Guyot

Un guyot é unha montaña submarina (monte submarino) illada de orixe volcánica de forma máis ou menos troncocónica (parte superior plana), que se encontra a máis de 200 m baixo a superficie do mar. O diámetro destes cumes planos pode superar os 10 km.[1] Este tipo de montes reciben o seu nome en último extremo (ver máis abaixo) en honor do xeógrafo e xeólogo suízo-americano Arnold Henry Guyot, finado en 1884. O termo foi acuñado por Harry Hammond Hess.

A maioría dos guyots encóntranse no océano Pacífico. Os guyots mostran probas de que estiveron nalgún tempo emerxidos e sufriron unha subsidencia gradual pasando por distintas fases, como son: montaña rodeada de arrecifes, atol de coral e finalmente unha montaña mergullada de cume plano.[1] O gradiente de inclinación da maioría dos guyots é duns 20º. Para ser considerado tecnicamente un guyot, un monte submarino debe ter polo menos unha altura de 914 m.[2] Porén, hai moitos montes submarinos que teñen só de 91 m a 914 m.[2] As construcións volcánicas oceánicas moi grandes, de diámetros de centos de km denomínanse mesetas oceánicas.[3] Os montes submarinos orixínanse por extrusión de lavas bombeadas cara ao leito do mar en varias etapas desde o manto terrestre. Os montes submarinos proporcionan datos sobre os movementos das placas tectónicas sobre as cales se encontran e sobre a reoloxía da litosfera subxacente. A orientación dunha cadea de montes submarinos traza a dirección do movemento da placa litosférica sobre unha fonte de calor máis ou menos fixo na astenosfera. Estímase que hai uns 50 000 montes submarinos só na cunca do Pacífico.[4] Os montes submarinos Emperador son un excelente exemlo dunha cadea volcánica completa que sufriu este proceso de formación e contén moitos guyots.

Outro factor que contribúe a que os guyots estean baixo a superficie da auga ten que ver coas dorsais oceánicas, como a mesoatlántica. As dorsais mesooceánicas esténdense gradualmente co tempo facéndose máis anchas, debido a que a lava fundida é empuxada cara á superficie da Terra e crea novas rochas. A medida que as dorsais se estenden, os guyots móvense con elas, polo que se afunden cada vez a máis profundidade no océano, xa que as dorsais estaban inicialmente nunha posición topograficamente máis alta. Así, canto máis tempo pasa, a máis profundidade se van encontrar os guyots.[5] Aínda que os guyots poden ser de centos de millóns de anos de antigüidade, algúns guyots descubertos recentemente formáronse só hai 1 millón de anos, como o monte submarino Bowie situado na costa da Columbia Británica, Canadá.

O guyot chamado monte submarino Great Meteor do noroeste do océano Atlántico, ten unha altura de máis de 4 000 m e un diámetro de 110 km.[6] Os guyots están tamén asociados con formas de vida específicas e diversas cantidades de materia orgánica. Asociado co guyot obsérvase un incremento local en clorofila a, un aumento das taxas de incorporación de carbono e un cambio na composición das especies de fitoplancto.[7]

Bear Seamount guyot
O monte submarino Bear da imaxe é un guyot

Nome

Os guyots foron recoñecidos por primeira vez por Harry Hammond Hess en 1945, que recadou datos utilizando un equipo de ecosondas desde un barco baixo o seu mando durante a segunda guerra mundial.[8] Os datos mostraban a configuración do fondo do mar e observou que algúns dos montes que aparecían tiñan un cume plano. Hess chamou a ese tipo de montes 'guyots' porque lle lembraban o Pavillón Guyot da Universidade de Princeston, que é un edificio de tellado plano dedicado á bioloxía e xeoloxía, o cal á súa vez foi nomeado así polo xeógrafo Arnold Henry Guyot (1807-1884).[9] Hess postulou que os guyots foran anteriormente illas volcánicas que foran achairadas pola acción das ondas mariñas, aínda que actualmente se encontren baixo o nivel do mar. Esta idea foi utilizada para axudar a apuntalar a teoría da tectónica de placas.[8]

Notas

  1. 1,0 1,1 Guyot Encyclopædia Britannica Online, 2010. Retrieved January 14, 2010.
  2. 2,0 2,1 "Seamount and guyot". Access Science. McGraw Hill Education. Consultado o 2 February 2016.
  3. Seamount and guyot: Information and Much More from Answers.com
  4. Hillier, J.K. (2007). "Pacific seamount volcanism in space and time" (PDF). Geophysical Journal International 168: 877–889. doi:10.1111/j.1365-246X.2006.03250.x.
  5. Guyot
  6. Great Meteor Tablemount (volcanic mountain, Atlantic Ocean) - Britannica Online Encyclopedia
  7. Sahfos[Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 Bryson, Bill. A Short History of Nearly Everything. New York: Broadway, 2003. pg. 178
  9. http://etcweb.princeton.edu/CampusWWW/Companion/guyot_arnold.html Guyot, Arnold in A Princeton Companion

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

500 Millas de Indianapolis

As 500 Millas de Indianápolis ou Indianápolis 500 ou tamén como Indy 500 é unha competición automobilística de monoprazas que ten lugar anualmente no Circuíto de Indianapolis, en Speedway, Indiana, Estados Unidos, un enclave suburbio de Indianápolis, Indiana. A carreira dispútase durante o fin de semana do Memorial Day a finais de maio. Forma parte dá NTT IndyCar Series, o nivel máis alto dás carreiras Campionato de Monoprazas dos Estados Unidos, unha fórmula de rodas abertas coloquialmente coñecida como "Indy Car Racing". O nome dá carreira é moitas veces abreviado como Indy 500.

O evento, chamado "The Greatest Spectacle in Racing" (O mellor espectáculo de carreiras), é considerado parte dá Tripla Coroa do Automobilismo, que comprende tres dus eventos deportivos máis prestixiosos do mundo, incluíndo tamén ou Gran Premio de Mónaco e as 24 Horas de Le Mans. A asistencia oficial non é divulgada pola xestión do circuíto, pero a capacidade de asentos permanentes é superior a 250.000, e os patrocinadores da pista aumentan a asistencia de carreira a aproximadamente 300.000 localidades.A carreira inaugural disputouse en 1911 e gañouna Ray Harroun. O evento celebrou ou seu centésimo aniversario en 2011, e a 100ª edición disputouse en 2016. Simon Pagenaud é ou actual campión. Os pilotos máis exitosos son A. J. Foyt, Al Unser e Rick Mears, cada un dous cales gañou a carreira catro veces. O piloto activo con máis vitorias é Hélio Castroneves, con tres. Rick Mears ten o récord de máis pole positions da carreira con seis. O propietario do coche máis exitoso é Roger Penske, propietario do Team Penske, que ten un total de 18 vitorias e 18 poles.

ADN non codificante

En xenómica e disciplinas relacionadas, as secuencias de ADN non codificante son compoñentes do ADN dun organismo que non codifican secuencias de proteínas. Parte do ADN non codificante é transcrito en moléculas funcionais de ARN non codificante (por exemplo, ARNt, ARNr, e ARNs reguladores), mentres que outras non son transcritas ou dan lugar a transcritos de ARN sen función coñecida. Por tanto, que un ADN non codifique proteínas non quere dicir que non poida ter unha función biolóxica. Non obstante, a parte dese ADN aínda non se lle atopou unha función. A cantidade de ADN non codificante varía grandemente entre as especies. Por exemplo, un 98% do xenoma humano é ADN non codificante, mentres que só aproximadamente un 10-15% dun xenoma bacteriano típico é ADN non codificante.Inicialmente, non se coñecía ningunha función para unha gran proporción do ADN non codificante e pensouse que probablemente unha boa parte del non a tería, polo que hai unhas décadas acuñouse o termo "ADN lixo" (junk DNA), que se popularizou bastante nos medios de comunicación e tamén se usou en publicacións científicas. Despois fóronse descubrindo funcións para unha parte dese ADN, polo que empezou a usarse cada vez máis o termo ADN non codificante. De todos os xeitos, desde hai tempo coñecíanse funcións realizadas por segmentos non codificantes, como as dos xenes de ARNs funcionais e as das orixes de replicación, centrómeros, e telómeros entre outros.

Non obstante, algunhas secuencias de ADN que forman unha porción significativa do noso xenoma seguen ser ter unha función coñecida para o organismo, como os retrovirus endóxenos. Entre as funcións que se sabe realizan os diversos tipos de secuencias de ADN non codificantes están: regulación da transcrición e tradución das secuencias que codifican proteínas, orixes de replicación do ADN, centrómeros, telómeros, rexións de unión do armazón (SARs), xenes de ARNs funcionais, e moitas outras. Sospéitase que algunhas outras secuencias non codificantes teñen probablemente funcións aínda non determinadas (o que se infire do seu alto nivel de semellanza na secuencia entre distintas especies).

A fracción funcional do ADN non codificante e en xeral a do xenoma humano foi discutida. O proxecto Enciclopedia de Elementos do ADN (ENCODE) sinalaba en 2012 que un 80% do ADN do xenoma humano "ten algún propósito, falando bioquimicamente". Non obstante, esta conclusión foi criticada por algúns científicos, e nun recente artigo afírmase que só o "8,2% do xenoma humano é probablemente funcional, e que só o 2,2% se mantivo restrinxido en humanos e ratos deste que estas especies diverxiron".

Aristide Briand

Aristide Briand, nado en Nantes o 28 de marzo de 1862 e finado en París o 7 de marzo de 1932 foi un político francés considerado un dos precursores da unidade europea.

Bacelo (vide)

O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.

Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.É sobre os bacelos que se efectúa a poda da videira polo inverno, para limitar o seu crecemento e mellorar a produción cualitativa e cuantitativa das uvas.

Chaira abisal

As chairas abisais son zonas chairas ou de pendente moi suave do fondo da conca oceánica profunda. Están entre as zonas da Terra máis chairas e suaves, e entre as menos exploradas. As chairas abisais supón aproximadamente o 40% do fondo do océano e a súa profundidade oscila entre os 2.200 e os 5.500 m. Adoitan quedar entre o pé do noiro continental e unha dorsal oceánica ou unha fosa.

Son as principais zonas de sedimentación do planeta; baixo a capa de sedimentos, atópase a codia oceánica, formada por silicatos magnésicos que compón rocas de tipo basáltico. Estas rocas teñen a súa orixe nas dorsais oceánicas, pola solidificación do magma que por elas aflora á superficie, e destrúense nas zonas de subdución, xunto aos continentes, onde se introducen de novo no magma.

Entre os escasos elementos destacados do relevo das chairas abisais atópanse:

-Monte volcánico: monte submarino formado pola acumulación de materiais provenientes dunha erupción volcánica.

-Illa volcánica: monte volcánico que, polas súas dimensións, chega a emerxer da superficie do mar formando unha illa.

-Guyot: estrutura tabular submarina cuxo orixe non está claro; considérase que poden tratarse de illas volcánicas que foron erosionadas ao estar emerxidas, quedando así a súa cima plana, e volveron afundirse no fondo do mar.

Á chaira abisal non chega a luz do sol; consecuentemente, apenas si alberga vida, esta está formada por bacterias quimiosintéticas (que non realizan a fotosíntese senón un proceso análogo desencadeado polos produtos gaseosos provenientes do subsolo en zonas volcánicas) e algúns animais invertebrados (p.ej. vermes) e vertebrados (algúns peixes).

Os peixes abisais están dotados de bocas grandes e, debido á falta de luz, non cazan senón que tenden trampas ás presas potenciais; para iso, moitos sérvense da bioluminescencia, posuíndo apéndices luminosos que chaman a atención das presas de modo que estas achéganse a eles, sendo atrapadas entón pola mencionada boca de gran tamaño.

Circuíto de Lasarte

O Circuíto de Lasarte era un circuíto de carreiras de Gran Premio de 17´749 quilómetros en Lasarte-Oria, Guipúscoa, España no País Vasco preto da cidade turística de San Sebastián no Golfo de Biscaia. Corríase en sentido inverso as agullas do reloxo entre 1923 e 1935, pero as carreiras terminaron co estalido da Guerra Civil Española en 1936. Atravesaba entre outras poboacións a propia Lasarte-Oria, Andoáin, Urnieta e Hernani. A meta, a tribuna principal e os boxes atopábanse entre Lasarte e Oria, por aquel entón núcleos aínda separados. Parte do antigo circuíto situado en Lasarte-Oria recibe actualmente o nome do Paseo do circuíto (Zirkuito Ibilbidea) e outra rúa próxima denomínase Rúa Tribunas (Tribunak Kalea) en recordo das antigas tribunas do circuíto xa desaparecidas.

Logo da guerra as carreiras de autos trasladáronse ás novas vías preto Barcelona.

O Circuíto de Lasarte foi sede do Gran Premio de San Sebastián sete veces (1923-5, 1927-30), e do Gran Premio de España cinco veces (1926-27, 1933-35) e en 1926 do Gran Premio de Europa. Xa non está operativo para as carreiras de automóbiles, en 1965 utilizouse o trazado para o Campionato Mundial de Ciclismo.

Delage

Delage foi unha compañía francesa de automóbiles de luxo e de carreiras fundada en 1905 por Louis Delage en Levallois-Perret preto de París. Foi adquirido por Delahaye en 1935 e deixou de funcionar en 1953.

Far Cry Primal

Far Cry Primal é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Ubisoft Montreal e distribuído por Ubisoft. Foi lanzado para PlayStation 4, Xbox One e Microsoft Windows no 2016. Foma parte da serie Far Cry, e é o primeiro xogo ambientado na Idade da Pedra. A historia xira arredor da personaxe de Takkar, que comeza como un cazador desarmado que ascende até converterse no líder dunha tribo.

Gran Premio de San Sebastián

O Gran Premio de San Sebastián foi unha carreira de automobilismo celebrada no Circuíto de Lasarte en Lasarte-Oria, Guipúscoa.

Jean Nouvel

Jean Nouvel, nado o 12 de agosto do 1945, é un arquitecto francés. Estudou na École des Beaux-Arts en París e foi un dos membros fundadores de Mars 1986 e do Syndicat de l'Architecture. Obtivo numerosos recoñecementos e distintivos ao longo da súa carreira, incluíndo o Aga Khan da Arquitectura (tecnicamente o premio déuselle ao edificio do Institut du Monde Arabe que Nouvel deseñara), o Premio Wolf das Artes no 2005 e o Premio Pritzker no 2008. Un variado número de museos e centros de arte amosan retrospectivas do seu traballo.

Louis Antoine de Bougainville

Louis Antoine de Bougainville, conde de Bougainville, nado en París o 12 de novembro de 1729 e falecido o 20 de agosto de 1811, foi un militar e navegante francés que fixo a primeira circunnavegación francesa e destacou pola súa descrición de Tahití.

Á súa memoria bautizouse a illa Bougainville no arquipélago das Salomón, e a planta buganvílea que descubriu en América do Sur.

Macbeth (Verdi)

Macbeth é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, baseado na traxedia homónima de William Shakespeare, sendo a décima ópera de Verdi e a primeira das obras do dramaturgo inglés que adaptou para a escena operística. A súa estrea tivo lugar no Teatro della Pergola de Florencia o 14 de marzo de 1847. A ópera foi revisada para a súa estrea en Francia, que tivo lugar o 19 de abril de 1865 no Théâtre Lyrique de París.

Esta ópera está entre as máis representadas do repertorio, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 31 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo la 19.ª en Italia e a novena de Verdi, con 123 representacións no período.

Monte submarino

Un monte submarino é unha montaña que se eleva do fondo do océano, pero que non chega a sobresaír do nivel do mar.

Orfeo negro

Orfeo negro (en portugués, Orfeu Negro) é un filme de 1959 coproducido entre Francia, o Brasil e Italia dirixido polo director de cinema francés Marcel Camus. Foi rodado en Río de Xaneiro e contribuíu a volver mundialmente famosa a música popular brasileira. Antônio Carlos Jobim e Luiz Bonfá son os autores dos dous temas principais da música que chegaron a ser clásicos da bossa nova e do jazz, A felicidade, de Jobim, e Manhã de Carnaval, de Bonfá.

O filme está baseado na obra teatral de 1954 Orfeu da Conceição, do poeta e músico Vinícius de Moraes, e constitúe unha adaptación do mito de Orfeo ao ambiente do carnaval brasileiro.

Foi emitido na TVG o 29 de agosto de 1986.

París-Niza

París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañalo tránsito da carreira do norte ao sur de Francia.

Por mor da Segunda Guerra Mundial, a París-Niza desaparece trala edición de 1939. En maio de 1946 vólvese a celebrar, pero non ten continuidade os anos seguintes.

En 1951, o xornalista Jean Leulliot recupera a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 toma o nome de « Paris-Côte-d'Azur ». En 1954 retoma o nome orixinal de « París-Niza », que só se modifica en 1959 cando se disputa como París-Niza-Roma. Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.

Dende 1982 ata 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asume a dirección da carreira, que é traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002, a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.

Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.

A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.

Pierre Desfontaines

Pierre-François Guyot Desfontaines, máis coñecido como Pierre Desfontaines, nado en Ruán o 29 de xuño de 1685 e finado en París o 16 de decembro de 1745, foi un xornalista, crítico, tradutor e divulgador de Historia francés.

Foi coñecido sobre todo polas súas disputas con Voltaire. Pode considerarse como o fundador da crítica literaria e o xornalismo moderno en Francia, sobre todo na medida en que pretendía realizar unha crítica estética e moral das obras, no canto de limitarse a resumir ou a reproducir longos extractos.

Stade Brestois 29

O Stade Brestois 29 é un club de fútbol francés da cidade de Brest. Fundouse en 1903 e compite na Ligue 2.

Totally Spies!

Totally Spies! é unha serie de debuxos animados franco-canadense creada por Vincent Chalvon-Demersay e David Michel e producida por Marathon Media Group e Image Entertainment Corporation. A serie foi creada para que se asemellase ó estilo anime e estaba baseada orixinalmente no concepto dunha banda de música de rapazas. Céntrase en tres mozas adolescentes de Beverly Hills (California), que traballan como axentes espías.

Totally Spies! foi emitida por vez primeira o 3 de novembro de 2001 a través de ABC Family nos Estados Unidos. Emitiuse por TF1 en Francia o 3 de abril de 2002, e en Teletoon para o Canadá o 2 de setembro de 2002. Dende a súa emisión, foron emitidos 156 episodios, cun total de seis tempadas. Entre eles inclúense episodios especiais e producións de cine, realizadas e estreadas entre a cuarta e a quinta tempada. Foi emitida internacionalmente en máis de 150 territorios, incluíndo Galicia, sendo emitido en galego a través do Xabarín Club da TVG.

Volcán submarino

Os volcáns submarinos son as aberturas ou fisuras na superficie do leito oceánico polas que pode facer erupción o magma e o edificio volcánico que se orixina. Moitos volcáns submarinos están localizados preto das áreas onde as placas tectónicas están en movemento, especialmente en dorsais oceánicas ou foron orixinados por puntos quentes. Só os volcáns das dorsais oceánicas estímase que emiten o 75% do magma que fai erupción na Terra. Aínda que a maioría dos volcáns submarinos están localizados en zonas profundas do mar, hai tamén algúns en zonas pouco profundas, e estes poden descargar material á atmosfera durante unha erupción. O número total de volcáns submarinos estímase que é de arredor dun millón, dos cales uns 75 000 se elevan polo menos 1 km sobre o leito do mar.As fontes hidrotermais submarinas, son sitios con abundante actividade biolóxica que adoitan encontrarse preto dos volcáns submarinos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.