Gustav Ludwig Hertz

Gustav Ludwig Hertz, nado en Hamburgo o 22 de xullo de 1887 e finado en Berlín o 30 de outubro de 1975, foi un físico alemán. Era sobriño de Heinrich Rudolf Hertz. Foi o gañador do Premio Nobel de Física de 1925 polos seus estudos, en cooperación con James Franck, sobre o paso de electróns a través dun gas.

Gustav Ludwig Hertz
Nobel prize medal.svg
Gustav Hertz
Gustav Ludwig Hertz en 1925
Datos persoais
Nacemento22 de xullo de 1887
LugarAlemaña Hamburgo, Alemaña
Falecemento30 de xuño de 1975 (87 anos)
LugarAlemaña Berlín, Alemaña
SoterradoCemitério de Ohlsdorf
NacionalidadeAlemaña alemá
CónxuxeEllen Hertz
Charlotte Hertz
FillosCarl Hellmunth, Johannes
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín
Director de teseHeinrich Rubens
Max Planck
Contribucións e premios
Coñecido porExperimento de Franck e Hertz
PremiosPremio Nobel de Física en 1925
Medalla Max Planck en 1951

Traxectoria

Hertz era fillo dun avogado, o doutor Gustav Hertz, e Auguste Hertz (nada Arning). Iniciou os seus estudos na escola Johanneum, de Hamburgo. Posteriormente matriculouse na universidade de Göttingen en 1906, e pasaría tamén polas de Múnic e Berlín, ata graduarse en 1911. Conseguiu un cargo como axudante de investigación no Instituto de Física da Universidade de Berlín en 1913, pero ao desatarse a Primeira Guerra Mundial, foi mobilizado en 1914, e ferido de gravidade na fronte en 1915.

Volveu á Universidade de Berlín como profesor en 1917, e posteriormente, trasladouse a Holanda para traballar, entre 1920 e 1925, no laboratorio de lámpadas incandescentes de Philips situado en Eindhoven. En 1925 foi elixido profesor residente e director do Instituto de Física da Universidade de Ache. En 1928, tras volver a Berlín, ocupou o cargo de director do Instituto de Física da Universidade tecnolóxica de Charlottenburg.

Cos nazis controlando totalmente o país, Hertz abandonou o seu cargo en 1935 por razóns políticas para volver á industria como director do laboratorio de investigación da compañía Siemens.

En 1945, tras a Segunda Guerra Mundial, trasladouse á Unión Soviética, onde volveu traballar como xefe dun laboratorio de investigación ata 1954. Ese ano recibiu o cargo de director do Instituto de Física da Universidade Karl Marx en Leipzig. Nomeado profesor emérito en 1961, retirouse e viviu posteriormente en Leipzig e Berlín.

Gustav Hertz morreu o 30 de outubro de 1975 en Berlín.

O profesor Hertz casou en 1919 con Ellen (nada Dihlmann), que morreu en 1941. Tiveron dous fillos, ambos físicos: o doutor Hellmuth Hertz, profesor no Colexio Técnico de Lund, e o doutor Johannes Hertz, que traballou no Instituto de Óptica e Espectroscopia da Academia Alemá de Ciencias, en Berlín. Volveu casar con Charlotte (nada Jollasse) en 1943.

Carreira científica

Os estudos iniciais de Hertz para a súa tese doutoral estaban relacionados coa absorción infravermella do dióxido de carbono en relación coa presión e a presión parcial. Xunto con Franck, levou a cabo diversos estudos sobre o impacto de electróns, que lles conduciron ao seu famoso experimento: en 1914, Hertz e Franck deseñaron o experimento Franck-Hertz, que confirmaba e apoiaba de forma elegante o modelo atómico de Bohr e abría as portas á mecánica cuántica formulada por Max Planck. Xusto antes da súa mobilización, atopábase realizando estudos e medidas sobre o potencial de ionización de varios gases.

Posteriormente, demostrou as relacións cuantitativas entre as series de liñas espectrais e a perda de enerxía dos electróns ao chocar con átomos.

En 1925, el e Franck reciben o Premio Nobel de Física.

Ao volver a Berlín en 1928, aplicouse de forma incansable á reconstrución do Instituto de Física. Durante o seu período como director, foi o responsable do descubrimento dun método para separar isótopos de neon mediante unha "fervenza de difusión".

Hertz publicou moitos traballos, tanto en solitario como de forma conxunta con Franck, sobre o intercambio cuantitativo de enerxía entre electróns e átomos, así como sobre a separación de isótopos.

Hertz era membro da Academia de Ciencias Alemá en Berlín, así como da Academia de Ciencias de Göttingen, membro honorario da Academia de Ciencias Húngara, membro da Academia de Ciencias Checoslovaca, e membro estranxeiro da Academia de Ciencias da U.R.S.S..

Ademais do premio Nobel, recibiu a Medalla Max Planck da Sociedade Alemá de Física.

Véxase tamén

Ligazóns externas

22 de xullo

O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

30 de outubro

O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.

Heinrich Rudolf Hertz

Heinrich Rudolf Hertz, nado en Hamburgo o 22 de febreiro de 1857 e finado en Bonn o 1 de xaneiro de 1894, foi un físico alemán. Na súa honra noméase hertz á unidade de frecuencia do SE.

En 1888, foi o primeiro en demostrar a existencia da radiación electromagnética construíndo un aparello para producir ondas de radio.

Max Planck

Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica.

Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926. Planck foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física polo descubrimento da natureza cuantizada da enerxía.

Premio Nobel de Física

O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.