Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña, na rúa Cordelería, 32 (Edificio Hércules).

Hércules de Ediciones
Sede de Hércules de Ediciones

Actividades

A obra máis singular desta editorial é o Proxecto Galicia, ao redor do cal reúnense importantes intelectuais de Galicia (entre eles Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Xosé Manuel González Reboredo, Darío Villanueva Prieto, Xulio Correa Corredoira, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Siro López Lorenzo e, até o momento da súa morte —1996, 2003 e 2011, respectivamente—, Xosé Filgueira Valverde, Domingo García-Sabell e Francisco Javier Río Barja) e que, coas 10 series con 64 tomos editados constitúe "un empeño editorial sen precedentes en Galicia".[1]

Hércules recibiu ao longo da súa traxectoria numerosos premios pola súa actividade empresarial, entre os que destaca especialmente a Medalla Castelao, recibida polo Proxecto Galicia no ano 2007.[1]

Edita libros nos idiomas galego, castelán, portugués e inglés.

Coleccións

Proxecto Galicia (Historia; Arte; Xeografía/Cartografía; Antropoloxía; Literatura; Natureza; Ecoloxía; Dereito; Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria de Galicia e Economía).

Galicia para soñar, A Grande Obra dos Camiños de Santiago, Mosteiros e Conventos da Península Ibérica, Titor Hércules, As Amizades de Hércules, Os Imperdibles de Hércules e Presente Perfecto.

Dirección

En 2014 o seu cadro de persoal directivo era:

  • Presidente: Francisco Rodríguez Iglesias
  • Directora: Laura Rodríguez Herrera
  • Director xerente: Manuel Gándara Armada

Notas

  1. 1,0 1,1 Érguete, 'A Nosa Terra' y Proxecto Galicia reciben las Medallas Castelao Diario El Correo Gallego, 28-06-2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso Eiré

Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nado na Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.

Anélidos

Os anélidos (Annelida, do latín annelus, "anel pequeno", e o elemento -ida, plural de -idus, do grego -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto") son un gran filo de animais invertebrados triploblásticos, protóstomos, esquizocelomados, con simetría bilateral, corpo segmentado en aneis e carentes de apéndices articulados.

O corpo dos anélidos está composto por numerosos metámeros ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.

Describíronse máis de 16.700 especies, que inclúen os vermes mariños poliquetos, as lombrigas de terra e as samesugas. Encóntranse na maioría dos ambientes húmidos, sobre todo no mar, pero tamén en auga doce, e incluso hai especies terrestres.

Cómpre aclarar que na linguaxe popular adoita reunirse a varios grupos de invertebrados baixo o nome de vermes, termo sen ningún valor taxonómico; moitas das semellanzas entre estes filos de vermes son converxencias evolutivas sen ningún valor filogenético. Non todos os vermes son anélidos. Existen diversos invertebrados co corpo brando, alongado e cilíndrico que non pertencen ao grupo dos anélidos. É o caso, por exemplo, dos nematodos ou dos platihelmintos, e dalgúns artrópodos, como os cempés, as larvas (bechos) das moscas ou as eirugas que dan lugar ás bolboretas.

Asociación Galega de Editoras

A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial dos editores galegos. En 2016 constaba de 35 empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en Galicia), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.

Os seus últimos presidentes foron Manuel Bragado, Laura Rodríguez e, dende maio de 2016, Xosé Ballesteros, en cuxo equipo de dirección se integran a propia ex-presidenta Rodríguez ou editores como Henrique Alvarellos David Cortizo, María Xesús Gómez, Ana Guerra, Fran Alonso e Xulio Amigo.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Boletín da Real Academia Galega

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega, despois Boletín de la Real Academia Gallega (ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase dende o número cinco. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega.

Bufarda

Este artigo trata sobre un tipo de xanela, para o lugar da parroquia de Ombre véxase Bufarda, Ombre, Pontedeume.

Unha bufarda é un tipo de biolo (pequena abertura) que aparece na parede dunha casa para dar luz ou para ventilar. Aparecen en construcións en todo o mundo cando a abertura dunha gran xanela non está xustificada no muro.

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Grupo Brais Pinto

Brais Pinto foi un grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas vangardas. Foi fundado en Madrid no ano 1958.

O seu gomo foi a preocupación por Galiza e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época. Foron responsábeis da creación dun espazo de reflexión política sobre Galiza que permitiu a creación doutras organizacións desa índole e mais dun amplo labor cultural que culminou na creación da súa propia editorial e na participación en proxectos como o movemento plástico A Gadaña. Os seus compoñentes principais son: Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias.

Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963. En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Foi reeditada en 1981 e 2001 .

Jesús Fernández Suárez

Jesús Fernández Suárez, nado en Pontevedra cara a 1854 e finado en Santiago de Compostela o 24 de xuño de 1930, foi un avogado e xornalista galego.

José Manuel B. López Vázquez

José Manuel Bernardi López Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 3 de setembro de 1952, é un historiador da arte galego.

Lalo Vázquez Xil

Bernardo Miguel Vázquez Xil (Lalo), nado en Cerdedo-Cotobade o 27 de maio de 1927 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2016, foi un poeta, debuxante, xornalista, pintor, escultor, crítico de arte e escritor galego, cronista oficial da cidade de Vigo.

Laura Tato

Laura Tato Fontaíña, nada en Vigo o 14 de xullo de 1951, é unha estudosa da literatura galega e especialista en teatro.

Monte tras da Costa, Oza, A Coruña

Monte tras da Costa é un lugar da parroquia de Oza no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. O lugar ficou deshabitado en 2004 por mor da construción do Parque de Eirís, mais secasí figurou no padrón como unha entidade de poboación ata o ano 2013.

Oza, A Coruña

Santa María de Oza é unha parroquia que se localiza na parte central leste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta cunha poboación de 6.435 habitantes (3.094 homes e 3.341 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 94 habitantes en relación ao ano 2014. Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón, Monelos etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.

Xulio Gil Rodríguez

Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo.

Ánxela Gracián

Ánxela Rodríguez Rodríguez, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968, é unha escritora galega, máis coñecida polo pseudónimo de Ánxela Gracián.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.