Guerra dos Cen Anos

A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores[5] 1 de xaneiro de 1337 - mércores[6] 17 de outubro de 1453)[7][8][9][10] entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.

Guerra dos Cen Anos
Hundred Years' War montage

No sentido das agullas do reloxo, dende arriba á esquerda: Xoán I de Bohemia na batalla de Crécy, frotas inglesas e franco-castelás na batalla de La Rochelle, Henrique V de Inglaterra e o exército inglés na batalla de Agincourt, Xoana de Arco arenga ás tropas francesas no Sitio de Orleáns
Data Mércores 1 de xaneiro de 1337 - 17 de outubro de 1453 (116 anos)
Lugar Principalmente en Francia e nos Países Baixos borgoñóns tamén en Inglaterra e España
Resultado vitoria francesa
a Dinastía Valois conservou o trono de Francia
Casus belli Eduardo III de Inglaterra reclama a coroa de Francia e desafía a Filipe VI de Valois
Belixerantes
Flag of England.svg Reino de Inglaterra
Arms of Philippe le Hardi.svg Borgoña[1]
PortugueseFlag1385.svg Reino de Portugal
Kroaz Du.png Ducado da Bretaña[2]
Flag of Normandie.svg Normandía
Arms of Flanders.svg Condado de Flandres
Pavillon royal de la France.svg Reino de Francia
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Kroaz Du.png Ducado da Bretaña[3]
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg Reino de Escocia
Flag of Genoa.svg Xénova
Siñal d'Aragón.svg Coroa de Aragón
Wappen Königreich Böhmen.png Reino de Bohemia
Bandera de Reino de Navarra.svg Reino de Navarra[4]
Líderes
InglaterraEduardo de Woodstock
InglaterraTomas de Clarence
Escudo de FranciaXoán II de Francia
Escudo de Francia Xoana de Arco
Forzas en combate
145.000 homes [Cómpre referencia] 200.000 homes [Cómpre referencia]
Baixas
59.000 mortos e feridos [Cómpre referencia] 53.000 mortos e feridos [Cómpre referencia]

Orixes do conflito

A rivalidade entre Francia e Inglaterra proviña dos tempos da batalla de Hastings (1066), cando a vitoria do duque Guillerme de Normandía sobre as tropas do rei dos saxóns Harold II de Inglaterra permitiulle apropiarse de Inglaterra. Agora os normandos eran reis dunha gran nación e esixirían ao rei francés ser tratados como tales, pero o punto de vista de Francia non era o mesmo: o Ducado de Normandía sempre fora vasalo, e o feito de que os normandos ascendesen ao trono de Inglaterra non tiña por que cambiar a submisión tradicional do ducado á coroa de París. O conflito comezou cando o último capeto, Carlos IV, morreu sen descendencia en 1328, e Eduardo III de Inglaterra reclamou o seu dereito ao trono de Francia, xa que era neto por vía materna do irmán de Carlos, o rei Filipe V. Os franceses negaron a súa pretensión aducindo a Lei sálica, sendo esta a escusa oficial.

A cuestión dinástica

Para comprender a cuestión dinástica de 1328, hai que remontarse unha decena de anos no tempo: En 1316, a morte de Luís X o Obstinado, dous anos só logo da do seu pai Filipe IV o Fermoso marca o fin do milagre capeto: desde o ano 987 ata o 1316, os reis franceses da dinastía dos Capetos sempre habían ter un fillo barón a quen transmitir a coroa. Da súa primeira esposa infiel, Luís X só ten unha filla, Xoana de Navarra. Á súa morte, a súa segunda muller espera un neno. Nace Xoán I de Francia chamado o Póstumo, pero non viviu máis que algúns días. Caso inédito ata entón, a herdeira directa do reino de Francia é unha muller. A decisión que se toma entón é moi importante, xa que se fai costume, e terá a súa influencia sobre a cuestión dinástica que se poñerá en 1328.

A infidelidade da raíña foi durante moito tempo dada como a causa principal do rexeitamento da súa filla e da elección de Filipe V (irmán de Luís X) como rei de Francia. De feito, trátase máis dunha elección nacionalista, é dicir, o rexeitamento a ver a un eventual estranxeiro casar coa raíña e dirixir o país. Non hai verdadeiramente unha cuestión de legalidade nesta elección: a monarquía fúndase en tres principios, herdanza/elección/consagración, a elección retoma os seus dereitos en caso de problema.

Cando o rei de Francia Carlos IV, terceiro e último fillo de Filipe V, morre sen descendente en 1328, a cuestión dinástica é a seguinte: Isabel de Francia, última filla de Filipe, ten un fillo, Eduardo III, rei de Inglaterra. Podía entón transmitir un dereito que de feito non podía exercitar segundo o costume fixado dez anos atrás? Eduardo III proponse como candidato, pero é Filipe quen é elixido e coroado como Filipe VI de Francia. Os poderosos do reino rexeitan un rei estranxeiro, seguindo a mesma lóxica nacional que dez anos atrás. Non sen certa reticendia Eduardo III ridelle preitexia a Filipe VI, sendo o seu vasalo na Güiena,[11][12] nome co que se coñecía o territorio francés equiparable á actual Aquitania con soberanía inglesa.

Un dos mitos máis tenaces sobre as orixes da guerra dos Cen Anos é o da lei sálica. Esta non é invocada con todo no momento da elección do novo rei de Francia. Non é ata trinta anos máis tarde, cara a 1350, que un beneditino da abadía de Saint-Denis, que ten a crónica oficial do reino, resalta esta lei para reforzar a posición do rei de Francia no duelo que o enfronta con Eduardo III, en resposta á guerra. Esta lei, mal coñecida, data dos Francos e estipula que as mulleres deben ser excluídas da terra sálica. Ninguén sabe verdadeiramente o que é a terra sálica, seguramente un punto de dereito privado. Pero esta lei é retomada e é adaptada á situación e é adiantada como argumento de peso nas discusións sobre a lexitimidade do rei.

A batalla de Güiena

Philippe VI de Valois
Imaxe de Filipe VI de Francia
EdwardIII-Cassell
Ilustración de Eduardo III

A batalla de Güiena é bastante máis importante que a cuestión dinástica ao comezo da guerra.

A Güiena suscita un problema considerable nos reis de Francia e de Inglaterra, pois Eduardo III de Inglaterra atópase sendo vasalo de Filipe VI de Francia e debe compartir polo tanto a soberanía da Güiena con el. É a oposición entre dous poderes equiparables o que explica a guerra. As dúas monarquías opoñense desde varias xeracións. Eduardo III desexa que a Güiena se faga un alodio, liberado da soberanía feudal do rei de Francia. Este último intenta facer valer a súa autoridade, en materia de xustiza sobre todo, sobre a Güiena. Os dous adversarios practican unha diplomacia agresiva.

Dun lado, o rei de Francia axuda aos escoceses no seu combate contra o Reino de Inglaterra, do outro, Eduardo III alimenta unha propaganda antifrancesa no condado de Flandres, cortando o abastecemento de la inglesa nesta rexión entre 1335 e 1336, arruinando desta forma a súa economía. Flandres revolvese contra os franceses en 1337. Filipe VI decide pois confiscar a Güiena por felonía. Eduardo III replica reivindicando a coroa de Francia. O 7 de outubro de 1337, un arcebispo é enviado a París para lanzar a luva. E deste xeito sera como a guerra dos cen anos comeza.

Principais fases do conflito

A guerra dos Cen Anos non é continua, e comprende numerosos períodos sen conflito armado. É posible distinguir dous grandes movementos que responden a unha mesma estrutura:

  • Un primeiro período, de 1337 a 1414, que ve o derrube dunha monarquía francesa forte, seguido dun período de crise e dun restabelecemento
  • E un segundo período, de 1415 a 1453, segundo o mesmo modelo: afundimento, crise, restabelecemento.

A primeira fase: de 1337 a 1414

BattleofSluys.jpeg
Ilustración sobre a batalla de Sluis

Aínda que a guerra é declarada en 1337, o conflito non comeza ata máis tarde. Os dous reis non son ricos, e teñen que negociar os impostos co seu parlamento respectivo, ata para conseguir o diñeiro necesario para a guerra.

O 24 de xuño de 1340, os ingleses venceron na batalla naval de Sluis, isto descartou a invasión por parte francesa de Inglaterra, e provocou que a guerra se desenvolvese en territorio de Francia, pero na batalla de Saint-Omer, aínda que representou un empate técnico, supuxo unha retirada estratéxica das forzas angloflamengas.,[13] deste xeito os flamengos abandonaron o bando inglés e as débedas obrigaron a Eduardo III a pactar a tregua de Esplechin,[14] que se renovou ata o 1345. A intrevenció francesa na Bretaña xustificou o desembarco, en novembro de 1342 de Eduardo en Brest,[15] e en xaneiro de 1343 os reis asinaron a tregua de Malestroit,[16] deixando a loita pola sucesión bretoa unicamente en mans bretoas.

Battle of crecy froissart
Representación da batalla de Crécy

A primeira das soadas cabalgatas inglesas data de 1346: un exército reducido, móbil, practicando unha guerra total, coa devastación sistemática dunha rexión. Xurídicamente, a poboación está sostendo un usurpador. Na práctica, faise porque se limita os custos da guerra e debilita ao inimigo francés. Ese mesmo ano, os ingleses venceron aos escoceses, aliados dos franceses. A paz entre Inglaterra e Escocia estableceuse no Tratado de Berwick.

Os dous exércitos atopáronse o 26 de agosto de 1346 na batalla de Crécy. Os dous exércitos son similares en cantidade, pero o exército francés é menos moderno, fundado nunha cabalería poderosa, enfróntase a un exército inglés en curso de profesionalización. É un desastre para Francia, salvada con todo pola Gran Peste de 1348, que obriga aos belixerantes a terminar o combate ata 1355.

A batalla de Poitiers

Artigo principal: batalla de Poitiers.
Battle-poitiers(1356)
Imaxe da batalla de Poitiers

O 19 de setembro de 1356, o Príncipe Negro, Eduardo de Woodstock, príncipe de Gales, o fronte dun novo exército, vence a Xoán II o bo na batalla de Poitiers.[17][18] No desastre, o rei de Francia é colleito prisioneiro xunto a un gran número de nobres e cabaleiros. Prisioneiro o monarca, os franceses víronse obrigados a ceder e a asinar o Tratado de Brétigny (1360), que devolvía a Eduardo III todas as súas posesións orixinais salvo Normandía.

O Tratado de Brétigny

Artigo principal: Tratado de Brétigny.
Traité de Bretigny
Mapa do Francia despois do Tratado de Brétigny. En vermello, os territorios controlados por Eduardo III; en rosa, os territorios cedidos a Inglaterra debido ao tratado.

O tratado de Brétigny asinouse o 8 de maio de 1360 en Brétigny, preto de Chartres, entre Eduardo III de Inglaterra e Xoán II de Francia, con este feito conclúe a primeira fase da guerra dos Cen Anos e marca o punto máximo da expansión continental do Reino de Inglaterra.

Os beneficios dos ingleses foron a obtención dun rescate de 3 millóns de libras pola liberación de Xoán II de Francia, equivalentes á totalidade das recaudacións do rei durante dous anos e a obtención da soberanía sobre a Güiena, Gascuña, Calais, Poitou, o condado de Guines, Perigord , Lemosín, Angoumois, Saintonge e, ao depender das terras do condado de Armanyac adquire tamén Agenais, Carcí, Rouergue, Bigorra e o Condado de Gaure. En total, os ingleses toman a metade do reino de Francia, e a paz así obtida permite devolver ao rei as capacidades de reconquistar as terras cedidas.

A guerra dos dous Pedros e a guerra civil castelá

Artigo principal: Guerra dos dous Pedros.

Entre 1356 e 1375, a coroa de Aragón e o reino de Castela enfróntanse pola posesión das terras do sur do reino de Valencia. O conflito equilibrouse coa intervención do reino de Francia, que desexaba instaurar no trono castelán un monarca que fixese intervir a potente frota castelá contra o reino de Inglaterra, e poder vencer na guerra. Coa axuda de Francia, Henrique de Trastámara foi proclamado rei en Calahorra en 1366 e ocupou en pouco tempo a totalidade do reino castelán. Pedro I de Castela pide axuda ao gobernador inglés de Aquitania Eduardo de Woodstock co pacto de Libourne, segundo o cal Guipúscoa debía pasar a mans do reino de Navarra e Biscaia o reino de Inglaterra. Este penetrou na península con tropas inglesas e derrotou a Henrique na batalla de Nájera, en 1367. Malia a brutal represión contra os partidarios de Henrique, este conseguiu recobrar forzas e cercou Toledo en 1368 e derrotar a Pedro I na batalla de Montiel, en 1369. Mentres se negociaba a paz no mesmo campo de batalla entre os dous irmáns, produciuse unha pelexa que acabou coa morte de Pedro en mans do seu irmán Henrique. Con esta morte, púxose fin á dinastía Borgoña ao trono castelán para dar paso á dinastía Trastámara.

Período de calma en Francia

Nesta Francia desfeita, o poder real xa non ten nin prestixio, nin medios. Con todo, Carlos V reconstrúe e prepara lentamente a conquista. O 1368, o rei de Francia séntese o suficientemente forte como para desafiar a Eduardo III. Acepta recibir a chamada do conde de Armagnac, en conflito financeiro co Príncipe Negro, que afoga os seus súbditos de Aquitania con impostos; a Güiena serve aínda de pretexto ao conflito. O tratado de Brétigny dá a plena soberanía da Güiena aos ingleses. Pero a dobre renuncia prevista (Eduardo renunciando á coroa de Francia e Carlos a Güiena) non tivo lugar, e as transferencias das terras irán para largo. Legalmente, nada se opón, pois, á recuperación do conflito. O rei de Inglaterra proclámase rei de Francia o 3 de xuño do 1368; o rei de Francia confisca Aquitania o 30 de novembro do 1368. A guerra recupérase.

Carlos V cambia a súa táctica no conflito. Renunciando ás batallas campais que non levaron a nada ao seu pai, constitúe baixo o mando de xefes dóciles e talentosos (Bertrand du Guesclin) pequenos exércitos formados de voluntarios endurecidos, e lánzaos nunha guerra de escaramuzas e de sitios, amordicando pacientemente ao inimigo, que se mantén nas cabalgatas, moi populares no parlamento por que non custan nada. Carlos deixa, pois, o reino a mercé das cabalgatas, que provocan na poboación inmensos sufrimentos.

Entre 1369 e 1375, os franceses retoman os ingleses a case totalidade das concesións feitas e das terras posuídas polo inimigo, ata, antes do comezo da guerra, excepcións feitas de Calais, Cherbourg, Brest, Bordeos, Baiona, e dalgunhas fortalezas no Macizo Central.

A segunda fase: de 1415 a 1453

Couronnement de Charles VI le Bien-Aimé
Coroación de Carlos VI

A recuperación do conflito atopa as súas orixes en diferentes factores. Tanto no Reino de Francia como no Reino de Inglaterra loitan polo poder.

En Inglaterra, son ante todo os reveses contra Francia o que comportan un cambio dinástico: logo dun longo conflito, Henrique V de Inglaterra imponse como rei sucedendo ao seu pai. Para a coroación, o seu irmán Tomás de Clarença volve a Inglaterra para a coroación de Henrique, levándose a Menaut de Favars, que estaba facendo a guerra en Aragón a favor de Xaime II de Urgell contra Fernando de Antequera na a súa revolta contra a decisión do compromiso de Caspe, e que faría que o pretendente fora derrotado finalmente.

En Francia, a tolemia progresiva de Carlos VI de Francia excita as cobizas. Henrique V comprende a necesidade de unir a súa nobreza contra un inimigo común, e de atacar Francia. En 1415, proclámase rei de Francia e lanza unha cabalgata. De cara a este perigo, Armagnac e borgoñóns, os dous partidos que se disputan o poder en Francia, fan unha tregua para facerlle fronte.

A batalla de Agincourt

Artigo principal: Batalla de Agincourt.
Battle of Agincourt, St. Alban's Chronicle by Thomas Walsingham
Imaxe da batalla de Agincourt

Logo da toma de Harfleur, os franceses son derrotados na batalla de Agincourt o 25 de outubro do 1415. Henrique V busca fondos para conducir unha guerra de asedios contra os castelos fortificados baixo Carlos V. Durante 4 anos, os castelos de Normandía caen un a un, excepto o mont Saint-Michel, que resiste. Armagnac e borgoñóns continúan opostos e non loitan moito contra os ingleses: París é, así, borgoñón ata o ano 1413, armagnac entre 1413 e 1418, despois borgoñón de novo. O delfín Carlos ten que fuxir e refúxiase en Bourges en 1419, mentres que os ingleses toman París. O asasinato de Xoán sen Medo, ningún dos borgoñóns, que se atopaban na ponte de Montereau o 10 de setembro do 1419, marca unha ruptura entre os dous partidarios. Filipe o Bo, fillo de Xoán sen Medo, alíase entón cos ingleses, e fai asinar o tratado de Troyes de 1420 a Carlos VI, definitivamente tolo.

O delfín é desherdado; Henrique V cásase coa filla de Carlos VI e faise o herdeiro do Reino de Francia. Os Armagnac denuncian este tratado, alegando que a coroa e da raíña, e non o contrario. Francia é partida en tres zonas: o sur (rexións ao sur do Loira, menos a Guiana) fiel ao delfín, o noroeste a dos ingleses, o resto dos borgoñóns. En 1422, Henrique V e Carlos VI morren. Carlos VI, logo da súa morte, segue sendo moi popular. Henrique VI de Inglaterra, fillo de Henrique V, atópase sendo rei de Francia e de Inglaterra, feito que da só nunha interrupción momentánea do conflito. En 1429, os ingleses retoman as armas, e poñen cerco ante Orleáns. É nestas circunstancias que intervén Xoana de Arco.

Xoana de Arco, a Doncela de Orleáns

Lenepveu, Jeanne d'Arc au siège d'Orléans
Xoana de Arco liberando Orleáns, óleo de Jules Lenepveu, Panteón de Parìs.
Artigo principal: Xoana de Arco.

Unha rapaza iletrada nada en Domrémy, chamada Xoana de Arco, cría ser elixida por Deus para librar ao seu país dos ingleses. Con 17 anos de idade, conseguiu reunir un grupo de soldados e librar en 1429 a Orleáns do asedio inglés.

A vitoria de Xoana motivou e concienciou a soldados e campesiños franceses e mostroulles o camiño a seguir e un líder a quen imitar. A este triunfo da Doncela de Orleáns (como se coñeceu desde entón) seguiron outros, como os de Troyes, Châlons e Reims, onde, en presenza dela, Carlos VII foi formalmente coroado.

A partir deste punto, a campaña militar de Xoana comezou a caer nunha espiral descendente: foi traizoada polo seu propio rei e finalmente, caendo en desgraza, foi capturada en 1430 polas tropas de Jean de Luxembourg que servían ao duque de Borgoña, Filipe.

Os xefes militares franceses, envexosos do éxito da xove, estiveran conspirando ás súas costas. Temían o ascendente que Xoana estaba tomando sobre o rei Carlos e, sobre todo, aterrorizáballes o feito de que a intervención divina (a través de Xoana) estaba convertendo a guerra feudal que era a guerra dos Cen Anos nunha loita nacional e popular.

Foi entregada aos ingleses, xulgada pola Inquisición baixo a acusación de bruxaría, condenada a morte e queimada na fogueira en Ruán (1431).

Francia faise máis forte

A situación volvíase complicada. Francia tiña agora dous reis. Coroado Carlos VII en Reims, os ingleses entronizaron en París ao seu propio rei, Henrique VI, apoiado soamente por Filipe de Borgoña. Con intelixencia, os franceses partidarios de Carlos chegaron a un acordo con Filipe, remarcando aínda máis o illamento no que se atopaba Henrique. Este episodio sucedeu en 1435 e coñécese como Tratado de Arras.

Inglaterra necesitaba imperiosamente a Borgoña como aliado militar. A falta del, os carolinos atacaron e ocuparon París ao ano seguinte.

Como precaución no caso de que o conflito se prolongase (medida clarividente, porque o fin da guerra tardou aínda vinte anos en chegar), Carlos VII aprendeu dos erros do seu antecesor e, reestruturando profundamente ao exército francés, logrou dotar á súa coroa dun exército permanente por primeira vez na historia. Francia lograba así unha forza militar profesional, adestrada, preparada sempre para entrar en acción e aguerrida, no canto do grupo desorganizado de entusiastas cabaleiros e campesiños feudais que se reunía de calquera modo nos momentos máis inesperados, e que favorecera ao éxito inimigo en tantas oportunidades.

Como é lóxico, a reforma militar non tería éxito se non se acompañaba de profundos cambios na economía, a infraestrutura, as finanzas e a propia sociedade. Reconstruíndo as finanzas do reino, Carlos mandou construír un impresionante conxunto de fortificacións militares, canalizacións hidráulicas, portos seguros e unha mellor e máis consistente base de poder para si mesmo.

Loitas internas en Francia

Joan of arc burning at stake
Xoana de Arco na fogueira antes da súa execución.

Os ingleses non eran o único problema de Carlos VII: a fame e as pestes viñan perseguindo á súa dinastía desde o principio mesmo. O comezo do século XV atopara a toda Europa sumida nunha profunda crise económica cuxas causas permanecen ocultas mesmo para os historiadores do século XXI. Esta crise golpeou particularmente a Francia (campo de batalla de longas e furiosas guerras e liortas) e afectaba en especial a produción agrícola e o comercio, que no século XIII significaran tanto para Europa.

Agora, tras os centenarios saqueos e incendios provocados polos invasores, Francia pasaba fame unha vez máis e, como parece lóxico, a peste volveu facer a súa aparición. Así, os nobres da Casa de Anjou, vendo que o monarca pretendía proseguir a guerra ata as últimas consecuencias, comezaron a conspirar contra el e convenceron ao seu fillo Luís (o futuro Luís XI de Francia) de que se sumase á conxura.

Carlos conseguiu sortear o perigo que ameazaba illalo e deixalo sen poder. Para acrecentalo, estableceu unha vantaxosa alianza con Suíza e con varios reinos de Alemaña. A pesar do respiro que este apoio procuroulle, Carlos con todo era consciente de que continuaba gobernando un país inestable, morto de fame, que xa case non producía cereais, cercado pola peste e coa sempre presente espada de Dámocles representada polo seu poderoso veciño inglés que en calquera momento podía decidir invadilo e atacar de novo.

Os problemas de Inglaterra

O seu inimigo, con todo, non se atopaba en mellor forma: da soberbia vitoria en Agincourt pasaran á humillante derrota de París.

Henrique VI era aínda menor de idade, e afrontaba problemas parecidos aos de Carlos: loitas, receos e rivalidades entre os nobres e príncipes reais da súa casa.

Buscando serenar a situación internacional, o novo rei solicitou e obtivo a man de Margarida de Anjou, sobriña do seu rival Carlos VII, coa que casou en 1444. Unha vez casados, a posibilidade dunha paz de compromiso baseada nos lazos familiares albiscábase próxima.

Con todo, das dúas faccións en que se dividiron os ingleses, unha estaba en favor da paz (encabezada por Xoán de Beaufort, duque de Somerset). Pero a outra preconizaba a guerra e a súa prosecución ata o exterminio. Os seus xefes eran Humberto, duque de Gloucester e Ricardo, duque de York.

Aínda por riba de desgrazas dos ingleses, Henrique VI comezou a seguir os pasos de Carlos VI, o pai do seu inimigo. Aos poucos comezou a mostrar síntomas de tolemia, que pronto se converteron nunha clara, permanente e incapacitante demencia.

O fin da guerra e a vitoria de Francia

Vigiles du roi Charles VII 32
A batalla de Formigny por Martial d'Auvergne.

As reformas e melloras realizadas por Carlos VII renderon os seus froitos: lentamente a presión francesa comezou a facer retroceder ao inimigo e foi poñendo sitio e reconquistando, paso a paso, todas as posesións inglesas en terra francesa.

Sen o apoio borgoñón, os ingleses tiveron que entregar Normandía en 1450 e a prezada Aquitania en 1453. Ese ano, que hoxe se considera o do final da guerra, a única posesión que se permitiu conservar aos ingleses foi a cidade costeira de Calais.

Unha vez desaparecidos os motivos do conflito, a guerra terminou silenciosamente. Nin sequera se asinou un tratado que certificase a paz estrañada pero nunca alcanzada durante máis dun século.

As consecuencias

Enfermo Henrique VI, Inglaterra quedou, tras o fin da guerra dos Cen Anos, en mans de Somerset e York, inimigos declarados e absolutamente enfrontados ideoloxicamente (Gloucester estaba en prisión). Guiados por intereses persoais, non se preocuparon por consolidar a flamante paz, senón que embarcaron ao seu país nunha sanguenta guerra civil dinástica que se coñecería como a guerra das dúas rosas.

En Francia, pola súa banda, a monarquía e o absolutismo foron consolidados por Luís XI, fillo de Carlos VII. Logo de grandes conquistas (Borgoña e Picardía, por exemplo), a Casa de Valois extinguiuse como o fixera antes a dos Capetos.

Estas caídas prefiguraban o fin dos estados feudais e o comezo da Europa moderna que se farían realidade no século seguinte.

Principais batallas da guerra dos Cen Anos

  • Batalla de Sluys (vitoria inglesa)
  • Batalla de Crecy (vitoria inglesa decisiva)
  • Sitio de Calais (vitoria inglesa decisiva)
  • Batalla de Saintes (vitoria inglesa)
  • Batalla de Ardres (vitoria francesa)
  • Combate dos Trinta (combate correspondente á guerra de sucesión bretoa, vitoria francesa)
  • Batalla de Poitiers (vitoria inglesa decisiva)
  • Batalla de Cocherel (1364) (vitoria francesa)
  • Batalla de Auray (combate correspondente á guerra de sucesión bretoa, vitoria inglesa)
  • Batalla de Nájera (combate correspondente á primeira guerra civil castelá, vitoria anglocastellana)
  • Batalla de Montiel (combate correspondente á primeira guerra civil castelá, vitoria francocastellana)
  • Batalla de Agincourt (vitoria inglesa crucial)
  • Batalla dos Arenques (vitoria inglesa durante o sitio de Orleans)
  • Sitio de Orleans (vitoria francesa decisiva)
  • Batalla de Jargeau (parte da campaña do Loira, vitoria francesa)
  • Batalla de Beaugency (parte da campaña do Loira, vitoria francesa)
  • Batalla de Patay (vitoria francesa crucial)
  • Batalla de Formigny (vitoria francesa decisiva)
  • Batalla de Castillon (última batalla da guerra, vitoria francesa final)

Personaxes relevantes

Anteriores a guerra

Contemporáneos da guerra

Posteriores a guerra

Notas

  1. Cambia de bando en 1435.
  2. Partidarios de Xoán de Montfort.
  3. Partidarios de Carlos de Blois.
  4. Salvo cambio de bando esporádico.
  5. Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Enero 1337" (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
  6. Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Octubre 1453" (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
  7. Arte Historia (2010). "La Guerra de los Cien Años". La Guerra de los Cien Años (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15/12/2013. Consultado o 4/02/2014.
  8. Arteguias (2010). "Guerra de los Cien Años". Guerra de los Cien Años (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
  9. Histórico Digital (2010). "La Guerra de los 100 años". La Guerra de los 100 años (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
  10. JMMT (2010). "La Guerra de los cien años" (PDF). La Guerra de los cien años (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
  11. Favier 1980, p. 16
  12. Bibliothèque nationale de France. "53". Chroniques de Jean Froissart (en francés). Libro I, parte I,. pp. 43–45. Consultado o 5/03/2014. Comment le roi de France envoya en Angleterre de son plus espécial conseil, pour savoir par les registres d’Angleterre comment le dit hommage se devoit faire; et comment le roi d’Angleterre lui envoya unes lettres, contenant le dit hommage..
  13. (en inglés) Jonathan Sumption, The Hundred Years War: Trial by Battle 340-344
  14. (en inglés) James Ramsay Montagu Butler, A History of England: 1815-1918, p.348
  15. (en francès) A. G. Little, Frederick M. Powicke, Thomas Frederick Tout i Thomas F. Tout, Essays in Medieval History: La Conference d'Avignon (1344), p.301-302
  16. (en francés) Eugène Déprez, La conference d'Avignon: L'arbitrage pontifical entre la France et l'Anglaterre, p.302
  17. Burne, Alfred Higgins (1955). Taylor & Francis, ed. The Crecy War: A Military History of the Hundred Years War from 1337 to the Peace of Bretigny, 1360 (en inglés). p. 169.
  18. Urban, William L. (2006). Greenhill Books, ed. Medieval Mercenaries: The Business of War (en inglés). p. 99. ISBN 1853676977.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bennett, Matthew. Agincourt 1415, Osprey, Londres, 1991. Ed. Esp.: Del Prado, Madrid, 1995. ISBN 84-7838-540-1.
  • Dos Santos, Marcelo. Jacques de Molay, Aguilar, Madrid, 2006. ISBN 84-03-09675-5.
  • Dunan, Marcel; Mosca. Roberto; et. al (dir): Historia Universal, Tº II, Noguer, Rizzolli, Larousse. Ed. Cast.: ANESA, Barcelona, 1974. ISBN 84-279-6646-6.
  • Mitre Fernández, E., La Guerra de los Cien Años, Madrid, Historia 16, 1990. ISBN 84-7679-163-1.
  • Sackville-West, Vita. Juana de Arco, Siruela, Madrid, 2003. ISBN 84-7844-705-9.
  • Townson, Duncan. Breve historia de Inglaterra. Alianza, Madrid, 2004. ISBN 84-206-5814-6.
  • El Historiador. La Guerra de los Cien Años. Argentina. CAICYT ISSN 1851-5843

Outros artigos

Batalla de Agincourt

A batalla de Agincourt (25 de outubro de 1415) foi unha batalla clave na guerra dos Cen Anos, que lle deu moita vantaxe a Inglaterra na contenda. Uns 10 000 soldados ingleses ó mando de Henrique V de Inglaterra vencen a 30 000 soldados franceses, reconquistando Normandía. A batalla gañouse grazas á boa estratexia inglesa e á supremacía do arco longo, unha arma perfeccionada dos ingleses na que eran mestres, capaz de atravesar as máis impenetrábeis armaduras.

Bertrand Du Guesclin

Bertrand du Guesclin finado en 1380 en Chateauneuf-de-Rondon, foi un condestable de Francia, heroe da Guerra dos Cen Anos.

Década de 1210

A década de 1210 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1210 e remata o 31 de decembro de 1219.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Gregorio XI, papa

Gregorio XI, nado coma Pierre Roger de Beaufort en Rosiers-d'Égletons cara a 1336 e finado en Roma o 27 de marzo de 1378, foi o 201º Papa da Igrexa católica entre 1370 e 1378, e sétimo e último Papa do pontificado de Avignon.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Henrique VI de Inglaterra

Henrique VI de Inglaterra, nado no Castelo de Windsor en Berkshire o 6 de decembro de 1421 e finado na Torre de Londres o 21 de maio de 1471, foi Rei de Inglaterra entre 1422 a 1461 (aínda que coma rexente até 1437). Era o único fillo de Henrique V e de Catarina de Francia.

Henrique V de Inglaterra

Henrique V de Inglaterra foi un rei inglés nado no castelo de Monmouth o 16 de setembro de 1387, como segundo fillo -o primoxénito, Eduardo, morreu ó nacer en 1382- de Henrique, duque de Lancaster -despois Henrique IV- e de María de Bohun. Ó acceder ó trono seu pai, tras depoñer a Ricardo II (1399), converteuse en príncipe de Gales e herdeiro do trono inglés.

Henrique V foi nomeado cabaleiro en dúas oportunidades. A primeira foi ós 12 anos de idade, en medio dun campo de batalla irlandés (1399), pola espada de Ricardo II. O rei inglés levaba ó xove Henrique ó combate en calidade de refén para garantir o bo comportamento do seu pai Henrique de Lancaster, opositor político da coroa. Prisioneiro e todo, o rapaz demostrou o seu valor contra os rebeldes irlandeses, o que lle valeu este primeiro espaldarazo. A segunda oportunidade foi polo seu pai Henrique IV (que xa derrocara e fixera asasinar a Ricardo II e usurpara o trono), un día antes da coroación de aquel e da súa propia ascensión ó Principado de Gales.

Ó ano seguinte, 1400, Henrique IV mandou ó seu fillo a reprimir unha gran rebelión dun xefe galés que reclamaba para si o principado. En menos de dous anos, o xove conseguiu sufocar a rebelión, incluíndo os exércitos de dous xefes ingleses que se pregaran a ela. Dos guerreiros galeses aprendería o xove Henrique as tácticas guerrilleiras que máis tarde aplicaría en Francia.

Historia de Inglaterra

Inglaterra é o territorio máis extenso e poboado do Reino Unido. Habitada por pobos celtas desde o século V a.C., foi colonizada polos romanos entre o 43 d.C. e principios do século V. A partir de entón foi invadida por unha serie de pobos xermánicos (anglos, saxóns e xutos) que expulsaron aos celtas, parcialmente romanizados, cara a Gales, Escocia, Cornualles e a Bretaña francesa. No século X, tras resistir unha serie de ataques viquingos, Inglaterra unificouse politicamente. Tras a ascensión de Xacobo VI de Escocia ao trono de Inglaterra en 1603 e a anexión de Escocia por Inglaterra en 1707 resulta menos apropiado diferenciar a historia de Inglaterra da do resto do Reino Unido.

Primeiro Imperio Francés

O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.

Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.

Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada a Universidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.

Reino de Inglaterra

O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña.

No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron. A invasión normanda do País de Gales de 1067-1283 (formalizado co Estatuto de Rhuddlan en 1284) puxo ao País de Gales baixo o control de Inglaterra, e baixo as normas de administración inglesas, cos actos das leis de Gales (Laws in Wales Acts) de 1535-1542.

O Reino de Inglaterra continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino de Gran Bretaña.

Século XIV

século XIII < século XIV > século XV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1301 e o 31 de decembro de 1400.

Acontecementos importantes

Inicio da guerra dos cen anos

A peste negra provoca unha crise demográfica en Europa

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xacobe I de Escocia

Xacobe I de Escocia (en inglés: James). Nado en Dunfermline o 25 de xullo de 1394 e finado en Perth o 21 de febreiro de 1437. Rei de Escocia entre 1406 e 1437.

Xoán I de Castela

Xoán I de Trastámara (nado en Épila, Zaragoza en 1358 e falecido en Alcalá de Henares en 1390) foi rei de Castela entre o 24 de agosto de 1379 e o 9 de outubro de 1390.

Foi o segundo rei da dinastía de Trastámara, fillo de Henrique II o das Mercés e de Xoana, filla de Xoán Manuel de Villena, cabeza dunha rama máis nova da casa real de Castela. Naceu en Aragón durante o desterro do seu pai cando aínda non era rei. Foi o derradeiro rei castelán coroado solemnemente. Despois del, os monarcas asumiron a dignidade real por proclamación e aclamación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.