Hej, Sloveni

Hej, Sloveni (en serbocroata Ei, Eslavos) foi o himno nacional da República Federal Socialista de Iugoslavia entre a súa formación en 1945 e a súa disolución en 1992, da República Federal de Iugoslavia dende ese ano até 2003 e de Serbia e Montenegro dende ese ano até a súa disolución en 2006. O himno tiña versións oficiais en serbocroata, esloveno e macedonio. A letra é de Samuel Tomasik e a música, baseada no himno polaco Mazurek Dąbrowskiego, de Kleofas Oginski. Dedicado en xeral ao pobo eslavo e adoptado polo paneslavismo, o seu título orixinal era Hej, Slováci (Hey, Eslovacos); foi himno nacional non-oficial da breve República Eslovaca e é de feito considerado un himno non oficial dos eslovacos.

Hej, Sloveni
En galego: Ei, Eslavos
Flag of Yugoslavia (1946-1992)
Himno deIugoslavia Iugoslavia
LetraSamuel Tomášik
1834
MúsicaDescoñecido
Adoptado1977 (por lei)
1988 (pola consitución)
Até1991
2006
Mostra da música
Himno de Iugoslavia (instrumental)

Letra

Bosnio, Croata e Serbio (en cirílico)

Hej Sloveni, jošte živi

Riječ naših djedova

Dok za narod srce bije

Njihovih sinova

Živi, živi duh slovenski

Živjet će vjekov'ma

Zalud prijeti ponor pakla

Zalud vatra groma

Nek se sada i nad nama

Burom sve raznese

Stijena puca, dub se lama

Zemlja nek se trese

Mi stojimo postojano

Kano klisurine

Proklet bio izdajica

Svoje domovine!

Хеј Словени, јоште живи

Дух наших дедова

Док за народ срце бије

Њихових синова

Живи, живи дух словенски

Живеће веков'ма

Залуд прети понор пакла,

Залуд ватра грома

Нек' се сада и над нама

Буром све разнесе

Стена пуца, дуб се лама,

Земља нек' се тресе

Ми стојимо постојано

Кано клисурине,

Проклет био издајица

Своје домовине!

Eslovaco

Hej, Slováci, ešte naša

slovenská reč žije,

Dokiaľ naše verné srdce

za náš národ bije.

Žije, žije, duch slovenský,

bude žiť na veky,

Hrom a peklo, márne vaše

proti nám sú vzteky!

Jazyka dar sveril nám Boh,

Boh náš hromovládny,

Nesmie nám ho teda vyrvať

na tom svete žiadny;

I nechže je koľko ľudí,

toľko čertov v svete;

Boh je s nami: kto proti nám,

toho parom zmetie.

I nechže sa aj nad nami

hrozná búrka vznesie,

Skala puká, dub sa láme

a zem nech sa trasie;

My stojíme stále pevne,

ako múry hradné

Čierna zem pohltí toho,

kto odstúpi zradne!

Esloveno

Hej Slovani, naša reč

slovanska živo klije

dokler naše verno srce

za naš narod bije

Živi, živi, duh slovanski,

bodi živ na veke,

grom in peklo, prazne vaše

proti nam so steke

Naj tedaj nad nami

strašna burja se le znese,

skala poka, dob se lomi,

zemlja naj se strese

Bratje, mi stojimo trdno

kakor zidi grada,

Macedonio

Еј, Словени, жив е тука

зборот свет на родот

штом за народ срце чука

преку син во внукот!

Жив е вечно, жив е духот

словенски во слога.

Не нè плашат адски бездни

ниту громов оган!

Пустошејќи, нека бура

и над нас се втурне!

Пука даб и карпа сура,

тлото ќе се урне:

Стоиме на стамен-прагот

- клисури и бедем!

Проклет да е тој што предал

Родина на врагот!

Véxase tamén

Ligazóns externas

Paneslavismo

O paneslavismo é un movemento político e cultural, nacido dun movemento nacionalista, cuxo obxectivo era a unión cultural, relixiosa e política dos diversos pobos eslavos de Europa nunha soa entitade política.

Este movemento naceu a principis do século XIX, provocando o xurdimento doutros movementos similares, como o panescandinavismo. Alcanzou o seu máximo apoxeo coa disgregación do Imperio otomán, o que supuxo a liberación de varios pobos eslavos meridionais.

O paneslavismo ruso fomentaba movementos nacionalistas dos pobos eslavos sotmetidos a outras potencias, cousa que non podía tolerada por Austria, que vía ameazada a unidade interna do seu imperio, cousa que finalment sucedeu na Primeira Guerra Mundial.

O paneslavismo usaba como símbolos as cores que están presentes hoxe na maioría das bandeiras dos países eslavos: vermello, branco e azul.

República Democrática Federal de Iugoslavia

Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de IugoslaviaA República Democrática Federal de Iugoslavia (en croata: Demokratska Federativna Jugoslavija, en esloveno: Demokratična Federativna Jugoslavija, en macedonio e serbio: Демократска Федеративна Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1943 e 1946, sendo substituído polo de República Federal Popular de Iugoslavia e finalmente, en 1963 polo de República Federal Socialista de Iugoslavia.

A República Democrática Federal de Iugoslavia xurdiu tras a vitoria dos partisanos, liderados por Josip Broz Tito, contra os alemáns e croatas. O Partido Comunista de Iugoslavia chegou ao poder, e aplicou un sistema económico socialista de corte leninista. Tito converteuse en Primeiro Ministro.

República Federal Popular de Iugoslavia

Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de IugoslaviaA República Federal Popular de Iugoslavia (en croata: Federativna Narodna Republika Jugoslavija, en esloveno: Federativna Ljudska Republika Jugoslavija, en macedonio e serbio: Федеративна Народна Република Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1946 e 1963, que substituíu á República Democrática Federal de Iugoslavia, e que foi substituído polo de República Federal Socialista de Iugoslavia.

Foi gobernada polo Partido Comunista de Iugoslavia, sendo o Primeiro Ministro Josip Broz Tito. O Partido Comunista de Iugoslavia foi expulsado da Internacional Comunista polas súas críticas a Stalin. Durante a República Federal Popular de Iugoslavia comezáronse a adoptar medidas descentralizadoras, que posteriormente darían lugar ao socialismo autoxestionario, sistema económico que se engloba dentro das experiencias do socialismo de mercado.

República Federal Socialista de Iugoslavia

A República Federal Socialista de Iugoslavia (abreviado: RFSI, en croata e esloveno: Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija, en serbio e mecedonio: Социјалистичка Федеративна Република Југославија, en albanés: Republika Socialiste Federative e Jugosllavisë, en húngaro: Jugoszláv Szocialista Szövetségi Köztársaság) foi un estado socialista europeo que existiu entre os anos 1963 e 1992, substituíndo na súa creación á República Federal Popular de Iugoslavia.

Estaba formada por Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Macedonia e Montenegro. Foi gobernada ata o ano 1980 por Josip Broz Tito, quen a diferenza doutros países comunistas de Europa, elixiu un camiño independente ao da Unión Soviética, manténdose así distanciado dos países do Bloque do Leste, chegando a criticar as intervencións en Hungría, Checoslovaquia e Afganistán. Así pois non foi membro nin do Pacto de Varsovia nin da OTAN, sendo un dos creadores do Movemento de Países Non Aliñados no ano 1956.

República Federal de Iugoslavia

A República Federal de Iugoslavia foi un estado federal formado polas repúblicas de Serbia e de Montenegro en 1992 e que no ano 2003 foi renomeado por Serbia e Montenegro. A capital foi a cidade de Belgrado.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.