Gumersindo Galego Feal

Gumersindo Pedro Galego Feal, nado en Fene en 1962, é un político galego do PPdeG.

Gumersindo Galego Feal
Nacemento1962
 Fene
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Fillo de Gumersindo Galego Veiga, que foi alcalde de Fene no franquismo. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Fene e foi elixido alcalde ao encabezar a lista máis votada até o ano 2015[1]. O 6 de abril de 2018 foi nomeado novamente alcalde tras prosperar unha moción de censura impulsada polo PP contra Juventino Trigo Rey (do BNG).[2]

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[3]

Predecesor:
Iván Puentes Rivera
 Escudo de Fene.svg
Alcalde de Fene
 
2011 - 2015
Sucesor:
Juventino Trigo Rey
Predecesor:
Juventino Trigo Rey
 Escudo de Fene.svg
Alcalde de Fene
 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. Gumersindo Pedro Galego Feal (PP) elegido alcalde de Fene
  2. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Sermos Galiza. 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018.
  3. Concello de Fene na FEGAMP

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Eleccións municipais en Fene

Corporacións democráticas en Fene desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BN-PGModelo:Fene 1979

1983 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1987 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1991 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1995 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1999 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2003 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2007 Alcalde: Iván Puentes Rivera — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Gumersindo Pedro Galego Feal — PPdeG

2015 Alcalde: Juventino Trigo Rey — BNG. Tras unha moción de censura en abril de 2018 recupera a alcaldía o popular Gumersindo Galego Feal)Candidatos: Gumersindo Pedro Galego Feal (PP), Juventino José Trigo Rey (BNG), Antón Lois Noceda Carballo (PSdeG-PSOE), Xoán Manuel Rodríguez Bastida (Somos Fene-PDDdG), María Carmen Martínez Rodríguez (EU) e Julio Rodríguez Fernández (Agrupación de Electores Avante).

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Gumersindo Galego Veiga

Gumersindo Galego Veiga, nado en 1926 e finado en Fene o 6 de decembro de 2007, foi un político galego.

Iván Puentes Rivera

Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Traballou durante algo máis de tres anos como redactor das canles internacionais da Televisión de Galicia. Desde marzo de 2012, tras desempeñar labores de asesoramento na Deputación Provincial da Coruña e de ser Alcalde de Fene (A Coruña) traballa como investigador e profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) adscrito ao grupo de investigación "NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política".

Juventino Trigo Rey

Juventino José Trigo Rey, nado en Fene en 1962, é un político galego do BNG.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.