Hectárea

A hectárea (símbolo ha) ou hectómetro cadrado (símbolo hm²) é a superficie que ocupa un cadrado dun hectómetro de lado. Equivale a 100 áreas ou 10.000 .

O seu símbolo é ha (non Ha, e como todo símbolo, nunca leva punto).

Utilízase para medir a superficie dunha leira e outros terreos menores en extensión que unha cidade.

Hectárea
Representación dunha hectárea.

Equivalencias

Unha hectárea equivale a:

  • 1 hectómetro cadrado.
  • 100 áreas ou decámetros cadrados.
  • 10.000 metros cadrados.
  • 0,1 quiliáreas
  • 0,010 quilómetros cadrados.
  • 0,003861020 millas cadradas.
  • 2,47105380 acres internacionais.
  • 2,47104390 acres estadounidenses.
  • 10 dunams.
  • 107.6390 pés cadrados.
  • 0,590 cuadras rurais, (na Arxentina, a cuadra é unha medida que usan os agricultores para medir a terra cultivada. É dicir, unha cuadra equivale a 16.880 metros cadrados)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cacao

O cacao ou teobroma (Theobroma cacao L.) é unha árbore da familia Sterculiaceae que dá orixe ao froito chamado cacao.

Cana de azucre

Para ver outros vexetais con este nome ver: cana (vexetal).

A cana de azucre (Saccharum officinarum), é unha das seis especies do xénero Saccharum, gramíneas altas que proveñen do sueste asiático. É un vexetal co cal se fabrican azucre e alcol.

Hai uns 13 millóns de hectáreas de cultivo de cana de azucre no mundo, espallados por uns 100 países. Os principais produtores mundiais son o Brasil, a India e a República Popular da China.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Cánabo

O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris.

Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.

É tamén o nome dun tecido obtido a partir das fibras desta planta. Alén de roupas, é utilizado na fabricación de papel e como forraxe animal.

Espelta

A espelta ou trigo vermello (Triticum spelta), é unha especie común de cereal do xénero Triticum. Pertence aos trigos hexaploides pola presenza na súa conformación de 21 cromosomas. É un cereal adaptado a climas duros, húmidos e fríos.

A espelta provén da escanda brava (Triticum dicoccoides Kór.): cruzamento natural (hibridación) entre Triticum boeticum Boiss e, posibelmente, Aegilops speltoides Tausch, presentes no próximo Oriente e documentado dende hai 7 milenios - en xacementos arqueolóxicos do Iraq, Israel e Turquía (Harlan, 1976)-. Espallouse axiña polo Mediterráneo e na Península Ibérica foi explotada dende os mesmos inicios da agricultura, hai uns 5 milenios (Hopf, 1987).

Dende a Idade Media cultívase en Galicia, Asturias, Suíza, o Tirol e no sur de Alemaña. A famosa abadesa St. Hildegarda de Bingen escribe sobre a espelta no seu libro Liber Simplicis Medicinae: "A espelta é o mellor gran. É nutritivo e mellor tolerado que calquera outro gran. A espelta fornece a quen a come de todos os nutrientes para ter unha óptima saúde e aporta unha mente feliz. Non importa como se tome, xa sexa como pan ou doutro xeito, porque é boa e doada de dixerir".

A colleita por hectárea é inferior á do trigo e o procesamento é máis difícil, mais atura un clima más rudo e é máis resistente contra enfermidades. Con todo, no século XX diminuíu o seu cultivo, por ter un mao rendemento. No sur de Alemaña coléctase parte da produción de espelta crúa para despois torrala. Úsase para a preparación de pans, cervexas, vodkas, potaxes e albóndegas vexetarianas.

Nos últimos anos a espelta aos poucos vai retomando o sona, en particular na sección biolóxica. Unha das razóns é que os alérxicos aprecian que conteña menos glute e tamén a presenza de ácidos graxos omega 3, omega 6 e omega 9, ademais de minerais. Hai moitos cruzamentos da espelta co trigo común, mais para utilizar a espelta como substituto do trigo esta ten que ser pura. O seu consumo orixina menos alerxias ca o trigo, porén ao conter tamén glute, de ningunha maneira é apta para celíacos.

Granxa

Unha granxa (do latín: granica = celeiro) é un terreo rural no que tradicionalmente se exerce a agricultura e gandería.

Unha granxa é unha parcela, incluíndo estruturas, dedicada principalmente á produción e á xestión de alimentos (produción de hortalizas, grans ou cría de gando), fibras, e cada vez máis, combustible. É a base na produción de alimentos. As granxas poden ser de propiedade e operados por unha soa persoa, unha familia, unha comunidade, unha corporación, unha empresa... As granxas poden ser de calquera tamaño, dende unha fracción de hectárea ata varios miles de hectáreas.

Hecto-

Hecto (símbolo h) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 102, ou 100.

Adoptado en 1795, o prefixo ven do grego ἑκατόν, significando centena.

Por exemplo:

1 hectárea = 100 áreas = 1 hm2 = 10 000 m2

Hectómetro

O hectómetro, abreviado como hm, é unha unidade de lonxitude. Equivale a 100 metros. Hecto é o prefixo para 100 no Sistema Internacional de Unidades.

Illa Gavoteira

A Illa Gavoteira (A Gavoteira) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. A súa hectárea de superficie non é máis que un gran peñón de aspecto esferoidal que descansa sobre un leito de bolos graníticos. A illa está completamente cuberta de guano e carece de vexetación. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Incendio forestal

Un incendio forestal é un lume que se produce sen control en zonas naturais, soutos e lugares con abondosa vexetación. Pódense producir por alustros ou outras causas naturais, por descoidos humanos ou pola acción de maquinaria, se ben tamén poden ser obra de seres humanos que plantan lume á mantenta.

Metro cadrado

Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.

Moya, As Palmas

Moya é un concello das Illas Canarias, na provincia das Palmas, na illa de Gran Canaria. Segundo o INE, en 2013, tiña 7.977 habitantes.

Oliveira

A oliveira (Olea europaea) é unha das 35 especies do xénero Olea. A oliveira silvestre está considerada dentro da subespecie sylvestris e as oliveiras cultivadas dentro da subespecie sativa. É unha árbore perennifolia, de tamaño mediano e con tronco nodoso. Encóntrase presente en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo, mais foi estendida a outros países ou zonas con clima semellante como Perú, Chile, Arxentina, California, Suráfrica ou Australia. É un dos cultivos tradicionais máis antigos. É unha planta orixinaria do Oriente Próximo, que desde ha máis de 5.000 anos foi introducida no oeste da conca mediterránea.

En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares illados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

Paínzo (homónimos)

O paínzo, millo miúdo ou millete é o segundo cereal máis cultivado e o máis importante de Asia.

A meirande parte dos millos miúdos pertencen á subfamilia Panicoideae. As especies principais de millo miúdo, ordenadas pola súa importancia económica son:

Setaria italica (Paínzo menor, millo miúdo)

Panicum miliaceum (Millo miúdo común, paínzo común)

Panicum virgatum (paínzo ergueito), que produce até 60 xigaJules de bioetanol por hectárea.

Eleusine coracana (paínzo dedo)

Pennisetum glaucum (millo miúdo cultivado, millo miúdo africano)

Outras especies de menor importancia inclúen:

Echinochloa frumentacea (paínzo do Xapón)

Paspalum scrobiculatum (paínzo Koda)

Digitaria exilis (paínzo fonio)Son cereais moi ricos en enerxía, ideais para consumir no almorzo, tamén resultan indispensábeis na dieta das persoas celíacas xa que non conteñen prolaminas tóxicas e substitúen gran cantidade dos nutrientes dos alimentos con glute.

O tef (Eragrostis tef) e mais o sorgo (Sorghum spp.) ás veces tamén son incluídos entre os millos miúdos.

Selva tropical

A selva tropical húmida, tamén dita umbrofila ou pluviosa, é un bioma das zonas intertropicais, caracterizado por unha formación vexetal arbórea alta e densa, así como por un clima cálido e moi húmido.

O bosque umbrófilo é o máis rico en diversidade específica, non só polas árbores senón pola flora e a fauna en xeral (ata varios centenares de especies de árbores por hectárea, contra unha decena como máximo nos medios temperados). Caracterízase por árbores de grande tamaño, de medra lenta. As cantidades de especies, xéneros ou familias endémicas son aquí as máis altas entre os ecosistemas das terras emerxidas.

O termo selva tropical húmida designa así mesmo o bosque primario que ocupa este bioma; senón fálase de bosque secundario.

Soia

A soia (Glycine max) é unha especie de legume nativa do leste de Asia, amplamente cultivada polo seu feixón comestíbel, que ten numerosos usos. A FAO clasifícaa coma unha oleaxinosa no canto dun legume seco.

A fariña de soia desgraxada é unha fonte de proteínas para a alimentación animal e precociñados importante e barata; O aceite de soia é outro subproduto importante deste cultivo. Por exemplo produtos de soia coma a proteína vexetal texturizada (TVP nas súas siglas en inglés), son a base de moitos sucedáneos de leites e carnes. A soia produce moita máis proteína por hectárea ca ningún outro cultivo.A comida tradicional non fermetada adoita usar a soia, incluíndo leite de soia, e desta, tofu e tona de soia. A comida fermentada incúe o mollo de soia, pasta de feixón fermentado, natto e tempeh, entre outros. O aceite emprégase en moitas aplicacións industriais. Os maiores produtores de soia son os Estados Unidos (35%), o Brasil (27%), a Arxentina (19%), a China (6%) e maila India (4%). Os feixóns conteñen unha significante cantidade de ácido fítico, ácido alfa-linolénico, e isoflavonas.

Vide

A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva. Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.

A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.

O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.

Área

Área é a extensión ou superficie comprendida dentro dunha figura (de dúas dimensións), expresada en unidades de medida denominadas superficiais. Para superficies planas o concepto é intuitivo. Calquera superficie plana de lados rectos pode triangularse e pódese calcular a súa área como suma de triángulos.

Con todo, para calcular a área de superficies curvas requírese introducir métodos de xeometría diferencial.

Para poder definir a área dunha superficie en xeral, que é un concepto métrico, tense que definir un tensor métrico sobre a superficie en cuestión: cando a superficie está dentro dun espazo euclídeo, a superficie herda unha estrutura métrica natural inducida pola métrica euclídea.

Área (unidade de superficie)

Un decámetro cadrado (de símbolo dam²) ou área (de símbolo a) é unha unidade de superficie que equivale a 100 metros cadrados. Tamén se lle chama área (de símbolo a), e emprégase con frecuencia o seu múltiplo: a hectárea, e o seu submúltiplo: a centiárea, que equivale a un metro cadrado.

O Sistema Internacional de Unidades non inclúe a área, tomando como base para as superficies agrarias a hectárea. O Sistema Internacional de Magnitudes recolle a área, mais unicamente como nota.

Múltiplos e submúltiplos do metro
Sistema anglosaxón
Sistema tradicional galego

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.