Guerra de Sucesión Austríaca

A Guerra de Sucesión Austríaca (1740 - 1748) chegou a ser inevitable despois de que María Tareixa I de Austria sucedera en 1740 ó seu pai Carlos VI nos seus dominios converténdose en raíña de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, duquesa de Parma, de Piacenza, e de Guastalla. Que unha muller herdara tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a Pragmática Sanción de 1713. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.

En principio Francia, Prusia, Rusia, Gran Bretaña e as Provincias Unidas apoiaban a María Teresa pero apareceron outros aspirantes ó trono: Carlos Alberte de Baviera e Augusto de Saxonia, xenros de Xosé I, irmán e antecesor no trono imperial de Carlos VI. Querían, respectivamente, Bohemia e a Coroa imperial e Moravia. Carlos Manuel de Sardeña reclamaba o Milanesado. Filipe V de España reclamaba os ducados de Parma e Piacenza.

Nesas condicións, as hostilidades comezan coa invasión de Silesia por Federico II de Prusia, en decembro de 1740. O novo monarca de prusiano - o seu pai morrera 0 31 de maio de 1740 -, beneficiase da debilidade austríaca para intentar dar unha unidade xeográfica ó seu territorio. Silesia, con un millón de habitantes é unha terra rica. María Teresa conta entón con Xurxo II de Gran Bretaña para intervir, sen éxito: Robert Walpole rexeita implicar o seu país no conflito. Moi rapidamente, o 16 de decembro, Federico II gaña as súas primeiras vitorias cun exército pequeno pero moi ben adestrado e equipado. Captura as fortalezas de Glogów, de Brzeg e de Neisse, o que lle permite capturar Silesia permitíndolle dobrando a poboación do seu reino e dotala dunha importante industria.

Na batalla de Dettingen (xuño de 1743) o "Exército Pragmático" (Gran Bretaña, Austria, Hannover e Hesse), derrotou ós franceses. Na batalla de Fontenoy (maio de 1745) en Flandres, os franceses derrotaron aos austríacos e iniciaron a conquista dos Países Baixos austríacos, que terminou coa vitoria francesa en Rocourt (Flandres) (outubro de 1746). En Italia enfrontáronse españois e franceses, por unha banda, e austríacos por outro. A Guerra do rei Xurxo constituíu a fase americana da Guerra de Sucesión Austríaca. e a primeira das guerras carnáticas constituíu a fase India, ambas as dúas entre Francia e Gran Bretaña.

O Tratado de Aquisgrán puxo fin á Guerra de Sucesión Austríaca en 1748 así como á chamada Guerra do rei Xurxo. Establecía que tódalas conquistas realizadas devolvéranse ós seus donos orixinais. María Teresa I conservou os seus territorios, salvo Silesia, que cedeu a Prusia. Filipe V de España conseguiu os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla. O tratado devolveu Louisbourg (Canadá) a Francia e entregou Madrás (India) ós británicos.

A decisión de Austria de recuperar Silesia levou á Guerra dos Sete Anos (1756-1763), que deu continuación ó conflito entre Francia e Gran Bretaña polas súas colonias en América e India.

Battle-of-Fontenoy
Imaxe da Batalla de Fontenoy de Edouard Detaille.
14 de maio

O 14 de maio é o 134º día do ano do calendario gregoriano e o 135º nos anos bisestos. Quedan 231 días para finalizar o ano.

Aranjuez (homónimos)

O topónimo Aranjuez pode referirse a:

Aranjuez, vila da Comunidade de Madrid;

Aranjuez, localidade de Bolivia;

Aranjuez, localidade de Perú;

O río Aranjuez, en Costa Rica.Ademais, pode facer referencia a:

O Tratado de Aranjuez, de 1745, alianza militar entre España, Francia, o Reino de Nápoles e a República de Xénova, para apoiar a esta fronte aos ataques de Reino de Sardeña e Austria, no marco da guerra de Sucesión austríaca.

O Tratado de Aranjuez, de 1777, que define as fronteiras entre os territorios de España e Francia na illa de A Española;

O Tratado de Aranjuez, de 1779, polo que España interviu na guerra da Independencia dos Estados Unidos.

O Convenio de Aranjuez, de 1801, polo que España cedeu a súa frota naval a Francia para atacar a Inglaterra.

O Motín de Aranjuez, de 1808, que tivo como consecuencia a abdicación do rei Carlos IV no seu fillo Fernando VII.

O Concerto de Aranjuez, composto en 1939 por Joaquín Rodrigo.

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Cabo Fisterra

O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra". Existe a crenza popular de que é o punto máis occidental da península Ibérica. Porén, o cabo da Roca de Portugal está 16,5 quilómetros máis ó oeste e tamén é o punto máis occidental da Europa continental. Mesmo o cabo Touriñán está situado máis ó oeste, sendo o punto máis occidental de Galicia.

Monte Facho é o nome da montaña do cabo Fisterra, cuxo cumio se atopa a 238 metros por riba do nivel do mar. O faro de Fisterra atópase no máis alto do monte Facho.

Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico, tamén coñecido co nome de Carlos VI de Alemaña, nado en Viena, o 1 de outubro de 1685 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1740, foi un monarca europeo. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II), foi proposto ao trono español baixo o nome de Carlos III en 1703 durante a guerra de sucesión, en oposición a Filipe de Anjou, neto de Luís XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.

Congreso de Aquisgrán (1748)

O Congreso de Aquisgrán celebrouse na cidade libre de Aquisgrán un congreso diplomático co propósito de chegar a unha solución que puxera fin á Guerra de Sucesión Austríaca. As sesións comezaron o 24 de abril de 1748 participando delegacións de Gran Bretaña, Francia, Provincias Unidas, Austria, Sardeña, España, Módena e Xénova. Entre o 30 de abril e o 21 de maio asináronse acordos preliminares e o 18 de outubro asinouse o Tratado definitivo na casa do concello da cidade, negándose Sardeña a asinalo.

Década de 1740

A década de 1740 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1740 e remata o 31 de decembro de 1749.

Federico II de Prusia

Federico II de Prusia, tamén coñecido como Federico II o Grande, nado en Berlín o 24 de xaneiro de 1712 e finado en Potsdam o 17 de agosto de 1786, foi rei de Prusia dende 1746 ata a súa morte.

Filipe I de Parma

Filipe I de Parma (Madrid, 15 de marzo de 1720 - Alessandria 18 de xullo de 1765), foi duque de Parma (1748-1765), o primeiro da dinastía Borbón.

Era fillo de Filipe V, rei de España e da súa segunda muller Isabel de Farnesio e como tal infante de España, foi tamén conde de Chincón, con grandeza de España entre 1738 e 1754. En 1739 casou en Alcalá de Henares con Luísa Isabel de Francia (1727-1759), princesa de Francia, filla do rei Luís XV e María Leszczyńska.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

George Anson

George Anson, nado o 23 de abril de 1697 e finado o 6 de xuño de 1762, foi un aristócrata e almirante británico, famoso por cincunnavegar a Terra.

Guerra dos Sete Anos

A Guerra dos Sete Anos foi unha serie de conflitos internacionais desenvolvidos entre 1756 e 1763 para establecer o control sobre Silesia e pola supremacía colonial en América do Norte e a India. Tomaron parte por unha banda Prusia, Hannover e Gran Bretaña, xunto ás súas colonias americanas e o seu aliado Portugal tempo máis tarde; e por outra banda Saxonia, Austria, Francia, Rusia, Suecia e España, esta última a partir de 1761. Producíase un cambio de coalicións con respecto á Guerra de Sucesión Austríaca aínda que o conflito de Silesia e a pugna francobritánica seguen sendo as claves.

María Tareixa I de Austria

María Tareixa I de Austria, tamén citada como María Teresa, nada en Viena o 13 de maio de 1717 e finada o 29 de novembro de 1780, foi a primeira e única muller que gobernou sobre os dominios dos Habsburgo e a última xefa da casa de Habsburgo, pois a partir do seu matrimonio, a dinastía pasou a chamarse casa de Habsburgo-Lorena.

Primeira batalla do cabo Fisterra

A primeira batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 14 de maio de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Nela batéronse 14 buques de liña británicos dirixidos polo almirante George Anson contra unha frota de 30 navíos franceses comandados polo almirante de la Jonquière.

Reino de Gran Bretaña

O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser Xacobe I de Inglaterra en 1603.

En 1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o Parlamento de Escocia e o Parlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na Cámara dos Comúns e na Cámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.

Segunda batalla do cabo Fisterra

A Segunda batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 25 de outubro de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Esta batalla aconteceu apenas 5 meses despois da chamada primeira batalla do cabo Fisterra, na que a frota británica detivo e eliminou un convoi francés de mercadorías que ía escoltado por varios buques de guerra.

Nesta ocasión Francia decidiu mandar un novo convoi de barcos mercantes aínda maior, escoltado por 8 buques de liña comandados polo almirante Desherbiers de l'Etenduère. A frota británica encargada de interceptar o convoi estaba composta por 14 buques de liña, e estaba comandada polo vicealmirante Edward Hawke.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Xurxo II de Gran Bretaña

Xurxo II de Gran Bretaña e Hannover (en alemán Georg Augustus von Hannover), nado no Schloss Herrenhausen, en Hannover, o 10 de novembro de 1683 e falecido no castelo de Kensington o 25 de outubro de 1760, foi rei de Gran Bretaña e de Irlanda, duque de Brünswick-Luneburgo (en Hannover) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico desde o 11 de xuño de 1727 ata a súa morte. Foi o segundo soberano da Casa de Hannover e o último monarca británico que dirixiu persoalmente as súas tropas nunha batalla (en Dettingen en 1743). Así mesmo, foi o último soberano inglés en nacer fóra de Gran Bretaña.

Xurxo II foi famoso polos seus múltiples conflitos co seu pai e posteriormente co seu fillo (algo moi común entre os soberanos da casa de Hannover). As súas relacións coa súa muller foron moito mellores, a pesar das numerosas amantes que tivo. Xurxo II exerceu pouco control sobre a política durante o principio do seu reinado, o goberno estaba dirixido polo primeiro (non-oficial) "Primeiro Ministro" Sir Robert Walpole.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.