Heinrich Rudolf Hertz

Heinrich Rudolf Hertz, nado en Hamburgo o 22 de febreiro de 1857 e finado en Bonn o 1 de xaneiro de 1894, foi un físico alemán. Na súa honra noméase hertz á unidade de frecuencia do SE.

En 1888, foi o primeiro en demostrar a existencia da radiación electromagnética construíndo un aparello para producir ondas de radio.

Heinrich Rudolf Hertz
Heinrich Hertz
Heinrich Hertz cara 1893
Datos persoais
Nacemento22 de febreiro de 1857
LugarHamburgo, War ensign of the German Empire Navy 1848-1852.svg Confederación Xermánica
Falecemento1 de xaneiro de 1894
(36 anos)
LugarBonn, Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán
Causasepse
SoterradoCemitério de Ohlsdorf
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
CónxuxeElizabeth Doll
FillosMathilde Carmen Hertz
Actividade
CampoFísica
Electromagnetismo
Alma máterUniversidade de Múnic, Universidade Humboldt de Berlín, Universidade Técnica de Munique e Universidade Técnica de Dresden
Director de teseHermann von Helmholtz
Contribucións e premios
Coñecido porRadiación electromagnética
Efecto fotoeléctrico
PremiosMedalha Rumford, Medalla Matteucci e Prix La Caze
Autograph of Heinrich Hertz

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia xudía que se converteu ao cristianismo. O seu pai era conselleiro en Hamburgo, a súa nai a filla dun médico rico.

Mentres estudaba na Universidade de Berlín, demostrou aptitudes tanto para as ciencias como para as linguas, aprendendo árabe e sánscrito. Estudou ciencias e enxeñaría nas cidades alemás de Dresde, Múnic e Berlín. Foi estudante de Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz.

Obtivo o seu doutoramento en 1880 e continuou como pupilo de Helmholtz ata 1883, ano no que foi nomeado profesor de física teórica na universidade de Kiel. En 1885 fíxose profesor na universidade de Karlsruhe, onde descubriu as ondas electromagnéticas.

A partir do experimento de Michelson en 1881 (precursor do experimento de Michelson-Morley en 1887), que refutou a existencia do éter luminífero, Hertz reformulou as ecuacións de Maxwell para ter en conta o novo descubrimento. Probou experimentalmente que os sinais eléctricos poden viaxar a través do ar libre, como predeciran James Clerk Maxwell e Michael Faraday.

Tamén descubriu o efecto fotoeléctrico (explicado máis adiante por Albert Einstein) ao se decatar que un obxecto cargado perde a súa carga máis doadamente ao ser iluminado pola luz ultravioleta.

Morreu de septicemia con 37 anos. O seu sobriño Gustav Ludwig Hertz foi gañador do premio Nobel, e o fillo de Gustav, Carl Hellmuth Hertz, inventou a ultrasonografía médica.

1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

22 de febreiro

O 22 de febreiro é o 53º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 312 días para finalizar o ano, 313 nos anos bisestos.

Alemaña

Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.

Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a. C. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano que duraría ata o ano 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a guerra franco-prusiana. Trala segunda guerra mundial, Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadas polas tropas aliadas en 1949. Os dous países reunificáronse de novo en 1990. Alemaña foi un membro fundador da Comunidade Económica Europea en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou a moeda da Unión, o Euro, en 1999.

Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (en alemán: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. É membro das Nacións Unidas, OTAN, o G8, e do G4; así mesmo foi un dos países asinantes do protocolo de Quioto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento, e o sexto en gasto militar. O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder científico e tecnolóxico en diversos eidos.

Gustav Ludwig Hertz

Gustav Ludwig Hertz, nado en Hamburgo o 22 de xullo de 1887 e finado en Berlín o 30 de outubro de 1975, foi un físico alemán. Era sobriño de Heinrich Rudolf Hertz. Foi o gañador do Premio Nobel de Física de 1925 polos seus estudos, en cooperación con James Franck, sobre o paso de electróns a través dun gas.

Heinrich Daniel Ruhmkorff

Heinrich Daniel Ruhmkorff, nado o 15 de xaneiro de 1803 en Hannover e finado o 20 de decembro de 1877 en París, foi un enxeñeiro alemán.

Hermann von Helmholtz

Hermann Ludwig Ferdinand von Helmholtz (31 de agosto de 1821 - 8 de setembro de 1894). Foi un médico e físico alemán.

Hertz

O hertz (símbolo Hz), tamén chamado hercio, é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s−1, 1/s).

A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo. O nome foi establecido pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930. Este foi adoptado pola Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM, Conférence générale des poids et mesures) en 1960, substituíndo o nome anterior de ciclos por segundo (cps), así como os seus múltiplos relacionados, principalmente quilociclos por segundo (kc/s), megaciclos por segundo (Mc/s) e ocasionalmente quilomegaciclo por segundo (kMc/s) e xigaciclo por segundo (Gc/s).

Un hercio representa un ciclo por cada segundo, entendendo ciclo como a repetición dun suceso. Por exemplo, o hercio aplícase na física para a medición da cantidade de veces por un segundo que se repite unha onda (xa sexa sonora ou electromagnética), magnitude denominada frecuencia e que é, neste sentido, a inversa do período. Un hercio é a frecuencia dunha partícula puntual nun período dun segundo.

Por exemplo, a luz vermella ten unha frecuencia de preto de 4.6×1014 Hz. A enerxía eléctrica, en corrente alterna, chega ao consumidor (fogar, industria) coa frecuencia de 50 Hz ou 60 Hz, dependendo do país ou rexión.

Historia da electricidade

A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.

O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía. Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución.

Historia da radio

A historia da radio describe os pasos importantes na evolución da radiocomunicación e o medio de comunicación chamado radio desde o descubrimento das ondas de radio ata a actualidade.

Lista de cráteres lunares

Esta é unha lista dos cráteres de impacto lunares que foron nomeados. A convención da

UAI para nomear estes accidentes selenográficos é a de usar os nomes de científicos, eruditos, artistas e exploradores xa falecidos que fagan contribucións destacadas ou fundamentais no seu campo. Tamén se nomean certos cráteres en honra a cosmonautas rusos e astronautas estadounidenses falecidos.

Mecánica cuántica

A mecánica cuántica é a parte da física (máis particularmente, da física moderna) que estuda o movemento das partículas moi pequenas. O concepto de partícula "moito pequena", mesmo que de límites moi imprecisos, relaciónase coas dimensións nas cales se comezan a notar efectos como a imposibilidade de coñecer con exactitude infinita e ao mesmo tempo a posición e mais a velocidade dunha partícula (vexa Principio da incerteza de Heisenberg), entre outras. A ditos efectos chámase "efectos cuánticos". Así, a Mecánica Cuántica é a que describe o movemento de sistemas nos cales os efectos cuánticos son relevantes. Experimentos mostran que estes son relevantes en escalas de ata 1000 átomos. Entre tanto, existen situacións onde mesmo en escalas macroscópicas, os efectos cuánticos se fan sentir de forma manifestamente clara, como nos casos da supercondutividade e da superfluidez. A escala que regula en xeral a manifestación dos efectos cuánticos é o raio de Bohr.

Onda (física)

Unha onda é unha perturbación que se propaga a través do espazo e transporta enerxía.

Matematicamente dise que unha función calquera da posición e o tempo é unha onda se verifica a Ecuación de Ondas:

é unha onda se verifica a Ecuación de Ondas:

.

onde v é a velocidade de propagación da onda.

Por exemplo, certas perturbacións da presión dun medio chamadas son, verifican a ecuación anterior.

Radiación electromagnética

A radiación electromagnética é unha combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes e perpendiculares entre si que se propagan a través do espazo transportando enerxía dun lugar a outro. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. A diferenza de outros tipos de onda, como o son, que necesitan dun medio material para propagarse, a radiación electromagnética pódese propagar no baleiro. No século XIX pensábase que existía unha substancia indetectable chamada éter que ocupaba o baleiro e servía de medio de propagación das ondas electromagnéticas. James Clerk Maxwell desenvolveu as súas ecuacións das que se desprende que un campo eléctrico variante no tempo xera un campo magnético e viceversa, a variación temporal do campo magnético xera un campo eléctrico. Pódese visualizar a radiación electromagnética como dous campos que se xeran mutuamente, por iso non necesitan ningún medio material para propagarse. As ecuacións de Maxwell tamén predín a velocidade de propagación no baleiro (que se representa c e ten un valor de 299.792,458 km/s), e a súa dirección de propagación (perpendicular ás oscilacións do campo eléctrico e magnético, que á súa vez son perpendiculares entre si). Heinrich Rudolf Hertz demostrouno experimentalmente en 1888.

O estudo teórico da radiación electromagnética denomínase electrodinámica e é un subcampo do electromagnetismo.

Dependendo do fenómeno estudado, a radiación electromagnética pódese considerar, en lugar de como unha serie ondas, como un chorro de partículas, chamadas fotóns. Esta dualidade onda-corpúsculo fai que cada fotón teña unha enerxía proporcional á frecuencia da onda asociada, dada pola relación de Planck: , onde E é a enerxía do fotón, h é a Constante de Planck e é a frecuencia da onda.

Así mesmo, considerando a radiación electromagnética como onda, a lonxitude de onda e a frecuencia de oscilación están relacionadas por unha constante, a velocidade da luz no medio (c no baleiro):

A maior lonxitude de onda menor frecuencia (e menor enerxía segundo a relación de Plank).

Raios X

Os raios X son emisións electromagnéticas de natureza semellante á luz visíbel. A súa lonxitude de onda vai de 0,05 ángstrom ata centeas de ángstroms.

O espectro de lonxitudes de onda utilizábel é o correspondente a aproximadamente entre 5 picómetros e 10 nanómetros. A enerxía dos fotóns é da orde do keV (quilo electrón-volt), entre algúns keV e algunhas centenas de keV. A xeración desta enerxía electromagnética débese á transición de electróns nos átomos, ou da desaceleración de partículas cargadas.

Como toda enerxía electromagnética de natureza ondulatoria, os raios X sofren interferencia, polarización, refracción, difracción e reflexión, entre outros efectos. Aínda que de lonxitude de onda moito maior, a súa natureza electromagnética é idéntica á da luz.

Wilhelm Röntgen

Wilhelm Conrad Röntgen, nado en Remscheid o 27 de marzo de 1845 e falecido en Múnic o 10 de febreiro de 1923, foi un físico alemán, coñecido por ser o inventor dos raios X

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.