Hen Wlad Fy Nhadau

Hen Wlad Fy Nhadau (pronunciado /Hen ulad ven hadai/, habitualmente traducido ao galego como A terra dos meus pais, mais literalmente significa O vello país dos meus pais). É, actualmente, o himno nacional do País de Gales. Foi escrito por Evan James e a melodía composta polo seu fillo, James James, ambos veciños de Pontypridd, Glamorgan, en xaneiro de 1856. O manuscrito máis antigo aínda é conservado e forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales.

Hen Wlad Fy Nhadau
En galego: A terra dos meus pais
Himno deGales Gales
LetraEvan James
1856
MúsicaJames James
1856
Mostra da música
Hen Wlad Fy Nhadau (Instrumental)

Letra en galés

Mae hen wlad fy nhadau yn annwyl i mi,
Gwlad beirdd a chantorion, enwogion o fri;
Ei gwrol ryfelwyr, gwladgarwyr tra mâd,
Dros ryddid gollasant eu gwaed.

Gwlad, gwlad, pleidiol wyf i'm gwlad.
Tra môr yn fur i'r bur hoff bau,
O bydded i'r hen iaith barhau.

Hen Gymru fynyddig, paradwys y bardd,
Pob dyffryn, pob clogwyn, i'm golwg sydd hardd;
Trwy deimlad gwladgarol, mor swynol yw si
Ei nentydd, afonydd, i mi.

Os treisiodd y gelyn fy ngwlad tan ei droed,
Mae hen iaith y Cymry mor fyw ag erioed,
Ni luddiwyd yr awen gan erchyll law brad,
Na thelyn berseiniol fy ngwlad.

Tradución ao galego

A vella terra dos meus pais é moi importante para min,
terra onde os xograres son honrados e ceibes
Os seus belixerantes guerreiros, grandes patriotas,
Pola liberdade o seu sangue que deron

Terra!, Terra!, eu son da miña terra!
Polos mares hai un puro muro, a terra máis amada,
Onde a vella lingua perdura.

Vello montañoso Gales, paraíso do bardo,
Cada val, cada cantil, é o máis fermoso,
A través do sentimento patriótico, o encantador fungar
dos arroios, ríos cara min

Se o inimigo oprime a miña terra baixo o seu pé,
a vella lingua dos galeses seguira viva sempre.
A musa non se verá obstaculizada pola traizón ,
tampouco a a melodiosa arpa do meu país.

Bretaña

A Bretaña (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Bro gozh ma zadoù

Bro gozh ma zadoù (en galego: A terra dos meus devanceiros) é o himno da Bretaña. Foi composto o 1919 e a letra é de François Taldir-Jaffrenou (1879-1956). Este himno está inspirado no himno de Gales, Hen Wlad Fy Nhadau, composto polo bardo galés Evan James o 1856 e musicado polo seu fillo James James.

Escoitouse por primeira vez en 1898 durante a Resistencia de Morlaix, imprimíndose en follas volantes co subtítulo Henvelidigez (Adaptación). A melodía dos tres cantos é idéntica. Foi recollida no libro An Delen Dir en 1900, e empezou a ser cantado nas reunións de estudantes bretóns de Rennes, que fixeron o seu propio himno. No Congreso de Lesneven de 1903 foi escollido polo xurado da Unión Rexionalista Bretoa como "canto nacional" por mor da irmandade entre os galeses e os bretóns. Maurice Duhamel rexistrou a cantiga para piano en 1910.

Gales

O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.

O ascetismo monástico galés, un sistema lexislativo secular altamente desenvolvido (Cyfraith Hywel) e unha tradición literaria distintiva ilustran un sentido forte da identidade cultural, que emerxeu nos galeses despois da retirada romana de Gran Bretaña no século V. Dos principais principados e reinos que existían en Gales, Gwynedd conservou a independencia ata o século XIII, cando foi conquistado tamén por Inglaterra. Porén, a anexión e a abolición formais da lei galesa non ocorreron ata o século XVI. O País de Gales (con todas as rexións unidas baixo un goberno) nunca foi un estado soberano, aínda que un número de principados rivais seguían sendo independentes ata a conquista inglesa. A partir do século XIX o País de Gales converteuse nunha das rexións máis industralizadas da época, provendo ao imperio británico e ás súas colonias extensas cantidades de carbón e de aceiro. O sector do servizo alcanzou só recentemente á industria como principal sector na economía de Gales. A pesar dun PIB máis baixo que o doutras rexións da Gran Bretaña, o diferencial entre o nivel de vida no País de Gales con outras partes de Gran Bretaña, non é excesivamente pronunciado. A partir do século XX ten lugar un renacemento da conciencia nacional galesa (xunto cun cambio de tendencia no descenso da lingua galesa).

Literatura galesa

A literatura galesa é a feita en galés (cymraeg) no País de Gales, nación que forma parte do Reino Unido da Gran Bretaña.

Selección de rugby de Gales

A Selección de rugby de Gales (en galés: Tîm rygbi'r undeb cenedlaethol Cymru) representa ao País de Gales en torneos internacionais de rugby. Compite cada ano coas seleccións de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda e Italia no Torneo das Seis Nacións. Gales ten gañado este torneo 24 ocasións, sendo o segundo no palmarés tras Inglaterra. A selección tamén compite na Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, sendo o seu mellor resultado até o de agora terceiro en 1987. A International Rugby Board (IRB) considera a Gales como unha nación Tier One (de primeiro nivel), e actualmente ocupa o sétimo posto na Clasificación da IRB a 19 de setembro de 2011.

O corpo gobernante da mesma é a Unión de Rugby Galesa, que foi fundada en 1881, o mesmo ano que xogaron o seu primeiro encontro fronte a Inglaterra. As actuacións de Gales no Home Nations Championship (agora o Seis Nacións foi mellorando de xeito exponencial, chegando á súa primeira "idade de ouro" entre 1900 e 1911. No seu primeiro encontro fronte á Nova Zelandia, coñecidos coma os All Blacks, en 1905, gañaron por 3:0 nun encontro moi famoso no Cardiff Arms Park. O rugby galés baixou de nivel entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial, mais experimentou unha segunda "idade de ouro" entre 1969 e 1982 cando gañaron cinco campionatos do Cinco Nacións (incluíndo tres vitorias compartidas). Xogaron a primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 onde acadaron a súa mellor clasificación ata o de hoxe neste torneo, terceiros. Despois da declaración oficial da profesionalización do rugby pola IRB en 1995, Gales acolleu a Copa do Mundo de Rugby 1999 e, en 2005, acadou o seu primeiro Grand Slam no Seis Nacións, seguido por un segundo en 2008.

Os xogadores actuais máis destacados son Ryan Jones e o Xogador Internacional do Ano da IRB en 2008, Shane Williams. Williams ademais conseguiu máis ensaios que ningún outro xogador na historia de Gales con 55.

Gales xoga con camisolas vermellas coas Plumas do Príncipe de Gales. O seu actual estadio é o Millennium Stadium en Cardiff, rematado de construír en 1999 para substituír ao Estadio Nacional de Cardiff Arms Park. Dez antigos xogadores de Gales forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby, e un deles foi incluído no Salón da Fama da IRB.

Selección de rugby de Nova Zelandia

A Selección de rugby de Nova Zelandia, coñecida coma os All Blacks, representa a Nova Zelandia en rugby. O rugby está considerado nestas illas coma un deporte nacional e ademais, o equipo ten máis vitorias que derrotas contra tódalas seleccións do mundo, incluído os British and Irish Lions (combinado de xogadores das distintas seleccións das Illas Británicas).

Nova Zelandia compite anualmente con Australia (os Wallabies) e Suráfrica (os Springboks) no Torneo das Tres Nacións, sendo campións deste torneo até en nove ocasións nos seus trece anos de historia. Ademais tamén ten no seu poder a Bledisloe Cup, pola que compite anualmente fronte Australia, nun partido incluído dentro do propio Tres Nacións. Cómpre destacar que os neozelandeses completaron en tres ocasións durante a súa historia o Grand Slam Tour (en 1978, 2005 e 2008), por vencer ás catro seleccións das Illas Británicas, as 'Home Nations, nun mesmo ano.

Nova Zelandia ocupa actualmente o primeiro posto na listaxe mundial de seleccións da IRB e foron nomeados Equipo do Ano da International Rugby Board (IRB) en 2005, 2006 e 2008. Catorce antigos All Blacks foron incluídos no Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), un no IRB Hall of Fame.

O equipo competiu por primeira vez en 1884 contra o condado de Cumberland, en Nova Gales do Sur, e xogou o seu primeiro partido internacional en 1903 cunha vitoria fronte a selección australiana. Este encontro foi seguido por unha xira no hemisferio norte en 1905, durante a cal só perdeu fronte a Gales en Cardiff.

Os All Blacks completaron as súa primeira series cunha vitoria fronte os Springboks, os seus eternos rivais, en Nova Zelandia en 1956. Unha década máis tarde conseguiron a súa meirande racha de vitorias, gañando dezasete encontros consecutivos ente 1965 e 1970. Os British and Irish Lions conseguiron a súa única vitoria nunhas series fronte Nova Zelandia en 1971, mais sete anos despois os All Blacks conseguiron o seu primeiro Grand Slam, gañando a Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda na mesma xira.

Na xira dos Springboks por Nova Zelandia en 1981 causáronse grandes disturbios civís polas protestas contra a política do apartheid en Suráfrica. En 1987 Nova Zelandia acolleu xunto con Australia a primeira Copa do Mundo de Rugby, competición da que saíu vitoriosa. Na primeira xira post-apartheid dos All Blacks por Suráfrica en 1996 supuxo a primeira vitoria neozelandesa dunha serie en territorio surafricano.

Nos seus comezos os uniformes dos All Blacks consistían nun xersei negro cun fento de cor prata e pantalóns branco, mais na xira de 1905 pasou a vestir completamente de negro, polo que sen pensa que pasaron a recibir o nome de All Blacks (é dicir Todos de Negro en galego) por iso, pese a todo créese que en realidade o nome ven da dexeneración do nome All Backs (véxase Historia neste mesmo artigo). Antes do comezo dos partidos o equipo representa a tradicional haka (unha postura de baile maorí), habitualmente a haka representada é a Ka Mate de Te Rauparah, mais dende 2005, Kapa o Pango, unha versión modificada da haka dos All Blacks de 1924, Kia Whaka-ngawari, é ocasionalmente realizada.

En 2008, Nova Zelandia acadou un meritorio rexistro de vitorias en partidos internacionais de 13-2, sendo soamente derrotados por Suráfrica e Australia durante o torneo Tri Nations.

Torneo das Seis Nacións

O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.

O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).

Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).

Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.