Hendaia

Hendaia[1] (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Hendaia
Hendaye
Blason d'Hendaye
Hendaia jaizkibeldik
Vista de Hendaia
Localización
PaísFrancia Francia
RexiónFlag of Aquitaine.svg Nova Aquitania
DepartamentoDrapeau pyreneesatlantiques.svg Pireneos Atlánticos
DistritoBaiona
CantónHendaia
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie7,95 km²
Demografía
Poboación15.976 hab. (2011)
Densidade2.009,56
Xentiliciohendaiés, hendaiesa[1]
Outros datos
Código postal64700
AlcaldeKotte Écénarro
www.hendaia.eus
Hendaye Plage
Praia de Hendaia, ao fondo os promontorios rochosos coñecidos como les jumeaux.

Historia

Situada no medio do Bidasoa, preto de Hendaia, a illa dos Faisáns é un lugar cargado de historia: en 1463, Luís XI tivo un encontro con Henrique IV, rei de Castela; en 1526, Francisco I, prisioneiro dos españois desde a batalla de Pavía, foi liberado nesta illa a cambio dos seus dous fillos, quen permaneceron baixo arresto durante catro anos; en 1615, desenvolveuse un intercambio de infantas reais: Isabel, irmá do rei francés Luís XIII, prometida do fillo do monarca español Filipe III, e Ana de Austria, irmá daquel, prometida á súa vez do rei Luís XIII. En 1659, asinouse na illa a Paz dos Pireneos e o acordo nupcial entre Luís XIV e María Teresa, filla do rei español Filipe IV. A partir do tratado de 1856, a illa dos Faisáns pasou a pertencer tanto a Francia como a España, e desde 1901 ambos os países manteñen por quenda (seis meses cada un) o dereito á súa soberanía.

En 1923, o novelista francés Pierre Loti morreu en Hendaia, onde pasou gran parte da súa vida.

O 23 de outubro de 1940 produciuse unha entrevista histórica entre o ditador español Francisco Franco e o seu homólogo alemán Adolf Hitler. O obxecto do encontro, que se produciu no interior dun tren blindado estacionado na terminal de ferrocarril da localidade, era negociar a participación de España na Segunda Guerra Mundial xunto ás potencias do Eixe Roma-Berlín-Toquio. O réxime franquista solicitara previamente a obtención de Xibraltar e todo o territorio de Marrocos, a cambio da súa belixerancia. Con todo, Franco argüiu durante a reunión as dificultades económicas que impedían a intervención española no conflito, razón pola cal ambas as partes non chegaron a acordos de importancia.

Xeografía

Hendaye, 20.3.06
Vista da cidade dende o porto.

A cidade está na fronteira co País Vasco e é contigua á cidade vasca de Irún (Guipúscoa). Hendaia esta bañada polo Mar Cantábrico ao norte e a Baía de Txingudi (desembocadura do río Bidasoa) ao oeste, que a separa de España (Irún e Hondarribia).

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hendaiés.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

23 de outubro

O 23 de outubro é o 296º día do ano do calendario gregoriano (297ºnos anos bisestos). Quedan 69 días para finalizar o ano.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Bidasoaldea

Bidasoaldea ou Bidasoa Beherea (Baixo Bidasoa en galego) é unha comarca de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase no extremo nordés da provincia, no límite con Francia, e ocupa a parte baixa da conca do río Bidasoa.

É a comarca máis pequena de Guipúscoa e está formada por dous concellos: Hondarribia e Irún. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste coa comarca de Donostialdea, polo sur coa comarca de Bortziriak (Navarra) e polo leste cos concellos de Biriatou e Hendaia (Francia).

Xeográficamente correspóndese coa marxe esquerda do curso baixo do río Bidasoa e coa ribeira esquerda da Baía de Txingudi na que desemboca o río. A historia e indosincrasia da comarca está marcada pola súa condición fronteiriza entre España e Francia (antigamente entre Castela, Navarra e Francia). Xuntamente coa localidade francesa de Hendaia forma a comarca de Bidasoa-Txingudi.

Estación de Altsasu

A estación de Altsasu é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Altsasu, en Navarra. É a principal estación do municipio e un importante nó ferroviario da rede. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Estación de Burgos-Rosa de Lima

Burgos-Rosa de Lima é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Burgos. Atópase ao norte da cidade e foi inaugurada oficialmente o 12 de decembro de 2008 en substitución da antiga estación. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Donostia

A estación de Donostia (segundo a denominación de Adif San Sebastián/Donostia), coñecida tamén como Estación do Norte, de Atotxa ou de Iparralde, é unha das estacións de tren de Adif da cidade vasca de Donostia. Foi inaugurada en 1864 e trátase dun dos máis valiosos monumentos da cidade.

Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de proximidades na cidade. No ano 2010 foi utilizada por algo menos de 315.000 pasaxeiros (sen contar tráfico de proximidade).

Estación de Hendaia

A estación de Hendaia (en francés: gare d'Hendaye) é a principal estación ferroviaria da localidade de Hendaia, en Francia. É unha estación internacional situada moi preto da fronteira francoespañola e por ela circulan trens operados por SNCF e Renfe.

Estación de Irún

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Estación de Miranda de Ebro

A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. As súas instalacións complétanse cunha estación de clasificación chamada Miranda de Ebro-Mercadorías.

Estación de Valladolid-Campo Grande

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.

Estación de Vitoria

A estación de Vitoria-Gasteiz é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Vitoria, no País Vasco. É a principal estación da provincia de Áraba, con máis de 500.000 viaxeiros en 2010. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Zumarraga

A estación de Zumarraga é unha estación de tren de Adif do concello de Zumarraga, en Guipúscoa. Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia. Ten tamén funcións loxísticas.

Estrella, Renfe

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construirse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Hondarribia

Hondarribia é un municipio situado no extremo nordeste da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Atópase a uns 20 km ao leste da capital, Donostia, na desembocadura do río Bidasoa, que fai de fronteira natural coa localidade francesa de Hendaia. Pertence á comarca de Bidasoa Beherea.

É unha localidade de carácter turístico e residencial de case 17.000 habitantes. Nela atópase o aeroporto de Donostia, coñecido pola súa situación tamén como aeroporto de Hondarribia.

Iparralde

Iparralde (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.

O Iparralde comprende aproximadamente a metade occidental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos, e está formado polas tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).

Ademais do francés, lingua oficial, fálase no seu territorio éuscaro. Malia non ter oficialidade, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.

A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados son Biarritz, Hendaia ou Maule.

Irún

Irún (oficialmente e en éuscaro: Irun) é un concello e cidade do norte de España, en Guipúscoa, fronteirizo con Francia, país do que se atopa separado polo río Bidasoa. Forma xunto co veciño concello de Hondarribia a comarca de Bidasoa Beherea.

Trátase da segunda cidade máis importante de Guipúscoa tras a súa capital, Donostia, contando cunha poboación de 60.951 habitantes (INE 2009), aínda que a aglomeración urbana de Irún (a chamada comarca de Bidasoa-Txingudi, que sumaría as cidades de Hendaia e Hondarribia) supera os 95.000 habitantes.É a maior das tres cidades cunha vasta extensión e grandes bloques de vivendas como son o barrio do Pinar, Artia, Dumboa e San Miguel (rúa Hondarribia). Polo seu aspecto dá impresión de ser unha cidade maior do que é. Aínda así, a zona vella non é un, é dicir, os restos están repartidos por todo Irún a causa do incendio provocado en 1936 que destruíu a maior parte da cidade e tivo que reconstruírse.

A economía da cidade vira ao redor da súa importancia como paso fronteirizo entre Francia e España; proba diso é o distrito de Behobia, coa súa impoñente torre de oficinas en construción chamada "torre ZAISA". É o principal paso fronteirizo entre estes dous países xunto coa localidade catalá de La Jonquera. É un importante nó ferroviario, loxístico e de transportes. Conta tamén cun importante comercio e certa industria.

Lapurdi

Lapurdi[Cómpre referencia] é unha das sete provincias históricas que forman o histórico Euskal Herria, no territorio coñecido coma o Iparralde. Pertence ao Estado francés. Limita ao sur coa Guipúscoa e Navarra, ao leste coa Baixa Navarra, ao oeste co Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia) e ao norte co departamento francés de Landes. Ten aproximadamente uns 200.000 habitantes, un 25% dos cales falan éuscaro. A súa capital é Baiona, sendo outras cidades importantes Biarritz e Hendaia.

Río Bidasoa

O río Bidasoa (en francés Bidassoa), tamén chamado río Baztan en Baztan, é un curso fluvial do País Vasco, que atravesa as provincias de Navarra e Guipúscoa e separa esta de Lapurdi (Francia).

Comunas do departamento de Pireneos Atlánticos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.