Guitiriz

Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guitiricense.

Coordenadas: 43°10′55″N 7°53′43″O / 43.18194, -7.89528

Guitiriz
Bandeira de Guitiriz
---
Escudo de Guitiriz
Guitiriz, Casa do Concello
Casa do Concello.
Situacion Guitiriz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación5.505 hab. (2018)
Área293,7 km²
Densidade18,74 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloGuitiriz
Política (2019 [2][3])
AlcaldesaMaría Sol Morandeira (PSdeG[4])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Guitiriz
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes81,65%
Na rede
concellodeguitiriz.com

Etimoloxía

O topónimo Guitiriz ten orixe xermánica. Vén do nome do rei suevo Witerico, a quen se lle atribúe a fundación do lugar no século VI[6].

Historia

A pegada de poboamentos humanos máis antigos é o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea de Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural, e a carón del hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.

Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas Negradas.

A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.

No século XIV a totalidade da comarca da Terra Chá, incluíndo Guitiriz e a súa capital, Vilalba, pasaron a ser parte dos dominios de Fernán Peres de Andrade, de cuxa familia serían os primeiros condes de Vilalba durante o reinado dos Reis Católicos.

En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.

Patrimonio

Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como as capelas de San Alberte e de Bascuas (esta última adicada a museo).[8]

Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova.

Unha ruta homologada de sendeirismo, PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, vai da Ponte de Santo Alberte ata o Balneario de Pardiñas. Achegándose ata a Fonte de Valdobín e o Balneario de Guitiriz.

Guitiriz na cultura popular

San Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans supostamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente [9].

Poboación

Censo total 2014 5.564 habitantes
Menores de 15 anos 495 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos 3.344 (60.1 %)
Maiores de 65 anos 1.725 (31 %)
Evolución da poboación dende 1857.
Evolución da poboación de Guitiriz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
10.028 10.275 11.476 7.633 6.086 5.896 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Guitiriz.
Sagrado Corazón de María.
Sagrado Corazón de María. 
S. Xoán de Lagostelle.
S. Xoán de Lagostelle. 
Santo Estevo de Parga.
Santo Estevo de Parga. 
S. María de Labrada.
S. María de Labrada. 
Panel da Ruta da Auga.
Panel da Ruta da Auga. 
Torta de millo de Guitiriz.
Torta de millo de Guitiriz. 

Lugares de Guitiriz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Concello de Guitiriz (ed.). "Corporación Municipal". www.concellodeguitiriz.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Gutiriz". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Concello de Guitiriz (ed.). "Guitiriz, Historia". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
  7. Valores medios medidos en el observatorio de Guitiriz (1971-2000)[Ligazón morta] Data: 4-6-2011.
  8. "ConcellodeGuitiriz.com/monumentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2013.
  9. Jesús Rodríguez López, 99.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gay Méndez, A. (1995). O concello de Guitiriz. Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-045-2.
  • Rodríguez López, J. (1974 (1ª ed. 1895)). Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Celta.

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
As Negradas, Guitiriz

San Vicenzo das Negradas é unha parroquia situada ó sur do concello de Guitiriz, a uns 9 km do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 91 habitantes (41 mulleres e 50 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 103 habitantes.

Becín, Guitiriz

San Xiao de Becín é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Guitiriz, a uns 3,5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 126 habitantes (57 homes e 69 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 123 habitantes.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Labrada, Guitiriz

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.

Lagostelle, Guitiriz

San Xoán de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, onde radica a súa capital, homónima do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.972 habitantes (1.010 mulleres e 962 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes.

Mariz, Guitiriz

Santa Eulalia de Mariz é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, a uns 3'5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 170 habitantes (75 mulleres e 95 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 194 habitantes.

O Buriz, Guitiriz

San Pedro do Buriz é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 380 habitantes (196 mulleres e 194 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 421 habitantes.

Os Vilares, Guitiriz

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Parga, Guitiriz

Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Pedrafita, Guitiriz

San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.

Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.

Pígara, Guitiriz

San Pedro de Pígara é unha parroquia do concello lucense de Guitiriz. Dista uns 35 km da capital provincial. Segundo o IGE en 2013 tiña 432 habitantes (222 homes e 210 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 553 habitantes.

Roca, Guitiriz

Roca é unha parroquia do concello de Guitiriz. Segundo o IGE, en 2012 tiña 78 habitantes (35 homes e 43 mulleres).

San Breixo de Parga, Guitiriz

San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes.

San Salvador de Parga, Guitiriz

San Salvador de Parga é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Guitiriz, a uns 7,8 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 131 habitantes (62 mulleres e 69 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2006 cando tiña 136 habitantes.

Santa Cruz de Parga, Guitiriz

Santa Cruz de Parga é unha parroquia que se localiza ó leste do concello de Guitiriz, a uns 8,9 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 159 habitantes (72 mulleres e 87 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que non supón ningún cambio en relación ao ano 2006 cando cos mesmos 159 habitantes.

En Santa Cruz de Parga hai un campo de manobras do Exército. A mediados do século XX foi cuartel militar, e alí fixeron o servizo militar milleiros de galegos, Uxío Novoneyra e Manuel María entre outros.

Santa Locaia de Parga, Guitiriz

Santa Locaia de Parga é unha parroquia que se localiza ó sur do concello de Guitiriz, a uns 7,5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 146 habitantes (69 mulleres e 77 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 170 habitantes.

Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz

Santa Mariña de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó sur do concello de Guitiriz, a uns 4,7 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 167 habitantes (77 mulleres e 90 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.

Trasparga, Guitiriz

Santiago de Trasparga é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Guitiriz, a uns 5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 167 habitantes (84 mulleres e 83 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 204 habitantes.

Vilar, Guitiriz

Santa María de Vilar é unha parroquia que se localiza ó suroeste do concello de Guitiriz, a uns 6,5 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 60 habitantes.

Nuvola apps kweather.png ClimatoloxíaWPTC Meteo task force.svg
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura mínima (°C) 2.7 4.9 7.4 9.2 11.2 14.1 16.7 17.2 14.8 12.6 10.3 8.9 11.4
Temperatura máxima (°C) 10 12 14 15 18 21 23 24 22 18 13 11 17.4
Precipacións totais (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135 1008
Humidade (%) 76 76 73 75 77 77 79 78 78 78 78 77 77
Precipitacións (≥ 1 mm) 14 14 12 13 11 7 5 6 8 12 14 15 131
Horas de sol 108 112 155 167 191 220 240 240 179 150 107 93 1966
Fonte: Aemet Agencia Estatal de Meterología[7]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.