrique. Finxindo que o axudaba a escapar, Du Guesclin conduciuno a xunta de Henrique, que o asasinou o 23 de marzo de 1369.

Henrique II reinou dez anos apoiado por Francia na súa guerra contra as fillas de Pedro, alcumadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a Fernando I de Portugal e Xoán de Gante, Duque de Lancaster, pretendentes da coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En 1372 a súa frota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses o porto de La Rochelle.

O asasinato de Pedro, puxo o punto final no conflito que había moito que opuña os dous irmáns na loita polo poder. Este acontecemento traería graves consecuencias, xa que gran parte das cidades apoiaban o reinado de Pedro. Henrique parte para a Guerra dos Cen Anos, pasando a maioría do seu reinado combatendo as pretensións de Xoán de Gante, fillo de Eduardo III de Inglaterra, que reclamaba o trono por dereito da súa segunda esposa, filla de Pedro.

Henrique II foi o primeiro nobre en utilizar o anti-semitismo como unha ferramenta política en España, o que conduciu á extinción da convivencia, e a un período de tumultos e conflitos, e pode considerarse como precedente á persecución dos xudeus pola Inquisición Española, iniciada cen anos despois.

Casamento e descendencia

Pedro Castile beheading
Henrique II (sentado no trono) observando a decapitación do seu medio irmán Pedro I (manuscrito existente na Biblioteca Nacional de París).

Casou en 1350 con Xoana Manuel de Peñafiel ou de Castela (1333-1381 Salamanca), señora de Lara e Biscaia, señora de Peñafiel, de Escalona, de Villenaet; filla de Branca ou María de la Cerda (1311-1347) (filla do Infante Fernando de la Cerda, en 1328 casado con Xoana de Lara) e de Juan Manuel de Castela, señor de Villena, Peñafiel e Escalona, o Escritor, neto de Fernando III de Castela. Dela tivo dous fillos.

Máis tarde casou en segundas nupcias con Elvira Íñiguez de la Vega, coa que tivo fillos co apelido «Henríquez de Noroña».

  1. Xoán I de Castela (24 de agosto de 1358- outubro de 1390)
  2. Bastardo, Afonso, conde de Xixón e Noroña chamado Afonso Henriquez, fillo de Elvira Iñiguez de la Vega: naceu en 1355 e morreu despois de 1395. Casado en Burgos en 1373 con Isabel (1364-1395), filla bastarda de Fernando I de Portugal. Esta alianza consta dun dos artigos de paz que os dous reis celebraron. Con descendencia, inclusive os marqueses de Anxexa en Portugal.
  3. Pedro de Noroña, morto en 20 de agosto de 1452, arcebispo de Lisboa, que tivo fillos bastardos dunha Branca Perestrelo, muller de nobre condición.
  4. Tamén bastarda, tida de Elvira Iñiguez de la Vega: Infanta Leonor de Castela (1363-5 de marzo de 1415 Olite, sepultada en Pamplona). Raíña de Navarra, pois casou en Soria o 27 de maio de 1375 con Carlos de Ebreux (1350-1425), rei de Navarra dende 1387como Carlos III de Navarra, o Nobre, fillo de Carlos II e de Xoana de Francia. En 1387, pouco antes de el subir ao trono, Leonor fuxiu para Castela, ligándose a rebeldes. Cercada no seu castelo de Roa, foi aprisionada polo sobriño Henrique III de Castela, o doente, que a devolveu ao marido en 1395. Tiveron unha filla que foi Branca de Navarra ou de Ebreux, cuxo 2° marido foi Xoán II de Aragón.
  5. Infanta Xoana de Castela. Tivo o seu casamento tratado, por volta de 1378, con Pedro de Aragón, morto en 1385, marqués de Villena.
  6. de Elvira, Infanta Constanza de Castela, señora de Alba de Tormes. Casada en Valencia en 1379 co Infante Xoán de Portugal (morto en 1397) Marqués de Villena, Duque de Valencia.
  7. de Xoana de Cifuentes: Infanta Xoana de Castela, casada en 1376 co Infante Dinis de Portugal (morto en 1397).
  8. de Beatriz Ponce de León: Federico de Castela, morto en 1394, en Almodóvar del Río. Duque de Benavente. Casou con Leonor de Albuquerque. Pais de Leonor de Castela (1392-1470 en Calabazanos), casada en 1408 con Pedro Manrique de Lara, señor de Amusco.
  9. de Beatriz Ponce de León: Henrique de Castela (1378-1404), duque de Medina Sidonia.
  10. de Beatriz Ponce de León: Beatriz de Castela e Ponce de León (morto en 1409 en Sevilla) señora de Niebla. Casou en 1371 con Juan Alfonso de Guzmán (morto en 1396), señor de Medina Sidonia e Sanlúcar, Conde de Niebla, descendente directo de Guzmán el Bueno. Henrique II deulle por dote o condado de Niebla. Os Pérez de Guzmán incorporaron así ao seu escudo os Castelos e os Leóns da Casa Real de Castela, dela descendentes por Beatriz, filla e neta de reis. En 1445 Xoán II deu o título de duque de Medina Sidonia ao 3º conde de Niebla, Juan Alonso de Guzmán y Figueroa, quen arrequeceu as súas armas coa Coroa Ducal.
  11. de Beatriz Fernández: Fernando de Castela (1365-1438), señor de Puenas e Alcazovas, casado con Leonor Sarmiento.
  12. de Beatriz Fernández, María de Castela, señora de Vilafranca, casada con Diego Hurtado de Mendoza.
  13. de Leonor Álvarez (morta en 1369), Leonor de Castela, nada en Guadalaxara en 1375).
  14. de mai descoñecida: Pedro de Castela (morto en 1366 en Segovia).
  15. de mai descoñecida: Isabel de Castela, morta en 1404 en Almagro). Casada con Gonzalo de Guzmán.
  16. de mai descoñecida, Isabel de Castela, freira.

Notas

  1. A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señor de Molina
Predecesor:
Pedro I
Rei de Castela e de León
1366-1367
Blason Castille Léon.png
Sucesor:
Pedro I
Predecesor:
Pedro I
Rei de Castela e de León
1369-1379
Blason Castille Léon.png
Sucesor:
Xoán I
Predecesor:
Fernando I de Portugal
Rei de Galiza
1371-1379
Escudoreinogaliza.svg
Sucesor:
Xoán I
Almazán

Álmazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.861 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 166,53 km².

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Branca I de Navarra

Branca I de Navarra, nada en Pamplona, Reino de Navarra en 1385, e finada en Santa María la Real de Nieva, Reino de Castela, o 3 de abril de 1441, pertencente á dinastía de Évreux, foi raíña consorte de Sicilia entre 1401 e 1409, e raíña propietaria de Navarra desde 1425 até a súa morte.

Foi a segunda filla do rei Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, e da súa esposa Leonor de Trastámara, filla do rei Henrique II de Castela.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Castañeda

Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.

O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.

Castelo de Castroverde

O castelo de Castroverde é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Alvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

Condado de Ribadeo

O condado de Ribadeo é un título nobiliario galego, creado no século XIV polo rei Henrique II de Castela.

Condado de Trastámara

O de Conde de Trastámara foi un título outorgado como dignidade en diversas ocasións (e utilizado incluso polo rei Henrique II de Castela) até que foi concedido por Xoán II de Castela con carácter hereditario a Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara en 1445 e segue asociado á familia dos Osorio de Vilalobos.

No documento de concesión dicía:

As terras de Trastámara (Trans Tameris) están entre o río Tambre e o mar e danlle nome á Casa de Trastámara.

Friol

Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes (4490 no 2006, 4533 no 2005, 4580 no 2004, 4646 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «friolés».

Guerras fernandinas

As chamadas Guerras fernadinas foron unha serie de disputas polo trono de Castela entre o rei Fernando I de Portugal e o rei Henrique II de Castela e despois polo fillo deste, Xoán I de Castela, tras o asasinato de Pedro o Cruel (ou o Xusticeiro), o último descendente lexítimo da Casa de Borgoña en sentar no trono do Reino de Castela e León, a mans do seu medio irmán Henrique.Pódense dividir en tres fases: entre 1369-1370, 1372-1373 e 1381-1382.

Cada un destes tres períodos de guerra acabaron cun tratado de paz: o tratado de Alcoutim (1371), o tratado de Santarém (1373) e o tratado de Elvas (1382).

Leonor de Guzmán

Leonor de Guzmán, nada en Sevilla no 1310 e finada en Talavera de la Reina no 1351, foi unha nobre castelá, amante do rei Afonso XI de Castela. Froito da relación entre ambos naceu, entre outros, Henrique II de Castela, primeiro monarca da Casa de Trastámara. A relación entre Leonor de Guzmán e o rei de Castela serviría de inspiración para a ópera La Favorita, de Gaetano Donizetti.

Leonor de Trastámara

Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.

O Castelo, Entenza, Salceda de Caselas

O Castelo é un barrio da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas. Está situado no centro da parroquia, sendo un dos máis poboados e con máis extensión. Debe o seu nome a que aquí se asentaba o castelo de Entenza.

Ademais dos escasos restos do Castelo que aínda se poden adiviñar entre a vexetación, contra entre o seu patrimonio con varios petróglifos, fontes e incluso unha mina de auga que se di foi un dos pasadizos secretos para entrar no Castelo. A lenda di que por ese pasadizo se atravesaba o río Miño e se chegaba a Portugal.

A primeira noticia que se ten do castelo provén de Prudencio de Sandoval que afirma que en 1140 cando o conde Gomez Muñoz apoderouse dos bens da igrexa de Tui:"et particularmente alçousse con o castelo de Antenza çerca de Tui", polo que o bispo Paio Menéndez se queixou ao rei Afonso VII, que ordenou a súa devolución. Descoñécese que documentación usou para dicir que era un castelo do bispo tudense, porque en documentos posteriores contrastados afírmase que era de señorío laico e reguengo, así no ano 1217 Afonso IX fai constar que súa muller Dona Tareixa tiña os castelos de Entenza, Castelo de Sobroso, Santa Elena(Nigrán) e Teburia; ata que no ano 1371 é doado por Henrique II de Castela ó bispo de Tui pola súa axuda na Iª Guerra civil castelá.

Torre de Vilanova dos Infantes

A Torre de Vilanova dos Infantes érguese no alto dun outeiro no centro da vila medieval de Vilanova dos Infantes, a poucos quilómetros da capital do concello, Celanova, na provincia de Ourense. Foi nomeado Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.

Tratado de Alcoutim

O Tratado de Alcoutim, denominado na súa época como as Paces de Alcoutim, foi un tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 na vila arraina de Alcoutim, no Algarve, entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas.

Xoana Manuel de Villena

Xoana Manuel de Villena, coñecida tamén como Xoana Manuel. nada en 1339 e finada en 27 de marzo de 1381 en Salamanca, Reino de Castela e León, foi unha nobre castelá, que foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel e, desde o 22 de marzo de 1366, raíña consorte de Castela e León, polo seu matrimonio co infante Henrique de Trastámara, máis tarde Henrique II de Castela.

Era filla do infante Juan Manuel, señor de Villena, e de Branca Núñez de Lara.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.