Guitarra

A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.

A guitarra está afinada por tres cuartas, unha terceira e unha cuarta máis (dende o bordón grave ó agudo): Mi, La, Re, Sol, Si, Mi.

Guitarra
Classical Guitar two views
Información
Clasificación
  • Instrumento de corda pulsada
  • Tesitura
    Range guitar
    Instrumentos relacionados
  • Laúde
  • bandurra
  • ukelele
  • charango
  • guitarrón
  • Cuatro (instrumento)
  • Músicos notables
  • Guitarristas
  • Historia

    Orixes

    As orixes e evolución da guitarra no son demasiado claros, xa que numerosos instrumentos semellantes eran utilizados na antigüidade, polo que é normal seguir xa traxectoria deste instrumento a través das representacións pictóricas e escultóricas atopadas ao longo da historia. Existen evidencias arqueolóxicas en baixorrelevos atopados en Alaça Hüyük (norte da actual Turquía) de que en torno ao ano 1000 a. C. os hititas e asirios crearon instrumentos de corda parecidos á lira (o instrumento de varias cordas máis sinxelo e antigo do mundo) pero con o agregado dunha caixa de resonancia, polo que serían antecesores da guitarra. Tamén se atoparon representacións en debuxos do antigo Exipto que se asemellan a un instrumento parecido á guitarra.

    Existen dúas hipóteses sobre as súas orixes. Unha delas dálle unha orixe greco-romana e afirma que é un descendente da fidícula; e a outra considera que a guitarra é un instrumento introducido polos árabes durante a invasión musulmá da Península Ibérica, e que posteriormente evolucionou en España. Segundo a primeira hipótese, estes instrumentos chegaron ata os gregos, que deformaron lixeiramente o seu nome, kizára ou kettarah, que en galego converteuse en cítara. Este feito deu lugar a supoñer que a guitarra deriva da cítara grega e romana, ás que se le engadiu un mango ao comezo da nosa era. Moitos estudosos e musicólogos atribúen a chegada da guitarra á Península Ibérica por medio do Imperio Romano no ano 400. A outra hipótese sostén que o primeiro instrumento con mastro foi a ud árabe, cuxo nome os españois terminaron fundindo erroneamente co seu artigo. Foron precisamente os árabes que introduciron o instrumento na península, onde evolucionou de acordo aos gustos musicais da plebe baixo dominación musulmá.

    Na India estes instrumentos eran coñecidos en idioma sánscrito como sitar (instrumento descendente da vina), palabra que provén de dúas palabras indoeuropeas que darían orixe á palabra "guitarra": a raíz guīt (que produciu as palabras sánscritas guitá: "canción", ou sangīt: ‘música’) e a raíz tar, que significa "corda" ou "acorde".

    Idade Media

    Nos séculos XI e XII poden distinguirse dous tipos de "guitarres" ou "guiternes". Por unha banda a mourisca ou mandora, con forma ovalada de media pera e que se asemella ao laúde árabe e á mandolina. Pola outra a guitarra latina, unha evolución das antigas cedras ou cítaras, de fondo plano, unida por aros con mango longo e cuxo caravilleiro era semellante ao do violín. A primeira delas concorda coa hipótese da orixe oriental da guitarra, unha especie de laúde asirio que se tería estendido por Persia e Arabia, ata chegar á Península Ibérica durante a estancia dos árabes. A segunda, reforzaría a hipótese da orixe greco-latina do instrumento. Ambos tipos están representados nas miniaturas das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio de 1270, aínda que unha das representacións máis antigas que se conservan está en Europa Occidental, nun Paixonario da abadía de Zwiefalten do ano 1180.

    No século XIV, os poetas medievais franceses Guillaume de Machaut e Eustache Deschamps nomean nas súas obras á "guiterna" sen precisar o tipo.

    A guitarra latina evolucionou ata dar lugar a dous instrumentos diferentes: a vihuela, que estaba dotada de seis ordes (cordas dobres) e que tivo unha ampla difusión entre a aristocracia e os trobadores e músicos profesionais; e a guitarra, de catro ordes e de uso máis popular.

    Século XVI

    No século XVI comezan a realizarse numerosas composicións para guitarra. A primeira obra para guitarra de catro ordes aparece na obra Tres libros de música en cifra para vihuela, publicada en 1546 por Alonso Mudarra en Sevilla. Nesa época era habitual confundir os nomes destes instrumentos e foi a finais de século cando comezaron a diferenciarse. A guitarra foi utilizada principalmente como instrumento de acompañamento e principalmente coa técnica do rasgueado.

    Século XVII

    O tratado máis antigo sobre a guitarra española foi publicado en Barcelona en 1596 por Juan Carlos Amat. En 1606 Girolamo Montesardo publicou en Bolonia a primeira grande obra para guitarra, titulada Nuova inventione d'involatura per sonare Il balleti sopra la chitarra espagnuola e G. A. Colonna publicou Intavolatura di chitarra alla spagnuola en 1620.

    Habitualmente atribúeselle a inclusión da quinta corda ao músico e poeta andaluz Vicente Espinel. A atribución desta invención realizouna Lope de Vega, pero foi refutada por Nicolao Doici de Velasco (1640) e por Gaspar Sanz (1684) nos seus tratados sobre a guitarra española. Sustentan as súas afirmacións no feito de que once anos antes do nacemento de Espinel, Bermudo mencionou unha guitarra de cinco ordes. Porén, aínda que Espinel non fose o inventor da guitarra española de cinco cordas, probablemente foi quen máis se encargou da súa difusión popular en todas as clases sociais de España. O Nuevo método por cifra para tañer guitarra de cinco cuerdas publicado en 1630 por Doici de Velasco é o máis antigo coñecido, e nel afírmase que "en Francia, Italia e demais países, á guitarra chámaselle española dende que Espinel puxo a quinta corda, quedando tan perfecta como o laúde, a arpa, a tiorba e o clavicordio e aínda máis abundante que estes".

    Outros autores contribuíron de forma destacada á literatura sobre a guitarra, como Luis de Briceño, Lucas Ruiz de Ribayaz e Francisco Guerau, entre outros. Na Península Ibérica a guitarra era xa moi utilizada a finais do século XVII, cando Gaspar Sanz compuxo a súa Instrucción de música sobre la guitarra española y método de sus primeros rudimentos, hasta tañerla con destreza. Anteriormente había guitarras de nove cordas: unha corda sinxela e catro ordes.

    En todo caso, parece claro que foi en España onde tomou carta de natureza, pois a diferenza das guitarras construídas noutros países e lugares de Europa, onde se fabricaban guitarras sobrecargadas de incrustacións e adornos que as facían case imposibles de tocar, a guitarra española facíase para ser tocada e foi tan popular que incluso Sebastián de Covarrubias, capelán de Filipe II e lexicógrafo español, chegou a dicir que "a guitarra non vale máis que un chocallo, é tan fácil de tocar que non existe un labrego que non sexa un guitarrista".

    Aínda que todos os países reivindican a súa intervención na invención da guitarra (con especial mención de Francia), aspectos tales como a forma, a estrutura e a afinación, derivan directamente da guitarra tal como os luthiers ibéricos a deseñaban, sen esquecernos dos europeos como Johan Stauffer, de quen derivan os deseños do seu discípulo C. F. Martin.

    Séculos XVIII e XIX

    Iniciado o século XVIII Jacob Otto agrega a sexta corda á guitarra e estandarízase a afinación moderna, o cambio máis significativo sufrido por este instrumento. A mediados de século, a historia da guitarra moderna acada un grande apoxeo co español Francisco Tárrega, creador da escola moderna e autor do cambio no uso da posición das mans e o xeito de pulsar as cordas.

    A finais do século XVIII e principios do XIX, algunhas guitarras usaban seis cordas sinxelas e empregaron unhas barras de reforzo debaixo da tapa harmónica. Estas barras foron engadidas para reforzar a estrutura e permitiron adelgazar a tapa para obter unha maior resonancia e unha mellor distribución do son ao longo da tapa harmónica. Outras melloras contemporáneas inclúen o uso dun mastro reforzado e elevado usando madeira de ébano ou palisandro, e a aparición dun mecanismo de parafuso metálico en lugar das caravillas de madeira para afinar. É importante destacar que o rocho elevado tivo un grande impacto na técnica do instrumento, porque as cordas estaban demasiado lonxe da tapa harmónica de xeito que había que apoiar un dos dedos da man dereita para que servise de soporte aos demais. Estas guitarras serían recoñecidas inconfundiblemente como as primeiras guitarras clásicas.

    Nos comezos do século XIX, nos traballos dos españois Agustín Caro, Manuel González, Antonio de Lorca, Manuel Gutiérrez e outros construtores europeos, incluídos René Lacote e o vienés Johann Stauffer, atopamos as características dos precursores máis directos da guitarra clásica moderna. Johann Stauffer ten unha reputación lendaria. Na súa tenda aprendeu a construír guitarras C. F. Martin, que máis tarde se trasladaría a Estados Unidos, e cuxa firma segue constrinxindo guitarras hoxe en día. Tamén desenvolveu o rocho elevado, a petición de Luigi Legnani, o guitarrista e primeiro intérprete dos concertos do violinista xenovés Niccolò Paganini. Os seus outros avances na construción da guitarra inclúen un mastro axustable e reforzado con aceiro e as caravillas de parafuso sen fin, que aínda se usan nas guitarras modernas.

    Cara 1850 empezou o traballo de Antonio Torres Jurado. Co apoio de Julián Arcas, ambos almerienses, e as súas propias intuicións, Antonio Torres Jurado refinou os soportes estruturais da guitarra, incluíndo sete varas estendidas baixo a tapa harmónica. Aumentou tamén o tamaño da caixa de resonancia e o ancho do mastro. Estas innovacións influíron na mellora do volume do son e a resposta nos graves, así como o descubrimento dunha técnica para a man esquerda para o enriquecemento do repertorio. Agora a guitarra xa estaba preparada tanto para as demandas do solista como para as do conxunto instrumental. A tradición construtiva en Almería mantívose ata os nosos días con construtores como Gerundino Fernández García.

    Século XX

    O luthier español José Ramírez III, xunto ao guitarrista Narciso Yepes, agregoulle catro cordas máis nas graves, sobre un amplo mastro cuxos múltiples trastes permiten ampliar notablemente a gama de son da man esquerda. Narciso Yepes tocou por vez primeira esta guitarra de dez cordas en Berlín en 1964 e, a partir dese ano, foi o seu instrumento habitual nos concertos, especializándose en pezas renacentistas e barrocas.

    Tipos de guitarra

    Hai dous tipos básicos de guitarra: a guitarra clásica e a guitarra flamenca, de tamaño lixeiramente menor que a clásica, distintas madeiras e outras variacións que a fan menos resoante pero máis percusiva.

    Unha variedade da guitarra clásica ou española é a guitarra acústica, cuxa diferenza principal é o material das súas cordas, que é o metal en lugar da tripa ou o nailon. Procede de Estados Unidos, adoita a ser de maior tamaño e co tempo evolucionou para adoptar un sistema alimentado por enerxía eléctrica (pastillas eléctricas), dando lugar á guitarra eléctrica.

    Véxase tamén

    Outros artigos

    A Perfect Circle

    A Perfect Circle (a miúdo tamén escrito como APC) é un supergrupo de rock formado nos Ánxeles (California) durante o ano 1999 polo guitarrista Billy Howerdel e o vocalista de Tool Maynard James Keenan. A súa primeira formación tamén incluía a Paz Lenchantin no baixo, a Troy Van Leeuwen na guitarra e a Tim Alexander á batería. A banda entrou nun período de hiato no ano 2004 cando contaba con James Iha (guitarra), Jeordie White (baixo) e Josh Freese (batería) nas súas filas ademais dos dous fundadores do grupo.

    A Perfect Circle ten publicados tres álbums: Mer de Noms, Thirteenth Step e eMOTIVe. Tamén editou o CD-DVD aMOTION, que contén 13 videos musicais e remesturas de temas creados por Danny Lohner, Robert Del Naja e outros artistas.

    Dende o parón do grupo en 2004 os seus membros veñen participando doutros proxectos. Os máis destacables foron o traballo de Keenan no álbum de Tool 10,000 Days, lanzado en 2006, e o de Howerdel fundando o grupo Ashes Divide.

    Nunha entrevista a finais do 2008 Keenan anunciou que Howerdel máis el estaban traballando en novo material. Porén, a banda non volvería realmente á actividade ata setembro do ano 2010, cando se anunciou unha xira e a edición de novas composicións, aínda que dende entón o grupo non lanzase ningunha gravación de estudio.

    O 19 de novembro de 2013 a banda publicou un álbum de grandes éxitos titulado Three Sixty, que conterá unha nova canción, "By and Down", e o 23 dese mes editarou un box set chamado A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo. Mentres o grupo continua traballando en material novo dende o seu regreso, hai poucos detalles sobre o seu calandario ou formas de edición.

    Baixo

    O baixo é un instrumento musical eléctrico de catro, cinco ou seis cordas (o máis habitual son catro), un híbrido entre a guitarra e o contrabaixo, tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés bass guitar). Adoita a tocarse sobre todo usando os dedos, pero tamén pode tocarse con puga.

    Carlos Gardel

    Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

    Chacarera

    A chacarera é unha danza e música populares da provincia arxentina de Santiago del Estero. Execútase tradicionalmente con guitarra, bombo e violín, aínda que admite outras formacións instrumentais variadas. Pode haber chacareras cantadas. Son tan tradicionais tanto as cantadas en lingua castelá como en quechua santiagueño, e tamén hai versións bilingües, ou só instrumentais. Báilase en parella.

    Cuatro (instrumento)

    O cuatro é un instrumento da familia da guitarra. Chegou a América polas migracións canarias e hoxe e utilizado no Caribe Hispano en países como México, Colombia e, especialmente, Venezuela e Porto Rico.

    Funk

    O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz. O funky é, xunto co rock e o hip-hop unha das máis grandes influencias da música moderna.

    O funk foi a principal influencia no desenvolvemento da música disco e, máis tarde, do hip-hop.

    Guitarra eléctrica

    Unha guitarra eléctrica é unha guitarra cun ou máis transductores electromagnéticos ("pastillas") que converten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas. Hai guitarras sen caixa de resoancia (guitarra eléctrica sólida) ou cunha caixa máis pequena do habitual (semisólida), ás veces con buratos cara o exterior con formas en "f" semellantes aos das caixas de resoancia dos violíns e outros instrumentos acústicos.

    Inventada en 1931, a guitarra eléctrica fíxose moi necesaria para os músicos de jazz xa que estes precisaban amplificar o seu son debido a que o resto dos instrumentos das bandas tiñan unha sonoridade máis alta. Dende entón a guitarra eléctrica converteuse no instrumento máis importante da música popular, e é moi usada en moitos estilos, incluíndo todos os xéneros de rock and roll, heavy metal, música country, pop, jazz, blues, e incluso a música clásica contemporánea.

    Hard rock

    O hard rock ou rock duro é un xénero musical derivado do rock and roll con influencias de guitarras blueseras relacionado en principio co heavy metal.

    Heavy metal

    O heavy metal (/ˈhɛvɪˈmɛtl/) é un xénero musical derivado do rock a finais dos anos 1960 e comezos dos 1970, principalmente nos Estados Unidos de América e no Reino Unido. Partindo do blues e o rock psicodélico, os grupos pioneiros do heavy metal desenvolveron un son máis marcado e profundo caracterizado por unha distorsión amplificada, solos de guitarra e ritmos enerxéticos. As letras e actuacións dos grupos de heavy metal adoitan asociarse coa masculinidade e agresividade.Os primeiros grupos considerados dentro do heavy metal, como Led Zeppelin, Black Sabbath e Deep Purple, atraeron grandes audiencias malia ser criticados habitualmente nos medios de comunicación, e a mediados dos anos 1970 Judas Priest supuxo un estímulo na evolución do xénero ao descartar gran parte da influencia do blues. Outros grupos como Motörhead introduciron características do punk rock incrementando a énfase na velocidade e a finais da década de 1970 os grupos da Nova Onda do Heavy Metal Británico como Iron Maiden e Saxon continuaron con esta evolución.

    Na década de 1980 o glam metal tivo grande éxito comercial con grupos como Mötley Crüe e Poison, mentres que nos ámbitos underground comezaron a desenvolverse unha serie de estilos máis agresivos. O thrash metal fíxose popular grazas a grupos como Metallica, Megadeth, Slayer e Anthrax, aínda que outros subxéneros máis extremos como o death metal e o black metal seguiron unha evolución máis separada das correntes principais. Dende mediados dos anos 1990 comezaron a popularizarse diversos subxéneros que expandiron a definición do xénero. Algúns destes son o groove metal (exemplificados no grupo Pantera), influenciado polo metal extremo e o hardcore punk, e o nu metal (con grupos como Slipknot, Korn ou Linkin Park), que adoita incorporar elementos do grunge e do hip hop.

    Los Panchos

    Los Panchos, tamén coñecidos como Trío Los Panchos, é un trío musical de sona internacional formado en Nova York en 1944 por dous mexicanos, Alfredo Gil e José de Jesús "Tusto" Navarro, e un portorriqueño, Hernando Avilés. Namentres que Avilés e Navarro tocaban a guitarra, Gil facía o propio co requinto, sendo os tres vocalistas. Porén, foi este último, Gil, o principal artífice das composicións e o sinal de identidade que habería perdurar por décadas. O xénero musical empregado polos Panchos é o que se coñece como bolero.

    Metal alternativo

    Metal alternativo é un subxénero do heavy metal que gañou popularidade a principios dos anos 90. As bandas deste xénero destacan polos seus pesados riffs de guitarra que tenden cara a experimentación, teñen letras pouco convencionais, tempos impares con máis contratempos que o metal normal, usa técnicas máis inusuais, afástase dos convencionalismos do heavy metal e incorpora un amplo rango de influencias fóra da escena musical do metal.

    Música celta

    Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

    Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

    Existen diversos sub-tipos de "música celta".

    O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

    Música rock

    Rock ou música rock é un xénero musical popular que se desenvolveu durante e despois da década de 1950. As súas raíces atópanse no rock and roll e máis no rockabilly que emerxeu e se definiu nos Estados Unidos de América ao final dos anos corenta e inicio dos cincuenta. Evolucionou a partir do blues, da música country e do rhythm and blues, entre outras influencias musicais que mesmo inclúen o folk, o jazz e a música clásica. Todas estas influencias combinadas nunha estrutura musical bailábel e de composición sinxela.

    Os sons do rock adoitan xirar sobre a guitarra eléctrica ou acústica, e ten unha forte sección rítmica formada polo baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende os anos 70, os sintetizadores. Xunto coa guitarra ou os teclados, ás veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a harmónica cun estilo blues.

    A finais dos 60 e principios dos 70 desenvolvéronse diferentes estilos dentro do rock. Cando foi mesturado coa música folk apareceu o folk rock, uníuse ao blues para crear o blues-rock e co jazz na jazz-rock fussion. Nos anos 70 o rock incorporou influencias do soul, o funk e a música latina. Tamén nesa época desenvolvéronse numerosos subxéneros, coma o soft rock, glam rock, heavy metal, hard rock, rock progresivo e punk rock. Os subxéneros que xurdiron nos anos 80 inclúen o New Wave, o hardcore punk e o rock alternativo. Nos anos 90 apareceron o grunge, o britpop, o indie rock e o nu metal.

    Plena (xénero musical)

    A plena é un xénero musical portorriqueño nado no sector La Jolla del Castillo, no sureña aldea de Ponce, entre os anos de 1915 ao 1920. Ponce, polo seu gran movemento agrario, recrutaba obreiros nacionais e estranxeiros para o corte de cana e froitos. Dentro deste grupo de inmigrantes, chega un matrimonio das illas caribeñas, Barbados e Saint Kitts, de nomes, Anna Catherine George e John Clark. Este matrimonio trouxo na súa equipaxe unha guitarra e unha pandeireta e con estes instrumentos facían soar un ritmo musical moi parecido ao calipso do Caribe. Ao pouco, coa introdución de novos movementos musicais, pasou a coñecerse como plena portorriqueña, tanto no que atinxe á música coma ao baile.

    Queens of the Stone Age

    Queens of the Stone Age (ás veces escrito como QotSA) é unha banda de stoner rock estadounidense formada despois da disolución de Kyuss en Palm Desert (California) no ano 1997. O único membro que permanece dende a súa fundación é o seu líder Josh Homme (voces, guitarra), e na actualidade conta tamén con Troy Van Leeuwen (guitarra, steel guitar), Michael Shuman (baixo) e Dean Fertita (teclado, guitarra, percusión, coros) e Jon Theodore (batería, percusión).

    Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara os riffs de guitarra. O seu son foi incorporando diferentes influencias e estilos, e tamén traballou con artistas como o membro de ZZ Top Billy Gibbons e o colaborador habitual Mark Lanegan.

    Radiohead

    Radiohead é unha banda de rock alternativo procedente de Abingdon, Oxfordshire, Reino Unido e formada en 1985. A banda está constituída por Thom Yorke (voces, guitarra rítmica, piano), Jonny Greenwood (guitarra principal, teclados e outros), Ed O'Brien (guitarra, coros), Colin Greenwood (baixo, sintetizador) e Phil Selway (batería, percusión).

    Radiohead editou o seu primeiro sinxelo, "Creep", en 1992. A canción converteuse nun éxito, e fíxose mundialmente coñecida despois da edición do seu álbum de estrea, Pablo Honey, en 1993. A súa popularidade aumentou no Reino Unido co lanzamento en 1995 do seu segundo traballo, The Bends. O seu terceiro álbum, OK Computer (1997), fixo medrar a súa fama internacional.

    Kid A (2000) e Amnesiac (2001) marcaron unha evolución no estilo de Radiohead, ao incorporar elementos da música electrónica, do Krautrock, do post-punk e do jazz. Hail to the Thief, aparecido no 2003, mestura un rock guitarreiro, con elementos electrónicos e letras inspiradas na guerra e foi o seu derradeiro traballo co selo EMI.

    O seu seguinte traballo, In Rainbows, foi editado independentemente no 2007, nun principio como descarga dixital, onde os clientes podían decidir canto desexaban pagar, e posteriormente en formato físico.

    Reggae

    O reggae é un estilo de música orixinario da Xamaica. Bob Marley, cantante, compositor e icona deste estilo musical. En sentido mais amplo, Reggae pode referirse a outros ritmos como ska, rocksteady, dub, dancehall e ragga.

    Tiple

    O tiple é un instrumento cordófono de pequeno tamaño pertencente á familia da guitarra. Ten 10 ou 12 cordas de aceiro, en catro cursos. Considérase o instrumento nacional de Colombia[Cómpre referencia]. Os seus inicios déronse nos límites dos departamentos de Santander e Boyacá. Utilízase no acompañamento de ritmos típicos do interior do país como o bambuco e o corredor. Tamén se emprega como acompañante da tradicional troba antioqueña, un canto improvisado.

    Tonada

    A tonada é un xénero musical conformado por un conxunto de melodías e cantos dentro do xénero da lírica. Caracterízase por non ser bailada e polo relevante dos textos.

    Ritmos e xéneros músicais latinoamericanos e caribeños en xeral
    Xéneros
    Raíces da Salsa
    Instrumentos musicais
    Intérpretes e compositores

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.