Guerra do Golfo

A chamada guerra do Golfo Pérsico ou simplemente guerra do Golfo foi a guerra que de 1990 a 1991 enfrontou a Iraq e a unha coalición internacional, composta por 34 estados e liderada por Estados Unidos de América, como resposta á invasión e anexión de Iraq do emirato de Kuwait. Tamén é coñecida como Operación Treboada do deserto, nome da campaña liderada por Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra é con frecuencia chamada simplemente Um M'aārak ("A nai de tódalas batallas").

En xullo de 1990, Saddam Hussein, presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caída dos prezos do petróleo e retomou antigas cuestíons de límites, alén de esixir indemnizacións. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquís invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de petróleo. Este acontecemento provocou a inmediata sanción económica por parte das Nacións Unidas. As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalición, o cal conduciu a que as tropas iraquís abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vítimas humanas. As principais batallas foron combates aéreos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de Arabia Saudita. A guerra non se expandiu fóra da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, aínda que algúns mísiles iraquís chegaron a cidades israelís. As causas da guerra, e incluso o seu nome, son aínda temas de controversia.

Guerra do Golfo
WarGulf photobox

Data: 2 de agosto de 199028 de febreiro de 1991
Lugar: Golfo Pérsico
Desenlace: Invasión de Kuwait por parte de Iraq.
Resultado: Vitoria da Coalición, liberando Kuwait.
Combatentes
Flag of the United Nations.svg Coalición das Nacións Unidas Flag of Iraq (1991–2004).svg Iraq
Efectos
Mortes: 378 mortos Mortes: 25.000 - 30.000 mortos
Feridos: 1.000 feridos Feridos: 75.000 feridos

Invasión a Kuwait

Ó amencer do 2 de agosto de 1990, as tropas iraquís cruzaron a fronteira de Kuwait con vehículos armados e infantería, ocupando postos estratéxicos en todo o país, incluíndo o Palacio do Emir. O exército de Kuwait foi rapidamente esmagado, aínda que conseguiron dar o tempo necesario para que as forzas aéreas de aquel país puidesen fuxir a Arabia Saudita. A loita máis difícil desenvolveuse no Palacio do Emir, onde os membros da garda real loitaron para que a familia real tivera tempo de fuxir. Un curmán do Emir, quen comandaba a garda, estivo no grupo de aqueles que morreron. As tropas saquearon reservas alimenticias e médicas, detiveron a miles de civís e tomaron o control do medios. Iraq detivo a miles de turistas occidentais como reféns para despois intentar usalos como escudo para as negociacións. Despois de que un breve goberno títere liderado por Alaa Hussein fose instalado, Iraq anexou Kuwait. Hussein instalou entón un novo gobernador provincial, describindo o acontecido como a "liberación" do pobo das mans do Emir, isto foi usado principalmente como propaganda de guerra.

A guerra

Gulf War coalition map
Mapa dos países que integraron a coalición contra Iraq.

Como resposta a estes sucesos, o 16 de xaneiro de 1991 unha coalición internacional de 31 países liderada por Estados Unidos e baixo mandato da ONU, iniciou unha campaña militar coa fin de obrigar ó exército invasor a repregarse fóra de Kuwait. Os países integrantes da coalición eran Arxentina, Arabia Saudita, Australia, Bangladesh, Bélxica, Canadá, Checoslovaquia, Corea do Sur, Dinamarca, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, España, Estados Unidos de América, Francia, Grecia, Hungría, Reino Unido, Italia, Kuwait, Marrocos, Países Baixos, Nova Zelandia, Nixeria, Noruega, Omán, Paquistán, Polonia, Portugal, Qatar, Senegal e Siria. Para a batalla, a coalición lograra reunir un exército de 680.000 homes, 2.000 carros de combate e unha frota de 100 barcos de guerra entre os que había seis portaavións, ademais dun impresionante despregamento aéreo de polo menos 1.800 avións. Cabe destacar que o continxente norteamericano era por moito o máis numeroso con 415.000 soldados dos cales 27.000 eran mulleres.

Os iraquís dispoñían dun exército de 545.000 soldados, 4.500 blindados e 700 avións de combate entre os que había MiG-21, MiG-23, MiG-25, MiG-29, Mirage F-1, Su-24 e algúns bombardeiros Tupolev tu-22K. Tamén contaban cun bo número de mísiles balísticos Scud-B de alcance medio e algunhas plataformas móbiles coas cales era posible disparalos dende calquera zona en Iraq. Todo isto sen mencionar un importante arsenal de armas químicas e biolóxicas que diferentes países occidentais, entre eles Estados Unidos, propocionáranlle a Saddam Hussein durante a sanguenta guerra irano-iraquí que o ditador librara uns anos antes.

Inicialmente, a operación aliada recibiu o nome de "Escudo do Deserto" e máis adiante sería rebautizada como "Treboada do Deserto". A campaña iniciouse o 17 de xaneiro cunha serie de bombardeos nos que se utilizaron 100 mísiles cruceiro Tomahawk disparados dende barcos estacionados en augas do mar Vermello e o golfo Pérsico. Algúns dos brancos alcanzados durante os primeiros ataques foron 3 Palacios Presidenciais, o Ministerio de Defensa, a Dirección de intelixencia militar, cinco estacións de teléfono, a ponte Ashudad, o Cuartel xeral do Exército do Aire, unha fábrica de ensamblado de mísiles Scud, a sede do partido Baath, a sede central da policía, a estación central de televisión e diferentes ministerios. Durante a primeira semana de ataques aéreos, a coalición anunciou que se logrou a destrución de cando menos 350 avións inimigos, mentres que os iraquís afirmaban ter derrubado 60 avións aliados. A coalición unicamente recoñecería a perda de 4 avións e máis tarde daríase a coñecer que unha refinería de Khafji en Arabia Saudita fora atacada pola artillería iraquí.

Nun intento por rachar a coalición e provocar a saída de Exipto, Siria e outras nacións árabes do conflito, Saddam Hussein deu a orde de bombardear Israel usando mísiles Scud-B para obrigar ó Estado hebreo a entrar na guerra. A táctica non funcionou e os israelís abstivéronse de tomar represalias[Cómpre referencia], pero estes ataques obrigaron á coalición a modificar os seus plans. A partir dese momento, as plataformas móbiles coas cales os iraquís disparaban contra Israel serían o obxectivo principal dos ataques. En total uns 41 mísiles Scud con carga convencional impactarían sobre as cidades israelís de Tel-Aviv e Haifa.

O pánico apoderouse dos habitantes de Israel, pois temían que Saddam Hussein decidise lanzar un ataque químico ou biolóxico en calquera momento. Debido a isto, o goberno de Israel distribuíu máscaras antigás. O día 19 un bombardeo Iraquí causou a morte de 3 persoas e deixou feridas outras 16. Para evitar isto, o exército de Estados Unidos dispuxo a instalación de 6 baterías de anti-mísiles Patriot en territorio israelí, 2 en Turquía e 21 en Arabia Saudita. A pesar do despregamento da defensa anti-mísil, isto non impediu que 46 mísiles Scud caesen sobre terrotorio saudita. De feito aínda, ata o día de hoxe, a efectividade dos anti-mísiles Patriot ó longo a Guerra do Golfo é obxecto de debate.

A campaña aérea

Apenas iniciadas as hostilidades, os italianos lanzaron oito avións Tornado para atacar brancos dentro de Kuwait. Sete destes avións deberon abortar a misión debido a problemas loxísticos e só un internouse en Kuwait de onde nunca máis volveu. O piloto e o navegante foron reportados como desaparecidos. A Royal Air Force británica, pola súa banda, experimentou serios problemas nos seus ataques ás bases aéreas iraquís. O obxectivo dos ingleses era deixar caer bombas JP-233 para inutilizar as pistas, aínda que para isto os avións debían voar a non máis de vinte metros de altura para evitar os rádares ou pola contra serían detectados con antelación. Deste xeito, os británicos perderon cinco avións Tornado nas primeiras 400 misións. Debido a este incidente, os británicos suspenderon os ataques a baixa altura. A Forza Aérea iraquí efectuou algunhas saídas nun intento por defende-lo país, pero non había moito que puidese facer xa que a coalición contaba con avións de última xeración como o F-15 Eagle, o F-16 Falcon, o F-14 Tomcat, o Panavia Tornado, o F-117 Nighthawk e outros máis que eran apoiados por avións de contramedidas electrónicas e AWACS. De feito nunca houbo propiamente unha batalla aérea, salvo algúns encontros esporádicos e a maioría dos avións de Iraq foron destruídos nos búnkeres onde se atopaban ou nas pistas. Nos combates aéreos, os iraquís perderon 39 avións dos cales 30 derrubamentos foron causados polos F-15 Eagle. Calcúlase que uns 127 avións de Iraq foron destruídos durante o conflito, entre estes contábanse cinco dos seis bombardeiros Tupolev tu-22K con que contaba a nación árabe. Aínda así, un MiG-25 iraquí logrou derrubar un F/A-18 Hornet do escuadrón VFA-81 Sunline durante unha escaramuza. Á súa vez, os F-15 Eagle da Forza Aérea Real Saudita encargáronse de dous Mirage F-1 iraquís. Máis adiante, un escuadrón de MiG-25 localizou e interceptou a un grupo de F-111 e F-15C. A actuación dos avións iraquís logrou que os mísiles SAM en terra puidesen derribar un dos F-15C Eagle. Así mesmo, tres F-16 Falcon estadounidenses foron destruídos por fogo antiaéreo durante unha misión de ataque e outros tres máis serían abatidos en distintos escaramuzas. Con todo, pese aos esforzos dos iraquís, a superioridade da coalición foise impoñendo rapidamente e unha patrulla de F-15 Eagle abateu dous MiG-25. Durante os encontros sucesivos sobre os ceos de Iraq, os F-15 Eagle norteamericanos lograron abater 5 MiG-29, 8 MiG-21, 2 SU-25, 4 SU-22, 1 SU-7 e 8 Mirage F-1. Aínda o 19 de xaneiro un MiG-29 conseguiu derribar un Tornado británico, pero pronto se fixo evidente que non había forma de competir co poderío da coalición e os mellores pilotos iraquís decidiron fuxir nos seus avións cara a Irán. Estímase que un total de 115 avións militares e 33 aparellos civís acharon refuxio en chan iraniano[Cómpre referencia].

Cara ó final do conflito reportouse a perda de 38 avións da coalición, a maioría abatidos por fogo antiaéreo. Privados de forza aérea e acosados por intensos bombardeos, as forzas de Iraq optaron por protexer as súas tropas e o seu equipo baixo terra co que perderon toda mobilidade. Unha vez alcanzada a total supremacía aérea, a coalición incrementou os seus ataques a fin de que Saddam Hussein dese a orde de retirarse de Kuwait e aceptase renderse. Todas as cidades de Iraq foron branco de bombardeos e sufriron severos danos; morreron decenas de miles xa que as bombas que os aliados lanzaron sobre todo Iraq tiveron unha capacidade destrutiva equiparable a unhas oito veces a bomba de Hiroshima[Cómpre referencia]. Un dos incidentes máis soados ocorreu o 13 de febreiro cando dous mísiles impactaron nun refuxio antiaéreo en Bagdad chamado Al-Ameria e provocaron a morte de 1.200 civís.

Os resultados da campaña aérea foron abafadores para as forzas iraquís e minguaron terriblemente a súa capacidade de combate por non falar da súa moral. Estímase que ó termina-la guerra uns 2.435 tanques, 1.443 blindados e 1.649 pezas de artillería foron destruídos ou inutilizados como consecuencia directa dos demoledores ataques aéreos. Cabe destacar que o A-10A Thunderbolt II norteamericano deu bos resultados nas súas accións contra os blindados iraquís.

A campaña terrestre

Operation Desert Storm
Mapa do plan de invasión terrestre.

O 13 de febreiro de 1991, algunhas unidades da 1ª e 2ª División de Marines despregadas na fronteira con Arabia Saudita realizaron algunhas incursións de tanteo dentro de Kuwait co obxectivo de medir o perigo con vistas a iniciar un ataque por terra. O certo é que os iraquís comezaran a repregarse desde principios de febreiro e a moral das tropas era baixa. Das 42 divisións despregadas en Kuwait, polo menos 14 foran desbandadas e só 19 conservaban entre un 60% e un 70% das súas capacidades de combate. O resto das forzas iraquís achábase nunha situación precaria e comezaron as desercións en masa.

O plan do xeneral Schwarzkopf dependía de manter unha forza significativa de marines fronte ás costas da capital de Kuwait, o cal fixo crer aos iraquís que as forzas norteamericanas efectuarían un desembarco e obrigounos a concentrar as súas tropas nesa zona. O seguinte paso da coalición foi mobilizar o groso das súas forzas cara ó oeste, en dirección á liña Wadin al Batin onde as defensas iraquís consistían en meros outeiros de area, dispersos e non garecidos ademais de gabias e campos minados. As forzas norteamericanas estiveron acompañadas pola 6ª División acoirazada, Daguet, francesa, e a 1ª británica, coas soadas Desert Rats. Os franceses ocuparon todo o tempo a posición máis occidental funcionando como un escudo protector para o resto das forzas aliadas. O plan recibiu o nome de Hail Mary e consistía en rodear ás forzas inimigas a través dun flanco para envolvelas, sorprendelas e ó mesmo tempo cortarlles a retirada.

Ós dous días de iniciar o asalto terrestre, uns cen mil soldados iraquís rendéronse en masa ante as forzas da coalición que avanzaban sen ningún problema. Ata un dos oficiais norteamericanos mencionou que atravesaban as poucas liñas iraquís que atopaban como "coitelo en manteiga". A única batalla por terra de certa importancia foi denominada 73 Easting na que carros de combate do sétimo corpo topáronse coa división Tawakalna da Garda Republicana que se retiraban e comezaron un enfrontamento que durou seis horas. O 25 de febreiro un mísil Scud impactou contra un cuartel norteamericano situado en Arabia Saudita e causou a morte inmediata de 25 soldados e 50 máis resultaron gravemente feridos. O 28 de febreiro de 1991 Iraq rendeuse e aceptou as condicións impostas polas Nacións Unidas. Nese momento as forzas francesas da 6ª División acoirazada achábanse a só 150 quilómetros de Bagdad. Ó final do conflito a coalición internacional reportou a perda de 378 soldados e uns 1.000 resultaron feridos. Os iraquís levaron a peor parte xa que as súas baixas oscilaron entre os 25.000 e 30.000 mortos[Cómpre referencia].

A posguerra

Tralo conflito, a ONU impuxo a Iraq un severo embargo que produciu gravísimos trastornos sociais no país.

  • En xullo de 1992, avións británicos e estadounidenses engalaron en Turquía e queimaron cultivos en Iraq.
  • O 30 de xuño de 1993, Estados Unidos bombardeou Iraq en represalia por unha suposta conspiración para asasinar a George Herbert Walker Bush.
  • Do 16 de decembro ao 19 de decembro de 1998, mentres nos EEUU arreciaba o "escándalo Lewinsky", os EEUU e Gran Bretaña levaron a cabo sobre Iraq unha serie de bombardeos que chamaron «Operación Raposo do Deserto».
  • No ano 2002 George W. Bush acusou a Iraq de constituír un «eixe do mal», xunto con Corea do Norte e Irán, desencadeando a Invasión de Iraq de 2003 baixo os pretextos sen fundamento de ter gran cantidade de armas de destrución masiva, e de ter vínculos con Al-Qaeda.
19 de marzo

O 19 de marzo é o 78º día do ano do calendario gregoriano e o 79º nos anos bisestos. Quedan 287 días para finalizar o ano.

2001

2001 (MM)foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

27 de febreiro

O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.

2 de agosto

O 2 de agosto é o 214º día do ano do calendario gregoriano e o 215º nos anos bisestos. Quedan 151 días para finalizar o ano.

2 de outubro

O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276ºnos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.

2 de setembro

O 2 de setembro é o 245º día do ano do calendario gregoriano e o 246º nos anos bisestos. Quedan 120 días para finalizar o ano.

Bill Clinton

William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, nado en Hope (Arcansas) o 19 de agosto de 1946, é un político demócrata estadounidense. Foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.

Conferencia de Madrid de 1991

A conferencia de Madrid, ideada polo goberno de España e coauspiciada polos Estados Unidos e a URSS, comezou entre 30 de outubro e o 1 de novembro de 1991 e durou tres días. Foi unha tentativa por parte da comunidade internacional de principiar un proceso de paz entre Israel e os palestinos e países árabes como Siria, Líbano, Xordania.

Pouco despois da Guerra do Golfo de 1991, o presidente norteamericano George W. Bush e o seu secretario de estado James Baker formularon os obxectivos e coa Unión Soviética redactaron unha carta de invitación a Israel, Siria, Líbano e os palestinos. Por presión de Israel os palestinos non estiveron representados oficialmente pola OLP senón que se integraron na delegación xordana.

A conferencia pretendía servir como un foro aberto para os participantes e non tiña capacidade para impoñer solucións ou vetar acordos.

Conflito árabe-israelí

O conflito árabe-israelí comeza coa descolonización de Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito.

Guerra de Iraq

A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí en Estados Unidos, Operación Telic no Reino Unido e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq, foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011. Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer, e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991. Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses. Criticouse amplamente ós servizos de información, e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións. Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando, pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración. Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos, violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí, propagación da democracia, as reservas de petróleo de Iraq, aínda que este último foi negado por outros funcionarios.A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiís iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq. As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £ 4.500 millóns ($ 9.000 millóns) para o Reino Unido, e más de $ 845.000 millóns ós Estados Unidos, cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comenzaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país. Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.

Hafez al-Assad

Hafez al-Assad, nado en Qardaha, en 1928, e falecido en Damasco en 2000, foi un militar e político sirio.

Hamás

Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina.

Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na faixa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios. En xaneiro de 2006 accede ao goberno de Gaza logo de vencer con claridade nas eleccións lexislativas.

Iraq

Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións. Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.

Killing an Arab

"Killing an Arab" é o primeiro sinxelo da banda inglesa The Cure. Foi gravado ao mesmo tempo que o seu LP no Reino Unido, Three Imaginary Boys (1979), pero non foi incluído nel. Porén, apareceu no primeiro álbum do grupo en Estados Unidos, Boys Don't Cry (1980).

Kuwait

Kuwait é un estado, situado no suroeste asiático, ao norte da Península Arábica, sobre o Golfo Pérsico. Linda coa Arabia Saudita e mais con Iraq.

Kuwait é un importante produtor de petróleo e é membro da OPEP.

Mísil

Un mísil é un proxectil autopropulsado, que pode ser guiado cara ao seu obxectivo durante toda ou parte do seu traxectoria.

Hainos de tamaños moi variados, dende os mísiles antitanque que poden ser lanzados por unha soa persoa ata os enormes mísiles balísticos intercontinentais.

Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Siria

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.