Guijuelo

Guijuelo é un municipio da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Dista 48 km de Salamanca, a capital provincial. O xentilicio que designa os seus habitantes é guijuelense.

No 2005 contaba cunha poboación de 5.368 habitantes, dos cales 2.712 homes e 2.656 mulleres, sobre unha superficie de 63,23 km². Posuía polo tanto unha densidade de 84,48 hab./km².

A altitude é de 1.010 msnm. As súas coordenadas geográficas son 40°33′ N - 5°40′ O.

O seu código postal é 37770

Ademais de Guijuelo inclúense os núcleos de Cabezuela de Salvatierra (57 hab.), Campillo de Salvatierra (331 hab.) e Palacios de Salvatierra (39 hab.). Todos eles uniranse nos anos 70 xunto con as localidades de Aldeavieja de Tormes, Nava de Béjar e Fuentes de Béjar, aínda que se independizaron outra vez nos anos 80.

Escudo de Guijuelo
Escudo do concello de Guijuelo

Economía

Grazas á denominación de orixe Guijuelo, a industria de produtos cárnicos é das máis importantes de España, dedicándose grande parte da poboación a esta actividade. Son famosos e de grande calidade os xamóns ibéricos que, aínda que vindos en boa parte das devesas estremeñas, achan aquí o lugar adecuado para a súa curación.

Bilbao Athletic

O Bilbao Athletic, antes coñecido como Athletic Club B, é un equipo de fútbol español da cidade de Bilbao. Fundouse en 1964 e compite na Segunda División. Trátase do filial do Athletic Club.

Segundo as normas, como filial xogará en polo menos unha categoría inferior á do primeiro equipo e tampouco lle está permitido participar na Copa do Rei. Só pódese compor de xogadores menores de 23 anos ou, na súa falta, menores de 25 anos con contrato profesional co primeiro equipo.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club Deportivo Guijuelo

O Club Deportivo Guijuelo é un club de fútbol de España, da cidade de Guijuelo, na provincia de Salamanca. Foi fundado en 1974 e actualmente xoga na Segunda División B.

Club Deportivo Mensajero

O Club Deportivo Mensajero-La Palma é un club de fútbol español da localidade de Santa Cruz de la Palma, na illa de La Palma. Fundouse en 1922 e compite na Segunda División B.

Club Deportivo Toledo

O Club Deportivo Toledo é un club de fútbol español da cidade de Toledo, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1928 e compite na Terceira División, logo de descender na tempada 2011–12.

Copa do Rei de fútbol 2014/15

A Copa do Rei 2014–15 foi a 112.ª edición da Copa do Rei de fútbol, torneo de copa da Federación Española de Fútbol. O campión obterá unha praza na fase de grupos da UEFA Europa League 2015–16. O defensor do título era o Real Madrid. O campión foi o FC Barcelona, que logrou o seu 27.º título.

Cultural y Deportiva Leonesa

A Cultural y Deportiva Leonesa é un club de fútbol español, establecido na cidade de León, comunidade autónoma de Castela e León. Foi fundado en 1923 e compite no Grupo II da Segunda División B.

Diego Rivas Rego

Diego Rivas Rego, nado o 27 de maio de 1987 en Narón, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no Auckland City Football Club da ASB Premiership.

Javier Ballesteros Tomás

Javier Ballesteros Tomás, nado en Zamora o 21 de agosto de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Club Deportivo Lugo.

Miguel Escalona Verano

Miguel Escalona Verano, nado en Logroño o 22 de novembro de 1983, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o UCAM Murcia.

Paulo Teles

Paulo Sérgio Rodrigues Teles, nado en Funchal o 30 de marzo de 1993, é un futbolista portugués. Xoga de mediocentro e o seu club actual é o Lokomotiv Plovdiv.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Río Tormes

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Segunda división B española 2012/13

A tempada 2012–13 da Segunda División B de España é a 36ª edición desta competición. Comezou o 25 de agosto de 2012 e rematará en xuño de 2013 coas finais da promoción de ascenso.

Segunda división B española 2013/14

A tempada 2013–14 da Segunda División B é a 37ª edición do terceiro nivel do fútbol español. Empezou o 25 de agosto de 2013 e finalizou o 22 de xuño de 2014 coas eliminatorias de ascenso finais.

Segunda división B española 2014/15

A tempada 2014–15 da Segunda División B foi a 38ª edición do terceiro nivel do fútbol español. Empezou o 23 de agosto de 2014 e finalizou o 21 de xuño de 2014 coas eliminatorias de ascenso finais.

Segunda división B española de fútbol

A Segunda División B, coñecida habitualmente como Segunda B, é a terceira división xerárquica da Liga española de fútbol. Foi introducida en 1977 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Terceira División. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. A pesar de non estar integrada na LFP a práctica totalidade dos clubs son profesionais.

Sociedad Deportiva Leioa

O Sociedad Deportiva Leioa é un club de fútbol español da cidade de Leioa (Biscaia), no País Vasco. Foi fundado en 1925 e compite na Terceira División. O seu campo é o Estadio Sarriena.

Xamón

O xamón é o nome xenérico do produto obtido das patas traseiras do porco, salgado en cru e curado de forma natural. As dúas variedades principais son o xamón español (xamón ibérico de landra, xamón de Trevélez, xamón serrano etc.) e o prosciutto italiano (de Parma, de San Daniele, de Carpegna, de Modena, toscano, veneto Berico-Euganeo, Val d'Aosta Jambon de Bosses, de Norcia, prosciutto cotto etc.). As primeiras noticias do xamón son do Imperio Romano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.