Guerra da Independencia española

A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma Francesada, guerra do francés[1] ou guerra contra o francés,[2] foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.

Guerra da Independencia Española
Carga de los mamelucos restaurado

La carga de los mamelucos de Francisco de Goya, ilustra un dos episodios do levantamento popular do 2 de maio de 1808 que desembocaría na Guerra da Independencia Española.
Data 2 de maio de 180817 de abril de 1814
Lugar Península ibérica
Resultado Vitoria decisiva aliada
Casus belli Invasión francesa de España - Guerras Napoleónicas
Belixerantes
Aliados

Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Reino de España
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Flag of Portugal (1750).svg Reino de Portugal
Bonapartistas

Francia Primeiro Imperio francés
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg España napoleónica
Líderes
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Francisco Castaños
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg El Empecinado
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg José de Palafox
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Gregorio de la Cuesta
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Joaquín Blake
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Miguel Álava Esquivel
Flag of the United Kingdom.svg Arthur Wellesley
Flag of the United Kingdom.svg John Moore
Flag of the United Kingdom.svg Flag of Portugal (1750).svg William Beresford
Flag of Portugal (1750).svg Bernardino Freire
Francia Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Xosé I Bonaparte
Francia Napoleón I Bonaparte
Francia Jean de Dieu Soult
Francia André Masséna
Francia Louis Gabriel Suchet
Francia Joseph Mortier
Francia Michel Ney

Antecedentes

Véxase tamén: Tratado de Fontainebleau, Abdicacións de Baiona e Levantamento do 2 de maio.
Santander.Estatua.a.la.gloria.del.heroe
Estatua en Santander en honor do capitán de Pedro Velarde, heroe da guerra da Independencia morto durante o levantamento do 2 de maio de 1808.

Durante os últimos anos do século XVIII e primeiros anos do século XIX, Napoleón gobernaba España da forma que el quería, amparándose na debilidade dos reis e ministros do país. Con todo, a finais do ano 1807, Napoleón decidiu que a monarquía de Carlos IV era de escasa utilidade e que sería máis propicio a creación dun estado satélite. Aproveitando os sucesos derivados do Motín de Aranjuez e o feito de que as tropas francesas xa ocuparan o norte de España, Napoleón fixo que a coroa española caera nas mans do seu irmán José I (abdicacións de Baiona).

Coa situación de parálise borbónica, o pobo ponse en loita contra o invasor dirixido por notables locais. Desta forma, únense nun bloque para deslexitimar un cambio dinástico, e comezar a loita pola "independencia".

Co levantamento popular do 2 de maio (Madrid 1808), ponse de manifesto a separación entre o pobo e o goberno instaurado por Napoleón. Son: a ausencia do rei Fernando VII (de quen se cre que está secuestrado), resentimento contra a presenza militar francesa, a represión do 3 de maio, as gotas que colman o vaso e fan perder a lexitimidade ao poder central e a representación popular por medio das xuntas rexionais.

A guerra pola independencia

Véxase tamén: Xunta Suprema do Reino de Galicia e Xunta Suprema Central.

Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Suprema do Reino de Galicia, a Xunta Suprema do Reino de Sevilla e outras Xuntas constituídas en diversas provincias do Reino proclámanse soberanas contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envías embaixadas a Inglaterra e declaran a guerra a Francia. Estas Xuntas de contado fusionaríanse para formar a Xunta Suprema Central (25 de setembro de 1808, a cal acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España; esta xunta suprema central, a partir de 1810, pasaría a chamarse Consello de Rexencia de España e Indias.

Unda das primeiras Xuntas provinciais formadas a finais do mes de maio foi a do Principado de Asturias que, o 24 de maio de 1808, declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende Bilbao e Valladolid para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos é secundada polo resto das xuntas; (Cantabria o 27, Galicia o 30, León o 1 de xuño etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custos).

Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na batalla de Medina de Rioseco non acaba coa rebelión do sitio de Zaragoza que axiña se estende a Logroño. En Cataluña, as tropas francesas son derrotadas dúas veces na batalla de El Bruc, mentres que a sublevación de Xirona corta as subministracións. En Andalucía o xeneral Dupont sofre unha derrota na batalla de Bailén fronte as tropas do xeneral Castaños. A causa deste triunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, Gran Bretaña ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.

Porén, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rapidamente á resistencia española e aos exércitos ingleses desembarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a batalla de Somosierra (30 de novembro de 1808) e a derrota da batalla de Ocaña (novembro de 1809), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en Sevilla, despois en Cádiz. Dende aí asiste é toma de Andalucía e Valencia. Soamente Murcia e Huelva, con Cádiz, quedan independentes.

A guerra de guerrillas

Véxase tamén: Guerra de guerrillas.

Sen un exército co que combater ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, a guerra de guerrillas, como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, coñecedores do terreo que pisan, e que danan o inimigo con rápidos golpes, para espallarse rapidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do Ebro, creando unha nova marca hispánica.

Esta guerra de independencia terá importantes repercusións no esforzo de guerra de Napoleón. Un aparente paseo militar transformábase nunha situación na que centos de unidades, preciosas para loitar na campaña contra Rusia, morrían nos ataques. A situación era en calquera caso tan inestable, que calquera retirada de tropas podía producir un desastre de mortes súbitas, como o que ocorreu en xullo de 1812. Nesta data o Duque de Wellington, á fronte dun exército angloportugués e dende Portugal, derrota os franceses, primeiro na batalla de Ciudad Rodrigo e logo na batalla de Arapiles, expulsando os franceses ao oeste e ameazando Madrid: José Bonaparte retírase a Valencia. Aínda que os franceses contraatacan e o rei volve a Madrid en novembro, unha nova retirada de tropas por parte de Napoleón tras a derrota en Rusia e a comezos de 1813 permite ás tropas aliadas expulsar a José Bonaparte de Madrid e derrotar aos franceses na batalla de Vitoria e na batalla de San Marcial, ao tempo que Napoleón intenta protexer a fronteira até poder negociar con Fernando VII unha retirada. Nin os desexos dos españois, verdadeiros protagonistas da liberación, nin os intereses dos afrancesados que seguiran ao exilio a José, son tidos en conta nas negociacións.

Consecuencias

Artigo principal: Tratado de Valençay.

A firma do Tratado de Valençay polo que se devolvía o trono a Fernando VII O desexado, como monarca absoluto, foi un comezo dun tempo de desilusións para todos aqueles que creran que a loita contra os franceses era o comezo da "revolución española".

A guerra da Independencia en Galicia

Artigo principal: Guerra da Independencia española en Galicia.
Véxase tamén: Reconquista de Vigo.

Conmemoracións

Reconquista de Vigo 2008 - Alcalde Vázquez Varela
Vázquez Varela presenza a toma francesa do Concello.
Reconquista de Vigo 2008 - Cara á porta da Gamboa
Recreación. Os protagonistas da Reconquista de Vigo: Almeida (de uniforme verde, seguido por unha bandeira co escudo portugués); o abade de Valadares; Vázquez Varela; Cachamuíña cunha bandeira galega; unha muller viguesa e o mariñeiro Carolo cun machado na man.

En Vigo, celébrase a a sublevación popular de 1809, chamada Reconquista, cun festivo local (28 de marzo) e unha ambientación desa época no Casco Vello, organizados polo concello e as asociacións de veciños. Nesa semana, recréase teatralmente a Reconquista na Praza da Constitución, lugar da Casa do Concello naquela época e ó longo do Casco Vello, que daquela estaba maioritariamente entre as murallas. Nela os actores e veciños escenifican os principais feitos que aconteceron naquela época.

Os principais personaxes representados son:

Reconquista de Vigo 2008 - Retirada francesa
Os franceses retiráronse de Vigo en barco.

Os actos teatrais son recreación das crónicas da época:

  • a toma do Concello
  • o peche das murallas de Vigo
  • os altercados en tabernas entre os soldados franceses e a poboación local, ás veces con resultado en mortes
  • as viguesas entretendo ós soldados invasores cos seus encantos e embebedándoos
  • a toma da Porta da Gamboa por parte dos locais, liderados por Carolo e as outras autoridades: neste lugar é onde Carolo morre fendendo a porta co seu machado, que despois recollería o capitán Cachamuíña para seguir abrindo a porta
  • a retirada en barco dos franceses

Debido a que a muralla de Vigo foi derrubada e os seus restos están soterrados baixo diversos lugares de Vigo (rúa Carral, A Laxe, Porta do Sol ou o propio concello), a Porta da Gamboa recréase cunha maqueta na rúa homónima.

Posteriormente, na retirada francesa cara ó interior da ría de Vigo, entablaríase combate na batalla de Ponte Sampaio, nas terras onde coinciden os concellos de Soutomaior e Pontevedra.

Notas

  1. Viveiro Mogo, Prudencio (2002). "Entre o vello e o novo: Administración liberal e Deputación Xeral do Reino de Galiza". Homenaje a José García Oro. Universidade de Santiago de Compostela. p. 357.
  2. Hervella García, Gustavo (2016). "Canóns franceses". En Villares, Ramón. 100. Galicia cen: Obxectos para contar unha cultura (PDF). Santiago de Compostela: CCG. p. 181. ISBN 978-84-92923-71-7. A guerra contra o francés —máis adiante catalogada como guerra de Independencia—

Véxase tamén

Bibliografía

  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7.
  • Artola, Miguel (1977): La guerra de la indpendencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2624-5.
  • Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2918-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-388-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón, coord. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
  • Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2.
  • Estrada Catoyra, Félix (1906): Historia de los ejércitos gallegos durante la Guerra de la Independencia. Santiago de Compostela: Tipografía de El Eco Franciscano (en castelán).
  • Estrada Catoyra, Félix (1978): Reseña de la reconquista de Vigo. Trabajo premiado en el Certamen Histórico-Literario promovido por el Excmo. Ayuntamiento de Santiago en el año 1909, Vigo: Grafinsa. Edición non venal patrocinada polo Banco Industrial de Bilbao (en castelán).
  • González López, Emilio (1975): El águila gala y el búho gallego. La insurrección gallega contra los franceses. Centro Gallego de Buenos Aires: Ediciones Galicia.
  • González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-088-1.
  • González López, Emilio (1980): Historia de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega. Serie Nova. ISBN 84-85287-22-3.
  • López Morillo, Adriano (1910). "Un documento histórico poco conocido" Boletín de la Real Academia Gallega 44.
  • Mullié, Charles (1982): Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850. Paris: Poignavant et Compagnie. Volume I en Gallica (en francés); Volume II en Gallica (en francés).
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo I / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios.Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo II / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo III / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Osuna Rey, Juan Manuel (2006): Los franceses en Galicia: Historia militar de la Guerra de Independencia en Galicia (1809). A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-0589-255-3.
  • Osuna Rey, Juan Manuel (2008): A Guerra da Independencia en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Lóstrego. ISBN 84-9356-963-1.
  • Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1.
  • Portela Pazos, Salustiano (1964): La guerra de independencia en Galicia. Santiago de Compostela: Tipografía del Seminario.
  • Tettamancy Gastón, Francisco (1910): Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812) La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.
  • Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. Barcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4.

Outros artigos

Agustín de Argüelles Álvarez

Agustín de Argüelles Álvarez, nado en Ribeseya o 18 de agosto de 1776 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1844, alcumado «o Divino» pola súa oratoria durante as Cortes de Cádiz, foi un avogado, político e diplomático español. Foi presidente das Cortes en 1841 e titor da Raíña Isabel II.

André Masséna

André Masséna, nado o 6 de maio de 1758 en Niza e finado o 4 de abril de 1817 en París, foi un militar francés, duque de Rivoli, príncipe de Essling e mariscal do Imperio Francés.

Nomeado xeneral en 1793, co exército de Italia participou nas batallas de Millesimo, Montenotte, Dego, Castiglione e da ponte de Arcola, e a súa intervención decidiu as batallas de Lodi e de Rivoli. En setembro de 1799 derrotou o exército ruso do xeneral Alexander Korsakov na segunda batalla de Zúric e o ano seguinte defendeu a cidade de Xénova durante un longo asedio. A súa resistencia permitiulle a Napoleón Bonaparte facer chegar a Italia as tropas coas que venceu na batalla de Marengo. En 1804 rebiciu o cargo de mariscal do Imperio. Participou nas campañas de Polonia en 1807, e en 1809 combateu as tropas da quinta coalición, distinguíndose na batalla de Aspern-Essling, na de Wagram e na de Znaim.

En 1810, foi destinado á península Ibérica, onde comezou capturando Ciudad Rodrigo despois dun asedio. Xa dentro de Portugal foi derrotado por Wellington na batalla de Buçaco o 27 de setembro, ao non poder romper as liñas anglo-portuguesas en Torres Vedras, e as súas tropas van quedaron inmobilizadas durante meses. Foi vencido novamente en Sabugal o 3 de abril de 1811. Retirouse e entregou ao inimigo a batalla de Fuentes de Oñoro, preto de Salamanca. Finalmente caeu en desgraza e tivo que ceder o mando do exército ao xeneral Marmont e acabar aceptando un cargo local en Marsella.

Batallón Literario

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

Bernardo González del Valle

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.

Cortes de Cádiz

Coñécese como Cortes de Cádiz á Asemblea constituínte celebrada na cidade española de Cádiz (Andalucía) desde 1810 a 1814 durante a Guerra da Independencia española.

El Bruc

El Bruc é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca de Anoia.

Francisco Javier Vázquez Varela

Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, avogado, foi alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.

Jean-de-Dieu Soult

Nicolas Jean de Dieu Soult, nado o 9 de marzo de 1769 en Saint-Amans-la-Bastide, (hoxe Saint-Amans-Soult, na provincia de Languedoc) e falecido no castelo de Soultberg o 26 de novembro de 1851, foi un aristócrata, militar e político francés.

Destacado combatente nas guerras napoleónicas, dirixiu as tropas francesas durante a guerra da independencia española.

Juan Almeida de Sousa e Saa

Juan Almeida de Sousa e Saa foi un tenente portugués que participou na Guerra da Independencia española.

Manuel Acuña Malvar

Manuel Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 16 de abril de 1757 e finado en Artes (Ribeira) o 1 de marzo de 1845, foi un relixioso e escritor galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Pedro Acuña Malvar.

Pablo Morillo

Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, nado en Fuentesecas (provincia de Zamora) o 5 de maio de 1775 e finado en Barèges (Occitania) o 27 de xullo de 1837, foi un destacado militar español, que loitou na guerra da Independencia española (1808-1814) e, posteriormente, en Latinoamérica, defendendo o dominio colonial español.

Pedro Acuña Malvar

Pedro Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 12 de abril de 1755, foi un político e militar galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Manuel Acuña Malvar.

Ponte Sampaio, Pontevedra

Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2008 tiña 1.111 habitantes (590 mulleres e 521 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.244 habitantes.

Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior). Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

Reconquista de Vigo

Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando a tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Século XIX

século XVIII < século XIX > século XX

Enténdese referido á era cristiá. Tempo entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 31 de decembro de 1900. Considérase o século da "era moderna".

Tratado de Fontainebleau

O Tratado de Fontainebleau foi asinado o 27 de outubro de 1807 na cidade francesa de Fontainebleau entre os respectivos representantes plenipotenciarios de Manuel Godoy, valido do rei español Carlos IV, e Napoleón Bonaparte. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da Península Ibérica e da Guerra da Independencia.

Tratado de Valençay

O Tratado de Valençay foi un acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome, o 11 de decembro de 1813, polo que o emperador Napoleón I de Francia ofrecía a paz, recoñecendo a Fernando VII como rei de España, a causa das derrotas sufridas na Guerra da Independencia e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en guerrilla.

O tratado non entrou en vigor en España pois as Cortes e a Rexencia en Madrid non o aceptaron.

Xosé I de España

Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte, Córsega, daquela na República de Xénova, e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, foi un político, diplomático e avogado francés, irmán maior de Napoleón Bonaparte, diputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxia Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia, e do Grande Oriente de Italia.[Cómpre referencia].

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.