Guy Verhofstadt

Guy Verhofstadt, nado o 11 de abril de 1953, foi o Primeiro ministro de Bélxica dende o 12 de xullo de 1999 até 2008. Pertence aos Liberais e Demócratas Flamengos.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Guy Verhofstadt
Guy Verhofstadt in 2005
Nacemento11 de abril de 1953
 Dendermonde
NacionalidadeBélxica
Alma máterUniversidade de Gante
Ocupaciónpolítico
IrmánsDirk Verhofstadt
PremiosGrand Cross of the Order of the Crown, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ordem da Rosa Branca da Finlândia e Order of the Star of Romania
Signature of Guy Verhofstadt
Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Charles Michel

Charles Michel, nado en Namur o 21 de decembro de 1975, é un político belga. Dende o ano 2014 é o primeiro ministro de Bélxica.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.

En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.

Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (abreviado como ALDE polo seu nome en inglés) é un grupo político do Parlamento Europeo composto por case todos os deputados do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa e do Partido Demócrata Europeo, así como de algúns de partidos non adscritos.

É o cuarto grupo en número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo (2014-2019) e está considerado como a referencia liberal nas institucións europeas, tendo grupo no Consello de Europa (chamado ALDE-PACE), no Comité das Rexións da Unión Europea e na Asemblea Parlamentaria da OTAN.

Desde xullo de 2009 o presidente do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o belga Guy Verhofstadt, dos Liberais e Demócratas Flamengos, sucedendo ao inglés Graham Watson, dos Liberal Demócratas.

Primeiro ministro de Bélxica

O primeiro ministro de Bélxica é o xefe de goberno de Bélxica. O cargo existe desde 1830. Así o posto de primeiro ministro tomou ese nome tralo fin da Primeira Guerra mundial, é dicir desde a chegada de Léon Delacroix ao poder. Anteriormente levaban o título de "xefe de gabinete".

Os principais partidos políticos escindíronse en dúas ás lingüísticas independentes (francesa e holandesa):

en 1968 polo partido cristián demócrata (laranxa) ;

en 1972 polo partido liberal (azul) ;

en 1978 polo partido socialista (vermello).Esta é unha lista dos xefes de gabinete despois de 1830 ata o 1918 e dos primeiros ministros de Bélxica despois de 1918.

Yves Leterme

Yves Leterme Camille Désiré (*Wervik Flandres, Bélxica, 6 de outubro de 1960) fillo de pai valón e nai flamenga) é un político belga, membro do partido Democristián Flamengo e antigo Primeiro Ministro de Bélxica. Desempeñou os cargos de Viceprimeiro Ministro e Ministro de Orzamento, Reformas Institucionais e Transporte no goberno federal de Bélxica. El é tamén un ex Ministro-Presidente de Flandres e Ministro flamengo de Agricultura e Pesca.

Yves Leterme foi unha das opcións para converterse no Primeiro Ministro de Bélxica logo da Elección Xeral de 2007. El presentou a súa dimisión como Ministro-Presidente de Flandres o 26 de xuño de 2007. O 16 de xullo do 2007, Leterme foi nomeado para iniciar conversacións formais na formación dun novo goberno de coalición. Tras nove meses de estancamento político, o 20 de marzo de 2008 Leterme foi designado como Primeiro Ministro de Bélxica. O 14 de xullo de 2008, cando aínda non se cumpriran catro meses do seu goberno, presentoulle a dimisión ao rei Alberte II de Bélxica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.