Hemisferio norte

O hemisferio norte (ou boreal ou setentrional) é a metade da Terra ao norte do ecuador. Este hemisferio contén ó redor do 89-90% da poboación humana.

Nas rexións temperadas do hemisferio o inverno vai dende decembro ata febreiro e o verán vai dende xuño ata agosto.

Debido aos movementos da Terra, teoricamente os invernos do hemisferio norte deberían ser máis curtos e menos severos que os do hemisferio sur a latitudes equivalentes. Na práctica, os efectos moderadores dos océanos do hemisferio sur fan que sexan moi similares.

As rexións ao norte do Círculo Polar Ártico experimentan fases no verán nas que o sol nunca se pon, e fases no inverno nas que o sol nunca sae. A duración destas fases poden variar dende varios días nas zonas próximas ao círculo polar ata varios meses no Polo Norte.

O Hemisferio norte, en ocre.

Continentes e países no Hemisferio Norte

Northern Hemisphere LamAz
Hemisferio Norte

Continentes no Hemisferio Norte:

Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a África:

Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a Asia:

Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a América do Sur:

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Coníferas

As coníferas (do latín cōnum < grego κῶνος "cono, piña" e fer- "levar") son as plantas ximnospermas da división Coniferophyta (ou Pinophyta), na súa maior parte árbores, mais tamén arbustos escandentes, presentes nas rexións tropicais e temperadas do planeta, onde son a principal compoñente da flora alpina. Son os vexetais capaces de vivir máis tempo: entre os piñeiro de California, hai exemplares con máis de 4.600 anos. No Hemisferio Norte, as coníferas forman extensos bosques en zonas de clima rigoroso que non poden poboarse por outras especies de árbores.

Exemplos de coníferas son as árbores do xénero Pinus, como os piñeiros de Europa (P. pinaster, P. pinea, P. sylvestris etc.), os abetos, as sequoias, os lárices, as piceas, os cedros, os alciprestes, as araucarias etc. As sequoias de California considéranse xigantes pola súa altura e robustez, unha vez que chegan a medir máis de 100 m de altura e poden vivir máis de 3.000 anos.

Delphinus (constelación)

Delphinus ou Golfiño, é unha pequena constelación do hemisferio norte moi preto do ecuador celestial. Xa fóra inserida na lista de Tolomeo de 48 constelacións e tamén forma parte da lista moderna de 88 constelacións aprobadas pola UAI.

Delphinus ten o aspecto dun golfiño ó saltar e pode ser recoñecida de xeito dóado no firmamento. Atopase rodeada por Vulpecula (a raposa), Sagitta (a frecha), (Aquila) a aguia , a constelación zodiacal de Acuario, o pequeno cabalo Equuleus e finalmente por Pegaso, o cabalo alado. Outro xeito de recoñecela é por ter unha forma semellante a dunha cometa é polo seu pequeno tamaño.

Draco

Draco ou Dragón é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.

Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.

Ecuador terrestre

O ecuador é un plano imaxinario que divide á Terra en dúas, de xeito perpendicular ó eixe de xiro dela, e equidistante do Polo Norte e do Polo Sur. A súa expresión xeográfica é unha liña imaxinaria que pasa, entre outros países, por Ecuador (ao que dá nome), Brasil e Guinea Ecuatorial.

A Liña do Ecuador é unha liña xeográfica imaxinaria que está situada a igual distancia dos polos, dividindo a Terra á metade, no punto onde a superficie do planeta, aproximadamente esférica, é perpendicular ó eixo de rotación. A liña do Ecuador divide a superficie terrestre en Hemisferio norte ou Setentrional, e Hemisferio sur ou Meridional.

A súa latitude (distancia en graos dun lugar calquera ata a liña do Ecuador) é por definición o grao cero. A Liña do Ecuador mide uns 40.070 km.

Equinoccio

Os equinoccios son os dous puntos de intersección do plano da eclíptica co plano ecuatorial da esfera celeste, isto prodúcese dúas veces ao ano, nos chamados primeiros Puntos de Aries e Libra.

Tamén se pode definir como as dúas datas do ano nas que a órbita da Terra arredor do Sol (a eclíptica) atravesa o plano orbital da Terra en relación ao fondo de estrelas, ou ecuador celeste, e polo tanto, o Sol está á mesma distancia do Polo norte e sur terrestres.

Eurasia

Eurasia ( pronunciación ) é a masa que forma en conxunto a Europa e maila Asia. Pode ser considerada como un continente, ou mesmo un supercontinente composto polos continentes europeo e asiático, separados pola cordilleira dos Montes Urais. É común e correcto que se considere a Eurasia como un continente real dende o punto de vista fisioxeográfico e xeolóxico.

Eurasia localízase primordialmente no hemisferio norte e hemisferio oriental, e ten unha área aproximada de 52 990 000 km², que é o de 10,6% da superficie da Terra e o 36,2 do área terrestre. Ten máis de 5.000 millóns de persoas, o que equivale ó 72,5% da poboación mundial.

A subdivisión tradicional entre Asia e Europa presenta límites non muy precisos; comunmente defínese unha liña divisoria ó largo dos montes Urais, o río Ural, o mar Caspio, os montes do Cáucaso, o mar Negro, os estreitos do Bósforo e o Dardanelos, e o mar Exeo.

Hemisferio

Un hemisferio (do latín, e á súa vez do grego; hemi= medio e sphaira= esfera) é cada unha das metades en que un plano que pasa polo o seu centro divide unha esfera.

Na Terra considéranse os hemisferios a partir da Liña do Ecuador. Ao norte, o chamado hemisferio boreal ou hemisferio norte, e ao sur o chamado hemisferio austral ou hemisferio sur.

Tamén, a partir do Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º), divídese á Terra nun hemisferio oriental e un hemisferio occidental.

Os mesmos conceptos aplícanse á esfera celeste.

Hemisferio sur

O hemisferio sur, hemisferio austral ou hemisferio meridional é a metade da Terra ao sur do ecuador.A meirande parte do Hemisferio corresponde a océanos, que inclúe a maior parte do Pacífico e do Índico, a totalidade o Océano Glacial Antártico e a metade meridional do Atlántico. As masas terrestres concéntranse principalmente no continente antártico, Sudamérica, gran parte de Oceanía, a parte austral de África e algunhas illas de Asia.

As estacións sucédense de forma inversa ó Hemisferio norte. O verán esténdese entre decembro e marzo, mentres o inverno faino entre xuño e setembro. Preto do 10% da poboación mundial habita neste hemisferio .

O portugués é a lingua máis falada no hemisferio sur, coa Angola, Mozambique, Timor Leste e destacando coa maior poboación do Brasil.

Hóckey sobre xeo

O hóckey sobre xeo é un deporte que se xoga entre dous equipos de seis xogadores con patíns sobre unha pista de xeo. Os patinadores deben dirixir un disco de caucho (puck) cun bastón longo (stick), para tratar de anotar na portaría do rival. Ao termo dun partido, o equipo que máis goles marcou gana.

Esta variante do hóckey caracterízase por ser un deporte físico; os xogadores poden realizar cargas co corpo sobre o rival para tratar de arrebatarlle o control do puck, polo que os xogadores adoitan ir equipados con toda clase de proteccións. É tamén un dos xogos máis rápidos, debido a que a fricción do disco e os patíns sobre o xeo é mínima, e un dos poucos deportes que permiten realizar cambios de xogadores de forma ilimitada e sen necesidade de interromper o xogo.

Inventouse a finais do século XIX no Canadá, onde está considerado como o seu deporte nacional. Ademais, tamén goza de bastante popularidade en Estados Unidos, Suecia, Finlandia, Europa Central e Rusia, e mesmo está considerado como a principal variante de hóckey en países do hemisferio norte con climas fríos. O seu principal órgano reitor a nivel internacional é a Federación Internacional de Hockey sobre Xeo.

Inverno

O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera). En Galicia caracterízase principalmente pola importante baixada das temperaturas, o que unido ás altas precipitacións dan lugar a habituais neves en zonas de certa altitude.

Latitude

Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral).

Lynx (constelación)

Lynx ou Lince é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.

Osa Menor

Osa Menor é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que sería a parte fonda do carro e as outras tres serían o que sería o mastro do carro.

O elemento máis coñecido da Osa Menor é a estrela Polar, a cal atopase situada na prolongación do eixe da terra, de modo que está fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que ten sido empregada polos navegantes coma punto de referencia na súas viaxes. Á parte da estrela Polar, a Osa Menor carece de elementos de interese para o afeccionado á astronomía.

Dada a súa situación, a Osa Menor só pode verse no hemisferio norte, pero a cambio, nese hemisferio pódese ver todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento do hemisferio norte.

Outono

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.

Pato

Pato ou parrulo é o nome común para varios tipos de aves da familia dos anátidos. Son na súa maioría aves acuáticas de auga doce e salgada, nadadoras ou mergulladoras, que se somerxen total ou parcialmente para conseguir o alimento, e que presenta cores moi variadas que adoitan seren máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.Son menores en tamaño que os seus parentes os cisnes e os gansos.

Os patos aliméntanse dunha variedade grande de fontes alimenticias, como herbas, grans, plantas acuáticas, peixes, insectos etc.

Os patos domésticos son criados pola súa carne, ovos e as súas plumas.

Os machos de especies do hemisferio norte teñen coloridas plumaxes que mudan en verán, o que lles outorga unha aparencia máis feminina nesa época. En moitas especies, os machos adultos pasan épocas sen voaren porque buscan protexer o seu hábitat, para o que teñen suficiente alimento de reserva. Normalmente, posteriormente á muda da pluma, hai unha migración.

Primavera

Este artigo trata sobre a estación do ano, para a planta, ver artigo: Cáncaro.

A primavera é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur.

Verán

O verán (normalmente pronunciado v'ran ou v'rao) ou estío é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.

Climaticamente, caracterízase por temperaturas máis elevadas, ó incidir o Sol durante máis tempo e máis perpendicularmente á superficie terrestre.

Volans

Volans ou Peixe voador, é unha constelación que só se pode ver, practicamente, dende lugares localizados no hemisferio sur terrestre (a excepción de algúns lugares no hemisferio norte, próximos ó ecuador). Esta foi unha das creacións dos navegantes neerlandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597. Apareceu por primeira vez nos mapas estelares preparados polo astrónomo alemán Johann Bayer publicados na Uranometria de (1603).

Xuño

Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.