Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria,[1] e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

Habsburgo
Familienwappen Habsburg-Stroehl
PaísAustria, Sacro Imperio Romano Xermánico, Sur de Italia, España, Hungría-Croacia, Bohemia, Inglaterra-Irlanda (Jure uxoris), Portugal, México, Bosnia e Herzegovina e Eslovenia
Títulos
FundadorRadbot, Conde de Habsburgo
FundaciónSéculo XI
DisoluciónEspaña:
1700 - Carlos II morreu sen descendencia, a pesar de que a dinastía prosegue a partir da descendencia de Xoán Xosé de Austria (único fillo ilexítimo que Filipe IV recoñece), e Carlos Fernando de Austria e Manrique.
Austria e Bohemia:
1780 - María Teresa, sendo o último membro, sucedeuna seu fillo como xefe da casa de Habsburgo-Lorena.
Ramas menores
  • Habsburgo-Lorena
  • Rama Albertina
  • Rama Leopoldina

Traxectoria

O nome Habsburgo provén do castelo suízo Habichtsburg (castelo do falcón), que era a residencia familiar dos Habsburgo durante os séculos XI, XII e XIII, no que hoxe é o Cantón de Argovia, no antigo ducado de Suabia, na actual Suíza (Suíza non existía entón na súa forma actual, e as terras suízas formaban parte principalmente do Sacro Imperio Romano Xermánico).

Armoiries Habsbourg
Escudo de armas dos primeiros condes de Habsburgo.

Desde o suroeste de Alemaña (principalmente Alsacia —hoxe en Francia—, Brisgovia, Argovia e Turgovia) a familia estendeu a súa influencia e asentamentos até os extremos do sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico, aproximadamente o que é hoxe en día Austria (1278-1382).

En só dúas ou tres xeracións, os Habsburgo lograran obter un alcance inicialmente intermitente no trono imperial que duraría séculos (1273-1291, 1298-1308, 1438-1740 e 1745-1806).

A casa de Habsburgo subiu por primeira vez ao trono imperial con Rodolfo IV, que reinaría como Rei de romanos desde o 29 de setembro de 1273 ao 15 de xullo de 1291 como Rodolfo I.

En 1278, tras a derrota e morte do rei de Bohemia Otokar II na batalla de Dürnkrut, o Rei de romanos (non chegou a ser coroado emperador do Sacro Imperio) obtivo os ducados de Austria e de Istria, que deu aos seus fillos. Deste xeito foi como Rodolfo I iniciou o dominio da familia sobre Austria.

Morto Rodolfo I, os Habsburgo non puideron manterse no poder do Sacro Imperio. Alberte, o seu fillo, sucedeuno en 1298 como Alberte I, pero foi asasinado en 1308.

Afastados pola poderosa casa de Luxemburgo, os Habsburgo foron excluídos dos asuntos do Imperio. Cando a Bula de Ouro (constitución selada de ouro, dada polo soberano do Sacro Imperio) fixou en 1356 os sete principes electores do emperador, os Habsburgo non estiveron na lista.
As súas terras suízas estaban ameazadas pola acabada de nacer Confederación Helvética.
Por outro lado, a conquista da Carniola en 1335, do Tirol en 1363, dunha parte de Istria en 1374 e de Trieste en 1382 consolidaría o ducado da Austria, base do seu poder.

Segundo o costume xermánico, os territorios dos Habsburgo foron repartidos entre os diversos membros da familia. En 1379 separouse unha rama Albertina e outra Leopoldina, a cal terminaría recollendo en 1490 a herdanza completa. Estas divisións provocaron conflitos, enfraquecendo o poder dos príncipes e reforzando o das Dietas locais que, cada vez máis dominadas pola nobreza, comezaron a elaborar a súa administración propia.

A extinción da casa de Luxemburgo permitiu aos Habsburgo recuperar a coroa imperial. As eleccións de Alberte II como Rei de romanos en 1438 e de Federico III como Rei de romanos en 1440 (coroado como emperador en 1452), marcarían o inicio dunha presenza duradeira no poder do Sacro Imperio.

Despois do matrimonio de Maximiliano I, fillo de Federico III, con María, herdeira do Ducado de Borgoña (que controlaba os Países Baixos borgoñóns) e o matrimonio de seu fillo Filipe o Fermoso con Xoana, herdeira de Castela (filla dos Reis Católicos), propiciou que Carlos I de España herdara o Reinos de Castela, Aragón, os do sur de Italia (Reinos de Nápoles e Sicilia), Austria, o Tirol e os Países Baixos (Carlos foi elixido emperador en 1520 como Carlos V).[2]

En 1580 o seu fillo Filipe II herdou Portugal e as súas colonias. Por outra parte, Carlos nomeou herdeiro do Imperio ao seu irmán Fernando (que reinou como Fernando I).

Galería

Flag of the Habsburg Monarchy

Bandeira da Monarquía dos Habsburgo
Tamén usada como a bandeira do Imperio austríaco até o Ausgleich de 1867.

Wappen Habsburg-Lothringen Schild

Escudo de armas dos Habsburgo-Lorena.

Wappen röm.kaiser

Escudo de armas do emperador Maximiliano II de Habsburgo (1564 - 1576), mostrando a variedade dos seus territorios.

Habsburger Pfau 1555

"Pavón dos Habsburgo", cos escudos dos dominios da casa de Habsburgo, 1555.

Empire-Roman-Emperor-Charles-V
Territorios controlados en Europa por Carlos V en 1519
En carmesí: Coroa de Castela; en vermello: Coroa de Aragón; en alaranxado: Posesións borgoñoas; en amarelo escuro: Territorios austríacos; en amarelo claro: Sacro Imperio Romano.
Herencia del Emperador Carlos V, Carlos I como Rey de España


Baixo o emperador Maximiliano II, fillo de Fernando I, os Habsburgo adquiriron a terra onde anos despois construirían o Palacio de Schönbrunn: o palacio de verán dos Habsburgo en Viena e un dos símbolos máis duradeiros da dinastía.

Habsburgo

Notas

  1. "The House of Austria – the Habsburgs and the Empire"
  2. "Karl V. (1500-1558) - Kaiserwahl und Kaiseridee".
Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Bohemia

Bohemia (en checo: Čechy; en alemán: Böhmen) é unha rexión histórica de Europa Central, tendo a súa capital na cidade de Praga. Ocupa 52.750 km² e ten máis de seis millóns de habitantes. Forma parte da República Checa xunto ás rexións de Moravia e Silesia.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Condado de Flandres

O condado de Flandres foi unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).

Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384. En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.

Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.

Federico III, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Federico III de Habsburgo, Federico V de Austria ou Federico do Tirol, nado en Innsbruck o 21 de setembro de 1415 e finado en Linz o 19 de agosto de 1493, alcumado "o do Beizo Groso", foi Emperador do Sacro Imperio Romano.

Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Fernando I de Habsburgo, nado en Alcalá de Henares o 10 de marzo de 1503 e finado en Viena o 25 de xullo de 1564, foi Sacro Emperador Romano-Xermánico de 1556 até a súa morte.

Fernando II de Habsburgo

Fernando II, nado en Graz o 9 de xullo de 1578 e finado en Viena o 15 de febreiro de 1637, foi un emperador do Sacro Imperio Romano (1619–1637) da casa de Habsburgo, así como rei de Bohemia (1617–1619, 1620–1637) e rei de Hungría (1618–1625).

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Filipe IV de España

Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

Filipe I de Castela

Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos.

Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia. En 1501, Filipe e Xoana viaxaban cara a Castela para seren coroados e detivéronse en Blois. Alí o rei francés recibiunos, a velo exclamou: Velaí un fermoso príncipe.

Era fillo de Maximiliano I, emperador de Alemaña e de María de Borgoña. O seu pai pactou o seu matrimonio con Xoana, filla dos Reis Católicos, no marco da Liga Santa que uniu a monarquía castelá-aragonesa co Sacro Imperio, Inglaterra, Nápoles, a república de Xénova e o ducado de Milán contra as pretensións hexemónicas de Francia na península italiana (1495).

Deste matrimonio naceran 6 fillos:

Leonor (Lovaina,1498 - Talavera,1558). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Manuel I de Portugal.

Carlos (Gante, 1500 - Mosteiro de Yuste, 1558). Rei de Castela, Aragón e emperador do Sacro Imperio.

Isabel (Bruxelas, 1501 - Zwijnaerde, Gante, 1526). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Cristián II de Dinamarca.

Fernando (Alcalá de Henares, - Viena,1564), emperador do Sacro Imperio.

María (Bruxelas, 1505 - Cigales, 1558). Archiduquesa de Austria. Casada con Luís II Xagellón, rei de Hungría, Bohemia e Croacia.

Catarina (Torquemada, 1507 - Lisboa, 1578). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Xoán III de Portugal.Nos Países Baixos borgoñóns (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) actuou como un administrador competente e un soberano popular e amado, que soubo unir os intereses dos seus diversos territorios, demostrando especial talento para planear reformas e para dar tranquilidade e paz logo de anos de turbulencias políticas.

Mortos os infantes Juan (1497) e Isabel (1498), así como o fillo desta última, o infante Miguel (1500), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e Aragón. Morta a raíña Isabel a Católica (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola Concordia de Salamanca (1505), acórdase o goberno conxunto de Filipe, Fernando de Aragón e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola Concordia de Villafáfila (1506), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.

Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as Cortes de Castela reunidas en Valladolid se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (mais non ata consideralo un valido) foi un escuro nobre, o señor de Belmonte, de nome Juan Manuel.

En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na Coruña para dirixirse á Pobra de Sanabria a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da Gudiña. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos birlos, tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.

Fernando o Católico aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de Tordesillas (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en rexente dos reinos castelán-leoneses.

Francisco I de Austria

Francisco I de Austria, Francisco Xosé Carlos de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Joseph Karl von Habsburg-Lothringen) nado o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, e finado o 2 de marzo de 1835 en Viena, foi o derradeiro portador do milenario título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806) baixo o nome de Francisco II, e o primeiro emperador de Austria (1804-1835), co nome de Francisco I.

Guerra dos Trinta Anos

A guerra dos Trinta Anos foi unha guerra europea librada principalmente na Europa central entre os anos 1618 e 1648. Aínda que inicialmente se tratou dun conflito relixioso entre católicos e protestantes, o motivo central foi a disputa entre as potencias europeas por conseguiren unha situación de equilibrio ou ben, no caso doutras, por conseguiren unha situación de hexemonía (neste caso a casa dos Habsburgo en España e a casa de Austria, que eran católicos). A guerra dos Trinta Anos acabou coa paz de Westfalia e a paz dos Pireneos. Con todo, tamén pode describirse non como unha soa guerra, senón dunha longa serie de conflitos desenvolvidos principalmente en Europa central.

Esta guerra pódese dividir en 4 etapas :

A revolta de Bohemia.

A intervención danesa.

A intervención sueca.

A intervención francesa.

Leopoldo II de Habsburgo

Leopoldo II de Habsburgo, nado en Viena o 5 de maio de 1747 de finado o 1 de marzo de 1792, foi arquiduque de Austria (desde o seu nacemento) e gran duque de Toscana (1765-1790), e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e rei de Hungría e de Bohemia (1790-1792) ao falecer o seu irmán Xosé II.

María Cristina de Habsburgo-Lorena

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

Maximiliano I de Habsburgo

Maximiliano I de Habsburgo, nado en Wiener Neustadt o 22 de marzo de 1459 e falecido o 12 de xaneiro de 1519 en Wels, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1508 (de facto, a partir de 1493) até á súa morte.

Maximiliano I de México

Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.

Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do Imperio Mexicano acabado de fundar (1864-1867).

A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.

Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.

Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.

Xosé II de Habsburgo

Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.

Ángel Urzáiz

Ángel Urzáiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Alfonso XIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.