Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un profesor e escritor galego.

Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville Araújo
Nacemento5 de outubro de 1974
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor

Traxectoria

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) e o Concello de Santiago, así como nos diarios galegos La Voz de Galicia e De Luns a Venres.

Nos anos académicos 2009/2010 e 2010/2011, respectivamente, cursou os másters en Lingüística Galega e Edición da Universidade de Santiago de Compostela e reorientou a súa actividade cara ao ámbito editorial.[1]

En xullo de 2018 aprobou a oposición de profesorado de secundaria na materia de Lingua e Literatura Galega.[2]

Obras literarias

Feira do libro Coruña 2017
Presentación do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.
  • O Palabrego (Xonix Records, 2012; ISBN 978-84-940226-1-6)
  • De remate (Ed. Xerais, 2015; ISBN 978-84-9914-931-8)
  • Quen dá a quenda? (Ed. Xerais, 2016; ISBN 978-84-9914-997-4)
  • A caixiña dos rancores (Ed. Xerais, 2016; ISBN 978-84-9121-127-3)
  • Denébola a Roxa (Baía Edicións, 2016; ISBN 978-84-9995-210-9)
  • Once portas (Ed. Xerais, 2017; ISBN 978-84-9121-179-2)
  • O segredo da casa de Formoso (Santillana-Obradoiro Oqueleo, 2017; ISBN 978-84-204-1136-1)
  • Nova Nursia (Ed. Xerais, 2018; ISBN 978-84-9121-379-6) [3]
  • Kusuma (Ed. Xerais, 2018; ISBN 978-84-9121-410-6)[4][5]
  • Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo (Ed. Xerais, xaneiro 2019; ISBN 978-84-9121-462-5).[6]

Traballos académicos

Presentación de Héctor Cajaraville do libro Denébola a Roxa na feira do libro da Coruña en 2017.
  • «A manipulación das expresións fixas na prensa gratuíta: De Luns a Venres» (2010). En Cadernos de fraseoloxía galega, 12. Centro de Investigacións Ramón Piñeiro / Xunta de Galicia. ISSN 1698-7861, pp. 41–68. Traballo dirixido por María Álvarez de la Granja.
  • «Ondas e mareas: palabras que van e veñen» (2011). En Cadernos de Lingua, 32. Real Academia Galega. ISSN 1130-5294, pp. 81–136. Traballo dirixido por Francisco Fernández Rei.
  • Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Ed. Xerais, 2014; ISBN 978-84-9914-734-5). Volume coordinado por Xosé Cid Cabido.
  • Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres (2015). Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela. Colección «Limiar», nº 2. ISBN 978-84-16-18389-0. Colección dirixida por Ernesto González Seoane.
  • «Os primeiros artigos xornalísticos de Carlos Casares (La Región, 1968-1974)» (2017). En Cadernos Ramón Piñeiro XXXVII. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia. ISBN 978-84-453-5258-8, pp. 63–80. Volume coordinado por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais.

Obras colectivas

  • Longas sombras na pedra (Urco Editora, 2019: ISBN 978-84-949456-8-7)

Traducións

  • O gardián invisible, de Dolores Redondo (Ed Xerais, 2012; ISBN 978-84-9914-479-5)

Premios

  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria 2019 (Concellos do Carballiño e Boborás) por Nova Nursia.[7]
  • Finalista na IV Gala do Libro Galego 2019
  • Premio Merlín de Literatura Infantil 2018, por Kusuma. Segundo o xurado, é "unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado".[8][9].
  • Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 (Baía Edicións) por Denébola a Roxa.
  • Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta 2016 (Concello de Lugo) por Once portas.
  • Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 (Deputación da Coruña) por Vidas cruzadas (publicada finalmente baixo o título A caixiña dos rancores).
  • Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 por Quen dá a quenda?
  • Premio Xerais 2015 por De remate.[10]

Notas

  1. "Héctor Cajaraville". aelg.gal. Consultado o 18/12/2018.
  2. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal.
  3. "Nova Nursia, de Héctor Cajaraville". cadernodacritica. Consultado o 18/12/2018.
  4. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
  5. "Héctor Cajaraville: "Non creo que os discursos máis insolidarios sexan os que se impoñen: a sociedade civil é máis proclive ao afecto que á aversión"". praza.gal. Consultado o 18/12/2018.
  6. ""Fálolles aos rapaces de Antonio Fraguas, pero tamén moito da época que lle tocou vivir" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-04-30.
  7. "Unha novela de Héctor Cajaraville, Premio Antón Losada Diéguez". La Voz de Galicia. 2019-04-27. Consultado o 2019-04-28.
  8. "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018.
  9. "Emma Pedreira, novela, Carlos Negro, literatura xuvenil, e Héctor Cajaraville, infantil, gañan o Xerais". sermosgaliza. Consultado o 18/12/2018.
  10. CRTVG (ed.). "Cajaraville gaña o Xerais de Novela". Consultado o 7 de xuño de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos Negro

Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.

Conchi Regueiro

María Concepción Regueiro Digón, nada en Lugo en 1968, é unha escritora galega de ciencia ficción,​ máis coñecida como Conchi Regueiro.

De remate

De remate é unha novela de Héctor Cajaraville Araújo publicada en 2015 por Edicións Xerais de Galicia e galardoada co Premio Xerais nese mesmo ano.

O gardián invisible

O gardián invisible é unha novela policial en lingua castelá escrita pola autora vasca Dolores Redondo, publicada por vez primeira en 2013 co título orixinal El guardián invisible. Foi traducida ao galego por Héctor Cajaraville, e publicada por Edicións Xerais en 2013. É o primeiro volume da triloxía do Batzán. No ano 2017, estreouse o filme El guardián invisible baseado na novela e protagonizado por Marta Etura.

Once portas

Once portas é unha novela de Héctor Cajaraville publicada en 2017 por Edicións Xerais de Galicia que gañou o XVIII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole en marzo de 2016.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Premio Merlín

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais desde 1986 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela, ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Premio Raíña Lupa

O Premio Raíña Lupa é un premio de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña desde 1998.

Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.